Coronavirus
“A universidade non pode continuar refuxiándose baixo a falsa ilusión de normalidade”

Está no foco do estudantado o debate sobre a eficiencia da docencia telemática. Falamos con algúns estudantes que nos comentan as eivas coas que se atopan nesta situación.

ordenador redes sociales
Dous rapaces diante dun ordenador. David F. Sabadell

O Ministerio de Universidades publicou o pasado xoves 2 de abril sete puntos clave nos que aclara que “ninguén vai perder o curso como consecuencia da crise sanitaria”. Os reitorados lanzan a orde de adaptar os plans de estudos ás circunstancias de confinamento. Porén, a docencia telemática chega nun momento no que as familias se enfrontan a dificultades económicas e sociais, consecuencia das medidas que as empresas están tomando ante a suspensión dos empregos non esenciais. O Salto falou con algúns estudantes que nos comentan as eivas coas que se atopan nesta situación.

Moitos dos universitarios galegos proceden de vilas onde a conexión a Internet é deficiente. “Hai multitude de alumnos que veñen do rural e poden ter problemas deste tipo. Deberían ternos en conta dende o principio e non esperar a que nós mesmos nos manifestemos”, comenta unha alumna da Universidade de Santiago de Compostela. Esta universidade decidiu que cofinanciará os gastos do acceso a internet para os seus estudantes. Porén, iso non garante un bo funcionamento da rede nas vilas.

Os estudantes que viven nesta situación piden unha solución para todos, “é perfectamente plausible subir os apuntamentos. Moitos profesores néganse a facelo porque quizais pensan que así non nos esforzamos en atender e o único que facemos e chapar o que xa nos vén dado. Nesta situación tan excepcional creo que non é momento para considerar esas cousas”.

Padezo de depresión e ansiedade. Medícome para isto. Estar confinada na miña casa significa estalo na miña cabeza e no entorno que máis me desequilibra, o familiar”

Nas circunstancias actuais, aqueles que sofren de problemas de saúde mental atópanse con dificultades para dar o 100% de si mesmos nos estudos. “Eu padezo de depresión e ansiedade. Medícome para isto. Para min, estar confinada na miña casa significa estalo na miña cabeza e no entorno que máis me desequilibra, o familiar”, explica Silvia Lino, tamén estudante na capital galega. “Cústame realizar cada traballo tres veces máis que se o fixese no meu piso de Santiago. A falta de actividade e de rutina esgótame. Síntome frustrada por non poder traballar mellor, enfadada polo trato dalgúns profesores e triste pola situación de algúns compañeiros”, relata.

Os problemas de saúde mental entre o alumnado non son ningunha novidade. Esta situación de confinamento supón unha situación estresante, que pode mesmo levar a moitos estudantes sen problemas previos a comezar a padecelos. “Eu penso que son moi afortunada de, polo menos, estar diagnosticada e medicada. De non ser pola medicación non sei como o estaría pasando estos días. Hai moita xente que estará sufrindo de ansiedade e depresión estes días, e non entenderá polo que está pasando”, segue dicíndonos Silvia.

Outra das situacións que nos atopamos entre o estudantado é a asistencia a familiares. Xa sexan enfermos ou maiores, moitos estudantes teñen que facerse responsables do traballo de coidados nos seus fogares. Antón Lopez estuda tamén na Universidade de Compostela e reside en Vigo. “Ademais das responsabilidades da carreira, teño que encargarme de todas as tarefas da casa eu só. Tamén debo visitar á miña nai, que está ingresada no hospital”, cóntanos. “Entre o pouco tempo, a falta de organización por parte da Universidade e o estrés xeral de toda a situación actual; paréceme imposible manter o ritmo que pretenden que teñamos».

Parte dos estudantes universitarios vese obrigada a traballar para poder cubrir os seus gastos. Na maioría dos casos é en sectores precarizados, como a comida rápida e a restauración, onde precisamente nestes días se deron ERTEs masivos.

Diego Fortes é estudante na Universidade da Coruña ao tempo que traballa en Telepizza —empresa que vén de suspender temporalmente o emprego—. “Necesito saber que vai pasar co meu curso e se esta incapacidade para seguilo vai significar que vaiamos a uns exames en maio sen garantías e con moitas posibilidades de suspender. Co que iso significa a nivel económico no próximo ano”. O alto prezo das segundas matrículas acentúa aínda máis as dificultades dos estudantes que traballan. “Co ERTE comezo a cobrar menos do que pago de aluguer”, asegura este estudante.

