Alberto Núñez Feijóo
O estudado silencio de Feijóo ante o caso Samuel

O autor defende que a estratexia de Feijóo ante o asasinato de Samuel Luiz vai encamiñada a aplacar o crecemento da Vox en Galiza, que nas eleccións do pasado 2020 volveu quedar sen representación.
9 jul 2021 08:06

Moitas veces falan os estudosos da comunicación política do debate entre Nixon e Kennedy de 1960. Aquel foi o primeiro encontro preelectoral televisado a gran escala, e rematou con victoria democráta por un matiz que, entón, podería ter parecido anecdótico. Nixon suaba, suaba profusamente. Ese foi o detalle determinante co que milleiros de americanos quedaron e que, semanas máis tarde, daría a victoria das xerais a Kennedy, benzoado pola xenética cunha pel de menor transpiración.

O debate das presidenciais americanas do 64 marcou o inicio da era televisiva na comunicación política, e con ela a primacía da imaxe sobre todos os demais atributos: a xestión, a honestidade, etc. Non importa ser, senón parecelo. Xa no noso milenio, o revulsivo das RRSS sumou un plus de inestabilidade a este terreo esvaradío no que moi poucos progresan, e case todos rematan por tropezar algunha vez.

Só así podía alguén construír unha imaxe de galeguista moderado despois de acceder á Xunta de Galicia impulsado polas teses de Galicia Bilingüe.

É indiscutible que, a nivel galego, Feijóo é o número dun da comunicación política. A diferenza do resto de líderes do país, o popular conta cunha imaxe clara e recoñecible, está instalado no imaxinario dos galegos da man dunha serie de atributos mimadamente construídos. Feijóo é consciente da importancia de non suar nos debates —entre outras cuestións—, e pon especial atención en cada palabra que vai ao carón do seu nome. Non dá puntada sen fío. Só así podía alguén construír unha imaxe de galeguista moderado despois de acceder á Xunta de Galicia impulsado polas teses de Galicia Bilingüe, entre outras moitas contradicións que dormen baixo o pó das maiorías absolutas e os medios subvencionados.

Por iso cómpre analizar o papel do líder do PPdeG no tocante á morte de Samuel Luiz. Para o presidente da Xunta —habituado a xogar o papel de verso libre dentro do PP— a norma é ir á contraria do pensamento dominante, pero sempre con tino, procurando unha terceira vía que leve aos de Madrid a dar unha palma na fronte e dicir: “Claro! Como non se nos ocorreu isto antes?”.

Feijóo non só chegou tarde ás declaracións de condena da morte do rapaz, senón que evitou mollarse e falar dun crime homófobo

Pero o caso de Samuel é distinto. Porque Feijóo non só chegou tarde ás declaracións de condena da morte do rapaz, senón que evitou mollarse e falar dun crime homófobo. “Non me atrevo a dicir se se pode cualificar dun crime de homofobia”, apuntou na mañá do martes 6 nunha entrevista concedida á Cadena Ser. “Eu non sei cales eran as súas inclinacións sexuais nin creo que teña relevancia”, incidiu o presidente antes de remachar que deixaba o móbil do crime en mans da policía.

A mesura de Feijóo resulta rechamante tratándose dun líder que non tardou en cualificar os indultos aos políticos independentistas catalás de “erro” e cargar duramente contra eles; entre moitas outras cuestións que, a priori, escapan á súa competencia. Claro que calquera que estudara a traxectoria dos seus primeiros anos intúe que Feijóo, aló por 2004, veu a Galicia con billete de ida e volta; sempre con visos de poder retornar á primeira liña do xogo público: Madrid.

En calquera caso, a súbita moderación de Feijóo con respecto ao caso de Samuel Luiz replícase se botamos unha ollada aos tempos. O presidente da Xunta non deixou constancia do seu rexeitamento ao crime acontecido na Coruña ata a noite do día 5, varias horas despois de que Pedro Sánchez fixera o propio. Tamén entón se puxo de perfil o popular galego: “Somos un pueblo integrador y abierto que no tolera crímenes como este”, aludiu, evitando tratar o suceso como un crime homófobo.

O presidente da Xunta non deixou constancia do seu rexeitamento ao crime acontecido na Coruña ata a noite do día 5, varias horas despois de que Pedro Sánchez fixera o propio.

Un podería pensar que, se cadra, o número un da Xunta andaba a outras cousas e non tiña tempo de deixar a súa particular réplica por Twitter. Pero non foi así. Con ducias de manifestacións xa convocadas en todas as vilas e cidades de Galicia, Feijóo destacaba a súa participación nun foro económico e un debate sobre o modelo das autonomías. Os xestos, en fin, son sutís; pero tamén o xogo é sibilino, e os grandes como el saben que cada palabra importa.

