Corpos Incómodos
A teoría queer: home de palla do feminismo excluínte

O argumentario interno do PSOE filtrado o 9 de xuño que nega a realidade das mulleres trans fixo saltar de novo todas as alarmas. Reactivouse a roda do debate, da acusación, e do conflicto, situando no centro “o queer” como un ente abstracto. Un home de palla construído por ríos de tinta que agocha a única realidade que hai tralas leis trans: os dereitos humanos. 

Orgullo Pancarta Todes Tenemos Derechos
Manifestación do Orgullo Crítico en 2018. Álvaro Minguito
11 jun 2020 16:25

A filtración o pasado 9 de xuño dun argumentario interno do PSOE contra a teoría queer volveu activar a roda de conflictos no feminismo que se freara coa pandemia. As acusacións encadéanse unhas tras outras, revestíndose de auténtica violencia nalgúns casos, e producíndose un choque de discursos que semella non poder ser resolto por ningún lado. Os fundamentos están claros: mentres que dende o colectivo trans non cesamos na loita pola despatoloxización, estase a producir unha revolta no seo do feminismo mainstream contra as leis que a regulan, argumentando que son un perigo por supoñer a materialización institucional das teorías queer, “que pretenden eliminar ás mulleres”.

Pola nosa banda, as persoas trans asistimos atónitas ante un debate que nos pon no centro e sobre o que non temos voz. Quizais, se a tiveramos, quedaría claro que está a ser ese mesmo debate quen coloca na nosa axenda este compendio teórico que a inmensa maioría de nós non leu. E é que a conexión que temos co queer non é algo que saia das academias, senón do feito de compartir rúa e loita con tantas persoas, cis ou trans, que asumen dita etiqueta para si.

Deste xeito, as persoas que se definen como queer tampouco basean as súas vivencias en teorizacións complexas, senón que o que fan, do mesmo modo que nós, é tensar a corda do sistema sexo-xénero poñendo os seus corpos e vivencias diante, cuestionando os roles e estereotipos patriarcais e xogando con eles, e a fin de contas, construíndo un futuro onde ás persoas non lles sexan asignados ditos roles, estereotipos e opresións en base aos xenitais cos que naza. Eu pregúntome se non é iso a abolición do xénero, á que se refiren para escusar que nós non caibamos no seu futuro utópico.

Englobalo todo nunha teoría non ten outra intención que a de deshumanizar ao colectivo (...), converténdoo nunha maraña de conceptos que impida ver a realidade: a necesidade desas leis na loita polos dereitos humanos historicamente negados.

Con todo, englobalo todo nunha teoría non ten outra intención que a de deshumanizar ao colectivo que está tras as leis trans, converténdoo nunha maraña de conceptos e palabras que impida ver a realidade, que non é outra que a necesidade desas reformas na loita polos dereitos humanos que historicamente nos foron negados.

Pero entón, de onde sae esta insistencia nas teorías queer? A resposta a esta pregunta reside na principal diferencia entre o que propón o activismo trans e o que propoñen as teorías queer, que non é outra que o suxeito ao que está destinado. Mentres as nosas reivindicacións falan das necesidades que ten un colectivo concreto que non supera o 0,2% da poboación, as teorías de filósofas como Judith Butler reflexionan sobre modelos alternativos de sociedade pensados para derrubar os piares do patriarcado. Mesturalo todo sen ningún rigor non ten outra fin que a de artellar a mensaxe de que nós falamos para toda a sociedade, de que queremos borrar a tódalas mulleres e enmascarar as súas opresións.

Evidentemente isto non é certo, xa que é imposible negar que nacer con vaxina, sexas un home trans, unha muller cis, ou unha persoa non binaria, equivale a unha carga de opresións patriarcais difícil de esquivar, e que, como tódalas opresións, intersecciona con outras como raza ou clase. Por isto, tampouco se pode negar que a vaxina sexa un suxeito de vindicación feminista ou que tras séculos de invisibilidade estea presente no discurso, mentres haxa sometemento patriarcal sobre os corpos haberá conas insubmisas (entre elas, as de moitas mulleres trans).

