As UCI hospitalarias, as melloras que non chegan e as medidas que non se aplican

A primeira vaga de covid fixo que os e as profesionais que traballaban nas UCI dos hospitais pedisen melloras inmediatas. Falaron coas direccións das EOXI (Estrutura Organizativa de Xestión Integrada), expuxeron unha situación que nalgúns centros pedía reformas urxentes en canto medidas de seguridade, espazo e número de camas. Durante a segunda vaga do coronavirus a situación continuaba case igual. En Compostela, os sanitarios da UCI comezaron unha folga indefinida o día 15 de novembro ante a pasividade da dirección da área sanitaria.

mujeres sanitarias
Bruno Thevenin Sanitarias traballando.
30 nov 2020 09:20

A mediados de novembro deste 2020 o persoal das UCI galegas alertaba do colapso destas unidades hospitalarias. A isto engadían a obsolescencia dalgunhas destas unidades de coidados intensivos, nalgúns casos carentes de divisións por cubículos necesarias para tratar a Covid. A tensión foi aumentando ata o punto de chegar á convocatoria de folga por parte do persoal sanitario que atende a UCI do Clínico de Santiago (CHUS). A resposta das autoridades foi marcar uns servizos mínimos do 100%.

O persoal que se concentrou diante das portas do CHUS pedía condicións dignas de traballo ante a “improvisación” do SERGAS, non só en Santiago, senón en toda a rede pública de hospitais. Días antes denunciaban que as UCIs estaban a piques de colapsar. A mediados de novembro o número total de persoas igresadas nestas seccións era de 110, contando todos os hospitais de Galicia. Algúns casos tiñan unha ocupación do 100%.

SITUACIÓN XERAL

“Se as UCIs seguen funcionando é polo labor dos e das profesionais que traballan aí, dando máis de si” di María Xosé Abuín, de CIG-Saúde. Durante o verán pasado houbo reunións da mesa sectorial onde se pediron informes ás direccións hospitalarias e de seccións, para ter unha análise e poder actuar en caso dunha segunda vaga da Covid. Pedíase un aumento do cadro de persoal e que viñese con formación específica, pois o SERGAS ten unidades de formación específica.

A falta de persoal sanitario para esta sección hospitalaria e outras está ligada á marcha de profesionais especializados. Os motivos son a falta de persoal especial en listas de contratación. Este persoal debera estar formado para traballar en UCI, “o SERGAS non che dá esa formación porque non lle importa” sinala Abuín. A resposta á falta de persoal é recorrer ás listas de contratación e que ese persoal estea dispoñible as 24 horas.

Os e as sanitarias das UCI atenden ás persoas ingresadas co traxe EPI posto durante toda a xornada laboral, cando só se debera poñer por unhas horas. Por outra parte, cada paciente debera estar illado dos demais nun cubículo individual. Moitas veces ese illamento só se fai cunha cortina de plástico. Non se tomou nota da primeira onda e algúns centros hospitalarios sufriron as consecuencias da falta de previsión.

Os e as sanitarias das UCI atenden ás persoas ingresadas co traxe EPI posto durante toda a xornada laboral, cando só se debera poñer por unhas horas

No caso do Centro Hospitalaro da Coruña (CHUAC) a inspección clausurara unha das UCIs. Para compensar este peche, habilitáronse dúas áreas de quirófano atendidas por persoal temporal. O hospital Arquitecto Marcide de Ferrol chegou a colapsar a súa UCI, tendo que trasladar un enfermo ao HULA de Lugo. Foi aquí cando o SERGAS saiu ao paso e respondeu que dito traslado era unha medida preventiva. Mentres o CHUS abría unha antiga sala de reanimación para aliviar a carga de coidados intensivos.

PERSOAL

Rosa García, voceira do persoal da UCI do CHUS apunta que nesta unidade hai dezaoito enfermeiras e 18 auxiliares, o resto é persoal que se contrata por períodos dun mes e outros son mobilizados desde outras unidades. “En xuño asinouse un acordo polo que o persoal de intensivos non pode ser mobilizado a outra unidade” di García. A falta de persoal é cuberta con persoal de unidades auxiliares.

A descrición aportada por fontes consultadas para esta reportaxe é que as xerencias estarían obrigando a dobrar quendas. Por outra parte, denuncian as chamadas telefónicas cando o ou a sanitaria está de día libre. E o máis grave, insultos e ameazas.

A falta de persoal fixo que na EOXI de Santiago houbese cambios de horarios en quendas de traballo, estendendo as xornadas, “porque non hai quen atenda, non hai persoal”. García di non entender por que o hospital non estaba preparado para unha segunda vaga da COVID, o que incluiría o aumento do cadro de persoal.

As xerencias dos hospitais estarían obrigando a dobrar quendas. O persoal denuncia chamadas telefónicas cando o ou a sanitaria está de día libre. E o máis grave, insultos e ameazas.

Non obstante, a diminución do persoal fíxose constante e entre os motivos tamén está o trato dispensado ao cadro de sanitarios e sanitarias. Así Rosa García sinala que existe un ambiente dentro do CHUS que “fomenta” o abandono de persoal cualificado con destino a outros centros ou o estranxeiro. “Hai unha emigración de cadros para fóra de Galicia que responde a unha situación de precariedade laboral en Galicia”.

