Coronavirus
Escola Unitaria: “Ata á propia policía lle deu certa vergoña vir a casa”

“Había que dicir nas proxeccións”, sinala Fernando Lema, creador das mensaxes xunto a María Von Touceda. Nos últimos días, tiveron polémica cun xornal local e incluso chegou unha visita das forzas de seguridade. “Se o que molesta é a mensaxe, é coma se enfurece que me tire un peido”, defende.

Proxección de Escola Unitaria tras a visita da policía
Proxección de Escola Unitaria tras a visita da policía

Escola Unitaria é un espazo adicado á formación en Santiago de Compostela. Coas súas tres opcións formativas anual, trimestral e de fin de semana adoitan ensinar desde ioga e pilates ata creacións audiovisuais, fotografía ou software. Durante as últimas semanas do confinamento provocado pola covid19, volvéronse virais a través das súas proxeccións nun edificio na rúa de Concheiros.

“Había cousas que dicir”, sinala Fernando Lema, gráfico creador das proxeccións xunto a María Von Touceda. Poderíase dicir que teñen unha visión contrahexemónica do discurso dos grandes medios, “sempre hai que poñer o contrapunto. Intentámolo facer de xeito de que cada un saca as propias conclusións”. “As frases facémolas entre os dous. Buscamos dar visibilidade aos colectivos, coma o trans ou aos nenos autistas”, subliña Lema.

As súas mensaxes cargadas de retranca tiveron moito éxito nas redes sociais e “a acollida no barrio foi fabulosa”, manifesta Fernando Lema. “Vemos que a xente está case pendente da proxección de cada día para botar unhas risas”, asegura.

Se o que molesta é a mensaxe, é coma se enfurece que me tire un peido”

Con todo, as proxeccións non estiveron exentas de polémica. El Correo Gallego, xornal local da cidade compostelana, publicou un artigo no que defendían que os veciños do barrio estaban “fartos dos soeces mensaxes dun ‘graciosillo’”.

Sobre isto, Fernando manifesta que non sabe que veciño pode ser, pero que “fago un chamamento a que se molesto coa luz das proxeccións, que mo diga e eu corríxoo sen problema. Se o que molesta é a mensaxe e coma se enfurece que me tire un peido”, explica. 

Temos colegas xornalistas que traballaron alí e contan como El Correo Gallego non lles pagou durante varios meses”

Este xornal estivo envolto por problemáticas cos seus traballadores por non pagarlles os salarios. “Santiago é pequeno. Temos colegas xornalistas que traballaron alí e sempre nos contaban como non lles pagaron durante varios meses”, defende Lema. Ademais, “non hai denuncia, senón unha suposta queixa directa ao diario. Sorprende que ese tipo de noticias de opinión do correo as firma “redacción” e nin sequera contactaron connosco”.

A problemática chegou a tal punto que ata a policía foi ata a súa casa. “Abrín a porta e vexo ao policía coa pistola polo protocolo de «a ver se vai ser un violento» e eu ao velo trago saliba coa escena”, relata. Despois, “todos nos tranquilizamos e ata penso que a eles mesmos lles daba certa vergoña vir. Ata eles mesmos recoñeceron que lles chegaron as frases polas súas redes”. De todas formas, eles contestaron ao xornal a base de proxeccións.

Proxección de Escola Unitaria contra un xornal local de Santiago de Compostela
Proxección de Escola Unitaria contra un xornal local de Santiago de Compostela
“Esperemos que as redes solidarias que se tecen nestes días non se desfagan no futuro”

Sexa como for, a Escola Unitaria é unha mostra de solidariedade coa comunidade veciñal, no sentido de buscar unha distracción momentánea. “Son importantes todas as redes solidarias que se tecen nestes días. Esperemos que sexan difíciles de desfacer”, proclama Lema.

Unha das súas mensaxes máis difundidas foi unha referente ás doazóns de Amancio Ortega á sanidade pública. “Amancio Ortega me regaló un mechero, pero me robó los porros”, proxectaron. “A frase de María ilustra perfectamente o que quere facer este señor, que che dá algo, pero logo por detrás quítache máis. Hai un calculador co que ti podes ver, segundo o teu patrimonio, canto debes doar en comparación porcentual co que fai él”.

Proxección contra a filantropía de Amancio Ortega
Proxección contra a filantropía de Amancio Ortega

HOUBO PROXECCIÓNS A MODO DE SOLIDARIEDADE

Proxección de apoio a Escola Unitaria.
Proxección de apoio a Escola Unitaria.
Ante toda a polémica xurdida, apareceron mostras de solidariedade en Santiago de Compostela. No barrio de Galeras, houbo unha proxección co lema “Unitaria, estamos con vós”. “Fixémolo a modo de apoio polo chamamento que eles fixeran en redes”, sinala a veciña creadora desta proxección.

“Volverémolo a facer se fai falta. As proxeccións non fan dano a ninguén”, asegura a mesma veciña e alega que nestes días é a forma que temos de crear comunidade e defendernos unhas ás outras. “O do Correo e a policía non nos sorprendeu demasiado. A liña editorial deste xornal tira moito deste tipo de noticias especulativas”, conclúe.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pensamiento
Vincent Bevins “Me irrita que se piense que la decisión de usar la violencia la toman los activistas y no el Estado”
El autor de 'El método Yakarta' vuelve con 'Si ardemos', un ensayo sobre las protestas que tuvieron lugar en la primera década de los años diez en muchas partes del mundo.
Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.
Educación
Estudio Así impacta el ciberacoso en la salud mental en adolescentes
Puede perpetrarse de forma anónima o mediante cuentas falsas, ocurrir fuera del horario escolar, llegar a una audiencia más amplia y permanecer almacenado en los oscuros recovecos de la red.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.