Por iso torna evidente que a estratexia de Feijóo —que poucas veces tropeza— vai encamiñada a aplacar o crecemento da Vox na comunidade autónoma, que nas eleccións do pasado 2020 volveu quedar sen representación. O presidente da Xunta tira de estudado silencio para evitar que os votantes próximos á formación ultra —que polo momento tampouco fala de crime homófobo— deixen o Galicia Galicia Galicia camiño do Galicia é verde, que con tan pouco convencemento pregoaba Abascal hai agora un ano nas rúas da Coruña.

Esa é a auténtica razón pola que o grupo ultra segue sen entrar no Parlamento Galego. Feijóo, que tanto é nacionalista moderado como acusa ao Goberno de querer “eliminar o castelán”, cumpre as aspiracións do votante medio de Vox; porque habelo haino, como dan mostra as case 120.000 papeletas das últimas eleccións xerais. O solapamento déixase ver en que agora é a formación ultra a que comeza a pisar terreo conquistado polo popular; por exemplo no tocante á caza do lobo, unha das grandes bazas aproveitadas polo dos Peares para tentar desgastar o Goberno central nos últimos meses.

O popular compite así con Ayuso polo relevo dun Pablo Casado que, xa descabezado, segue trotando de almorzo informativo en almorzo informativo.

A aproximación de Feijóo ao grupo ultra non é casual, pero —a diferenza dos bandazos de Ayuso— tampouco evidente. Feijóo achégase ao lume mais non o toca, lanza pistas, propón matices; todo sen deixar que se lle vexan as cartas. O popular compite así con Ayuso polo relevo dun Pablo Casado que, xa descabezado, segue trotando de almorzo informativo en almorzo informativo. E tampouco é casualidade que eses sexan os nomes de máis sona no partido da vella Génova. O PP, golpeado e contra as cordas ante unha dereita moito máis dura que non soubo prever, busca a fórmula máxica para dinamitar aos de Abascal sen perder esa imaxe acartonada de partido de estado. Neofalangista, pero no mucho.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Agresiones homófobas
Homofobia Una pareja es agredida por homofobia en el Carnaval de Badajoz
Dos jóvenes serán procesados por un delito de odio tras una agresión homófoba en Badajoz. Las víctimas recibieron insultos, patadas y puñetazos, sufriendo heridas leves.
LGTBIAQ+
LGTBIfobia #JusticiaParaSamuel: cuatro rostros y la trampa del punitivismo
Crítica de las lógicas punitivistas tras la difusión de las caras de los presuntos asesinos de Samuel Luiz. Una apuesta integral y radical ante la LGTBIfobia estructural y los mecanismos represivos del Estado.
LGTBIfobia
LGTBIfobia El PCE y el Soviet de Getafe denuncian agresiones LGTBIfóbicas y fascistas hacia cuatro de sus miembros
La formación comunista y el espacio anticapitalista de esta localidad han convocado una concentración este jueves a las 20h para denunciar el incremento de ataques ultra en los últimos años en los barrios.
#92852
9/7/2021 11:11

Bastante dacordo en xeral pero non moito nesta parte: " Feijóo é consciente da importancia de non suar nos debates —entre outras cuestións—, e pon especial atención en cada palabra que vai ao carón do seu nome."
Vexo que é xusto ó contario: os debates mancan moito a ANF: é unha persona moi ríxida, carece de capacidade para modular o ton, berra moito, confunde os momentos nos que ser sarcástico ou contundente...e impulsan a Pontón, que é mil veces mellor comunicadora e parlamentar.

A cuestión de fondo é que existe unha aparataxe comuncativa e administrativa potente, profesional e con mando no DOGA que é quen de colocar a unha persoa cos estes atributos comunicativos tan limitados e facer da necesidade, virtude: o silencio como moderación cando tes un nacho que tira mais a Antonio Recio ca a Talleyrand. Por suposto, a inmensa maioria de grupos de comunicación mesetarios,a esquerda e derita, afortala esta imaxe de "moderación" falsa --estivo en Colón, quixo mutilar aínda mais o ensino en galego, acelerou a depredación, e co presente caso de Samuel, pois xa vemos-- por intereses propios e madricentrismo.
Se mañá anf liscase e puxeran a Román, veríamos a construcción dun novo "ghestor moderadiño" desde Sabón. Esa é a bendición (e para min, unha chave) que teñen: os de La Voz de Galicia son do PP, e porriban, págannle por selo.
Saúdos!

0
0
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.