República Democrática del Congo
A guerra que non di o seu nome

Jason K. Stearn describe as condicións dun dos conflitos contemporáneos máis importantes da África Central.
Goma volcan Nyiragongo
La ciudad de Goma y el volcan Nyiragongo, en la República Democrática del Congo. Foto: Abel Kavanagh MONUSCO
Tradución: Rodrigo Herrera Alfaia
31 jul 2022 10:53

Artigo orixinal en Africa Is a Country.

Non todo o sufrimento ten o mesmo valor. Esta é unha idea que os propagandistas de ISIS e os editores de noticias entenden moi ben. No seu ensaio sobre a guerra, Judith Butler escribe: “A guerra sustenta a súas prácticas actuando nos sentidos, elaborándoos para aprehender o mundo selectivamente... Preparándonos para sentir shock e indignación ante certa expresión de violencia e xusta frialdade ante outra”.

Abofé, este é o caso do conflito na República Democrática do Congo. Dúas fotografías ilústrano. Primeiro: o 27 de abril deste ano, Jules Alingete, un importante inspector financeiro, subiu a un escenario en Houston, Texas. Dirixíase a unha pequena sala de conferencias para convencer a un grupo de empresario de que viñesen e investisen no Congo. O que dixo, gravado para miles de persoas en redes sociais, impactou os congoleses: “Estean seguros de que non temos ningunha guerra no Congo. Nós vemos a guerra na televisión, estamos en Kinshasa, Mbandaka, Lubumbashi, as grandes cidades... Esta é unha situación a máis de 2000 km das nosas institucións”.

A segunda fotografía: o fasto e a fanfurriña coa que os altos cargos do Estado chegan á Reunión dos Xefes de Goberno da Commonwealth (CHOGM)  na capital de Ruanda, Kigali, o 20 de xuño. Tiñan que asistir trinta e cinco xefes de estado. Con todo, asemade que o príncipe Carlos apertaba a man do presidente Paul Kagame, a rebelión do M23 ía gañando terreo no Congo, o país veciño do mandatario. Probablemente, co apoio de Ruanda. Ningún dos diplomáticos presentes,  incluídos Justin Trudeau, Boris Johnson e Muhammadu Buhari, expresou a súa preocupación.

Ambas fotografías representan unha mirada clara ao sufrimento. Hai máis xente desprazada hoxe no Congo que nunca antes: case seis millóns, máis ca ningún outro lugar no mundo agás Siria. Nos primeiros tres meses do ano, cerca de mil civís foron asasinados por varios grupos armados ao leste do Congo.

 ____________________________________________________________________________

O meu último libro, The War That Doesn’t Say Its Name: The Unending Conflict in the Congo (A guerra que non di o seu nome: O conflito interminable no Congo), intenta comprender por que se mantén o conflito armado no Congo a pesar das numerosas conversas para a pacificación, dos miles de millóns en axuda internacional, dun exercito nacional con 130,000 efectivos enfrontando un grupo desordenado de rebeldes e da maior operación para o mantemento da paz xestionada pola ONU.  

Estas fotografías de Houston e Kigali ofrecen as partes dunha reposta. Despois de 26 anos loitando, mentres moitas persoas padecían a confrontación, xurdiu unha reducida clase de políticos e comandantes para os que o conflito se converteu nunha fonte de supervivencia e beneficio. Alingete, o inspector financeiro, amalgamou a mirada das elites congolesas: a guerra está lonxe e non ameaza a súa propia supervivencia política. Entrementres, Ruanda considera  a intervención no seu veciño como interese nacional fundamental e os doadores estranxeiros ven noutro dirección. Xa que logo, o conflito, así como o proceso de paz, convertéronse en fins en si mesmos, mentres a loita continúa pola súa propia vontade.

