Análisis
Que di (e que non) o barómetro do CIS sobre Galiza?

Os mesmos datos do Barómetro a permiten realizar outra lectura na que o PP parte con máis vantaxe e o BNG superaría o rendemento que lle outorga o Centro de Investigacións Sociolóxicas.
ana pontón e alfonso rueda
El presidente de la Xunta del Partido Popular, Alfonso Rueda, y la líder de la oposición y del BNG, Ana Pontón.

Politólogo. Miembro de Ideas en Guerra.
@alejandrosrguez.bsky.social

1 feb 2024 16:00

Coas eleccións de Galiza ao virar a esquina, a publicación do barómetro preelectoral do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) a unhas horas do inicio da campaña electoral xerou, como sempre, unha importante atención mediática. Con todo, o escenario que expón este barómetro é moi diferente ao que viñan sinalando as enquisas publicadas durante as últimas semanas.

Segundo o CIS, o PP de Alfonso Rueda caería até o 43,2% dos votos, situándose a piques de perder a maioría absoluta e, con iso, o Goberno da Xunta de Galiza cun abano entre os 36 e os 38 escanos, sendo este último o número máxico no Parlamento galego. Pola súa banda, o BNG de Ana Pontón obtería un 29,3% dos votos e, en terceira posición, estaría o PSdeG de Gómez Besteiro nun 20,4% dos votos. Por último, Sumar faríase cun 3,5% dos votos, mentres que Podemos apenas obtería un 0,4%.

No caso do PSdeG, e a pesar da elección de Besteiro para liderar a candidatura dos socialistas en Galiza, o seu partido sufriría unha importante caída de algo máis de catro puntos e tres escanos

Desta maneira, o bloque da dereita, que agrupa ao PP e a Vox, obtería un 44,5% dos votos fronte a un bloque de esquerdas, que aglutina ao BNG, o PSdeG, Sumar e Podemos, situado no 53,6% dos votos. Algo que, fixándonos nos resultados das últimas eleccións, é completamente irreal. Nos últimos comicios, a suma do PP e Vox situouse no 50% dos votos no 2020. Igualmente, no 2016, cando aínda non existía Vox, o PP xa obtivo un 47,5% dos votos. Polo tanto, e por moito que a marcha de Feijóo poida chegar a pasar factura ao PP de Galiza, unha caída de catro puntos con respecto ao resultado de fai catro anos é algo difícil de crer.

Neste sentido, utilizando os datos da matriz de transferencias deste barómetro, unha “cociña” alternativa levaríanos a unha situación moi diferente, aínda que máis axustada ao que, a tenor dos datos, é a realidade electoral de Galiza.

Reestimación CIS Galicia
Reestimación de los datos del CIS para las autonómicas gallegas de 2024, mediante los datos de la matriz de transferencias de este barómetro.

Neste escenario, o PP de Galiza, en contra do que sinala o CIS, non sufriría tanto desgaste pola marcha de Feijóo a Madrid, facéndose cun resultado moi similar ao de fai catro anos. Isto débese a unha importante fidelidade do electorado dos populares, que reteñen a máis dun 80% dos seus votantes no 2020 que, a pesar de cambiar de candidato, volverían elixir a papeleta do PP de Galiza.

Ademais, Alfonso Rueda tamén estaría a lograr atraer a un certo número de votantes do BNG e do PSdeG (un 4,4% e un 5,5%, respectivamente), así como a un terzo dos votantes de Vox, que, ante o fracaso do seu partido fai catro anos, volverían ao único partido do bloque da dereita con opcións de lograr representación en Galiza.

Pola súa banda, o BNG asumiría dunha forma moi clara o liderado da oposición, crecendo máis de seis puntos, o que lles levaría a superar a barreira do 30% dos votos e dos 20 escanos á conta do PSdeG e de Sumar. Este crecemento susténtase nun forte liderado de Ana Pontón, que liderou a oposición ao PP de Galiza durante o últimos catro anos. Algo que é compartido por máis dun 55% e un 60% dos electorados do PSdeG e de Galiza En Común, que sinalan como positiva o labor na oposición do BNG.

Elecciones autonómicas
Elecciones autonómicas A fractura xeracional do voto e outras claves da enquisa do CIS para Galiza
Cando faltan tres semanas para as eleccións en Galiza, a cuestión principal segue sendo a posible perda da maioría absoluta do Partido Popular. O Bloque Nacionalista Galego despunta e podería conseguir o seu maior resultado histórico.

Ademais, a figura de Ana Pontón logrou erixirse como a principal “alternativa” máis aló do seu propio electorado, sendo a preferida para liderar a Xunta de Galiza por un de cada catro votantes do PSdeG (un 24,7%) e por máis da metade dos votantes de Galiza En Común (un 57,1%). Algo que non lograron nin Gómez Besteiro nin Marta Lois ao levar moito menos tempo sendo os candidatos do seu partido en Galiza.

