Altri
A Xunta arquiva o proxecto de macrocelulosa de Altri grazas á presión social
Victoria ecoloxista galega. A Xunta de Galiza deu carpetazo definitivo ao polémico proxecto de macrocelulosa que a multinacional papeleira Altri e a eléctrica Greenalia querían instaurar no municipio de Palas de Rei (Lugo), ao denegar a Autorización Ambiental Integrada ao plan industrial que puxo a poboación galega en pé de guerra.
O adeus definitivo á fábrica, que tivo unha excepcional contestación social non vista desde os tempos do Nunca Máis contra a xestión do desastre do Prestige, anunciounas esta venres a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galiza. María Xesús Lorenzana indicou aos medios de comunicación que “se procederá ao arquivo formal do expediente de Altri”, denegando á papeleira a autorización ambiental.
O proxecto tiña unhas necesidades de auga de 46 millóns de litros de auga ao día, unha cifra similar á de toda a provincia de Lugo, así como de 1,2 millóns de toneladas anuais de eucalipto.
A conselleira xustificou a decisión pola eliminación do proxecto da futura planificación enerxética que o Goberno estatal ten prevista ata 2030. “A conexión da empresa estaba en mans do Ministerio, pero se non hai conexión á subestación, o proxecto queda arquivado”, sinalou aos medios.
Sen enerxía non hai macrocelulosa
O pasado setembro o Executivo estatal vetou a subestación e a conexión eléctrica que a empresa portuguesa reclamaba como condición indispensable para pór en marcha a planta, o que deixaba no aire a continuidade do plan. A compañía xa anunciara que a subestación eléctrica era unha condición indispensable para a posta en marcha da factoría, que se ía centrar na fabricación de celulosa e fibras téxtiles.
Lorenzana sinalou que xa notificou á empresa que dispón dun prazo de tres meses para presentar alegacións contra o peche e tentar buscar unha alternativa enerxética, algo que todas as quinielas dan por descartado dada a imposibilidade de opcións.
“Aínda que con cautela, porque cos poderes económicos nunca se sabe, hoxe temos que celebrar un claro Altri non”, declarou o coordinador de Greenpeace en Galiza, Manoel Santos
O anuncio desta venres foi celebrado polo ecoloxismo como unha vitoria clara. A Plataforma Ulloa Viva, que capitaneou as protestas, sinalou: “Acollemos este anuncio con toda cautela, pero con moita alegría, tras o traballo e a implicación de miles de veciños e de todo o pobo galego”. Pola súa banda, desde Greenpeace quixeron felicitar “ao enorme movemento social xerado contra a macrocelulosa pola súa perseveranza e bo facer” fronte ao que considera o proxecto industrial máis lesivo que se presentou en Galiza nas últimas décadas.
“Aínda que con cautela, porque cos poderes económicos nunca se sabe, hoxe temos que celebrar un claro Altri non”, declarou o coordinador de Greenpeace en Galiza, Manoel Santos. A ONG manifestou que “seguirá vixiante” ata que o proxecto sexa descartado definitivamente e pediu á multinacional que renuncie oficialmente ao mesmo. “Esperemos que a empresa sexa responsable e anuncie a súa renuncia a un proxecto que poñía en perigo non só a nosa natureza, senón tamén o noso camiño cara a modos de vida compatibles cos límites do planeta”, engadiu Santos.
O plan industrial proxectado para a comarca interior de Lugo pretendía construír unha segunda fábrica papeleira en Galiza do tamaño de 366 hectáreas —500 campos de fútbol, dez veces superior á fábrica de ENCE na ría de Pontevedra— e cunhas necesidades de auga de 46 millóns de litros de auga ao día, unha cifra similar ao consumo de toda a provincia de Lugo. O proxecto era criticado así mesmo polas súas necesidades dun árbore que leva décadas afectando aos ecosistemas e o territorio galego, o eucalipto, do que serían necesarias 1,2 millóns de toneladas anuais.
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!