A calidade do aire na contorna dos colexios de Vigo incumpre por moito os parámetros esixidos pola OMS

Unha investigación de Ecoloxistas en Acción denuncia que todos os centros educativos analizados superan o valor anual de dióxido de nitróxeno recomendado pola Organización Mundial da Saúde.
Ría de Vigo vista desde o Morrazo
A Ría de Vigo vista desde o Morrazo.
4 may 2023 13:45

Ecoloxistas en Acción vén de facer público un amplo estudo sobre os niveis de dióxido de nitróxeno (NO2) nas contornas de 160 centros educativos de seis cidades de toda España para valorar a calidade do aire que respiran as estudantes. As cidades escollidas foron Barcelona, Madrid, Granada, Murcia, Vigo e Xixón e soamente as medicións nunha das contornas dos centros analizados estiveron abaixo do límite de 10 µg/m3 (microgramos por metro cúbico) de NO2 de media que esixe a Organización Mundial da Saúde. Vigo suspende por moito o que recomenda a OMS.

Aínda que a situación é algo mellor que en Madrid e Barcelona, ningún dos centros analizados cumpre coas indicacións da OMS. Analizáronse 18 espazos moi próximos a centros escolares e deles só tres –é dicir, un de cada seis– estará a respirar menos de 20 µg/m3, o valor proposto pola Comisión Europea na revisión da directiva de calidade do aire como media anual. Un dos colexios analizados chegou a superar os 40 µg/m3, o límite legal actualmente vixente. Trátase precisamente dun centro de educación primaria, en cuxas inmediacións hai un aparcadoiro de coches, outro de motos e unha gasolineira.

Contaminación atmosférica en centros escolares de Vigo
Contaminación atmosférica en centros escolares de Vigo Ecologistas en Acción

Para o estudo seleccionaron centros de educación primaria e secundaria situados tanto en vías con alta densidade de tráfico como en contornas afastadas de vías de alta capacidade e con pouca exposición aos contaminantes emitidos polos vehículos. E os resultados, con todo, foron igualmente negativos. Mediron tamén os niveis de NO2 xunto ás estacións oficiais de control da contaminación, coa finalidade de calibrar os aparellos instalados nos colexios. En total, os integrantes de Ecoloxistas en Acción colocaron 340 captadores pasivos nun total de 170 localizacións de todo o Estado español.

“Debemos lembrar que a poboación infantil é especialmente sensible á contaminación atmosférica, debido á súa elevada frecuencia respiratoria, á súa maior exposición no ambiente exterior e á inmadurez dos seus sistemas respiratorio e inmunitario, sendo o NO2 un activo inmunodepresor”, sinalan desde a organización ecoloxista. E engaden: “Resulta necesaria unha substancial mellora da información sobre a calidade do aire que respiramos, en particular na contorna dos centros educativos e outros centros sensibles (asistenciais, deportivos e sanitarios), complementando a proporcionada polas estacións oficiais de medición con mapas de distribución e con campañas de medición específicas”.

Medio ambiente
Veleno na auga da billa: a contaminación que non cesa na zona cero das macrogranxas en Galiza
O último informe da Rede Cidadá organizada por Greenpeace sinala que o 97,5% de acuíferos analizados na Limia conteñen nitratos en proporcións alarmantes
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...