 ___________________________________________________________________________________

O resumo da guerra no Congo é esta: en 1996, unha coalición rexional de países -liderada por Ruanda, Uganda e Angola- deron fin ao reinado de Mobutu Sese Seko despois de 32 anos. A coalición asignou a Laurent-Désiré Kabila, un temperamental e veterano rebelde,  como presidente do Congo en 1997. Kabila rompeu relacións con Ruanda e Uganda, o que ocasionaría unha nova guerra en agosto de 1998 e a división do país en catro partes principais. En 2002 asinouse un acordo de paz, o Accord Global et Inclusif (Acordo Global e Inclusivo), que reunificaba o país e establecía un goberno transicional. Asínase unha nova constitución, créanse institucións democráticas e descentralízase en beneficio das provincias. Inaugurábase así a Terceira República do Congo.

Porén, o conflito perdurou. Como se fose un paradoxo, aínda que a violencia incrementou, a nomenklatura1 diminuíu despois das eleccións de 2006. A misión de pacificación da ONU mudou a unha misión de estabilización post-conflito. Os grupos armados medraban e  non había un proceso de paz que os comprometese a deixar as armas. Como os congoleses a chaman, esta é a guerra que non di o seu nome.

Para comprender por que o conflito persiste e se enraíza tanto neste territorio, é preciso coñecer as actitudes que tomaron o goberno congolés e ruandés, os dous actores máis importantes neste período.  

_____________________________________________________________________________

 O goberno ruandés foi o primeiro en actuar nesta última fase da guerra ao provocar unha crise mesmo antes de que o goberno transicional comezase a traballar en 2003. Kigali apremou os vellos rebeldes para que non se unisen ao novo goberno e comezaran unha nova rebelión, o Congreso Nacional para a Defensa do Pobo (CNDP). Xa que logo, despois de que o CNDP fose integrado no exercito congolés en 2009, o goberno ruandés apoiou outra rebelión, o M23, o mesmo movemento que volve a ser noticia actualmente.

Mais, por que Ruanda sería un provocador? Con frecuencia, fálase de dúas teorías: a solidariedade étnica e o aproveitamento económico. Ambas son problemáticas. Si, Ruanda fixo unha fortuna coa extracción de minerais congoleses. Pero nin o CNDP, nin o M23, axudaron realmente nisto. De feito, as exportación ruandesas de ouro e estaño desde o país veciño disparáronse desde que se retirou do leste do Congo trala derrota do M23 no 2013.

De xeito alternativo, diplomáticos e expertos adoitan afirmar que Ruanda interveu no Congo pola solidariedade cos tutsis do país (moitos altos funcionario ruandeses son tutsis). Isto colide coas ducias de entrevistas que fixen a soldados congoleses tutsis e a líderes comunitarios, moitos dos cales se sentiron manipulados e traizoados por Ruanda. Un oficial ex-CNPD lamentou: “Apoiáronos porque nos necesitaban. Cando deixaron de necesitarnos, foron contra nós”.

Isto deixa a seguridade como una opción. Os partidarios do goberno ruandés adoitan mencionar a seguridade como o imperativo fundamental, en especial referíndose ás Forzas Democráticas para a Liberación de Ruanda (FDLR) -algúns dos membros participaron no xenocidio de 1994-. Non hai dúbida de que a ameaza da FDLR formou unha parte importante nas tomas de decisións. Porén, a última incursión importante da FDLR foi en 2001 e hoxe son unha forza desgastada. Con todo, pola importancia que aínda ten o xenocidio na política e a memoria de Ruanda, a FDLR segue a ser unha importante ameaza simbólica. En certos casos, a ideoloxía do xenocidio converteuse nun pretexto para que o Fronte Patriótico Ruandés (RPF) reprima a oposición; noutros, os funcionarios do RPF están motivados por unha preocupación auténtica.

A cultura institucional da RPF, imbuída por unha mentalidade de bunker, que considera necesario manter unha “profundidade estratéxica” cos seus veciños, contribúe na belixerancia. Como me dixo un importante oficial ruandés: “Que faría Estados Unidos se unha célula de Al Qaeda operase en Tijuana? Enviaría tropas e non tomaría reféns”.

_____________________________________________________________________________

No Congo, mesmo as elites políticas foron cómplices nas guerras, aínda que de xeitos moi diferentes. A súa relación co conflito foi unha mestura de apatía, fatalismo e oportunismo. Para os líderes en Kinshasa, a guerra no leste do Congo foi extremadamente periférica para a súa supervivencia: os políticos non eran castigados nas urnas polas súas neglixencias no leste, nin os combates representaban un risco para a capital dos país, que estaba a mil millas de distancia.

