Elecciones autonómicas
A fractura xeracional do voto e outras claves da enquisa do CIS para Galiza

Cando faltan tres semanas para as eleccións en Galiza, a cuestión principal segue sendo a posible perda da maioría absoluta do Partido Popular. O Bloque Nacionalista Galego despunta e podería conseguir o seu maior resultado histórico.
27 ene 2024 04:00

O Partido Popular gañará as eleccións do 18 de febreiro en Galiza e Alfonso Rueda, presidente da Xunta desde maio do 2022, será o candidato máis votado. A enquisa publicada o pasado xoves polo Centro de Investigacións Sociolóxicas deixa poucas dúbidas nese sentido. Non obstante, o instituto público abre a posibilidade de que a maioría do PP non sexa suficiente para que Rueda sexa elixido por primeira vez polo Parlamento para ocupar a oficina en San Caetano, en Santiago de Compostela, que preside desde a saída de Alberto Núñez Feijóo.

O irresistible ascenso do Bloque Nacionalista Galego, que presenta a Ana Pontón, unha candidata ben valorada polo conxunto da poboación galega, e o resultado previsiblemente discreto de José Ramón Gómez Besteiro, poderían combinarse, segundo o CIS, para arrebatar a maioría ao PP.

O 18F repártense 75 escanos e o Partido Popular aspira, segundo esta sondaxe, a un máximo de 38 que lle daría a maioría absoluta. O PP só gobernará se acada o máximo do rango que prognostica o CIS, 38 deputados, ou se consegue 37 e entra Democracia Ourensana pola provincia do sueste, que podería apuntalar unha maioría de dereitas.

O CIS prognostica que Vox, partido que viviu un cisma coa súa militancia galega pola designación dixital do candidato por parte de Santiago Abascal, en contra da opinión da súa base, seguirá sen entrar no Pazo do Hórreo.

A base da que parte o PP é, no entanto, moi sólida: un 35,9% da poboación manifesta a súa intención directa de votar o 18 de febreiro os populares.

As enquisas das casas privadas, con moita menos mostra que o CIS, elevan o rendemento do PP moi por riba do instituto público: Hamalgama Métrica dá 39 escanos ao PP e un a Vox; ningún dos partidos de oposición supera os 20 escanos. Dúas enquisadoras vinculadas a medios de centro-esquerda, Sigma Dos e 40 Db, sitúan o PP na maioría, se ben a primeira delas deixa o PP, con 39 escanos, a piques de perder a maioría.

Medios de comunicación
Eleccións Galegas O prezo da propaganda: así compra a Xunta reportaxes nos seus medios aliados
O achado dun cento de contratos evidencian que a Xunta pagou pola produción e publicación de reportaxes a varios medios antes e despois de convocar eleccións.

O volume de enquisas do CIS —a mostra é de 11.000— fai que os seus datos, alén da reestimación feita, deban ser tidos en conta. Pero, ademais, o barómetro ofrece outras posibles claves de cara ao 18F. Por exemplo, que a vitoria do PP se cimenta no envellecemento da poboación galega ou que a perda de votos á esquerda pode ser a clave da noite se Sumar non supera a barreira en polo menos unha das dúas provincias nas que corre risco.

Marxe de indecisos

Como en cada campaña electoral, a clave desta será a procura do voto indeciso: case un terzo do electorado decide a súa opción na última semana, a última xornada ou no mesmo día das eleccións. Nesa carreira, os partidos consolidados teñen menos que perder. Case dous terzos dos votantes de PP e BNG non moverán o seu voto durante a campaña, mentres que o votante de Sumar nas pasadas xerais provoca a maior incógnita: máis da metade apurará ata o final para decidir o seu voto.

En Sumar, a consigna está definida desde hai días: se se repiten os resultados das eleccións xerais, o partido maxenta entrará. Non é doado: o voto das xerais e o das autonómicas bifúrcanse claramente a favor do Bloque, cuarta forza votada no Congreso e segunda nos comicios galegos.

O PP e o PSOE competirán por aproximadamente un terzo de votantes que o pensarán durante a campaña. Para o de Rueda, esa pode ser a diferenza entre unha vitoria plácida e unha pírrica.

Pontón e o BNG postúlanse como as estrelas da noite electoral

A enquisa constata o bo momento do BNG e da súa candidata, Ana Pontón. A sarriá ten a mellor valoración entre todas as candidatas, é moi coñecida e é a favorita dos votantes dos espazos políticos do PSOE. Un 36,1% dos votantes do PSOE no 2020 pensa que o Bloque ten a mellor candidatura de cara ao 18 de febreiro: son máis dos que cren que o mellor candidato é José Ramón Gómez Besteiro, o representante dos socialistas.