No caso do PSdeG, e a pesar da elección de Besteiro para liderar a candidatura dos socialistas en Galiza, o seu partido sufriría unha importante caída de algo máis de catro puntos e tres escanos até situarse no 15% dos votos. Desta maneira, continuaría a tendencia que levou ao PSOE a perder o liderado da esquerda en favor doutras forzas centradas no territorio, como xa pasou na Comunidade de Madrid con Máis Madrid.

Esta caída débese a unha situación na que, en certa maneira, tamén se atopa o PSOE no resto de España. Por unha banda, polas fugas cara ao PP de Galiza, que xa se sitúan no 5,5% do seu electorado. E, doutra banda, polas fugas cara aos seus principais competidores: o BNG, que leva a un 20,1% do seu electorado e, en moita menor medida, Sumar, que só consegue rabuñar un 3,6%.

Isto, como non podería ser doutra maneira, leva unha baixísima fidelidade de voto, con só un 53,4% dos votantes do PSdeG no 2020 que optarían pola mesma papeleta. Ademais, cun 13,4% de indecisos, son o partido cunha maior porcentaxe de votantes nesta situación. En definitiva, no bloque da esquerda en Galiza, os votantes socialistas non saben moi ben que facer ou, peor aínda, a quen votar. Por tanto, mentres desde o PSdeG non sexan capaces de corrixir esta situación non poderán volver competir co BNG. E, mentres tanto, Ana Pontón continuará liderando a oposición.

No caso de Sumar Galiza, os de Marta Lois faríanse con só un 2,9% dos votos, o que lles impediría superar a barreira electoral do 5% dos votos en calquera das provincias e, con iso, entrar no Parlamento de Galiza. Esta é unha cifra moito máis baixa da que veñen sinalando outras enquisas, pero que está sustentada nunha baixa fidelidade de voto, con só un 20,8% dos votantes de Galiza en Común que votarían á formación liderada por Marta Lois.

Con todo, isto non se debe á ruptura entre Sumar e Podemos, senón á presenza dun BNG que atrae a case un 50% do seu electorado, o que dificulta enormemente a capacidade de xerar unha fidelidade propia para unha formación que, como quen di, acaba de nacer. Así mesmo, as fugas do PSdeG ou do BNG cara a Sumar son moi escasas, con só un 3,6% e un 2,7% dos seus electorados que elixirían a Sumar. Desta maneira, ou Sumar concentra os seus esforzos na Coruña e Pontevedra, logrando un perfil propio fronte ao BNG e o PSdeG, ou a súa presenza no Parlamento de Galiza estará comprometida.

E, por último, está a incógnita de Democracia Ourensá e Podemos Galiza. Os primeiros, ao ser unha formación moi pequena, relativamente nova, de carácter urbano e, sobre todo, que se presenta nunha única provincia, son de difícil detección para as enquisas, que lles sitúan na marxe de obter un escano no Parlamento de Galiza. Para iso, terían que facerse con algo menos duns 10.000 votos, un resultado que superaron amplamente nas últimas eleccións municipais. Con todo, non se vota igual nunhas eleccións autonómicas que, por suposto, nunhas eleccións municipais. Por iso, e aínda que poderían chegar a dar a sorpresa, os datos do CIS, que contan con máis de 11.000 enquisados, sitúanlles por baixo da barreira electoral do 5% dos votos na súa provincia.

En cambio, no caso de Podemos Galiza non parece haber ningún tipo de dúbida: a súa presenza no Parlamento de Galiza é, de xeito evidente, completamente imposible. A presenza dun BNG nunha situación moi favorable e a afinidade do seu electorado coa figura de Ana Pontón impide que Podemos poida superar a barreira electoral en ningunha provincia. Ademais, non están a lograr levar nin un 10% dos votos de Galiza en Común, polo que a derrota está máis que clara para eles.

En definitiva, se hai algo que logrou reunir o consenso tanto do CIS como do resto de enquisas é o feito de que nas eleccións de Galiza aínda hai partido. Cunha campaña electoral por diante que decidirá o voto de máis dun terzo do electorado en Galiza, un importante número de indecisos entre o electorado dos principais partidos e, sobre todo, a falta de credibilidade das enquisas, produto do que sucedeu o 23J, o resultado destas eleccións decidirase por un puñado de votos, xa sexa pola entrada de Sumar no Parlamento de Galiza, pola sorpresa que poida dar o BNG ou, quen sabe, pola fortaleza que logre demostrar o PP de Galiza sen Feijóo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Migración
Migracións A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.