Mentres as nosas reivindicacións falan das necesidades do 0,2% da poboación, as teorías queer reflexionan sobre modelos alternativos de sociedade pensados para derrubar o patriarcado.

Admitir isto, por un lado, non elimina que as mulleres trans suframos violencia machista polo simple feito de existir e independentemente do que teñamos entre as pernas, nin moito menos se pode traducir na negación do trans, como está acontecer co discurso do feminismo trans excluínte. Principalmente porque a carga que o patriarcado lle atribúe aos corpos non define a identidade de tódalas persoas nin o xeito no que nos situamos dentro da vida en sociedade. 

Dende a miña propia experiencia podo afirmar que cando iniciei o proceso de transición comecei a experimentar unha vixilancia social sobre o meu corpo que antes non sentira. O espazo público polo que transitaba encargábase de transmitirmo perante olladas e expresións nas faces da xente sobre as que eu tiña certo control dependendo da miña adaptabilidade á norma. Tratábase de entender o novo enfoque ao que eu era sometida, e de deixar de exercer privilexios como o de non preocuparme pola miña aparencia, ou mesmo de abandonar costumes tan banais como quitarme a camisola na praia.

Se era quen de someterme e adaptarme ao que se agardaba de min, de non facerme notar, de non alzar moito a voz ou non sorprender coa miña vestimenta, a vixilancia tornábase condescendencia e os rostros mudaban cara a amabilidade. Non atraer olladas que alertaran dunha transgresión do que se espera dunha muller era unha peza clave para pasar desapercibida e non sufrir agresións.

Corpos Incómodos
De excursión ao armario
“A cisapariencia non é máis que un parche mal posto polo que se segue a escapar a violencia, xa que só é posible arranxar este burato no sistema situando o feito trans como unha condición de igualdade.”

Nese momento puiden comprender que a tónica diferenciadora dentro da miña experiencia vital, foi a perda do privilexio que un día tiven, someterme aos novos moldes e aceptalos sen protestar para non ser cuestionada. Aceptar que a miña opinión ía ser considerada de segunda en case todos os espazos mixtos que ocupara, que non podía apoderarme pensando en seguir o camiño dos meus referentes porque xa non había referentes, que é normal escoitar comentarios que te menosprezan como persoa e te sitúan no marco da minoría de idade, e o peor de todo, que hai que aprender a vivir co medo. A vixilancia non mudou coa miña transición, senón que o que o fixo foi a miña resposta con respecto a dita vixilancia, e iso acontece porque en todo momento, dende que deixei de ser considerada un home e de ter ese privilexio, actuou sobre min o mesmo esquema de violencia machista.

A expansión virulenta destes discursos non é máis que unha reacción a asimilar o trans como parte da nosa realidade, como algo que veu para quedarse tras décadas silenciado polo patriarcado.

Todas temos moito camiñado como para non asimilar aquela máxima de que os dereitos humanos nunca restan, e que, polo tanto, aceptar que as mulleres trans somos mulleres non borra as opresións de ninguén. A explicación é tan sinxela como entender que non ter vivido certas opresións patriarcais non é algo incompatible con ser suxeito de outras que tamén o son. Asumir isto implica asumir que non hai ningunha incompatibilidade entre as reivindicacións que poidamos ter as mulleres trans e as que poidan ter outras mulleres cis, e isto, téñeno amosado as manifestacións feministas da Galiza do último 8M, onde se berrou polo dereito a parir con dignidade en Verín, polo dereito ao aborto ou contra a violencia obstétrica á vez que se rexeitaba a patoloxización e exclusión das mulleres trans.

Transexualidad
“Os grupos antidereitos practican unha ideoloxía de odio”
Bianka Rodríguez traballa polo recoñecemento dos dereitos humanos das persoas LGTBI en El Salvador, onde as mulleres trans teñen unha expectativa de vida de 33 anos.

