Biodiversidad
“Non se trata de arrincar eucaliptos, senón de dar unha nova vida ao monte”

As Brigadas deseucaliptizadoras pechan o ano con 350 voluntarias rexistradas. O proxecto traballou ao longo do país con iniciativas de xestión forestal sustentable, demostrando que hai alternativas ao modelo de monocultivo.

Brigadas  deseucaliptizadoras 1
As brigadas eliminan eucaliptos, pero tamén outras especies invasoras como a acacia. Elena Martín
14 dic 2018 10:12

As brigadas deseucaliptizadoras remataron a súa andaina neste 2018 no mesmo punto no que comezaron: no monte de Froxán, no concello de Lousame. Logo do seu paso por Cenlle, Dodro, Cercedo-Cotobade ou Corcubión, o 8 de decembro voluntarios e voluntarias deixaron sachos e machados a un lado para coller folgos para o ano que entra. Rematados os labores, o grupo aproveitou a conversa post-café para facer unha valoración do proxecto.

A primeira actuación das brigadas tivo lugar en abril, unha iniciativa que parte da comunidade de montes de Froxán e da asociación ecoloxista Verdegaia. O seu obxectivo é impulsar un cambio de modelo de xestión forestal, alternativo ao monocultivo de eucalipto e cunha relación sostible co medio. Por unha banda recollen ás persoas que queren participar como brigadistas, pola outra ás comunidades de montes, particulares ou municipios que desexan deseucaliptizar parcelas. Neste ano apuntáronse 350 persoas voluntarias, e as parcelas rexistradas suman xa un total de 533 hectáreas.

Nela Abella, secretaria xeral de Verdegaia, explica: “A idea inicial era poñer nós a primeira brigada, contactar coa xente, e que despois se organizasen de xeito local”. “A partir de aí”, di, “Verdegaia sería facilitadora, de cartos, de ferramentas”. Mais este caso só se deu en Corcubión; no resto de accións participaron voluntarias de toda Galicia. “Somos máis ou menos a mesma xente; moi poucas persoas do propio sitio e o resto de fóra”. Aínda que o plan inicial non se cumpriu, a valoración do proxecto é boa. “As brigadistas están contentas; as comunidades de montes quedan satisfeitas”.

Biodiversidad
Brigadas para salvar os nosos montes

Decenas de voluntarias únense para defenderen a biodiversidade dos montes galegos. As brigadas  deseucaliptizadoras queren facer partícipe á toda a sociedade da defensa dos nosos bosques

O exemplo de Corcubión

En novembro do 2017, o Concello de Corcubión declarouse libre de eucaliptos, a raíz dunha iniciativa da asociación local Boca de sapo. Francisco Santiago, o seu presidente, afirma: “Aquí o noventa por cento do concello é un inmenso eucaliptal”. O Concello tamén accedeu a ceder unha parcela de monte á asociación. Cando coñeceron o proxecto das brigadas deseucaliptizadoras decidiron constituír unha. “Comezamos cunha finca de hectárea e media, onde eliminamos os eucaliptos e, agora, as mimosas”, relata Francisco, “hai outra finca máis grande, esa será a próxima actuación”.

Aínda que polo de agora en Boca de Sapo prefiren non convocar a brigadistas doutras áreas, si van contar coa colaboración de centros de ensino de Corcubión e do veciño Cee. “Cando sexa o momento da plantación van vir os rapaces e as rapazas do colexio e do instituto, tamén se fixo un chamamento ás familias”, di Francisco. Lamenta que por parte da veciñanza non haxa máis implicación; na asociación participan sete persoas. “A xente de Corcubión vive de costas ao monte, desconfían destas iniciativas, pero hai que seguir intentándoo”.

Boca de Sapo. Brigadas 2
A asociación Boca de Sapo plantará carballos e froiteiras nas parcelas deseucaliptizadas. Foto: Boca de Sapo

Propostas de cambio para o modelo forestal

“A maioría de parcelas que se apuntan son de comunidades de montes”, di Nela Abella. Así é en Froxán, Dodro ou Cercedo-Cotobade. En Galicia a cuarta parte do territorio, 700.000 hectáreas, é xestionado por estas comunidades. Durante o franquismo o dereito da veciñanza sobre o monte foi anulado e, cando tras a ditadura volveu a mans veciñais, fíxoo en moitos casos coa forma dun convenio de xestión coa Administración de Galicia.

Joam Evans pertence á comunidade de montes da aldea de Froxán. “Cando se crea o marco xurídico detúrpase o monte comunal”, denuncia. ”Limítase a un ámbito determinado, o monte, e a un obxectivo que é a explotación forestal”, explica, “os montes transfórmanse en produtores de madeira de baixa calidade para a industria pasteira”. “A idea de comunidade veciñal non era só o monte”, continúa Joam, “eran o gando en man común, os muíños, os fornos”. Esta xestión estaba intrinsecamente ligada a un sistema de axuda mutuo que en moitos casos se perdeu, e que as brigadas buscan recuperar.