A moitos deles a cancelación das clases colleunos nas súas cidades universitarias, e están pasando a corentena no seu piso ou residencia estudantil. É o caso de Ana Beloso, estudante universitaria en Santiago. “Ao final vives nun piso compartido no que a convivencia, especialmente durante a cuarentena, pode ser complicada. Ao tempo que careces dun espazo propio e adecuado no que poder concentrarse e estudar”.

Esíxesenos aos estudantes ser produtivos, non deixarnos levar. Isto constitúe unha deshumanización tremenda”

Aínda que o estudantado entende a dificultade de reorganizar o curso académico sen contar coa docencia presencial, tamén pide que se comprenda o que supón esta situación para eles. “Durante unha pandemia, esíxesenos aos estudantes sermos produtivos, aplicados, non deixarnos levar. Isto constitúe unha deshumanización tremenda”, pensa Ana. “A universidade, por moito que queira, non pode continuar refuxiándose baixo a falsa ilusión de normalidade que pretende conseguir mediante clases online”.

As resolucións finais sobre o futuro do curso están aínda por decidir. Porén, o alumnado xa demanda solucións, como Ana quen demanda, “ante as circunstancias actuais, o máis práctico e máis humano que se pode facer é dar por terminado o curso e outorgar un aprobado xeral que non conte para a media”.

PRIMARIA E SECUNDARIA

O ensino primario e medio tamén se está a adaptar ao modelo telemático cos seus propios obstáculos. “A principal dificultade que temos é nas casas onde non hai ordenadores con acceso a Internet ou onde só hai un ordenador con wifi local e mala cobertura para varios irmáns” conta M. N., profesora de primaria na provincia de Pontevedra.

Niñas estudiando
Nenas estudando na casa Dani Gago

No ensino medio, os estudantes de ciclos superiores tamén se ven afectados. “Non está todo o ben que debería ser. Envían traballos a través da aula virtual e din que se temos algunha dúbida lles preguntemos… O ideal sería que nolo explicaran antes” comenta un alumno de Imaxe e Son no CIFP A Farixa de Ourense.

A nosa vida e o noso benestar deben prevalecer sobre a produtividade e a competividade

Está claro que nos atopamos nunha situación excepcional, sen precedentes nas últimas décadas. Non obstante, en moitos casos estase entendendo o confinamento como unha ocasión para aumentar a carga de traballo dos estudantes. Cando a saúde pública e as nosas vidas están en xogo, temos que coidarnos nós e todo o demais pode esperar. A nosa vida e o noso benestar deben prevalecer sobre a produtividade e a competividade.

Coronavirus
“Tivo que vir unha pandemia para visibilizar a situación dos sen teito”
O COVID—19 golpeounos a todos dun xeito inesperado. Neste caso, pode servir para visibilizar as condicións de deshumanización nas que viven as persoas máis empobrecidas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Educación
Eduación La educación vasca no irá a la huelga tras llegar a un acuerdo tildado de “histórico”
Los sindicatos desconvocan los paros para esta semana al haber alcanzado mejoras en las condiciones laborales del profesorado y una mejor financiación para los centros públicos.
Educación
Educación Ayuso confirma su apoyo a la universidad privada con el anuncio de la ley regional
Profesores y alumnos de la pública denuncian el “proyecto segregador y privatizador” y anuncian una gran manifestación para el día 22 de mayo
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Arranca el segundo día de huelga en la educación madrileña
Hoy están llamados a la jornada de protesta en los ciclos de Infantil, Primaria, Secundaria, FP y Educación Especial. Se planea una nueva fecha para la manifestación conjunta con universidad que no pudo celebrarse ayer por el apagón.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.

Últimas

Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Vecinas de Madrid convocan otra gran manifestación por la sanidad pública
El próximo 25 de mayo la plataforma Vecinas y Vecinos de Barrios y Pueblos de Madrid organiza otra gran marcha contra la política sanitaria del Gobierno de Ayuso.
Palestina
Palestina Imputan a dos capitanes de buque implicados en el comercio de armas con Israel
El Juzgado de Instrucción nº 6 de Barcelona investiga la implicación de la naviera Maersk en el suministro de armas al ejército israelí y le requiere que identifique a dos capitanes.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.
València
Lawfare La Audiencia de València dicta que la causa contra Mónica Oltra llegue a juicio
Aunque la Fiscalía y el juez instructor descartaron que existiera indicios de delito contra la ex consellera y el resto de acusados, la Audiencia ratifica la celebración del juicio.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.