Outros datos corroboran a mesma tendencia, seis de cada dez votantes do PSOE pensan que a oposición do BNG foi boa ou moi boa. As porcentaxes de aprobación son maiores aínda entre os ex votantes de Galicia en Común e Marea Galeguista. Os votantes de PSdeG consideran que o BNG representa mellor os intereses de Galiza que o seu propio partido e ata os votantes do PP emiten sinais nese sentido: un 12,7 pensa que o BNG representa mellor os intereses de Galiza e un 23,5% cre que a súa oposición foi boa ou moi boa.

Se se confirman os resultados do CIS, o BNG rompería o seu teito histórico en número de deputados. O mellor resultado obtívoo a propia Pontón nas eleccións anteriores, cando o BNG pasou de cuarta a segunda forza política aproveitando o afundimento da política do cambio non soberanista representada por En Marea.

Os novos electores e as vellas maiorías

No voto xuvenil reprodúcese a gran disputa do próximo 18 de febreiro, PP contra BNG. Para sorpresa de ninguén, o Bloque obterá os mellores resultados entre os 80.000 votantes que acudirán por primeira vez ás urnas nunhas eleccións autonómicas.

Na resposta espontánea de intención de voto, o 45,3% do electorado afirma que votará o BNG. Son case 20 puntos máis ca o PP (26,2%). A tendencia vaise estreitando nas seguinte cohortes de idade. Segundo a enquisa, o BNG gañará o voto dos 25 aos 44 e a partir dos 45 o Partido Popular obtén mellores resultados. A partir dos 65 anos, a tendencia sepárase completamente: entre os maiores de 75 anos o PP gaña por 40 puntos ao BNG, que é terceira forza por detrás do PSOE.

A pirámide demográfica galega, porén, marca unha tendencia clara. O saldo vexetativo de Galiza —diferenza entre nacementos e defuncións— está en cifras negativas desde os anos 80 do século pasado, o que se traduce nun índice de sobreenvellecemento —proporción da poboación máis anciá (85 ou máis anos)— do 19,97%, unha taxa que a comezos de século estaba no 11,19%. Esa circunstancia é a clave da vitoria e da posible maioría absoluta do Partido Popular: case a metade do electorado maior de 75, e o 40% de máis de 65 anos, votará a Alfonso Rueda.

Sumar e a síndrome do segundo prato

Os números de Sumar Galicia, a plataforma coa que se presenta Marta Lois, son modestos, pero o Centro de Investigacións Sociolóxicas outorga certas esperanzas en dúas provincias, as máis poboadas do país, Pontevedra e A Coruña. Nesta última, o último escano en xogo baila entre os catro partidos que obterán representación: o PP pode lograr ata 13 escanos na provincia, que reparte ata 25 escanos. O BNG será segunda forza, con ata oito posibles, e o PSdeG podería obter ata seis. Se cada partido chega ao seu máximo, non haberá posibilidades para Marta Lois, que encabeza a candidatura provincial. En Pontevedra, a provincia menos propicia para o PP, o último escano baila entre os outros tres partidos. BNG opta a oito (por nove do PP), o PSdeG, e Sumar a que o sindicalista Ramón Sarmiento amarre un asento.

O vaso medio cheo para Sumar é que, desde hai semanas, sábese que Podemos Galicia non conseguirá representación e iso despexa parte da ecuación de a onde non van ir parar parte dos votos “do cambio” que proceden dese fogo fatuo que foi En Marea, que no 2016 foi a segunda forza co 19% dos sufraxios. A mala noticia é que a ruptura da esquerda non soberanista xa se produciu antes das eleccións de 2020 e que ningún dos dous espazos políticos que concorreron daquela obtiveron representación. Galicia en Común-Anova chegou a rozar o 4% do electorado nesa ocasión (3,94%) e o CIS, nesa ocasión, outorga aínda menos estimación ao proxecto de Lois (3,5% no conxunto de Galiza).

Partidos políticos
Política BNG e Anova escenifican o reencontro do nacionalismo galego para concentrar o voto nas eleccións á Xunta
Ana Pontón, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras pechan un acordo para tratar de colocar o Goberno galego ao servizo dos “intereses nacionais e de clase” de Galiza.

Os temas de campaña

O paro, a sanidade e a situación económica son os tres problemas fundamentais percibidos pola sociedade galega. Entre estes, a sanidade é o posible talón de Aquiles do Partido Popular, que desde hai anos aplica políticas de redución orzamentaria, recortes de persoal, desaparición de áreas sanitarias —que acentúa o problema demográfico— ou colapsos en urxencias provocados polo deterioro da atención primaria. As persoas que votaron o BNG e o PSOE no 2020 sinalan ese problema con maior frecuencia ca os votantes do PP.

Ao candidato popular, Alfonso Rueda, convenlle que a campaña electoral xire en maior medida respecto aos temas xerais de España en lugar de sobre os temas propios de Galiza. É o que pide unha parte significativa do seu electorado, concretamente o 26,4% do total. Para eses votantes, a temática está preparada: faltan infraestruturas e investimento por culpa do Goberno central e hai un máis xeral “abandono” por parte deste. A denuncia do sanchismo e a equiparación do BNG con EH Bildu serán os reclamos para o electorado con menor sentimento de pertenza a Galiza, entre os que o PP arrasa.

