A Xustiza condena á Xunta por reducir ilegalmente a protección dos terreos onde quería ubicar a macrocelulosa

O TSXG anula a eliminación dunha zona de amortecemento da Rede Natura 2000 en Palas de Rei por falta de motivación, nun fallo que afecta ao terreo onde se proxecta a planta de celulosa da multinacional portuguesa.
Altri Nunca Mais - 8
Brais Lorenzo Terreo onde se quería ubicar a multinacional portuguesa Altri coa súa celulosa.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ordenou á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que preserve na súa planificación medioambiental a “protección” duns terreos onde, segundo a acusación, estaba prevista a instalación da planta de Altri en Palas de Rei (Lugo).

A resolución, con data do 13 de febreiro de 2026 e adiantada por Nós Diario, dálle a razón á Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), que denunciou ante os tribunais a supresión por parte da Xunta dunha zona de amortecemento vinculada á Serra do Careón, espazo integrado na Rede Natura 2000.

O fallo —recorrible en casación, opción que a Consellería aínda estuda— diríxese contra unha modificación introducida polo departamento autonómico na súa Estratexia galega de infraestrutura verde e conectividade e restauración ecolóxicas entre a fase de consulta pública e a orde publicada no Diario Oficial de Galiza o 10 de febreiro de 2025. As zonas de amortecemento son, segundo lembra o tribunal, áreas que exercen de colchón entre a paisaxe xeral e os corredores ecolóxicos e espazos protexidos, dentro de hábitats prioritarios e de refuxio para especies catalogadas como ameazadas.

O TSXG conclúe que a eliminación de devandita zona requiría unha “especial motivación” sustentada nun “interese xeral ou público” que, neste caso, “non consta”. A xuízo dos maxistrados, resulta “contradictorio e sumamente estraño sen motivación, por un lado recoñecer a relevancia ambiental dese espazo e que posteriormente tras ter transcorrido o trámite de información pública se modifique dito recoñecemento”. Aínda que a coincidencia deses terreos co emprazamento previsto para Altri non pasa desapercibida, o tribunal subliña que ese feito lle resulta “indiferente” a efectos xurídicos.

Altri
A Xunta arquiva o proxecto de macrocelulosa de Altri grazas á presión social
A administración galega denega a autorización ambiental á multinacional tras a decisión do Goberno estatal de excluír o proxecto da planificación enerxética para 2025-30.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...