Mentres que moitos políticos normalizaron e esencializaron a violencia, outros atopan no final do conflito un risco potencial.  O principal motivo é a importancia dos militares durante o período posterior ao goberno de transición (2003-2006). As elites políticas en Kinshasa estaban máis preocupadas polo disidencia militar que polas necesidades da poboación local. Ao despregaren a maior parte das forzas armadas no leste, manteren baixos os soldos dos oficiais con asignacións discretas e bonificacións altas, e dárenlles espazo para o chantaxe, as elites políticas protexéronse de posibles golpes de Estado e enriquecéronse a través de esquemas de subornos.

A fragmentación de cada un dos actores e dos seus intereses produciu o que eu describo como unha involución. Co paso do tempo, o tratamento do conflito que fixeron os actores principais repregouse sobre si mesmo, invertendo a súa propia reprodución, e, ao final, estancouse. Con todo, non hai unha gran conspiración detrás disto. Debido á multiplicidade de actores e ao opaco destas redes, a cada actor individual resúltalle difícil imaxinar outra lóxica, e menos aplicar accións concretas para reformala. Non obstante, case todos os actores do actual sistema consideran estas prácticas como reprobables.  

 ____________________________________________________________________________________

Os actores internacionais contribuíron tamén neste lameiro. Os doantes e os responsables nos procesos de paz enfocaron o seu interese na creación de reformas tecnocráticas e non puxeron atención na desigualdade propia do Estado congolés. Ignoraron tamén o desenvolvemento paralelo do sector privado, que estableceu dramaticamente unha elite política no Estado. Este enfoque tecnocrático tomou forma despois das eleccións do 2016. Esta transición cara a un tipo de estabilización construíse sobre a suposición problemática de que o goberno congolés desexaba crear institucións eficientes e disciplinadas, en troques de privilexiar o cultivo de redes de patrocinio e da supervivencia política.

O segundo grande erro no xeito en que os doantes abordaron o conflito foi a forma en que se xestionou a economía. A liberalización rápida da economía congolesa durante este período ocasionou un crecemento dramático, pero tamén comprometeu o proceso de paz e axudou a afianzar unha dinámica do conflito relacionada co Estado depredador.

Ao principio da transición en 2003, a economía congolesa era moi débil. Amosaba uns nove mil millóns de dólares en termos de PIB real, e os ingresos do país eran de setecentos trinta millóns cunha poboación de cincuenta e un millón de habitantes -en comparación, o orzamento da Universidade de Oxford en 2020  foi de tres mil catrocentos millóns de dólares-. Porén, a economía congolesa medrou de súpeto, xa que o proceso de paz supuxo a privatización das concesións mineiras máis importantes do país.    

Esta privatización foi motivada e protexida polo doantes, que creron que a privatización non desgastaría o proceso de paz, senón que o reforzaría. Con todo, algúns investimentos mineiros que se fixeron moi por debaixo do prezo do mercado para misteriosas empresas offshore foron cuestionables. Estímase que a perda dalgúns deste negocios están entre os mil millóns de dólares e os cinco mil millóns. De xeito menos mediático, os prezos de transferencias e a evasión fiscal de multinacionais de renome foron tamén dunha magnitude similar. Xa que logo, estes prezos e o agochamento de cartos asociados coa corrupción das elites ocasionaron un fluxo masivo de diñeiro fóra do país. Segundo un cálculo, a fuga de capitais no Congo foi de vinte cinco mil millóns de dólares entre 1996 e 2010. A enorme riqueza acumulada das elites durante este período afianzou o seu poder, debilitou a democracia e creou enormes desigualdades.

______________________________________________________________________________________

No entanto, atopar solucións sinxelas para o Congo é moi complicado. O conflito transformou as redes comerciais, as xerarquías sociais, a mentalidade e as estruturas políticas: non hai unha febra da que se poida tirar para que este berce de gato2 caia. Os desafíos aos que se enfrontan os congoleses son xeracionais.       

