Coronavirus
“Tivo que vir unha pandemia para visibilizar a realidade das persoas sen fogar”

O COVID—19 golpeounos a todos dun xeito inesperado. Pero, que pasa con quen non ten fogar? A  crise sanitaria pode servir para coñecer e mudar as condicións de deshumanización nas que viven as persoas máis empobrecidas da sociedade.

Antonio Pintos, unha persoa sen fogar na súa choupana
Antonio Pintos, unha persoa sen fogar na súa choupana Miguel Núñez

Cando non podemos saír da casa, que pasa cos que non a teñen? “Soñan os ninguén con saír de pobres”, dicía Galeano no seu poema. Mais, aínda que estén confinados nos albergues ou habiliten espazos para que non fiquen na rúa, os que non posúen nin forza de traballo, están encadeados á miseria.

Na cidade de Vigo existe a problemática de que as persoas sen fogar só poden ficar no mesmo albergue durante 10 días seguidos. Tendo en conta os prazos para volver a entrar e que existen só tres albergues na cidade, moitas persoas teñen que durmir na rúa ou nas choupanas.

En cambio, durante a crise causada polo coronavirus o Concello adaptou o pavillón do Berbés con 38 prazas para as persoas sen fogar. No referente aos servizos de comida, danlla en tuppers individuais para evitar grandes aglomeracións, pero “logo durmen a pouca distancia entre eles e na mesma zona. Así non se respectan as medidas hixiénicas estipuladas”, sinala Antón Bouzas, coordinador da asociación 'Foro Socioeducativo os ninguéns'.

O polideportivo do berbés habilitado para as persoas sen fogar
O polideportivo do berbés habilitado para as persoas sen fogar Miguel Núñez
As persoas sen fogar durmen a pouca distancia entre eles no polideportivo. Así non se respectan as medidas de hixiene”

“Agradécese a axuda do Concello neste caso, pero que vai pasar cando isto remate?”, pregúntase Bouzas, quen tamén é educador social e forma parte da xunta de goberno no Colexio de Educadoras sociais de Galicia. “Estas persoas cambia de vivenda cada pouco. Despois de gozar dunha cama e dunha ducha con auga quente teñen que volver á vida nas choupanas”, explica Bouzas.

Antón Bouza (esquerda) xunto a Javier Romero, unha persoa sen fogar
Antón Bouza (esquerda) xunto a Javier Romero, unha persoa sen fogar Miguel Núñez

Xa houbo protestas contra a situación na que viven as persoas sen teito. Organizouse unha acampada durante tres anos fronte ao Concello de Vigo para visibilizar como a xente non podía durmir nos albergues cunha mínima estabilidade. Os organizadores, ían as portas dos albergues para ver quen quedaba fóra e levalo á acampada.

Un dos organizadores da acampada —que se parou coa chegada do COVID—19—, Juan Miguel Carollo, asegura que cando habilitaron o polideportivo do Berbés e comezou a vir a xente, “os concelleiros non crían a cantidade de persoas que están vivindo na rúa”. “Semella que tivo que vir unha pandemia para visibilizar unha realidade social. Esperemos que despois disto haxa un punto e aparte nas políticas sociais a nivel municipal e estatal”, manifesta o tamén membro da acampada.

Ademais, houbo hostais da cidade que cederon as súas prazas para os sen teito, así como que o alcalde, Abel Caballero,  valora abrir temporalmente outro novo pavillón. “Está ben para visibilizar e humanizar a situación, pero queremos solucións dentro da normalidade”, defende Carollo.

Juan Miguel Carollo, membro e organizador da acampada protesta no Concello de Vigo
Juan Miguel Carollo, membro e organizador da acampada protesta no Concello de Vigo Miguel Núñez

O CAPITALISMO XERA POBREZA SISTEMÁTICA

A acumulación de riqueza propia do capitalismo, xera clases sociais e, por ende, desigualdades sociais sistemáticas. “Xéranse bolsas de pobreza no tempo e reprodúcense. A miseria é hereditaria”, manifesta Antón Bouzas. “Hai traballadoras sociais que trataron con varias xeracións inmersas na pobreza dunha mesma familia”, engade Bouzas.

O mesmo activista, sinala que, “tras vivir estas consecuencias inherentes ao sistema, moitas persoas acaban en adiccións e en situacións de drogodependencia”. Sobre os que pertencen ao lumpemproletariado, “moitas veces, eles mesmos chegan a pensar que por ter algunha adicción se merecen estar nesta situación, mais é importante indicar que á rúa só chegan os que non teñen medios económicos para curarse”, subliña.

Maria Luisa Montoya no sofá deteriorado da choupana
Maria Luisa Montoya no sofá deteriorado da choupana Miguel Núñez

Calquera de nós pode rematar na rúa”

“Calquera de nós pode rematar na rúa”, asegura Carollo. Para que a situación mellore, “os políticos deben ver a outra cara da moeda, máis alá dos conflictos. Hai que falar coas traballadoras sociais, con eles mesmos ou cos voluntarios”, sinala o membro da acampada.

A cidade de Vigo foi golpeada duramente pola droga nos anos 90, moita xente quedou adicta ás substancias estupefacentes e remataron en situacións de pobreza extrema, apartándose da sociedade. Agora, viven nas comentadas choupanas ou en zonas totalmente abandoadas na cidade.

Exemplo das subcomunidades que se crean nas zonas abandonadas na hora de comer
Exemplo das subcomunidades que se crean nas zonas abandonadas na hora de comer Miguel Núñez

Nestas zonas, “eles teñen as súas propias regras establecidas. Crean unha subcomunidade na que ninguén querería estar”, asegura Bouzas. “Aquí vivimos como podemos", relata Javier Romero, quen quedou sen fogar e vese obrigado a vivir na rúa. Moitas persoas non queren saír dalí por desconfianza plena a sociedade e chegan a desenvolver enfermidades mentais graves. “Á dificultade de estar na rúa hai que engadir a de convivir nesa situación con persoas que non coñeces de nada”, Antón Bouzas.

Yolanda Quintana, quedou sen fogar e agora padece de depresión crónica
Yolanda Quintana, quedou sen fogar e agora padece depresión crónica Miguel Núñez

“Hai que integralos e facer programas de reducción de danos. Que aprendan de novo a socializar”, argumenta Antón Bouzas. “É importante abrirlles as portas á sociedade a estas persoas. Que haxa programas de inclusión social. Poden axudar en comunidades veciñais, usar de vez en cando os pavillóns para facer deporte e sobre todo, tratalos como as persoas que son”, conclúe.

Antonio Pintos ensinando as condicións do lugar no que vive
Antonio Pintos ensinando as condicións do lugar no que vive Miguel Núñez

Coronavirus
Residencias de maiores, negocio ou mala praxe?
A Xunta toma o control de dúas residencias de maiores onde o número de contaxios de SARS-CoV-2 desbordou as posibilidades materiais e humanas do persoal.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Emergencia habitacional El servicio de urgencias sociales de Bilbao SMUS no responde
VV.AA.
El Ayuntamiento de Bilbao no atiende a una población migrante condenada a vivir en la calle al negársele el derecho al trabajo legal y la vivienda digna.
Derecho a la ciudad
Opinión Celebrando (que nos perdonen) la vida
Las “Tres Mil Viviendas”, ese wild west patrio, son otra vez protagonistas. Tras un tiroteo entre malhechores el sheriff quiere demoler sus guaridas.
Iritzia
Migranteak Pobreek molestatu egiten digute
Zer egin orain kalean lotan daudenekin? Nola aurre egin klase begirada politiko eraldatzaile batetik?
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.