A expansión virulenta destes discursos non é máis que unha reacción a asimilar o trans como parte da nosa realidade, como algo que veu para quedarse tras décadas silenciado polo patriarcado. Un exercicio que implicaría cuestionar todo o aprendido, e, con iso, sufrir a incomodidade que provoca toda deconstrución. O camiño doado, o que estaba a seguir a maioría da sociedade ata fai ben pouco, é negarnos e silenciarnos, malia que faga falta un totum revolutum carente de rigor ou introducir na axenda unha teoría para disfrazar ás persoas de conceptos, ocultando unha resposta directa contra a nosa reivindicación de deixar de seren consideradas enfermas mentais. Pese a isto, non debe esquecerse que nós temos moita experiencia en sobrevivir a situacións de urxencia e violencia, polo que todas aquelas que decidan sumarse ao discurso contra as leis trans deberían ter en conta non se está a posicionar contra unha corrente de opinión sen máis nin contra unha teoría dos 90, senón contra os anhelos históricos dun colectivo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión 8M 2025: por un feminismo queer
No encajamos en vuestro mundo, ni queremos encajar. No nos dejamos callar con unas migas que se caen de vuestras mesas llenas de privilegios. Lo queer abre nuevos espacios de lo inteligible y lo vivible.
Antipunitivismo
Antipunitivismo Las malas víctimas responden
Este texto lo firmamos dos malas víctimas, comprendiendo con ello sujetos que deciden disputar tal categoría.
Queer
Proclama Los monstruos hablan
Este blog surge con la idea de dar cabida a todos esos monstruos o ideas que no pueden entrar dentro de los límites de respetabilidad de la izquierda progresista.
#63346
16/6/2020 18:03

É interessantíssimo ler este artigo, que se elabora desde a experiência desta mulher trans, ainda que parte de afirmaçons, que estou segura que muitas de nós estamos deseando que se nos argumentem, por ejemplo, quando se afirma do documento do PSOE que "nega a realidade das mulheres trans", assim, sem argumentos. Do mesmo xeito que se nomea umha "revolta no seo do feminismo mainstream contra as leis que a regulan" afirmaçom que nom se pode confirmar em parte algumha do texto, nem forma parte da prática das feministas do PSOE, esqueçamos se o termo “mainstream” tem intençom peiorativa ou outra .

Criticar conceptos no borrador da lei nom se pode categorizar como "estar em contra da lei", estar em contra do colectivo ou dos DDHH. As criticas son para aqueles conceitos inspirados polas teorías queer, que por ponher um último ejemplo, na ONU Mulheres, acabam de definirmo-nos, ao aplicar essas teorias, como "pessoas menstruantes" por evitar a palavra mulheres.

A autora dá na clave quando afirma qual é o objetivo "construíndo un futuro onde ás persoas non lles sexan asignados ditos roles, estereotipos e opresións en base aos xenitais cos que naza" Um objectivo no que coincidimos e que queda moi bem reflectido no texto do PSOE, mas nom queda tam claro no borrador da Lei.

Asegura a autora : "Con todo, englobalo todo nunha teoría non ten outra intención que a de deshumanizar ao colectivo que está tras as leis trans, converténdoo nunha maraña de conceptos e palabras que impida ver a realidade, que non é outra que a necesidade desas reformas na loita polos dereitos humanos que historicamente nos foron negados." Som acusaçons moi graves que hai que demonstrar, porque estamos a falar de companheiras, aliadas, que nom estám ponhendo em questom a necessidade da Lei, se nom alguns conceptos do borrador, e as palavras, nas leis, som fundamentais.

A autora fai umha definiçom claríssima do que está no centro do debate: "é imposible negar que nacer con vaxina, sexas un home trans, unha muller cis, ou unha persoa non binaria, equivale a unha carga de opresións patriarcais difícil de esquivar, e que, como tódalas opresións, intersecciona con outras como raza ou clase. Por isto, tampouco se pode negar que a vaxina sexa un suxeito de vindicación feminista ou que tras séculos de invisibilidade estea presente no discurso, mentres haxa sometemento patriarcal sobre os corpos haberá conas insubmisas (entre elas, as de moitas mulleres trans)." Coincidimos logo em que o problema nom é a biologia, nom é o sexo, o problema é o género, construto opressor que nom pode definir-se como identidade.