Non obstante, pódense sentir os aires dunha nova consciencia política.  Un movemento novo, LUCHA, creouse hai dez anos por mozos e mozas de Goma como unha nova forma de mobilización política. Rexeitou financiamento estranxeiro, creou unha estrutura organizativa horizontal na súa toma de decisións e concentrouse en cuestións claves do debate político: auga, electricidade e seguridade. A súas accións máis visibles foron importantes protestas fóra das institucións do Estado congolés. Tralas mobilizacións, recollían o lixo e varrían as rúas. “Queremos mostrarlle á xente que a política non trata de chegar ao poder, senón de servir os outros, do coidado”, díxome Luc Nkulula, un dos deus líderes, quen tempo despois morreu traxicamente nun incendio. Isto pode ser exactamente o que o Congo precisa.

[1] Nomenklatura é unha palabra que se empregou no século pasado para se referir aos altos cargos do goberno soviético. Aínda hoxe se utiliza para nomear a políticos ou figuras de alto nivel asociados a tramas de corrupción ou a accións ilegais.

[2] O “berce do gato” é un xogo que se fai coas mans e con varios fíos. O obxectivo é desanoar a rede que se crea entre ambos participantes.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
La vida y ya
La vida y ya La primera vez
Nos confirmaron lo que ya intuíamos pero no supimos hacer. Lo única regla importante es romper el silencio.
Argentina
Argentina Argentina, un año y medio después de Milei
Este investigador profundiza en las claves de la victoria de Milei, las principales medidas de Gobierno, el sustancial apoyo que tiene y sus perspectivas a medio plazo.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda KKR y el negocio del ladrillo: de vender pisos en territorios ocupados a gestionar las viviendas de la Sareb
Desde 2022, el fondo proisraelí KKR es el encargado junto a Blackstone de gestionar la cartera residencial del banco malo. En verano vencen sus contratos y los fondos presionan para seguir sacando rédito del patrimonio público.

Últimas

Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Opinión
Opinión Y ahora les duele Gaza: Europa ante el genocidio
Europa no ha dejado de vender armas a Israel, ni de recibir su tecnología militar; sin embargo, ahora no sabe cómo salvar al país de sus propios impulsos autodestructivos.
Madrid
Madrid Más de 200.000 personas salen a la calle contra el “abandono deliberado” de la sanidad pública madrileña
Madrid se enfrenta a la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas reclamando mejoras en Atención Primaria, en las urgencias extra hospitalarias, en los equipos de salud mental y exigiendo más pediatras.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Más noticias
Opinión
Opinión Sentido y senilidad
La senilidad que he estado viendo en la industria cinematográfica no se limita a la edad de ciertos directores. Es algo mayor que eso, se ha convertido en una manera de pensar, en un fenómeno cultural.
Comunidad de Madrid
Pseudomedios Ayuso y Almeida han inyectado más de 400.000 euros a ‘Periodista Digital’ en cuatro años
El medio de Alfonso Rojo que emplea al agitador Bertrand Ndongo ha recibido más dinero que medios con mucho más alcance como ElDiario.es mientras El Salto sigue siendo totalmente discriminado por el Partido Popular.
Opinión
Opinión La hidra de la lucha por la vivienda
Un sector del movimiento de vivienda pone el foco en los grandes propietarios y los fondos de inversión para entender la actual crisis de vivienda. Otro, a la clase media propietaria. Cada enfoque lleva a estrategias distintas.
Navarra
Opinión Diez años de corralito progre en Navarra
VV.AA.
En las elecciones municipales y forales del 24 de mayo de 2015 se propagó la confianza en un futuro en el que la hegemonía conservadora del corralito foral diera paso a algo muy diferente y mejor.
LGTBIAQ+
Sentencia El TSXG reconoce que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen de odio
El tribunal ha ratificado las penas de entre 20 y 24 años para los tres acusados y ha absuelto al joven condenado a diez años de cárcel como cómplice del asesinato.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
México
México Desenterrar el dolor: los desaparecidos de Jalisco
El colectivo Guerreros Buscadores de Jalisco, el mismo que descubrió el campo de exterminio de Teuchitlán, halla un punto de venta de droga activo del Cártel Jalisco Nueva Generación con varios cuerpos enterrados.