Os montes transfórmanse en produtores de madeira de baixa calidade
No 2002 a comunidade de Froxán puxo fin ao convenio que mantiña coa Xunta. Tras sufrir dous incendios apostaron por eliminar os eucaliptos do territorio e traballar na súa recuperación. “Decidimos crear unha área de protección envolvente de monte nativo”, explica Joam. As habitantes de Froxán xestionan de xeito comunitario a auga, e continúan a aproveitar a madeira nas cociñas e para quentar os seus fogares. Decidiron apostar por recuperar espazos do territorio danados polo cultivo de eucalipto, coma a braña de Campo da Lama, onde actuaron as brigadas o 8 de decembro. Dende hai tres anos colaboran coa escola da Semente e, no 2017, o monte foi incluído no Rexistro de Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais. Ese ano, en colaboración con Verdegaia, recuperaron o sistema tradicional de roga, ou traballo comunal, e albaroque, ou xantar compartido; os inicios das brigadas.

A creación dunha área de conservación tamén é un obxectivo da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Rebordelo, en Cercedo-Cotobade. O monte foi vítima da vaga de lumes do 2017, recibiu en dúas ocasións ás brigadistas voluntarias. A veciñanza tamén está a desenvolver proxectos de produción micolóxica e de produción de castaña, mentres no resto do territorio sopesan introducir a apicultura ou a gandaría extensiva.

Para Nela Abella, parte da gran potencia das brigadas vén dada porque poñen en valor o territorio. “Un valor de conciencia social”, di, “fan ver o territorio dende outra óptica”. Pon de novo sobre a mesa o exemplo de Froxán. “En Lousame hai unha ameaza dun proxecto mineiro, e que vemos? Que se se fai un proxecto con futuro para o terreo, o valor do proxecto mineiro descende”. “Se a xente ve que hai unha alternativa de uso”, continúa Nela, “ve os proxectos destrutivos como destrutivos de algo máis importante”. “Non se trata de arrincar eucaliptos”, conclúe, “senón de dar unha nova vida ao monte”.

Verdegaia Ribeira. Brigadas 3
A última roga do ano axudará a recuperar o Campo da Lama, en Froxán. Foto:Verdegaia Ribeira

Deseucaliptización, palabra do ano?

Mudar o modelo de xestión do monte non é doado. O paulatino envellecemento e despoboamento das áreas rurais dificulta aínda máis estes procesos. Así, a solidariedade interxeracional e o consenso entre comuneiras xogan un papel fundamental. Pon Joam un exemplo: “Nun souto de castiñeiro, aos sesenta anos ou así o que fas é cortar a metade para que a outra teña espazo para dar castañas, é difícil que quen o plante vaia ver ese beneficio”.

Non obstante, pouco a pouco, o modelo das brigadas esténdese. Este ano leváronse a cabo experiencias similares en distintos puntos do país: a asociación cultural Furatoxos organizou unha acción deseucaliptizadora no Hío, como tamén a comunidade de montes de Taboexa-As Neves, en Pontevedra. A comunidade de montes de Teis, no concello de Vigo, leva máis dunha década traballando para recuperar o bosque autóctono. Existen casos diferentes, como a comunidade de montes de Bexo, en Dodro. Sinala Joam que continúan plantando eucalipto, “pero aceptaron cunha asociación local da zona deseuzaliptizar a área dun castro.

O 12 de xaneiro do 2019 as brigadas volverán ao monte, desta vez no concello de Pazos de Borbén. O feito de que moitas persoas voluntarias repitan dá unha gran pista da súa percepción das brigadas. O 8 de decembro en Froxán, cando na sobremesa se viron animadas a falar, non dubidaron en expresar o seu agradecemento. A todas as une unha preocupación común polo medio. Para Sara, que colaboraba por terceira vez, as vagas de lumes, a paisaxe chea de eucaliptos e a desidia da Xunta convencérona para apuntarse. Diego, que participou nesta e noutras accións, salienta a oportunidade que ofrece a persoas do ámbito urbano de poñerse en contacto co monte. Isabel, entre café e café, lanzou ao aire unha idea: “E se propoñemos deseucaliptización como palabra do ano?”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pesca
Biodiversidad Un boicot al pescado de las Feroe para frenar la matanza de más de un millar de delfines y ballenas al año
Nueve supermercados españoles comercializan bacalao de las Feroe. España compra a las islas 83,4 millones de dólares anuales, principalmente en productos del mar.
El Salto Radio
El Salto Radio Árboles contra el desierto
Las señales de hoy no sólo quieren hablar de árboles y bosques, de reforestación, de recuperar nuestros entornos maltratados. También pretenden sembrar un poquito de esperanza ante tanta desolación, porque hay muchas cosas que podemos hacer, que ya s
Industria alimentaria
Neocolonialismo empresarial La industria salmonera devasta el mar patagónico en Chile
Esta empresas transnacionales están contaminando con antibióticos el mar chileno. Además debido a la sobreproducción, millones de ejemplares están depredando a las especies locales, afectando gravemente al equilibrio marino.
Fer Tei
14/12/2018 20:53

Unha honra e grande ledicia o poder observar que despois de tantos anos, as novas xuventudes esten a traballar en prol dun maior nivel de consciencia pros montes da Galiza. O meu agradecemento a todos os que estades niso, asociación Boca de sapo e as demais.

6
1
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.