" Aceptar que as mulleres trans somos mulleres non borra as opresións de ninguén, todas aquelas que decidan sumarse ao discurso contra as leis trans deberían ter en conta que non se está a posicionar contra unha corrente de opinión sen máis nin contra unha teoría dos 90, senón contra os anhelos históricos dun colectivo." Totalmente de acordo, mas insisto, ningumha feminista, ningum escrito que chegara a este debate ou aos que circulam polas redes pretendem somar contra as leis trans, mas sim contra umha vissom inspirada na teoria queer, que eleva o género a categoria de identidade. E, se nom fosse o momento político onde nos encontramos, coa ofensiva mediática e de distintos poderes económicos, políticos, religiosos, que está a sofrer o feminismo, nom estaria comentando tal ou qual escrito do PSOE, mas vejo que este debate, segundo a minha opiniom, tam manipulado, está a funcionar coma um cavalo de Tróia dentro do movimento.

2
21
#64311
30/6/2020 10:06

Ola, são a autora. Grazas pola túa reflexão. Cando digo que vai en contra nosa é porque en todo momento se está a por no punto de mira a despatoloxización, que é a nosa principal reivindación, non produto dunha teoría.

22
0
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando la CAM “ha pisado el acelerador”.
València
València Rechazada la querella por tortura contra Ramón, policía infiltrado en València
Un juzgado de València desestima el recurso presentado por Alerta Solidària contra la inadmisión de la querella criminal por torturas contra el agente que pasó dos años infiltrado.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE se mira en el espejo de Canadá
La irrupción de un enemigo exterior poderoso como Trump ha provocado un giro rotundo en las elecciones del país norteamericano, catapultando a los progresistas tras estar al borde de una dura derrota.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Economía social y solidaria
Cooperativismo Economías tejidas por mujeres: feminismo y cooperativismo en Madrid, una genealogía por contar
La Economía Social y Solidaria feminista no ofrece fórmulas mágicas, pero sí un horizonte: uno donde lo productivo y lo reproductivo, lo económico y lo afectivo, dejen de estar enfrentados.
Opinión
Opinión Sobre la guerra y la paz
Parece que los alemanes y el resto de europeos no aprenden con la historia que ellos mismos han protagonizado en los últimos 400 años. Ni siquiera con la historia del siglo XX, tan inmediatamente próxima y tan inmensamente trágica.
Energía
Energía La organización colectiva, el verdadero kit de supervivencia en tiempos de emergencia y caos
Decenas de centros sociales, cooperativas y grupos autogestionados de vecinos en todo Madrid hicieron frente a los embates del parón eléctrico a través de improvisadas iniciativas comunitarias.
Más noticias
Oriente Medio
Oriente Medio ‘Aliadas’, un libro para imaginar otra Shatila y recordar Palestina
Hablamos del libro, el deporte, la vida en Shatila y el genocidio en Gaza con la autora, Txell Feixas, junto a Majdi y Razan, padre e hija que protagonizan esta historia de rebeldía y amor por la vida en el campo de personas refugiadas del Líbano.
La vida y ya
La vida y ya Unas horas sin luz
Edu, un amigo que es conserje en un colegio público, me escribe para contarme que quienes más se angustiaron fueron las familias más vulnerables.
Maternidad
Maternidades Maternar sola, precaria y sin que se note
Actualmente, asistimos a un nuevo modelo de súper madre que es la monomarental, precaria, activista feminista, que hace malabares para que sus criaturas no se enteren de las patrañas que nos rodean sin perder de vista la crianza respetuosa
Argentina
Argentina Argentina encadena su destino al FMI por las próximas generaciones
A corto plazo, el nuevo acuerdo permitirá equilibrar el balance de pagos, pero a costa de que la economía se incline hacia la recesión

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.