Folga indefinida UCI_CHUS
Concentración diante do CHUS o 16 de novembro, primeiro día da folga indefinida do persoal das UCI. Foto: CIG (Confederación Intersindical Galega)

O trato ao cadro de persoal tamén inclúe “chantaxes e malas maneiras por parte de supervisores” di García, que non sabe se isto responde a unha estratexia para tomar medidas de castigo. “Si que temos a impresión de que hai represalias”, sobre todo se se participa en folgas ou en protestas. “Hai cadros de estrés altísimos por estar dentro do EPI durante horas, suando, o estrés polo tratamento e a falta de escrúpulos dalgúns cadros”.

SEGURIDADE LABORAL

As medidas de seguridade laboral para o cadro sanitario pasarían por abandonar UCIs “sucias”, aquelas sen separacións entre pacientes e coa carga viral pairando no aire. Isto é o que obriga a levar o EPI posto durante horas. No CHUS compostelano habilitaron o espazo da antiga Reanimación con divisións, cousa que non se fixo na mesma UCI, espazo que conta con 15 camas.

“Os e as sanitarias deberían quitar o EPI nun lugar seguro e non levalo posto tantas horas” di Xosé Manuel Marcote, tamén de CIG-Sanidade. “Temos unhas infraestruturas minúsculas, cunha ducha onde debemos agardar para entrar, polo menos media hora, para cambiarte e logo media para retirar o EPI e vestirte, co que sumas unha hora máis á xornada” di Rosa García.

Rosa García: “Hai unha emigración de cadros para fóra de Galicia que responde a unha situación de precariedade laboral en Galicia”

“De momento non houbo cambios para que a situación cambie” di Marcote. Preguntado se se realizaron informes de cara a accións preventivas, sinala que “Preventiva realizou un informe moi xenérico cando tería que ser por paciente e traballador”.

A preparación contra riscos laborais (RRLL) é un exercicio tamén xenérico sobre “a colocación do EPI e do uniforme de traballo para non contaminarse”. E con estas condicións, aseguran desde a CIG, que se contrata persoal con dous meses de prácticas. Logo está o persoal do “pool”, xente que está pendente as 24 horas de que os chamen, “estes son os máis precarios”. O resume que fan do estado laboral dos e das sanitarias é de “cansanzo”, que pode levar a situacións de accidente laboral ou contaxio.

CHEGARON AS ELECCIÓNS DE 2020

Cando se quixo aliviar dalgunha maneira a presión da pandemia ante a convocatoria de eleccións autonómicas, houbo un acordo en xuño de 2020 para crear dúas salas para 12 camas cada unha. O prazo dado para o remate das obras, cinco semanas.

A sorpresa chega cando comezan os primeiros casos da segunda vaga de coronavirus. Aínda que o acordo estaba asinado entre xerencia, enfermaría e contaba con aval facultativo, durante unha semana foise recollendo material sanitario. A dificultade apareceu cando non se encontrou unha empresa que quixese levar adiante as obras.

A pregunta que fan algúns facultativos é “estar en obras cinco semanas durante a segunda vaga?” Para moitos o efecto electoral estaba detrás deste acordo de ampliación. “Querían borrar todo, que a xente non estivese preocupada” apuntan fontes santiarias. Chegou a segunda crise do coronavirus e a pregunta que fan algúns é: “Que sucederá se vén unha terceira”?

A carencia de espazos acaídos máis a falta de persoal están dificultando a atención aos e ás enfermas de Covid e doutras patoloxías. A sanidade galega perde profesionais por falta de calidade laboral, que inclúe salarios e horarios dignos, ademais de dotar os centros públicos, sobre todo a atención primaria, de cadros e medios.

Chegou a segunda crise do coronavirus e a pregunta que fan algúns é: “Que sucederá se vén unha terceira”?

En relación á falta de persoal, está a “taxa de reposición”, unha porcentaxe que se pode completar sen chegar ao 100% das persoas que deixaron os seus postos públicos. Por outra parte, os recortes levaron tamén a facer difícil contratar persoal e por outra, o aforro en persoal en parte foi destinado á compra de material. Ao mesmo tempo, os profesionais da sanidade pública denuncian estarse favorecendo á sanidade privada, mentres se aforra na pública para facer o mesmo con menos.

A segunda vaga de COVID volveu demostrar, segundo os profesionais consultados, que os recortes da última década deixaron moi debilitada a sanidade pública. Sobre todo en persoal e en servizos como ambulancias, en áreas como enfermaría e outras especializadas. Volvemos á pregunta de antes: “que sucederá se hai unha terceira vaga”?


Coronavirus
Avances na investigación e carencias na sanidade: a segunda vaga da covid-19
A opinión pública en moitos casos culpabilizou sectores concretos da poboación sen ter en conta a necesidade de coñecer datos empíricos.
Residencias de mayores
As residencias de maiores DomusVi, intereses moi persoais
Dúas residencias de DomusVi intervidas pola Xunta con recursos públicos durante a pandemia do coronavirus.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

El Salto n.79
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...