No BNG é todo o contrario: nove de cada dez votantes só queren oír falar dos temas galegos. Os seus votantes son os máis preocupados pola crise do granulado plástico e polo medio ambiente.

A campaña, desde esa perspectiva, funcionará mellor para o PP canto menos se centre nos problemas relacionados cos servizos públicos ou a vivenda e máis se focalice na crítica do sanchismo. Para o BNG, o marco galego e acercarse aos problemas dos sectores menos proclives á súa proposta —na agricultura ou entre as persoas xubiladas— é a clave para superar o teito dos vinte asentos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Elecciones autonómicas
Elecciones catalanas Aliança Catalana refuerza la presencia de la extrema derecha en el Parlamento de Catalunya
A los once diputados de la ultraderecha españolista de Vox se suman dos escaños del partido islamófobo de Sílvia Orriols, que consolida el feudo del Ripollès y se expande.
Opinión
Elecciones autonómicas Hauteskundeen irabazleak, galtzaileak eta umezurtzak
Aldaketa giroko hauteskundeetan, ia guztiak irabazle Ezker Konfederalaren espazioa salbu. Galtzaileak betikoak, umezurtz politikoak, abstentzionistak, zalantzatiak edo eskola segregazioa jasaten dutenak.
EH Bildu
Elecciones vascas EH Bildu se abre a un pacto abertzale en campaña electoral que no convence al PNV
Los ofrecimientos de la izquierda abertzale han sido constantes estas dos semanas y, frente a ello, los jeltzales han mantenido una postura beligerante. En la práctica, ambos partidos se han entendido en distintas materias.
Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Opinión
Opinión La hidra de la lucha por la vivienda
Un sector del movimiento de vivienda pone el foco en los grandes propietarios y los fondos de inversión para entender la actual crisis de vivienda. Otro, a la clase media propietaria. Cada enfoque lleva a estrategias distintas.

Últimas

Comunidad de Madrid
Pseudomedios Ayuso y Almeida han inyectado más de 400.000 euros a ‘Periodista Digital’ en cuatro años
El medio de Alfonso Rojo que emplea al agitador Bertrand Ndongo ha recibido más dinero que medios con mucho más alcance como ElDiario.es mientras El Salto sigue siendo totalmente discriminado por el Partido Popular.
LGTBIAQ+
Sentencia El TSXG reconoce que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen de odio
El tribunal ha ratificado las penas de entre 20 y 24 años para los tres acusados y ha absuelto al joven condenado a diez años de cárcel como cómplice del asesinato.
Comunidad de Madrid
Sanidad pública Una cita médica para dentro de 20 días: la ciudadanía vuelve a la calle contra las políticas de Ayuso
En la Comunidad de Madrid hay más de un millón de personas en las listas de espera hospitalarias y más de 700.000 sin médico de familia asignado. Este domingo 25 de mayo la ciudadanía vuelve a salir a la calle contra la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas que confluirán en Cibeles a las 13:00 horas.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
València
València El País Valencià se prepara para la huelga general del 29 de mayo contra la gestión de Mazón
Siete meses después de la dana, mientras la justicia apunta al Consell, los sindicatos combativos preparan la huelga general con el respaldo de amplios sectores sociales.
Más noticias
Poesía
Poesía Por qué vive Roque Dalton: 50 años del asesinato del poeta de El Salvador
El poeta Roque Dalton sigue desaparecido desde que aquel día murió “muchacho” con 40 años de edad. Que Roque Dalton murió muchacho lo escribió su amigo Mario Benedetti, también poeta.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Imputados dos altos cargos de Ayuso por los protocolos de exclusión sanitaria en las residencias
Por primera vez, un juzgado llama a declarar como investigados a Carlos Mur y a Francisco Javier Martínez Peromingo, ambos colaboradores de los protocolos por los que se impidió el traslado a hospitales de mayores dependientes.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.
México
México Desenterrar el dolor: los desaparecidos de Jalisco
El colectivo Guerreros Buscadores de Jalisco, el mismo que descubrió el campo de exterminio de Teuchitlán, halla un punto de venta de droga activo del Cártel Jalisco Nueva Generación con varios cuerpos enterrados.
Gordofobia
Lara Gil “Es más peligroso para la salud una cirugía de reducción de estómago que ser una persona gorda”
Lara Gil (Madrid, 1988) es antropóloga y activista antigordofobia. Ha escrito un libro, 'Manual para romper un cuerpo', en el que cuenta como una cirugía bariátrica ha destrozado su cuerpo. Denuncia que nadie habla sobre las consecuencias de mutilar el estómago cuando está sano.