Corpos Incómodos
Como é ser trans no rural galego?

Se non te fixeches esta pregunta, non debes preocuparte. Estás entre a maioría que pensa que o paraugas LGTBI e o rural son cuestións a priori incompatibles.

corpos incómodos 2
presidenta da asociación trans Amizando
13 feb 2020 07:45

Fixécheste algunha vez esa pregunta? Se a resposta é “non”, non debes preocuparte. Estás entre a maioría que pensa que o paraugas LGTBI e o rural, a aldea e todo o que comporta, son cuestións a priori incompatibles. As respostas poden ser moitas, dende un conservadorismo premarcado ata o pensamento de que o trans nunca existiu nin puido existir en entornas non urbanas. Non é casual tampouco, pois as mensaxes que chegan alimentan dito discurso con recursos de todo tipo. Mesmo o propio Orgullo, pensado e desenvolto como unha festa principalmente urbana onde todas as que supostamente fuximos de entornas hostís —non urbanas— agrupámonos para construír redes de apoio e afecto e para saír á rúa a reivindicar.

O rural galego está farto de tópicos, como os cualificativos impostos pola ditadura que o tachaban de inmóbil, submiso e conformista, e que tantas e tantas mobilizacións medioambientais, obreiras, comunais e de diverso calado cuestionaron.

No noso imaxinario colectivo, en contraposición á cor das grandes avenidas cheas de carrozas, está a escuridade da pedra, o medo ao rumor, á comunidade pequena que vixía para que se cumpran os patróns marcados polo sistema patriarcal. Un deses terreos hostís onde só os armarios aportan seguridade para se desenvolver como quen se é, malia que isto supoña non chegar a selo nunca.

Non encanto, dito imaxinario adoita ser unha crenza adquirida, unha idea herdada sementada nos nosos cerebros polo discurso que nós mesmas producimos. E como tal, do mesmo modo que aconsellamos facer co resto de crenzas adquiridas, non cabe outra acción posíbel que sometela a dúbida, cuestionala, e desamigala, como único modo de saber canto ten de real e canto de imaxinado, de tópico. De feito, acontece que o rural galego está farto de tópicos, como os cualificativos impostos pola ditadura que o tachaban de inmóbil, submiso e conformista, e que tantas e tantas mobilizacións medioambientais, obreiras, comunais e de diverso calado cuestionaron.

Daniela Ferrández

E atrévome a dicir isto porque eu son a primeira que posuía ditos prexuízos sobre o rural galego como un espazo inseguro. Prexuízos sobre os posibles prexuízos dos demais, un círculo vicioso capaz de consumila a unha e ao seu entorno, e que non permite desenvolverse con liberdade e, a fin de contas, con felicidade. Xa fóra do armario e presentándome abertamente como muller trans, volvín en repetidas ocasións á aldea da miña parella á que non fora dende antes da transición, e para a miña sorpresa e malia algunha mala reacción anticipada pola miña banda, o trato que recibín das veciñas foi magnífico.

Falamos da vida, de felicidade, de diversidade e de mudanzas —evidentes—, todo dende o respecto e co sorriso por diante, unha actitude maioritaria que me fai sentir seguridade cando paseo polas rúas empedradas desta aldea ourensá. Porén, a cabeza dunha muller trans en transición está nun estado constante de alerta, e non pode facer máis que analizar o entorno en busca de erros, do que non encaixe, do que faga transcender o plano do soño para adentarse na realidade. Rapidamente, chega á miña mente a posibilidade de que o agarimo que experimento non sexa real, senón un reflexo construído para que eu non estivera incómoda, e que polo tanto, aínda que eu non o percibira, íase falar mal de min ás escondidas nun radio de 50 Km á redonda.

Pero sigo pensando e pregúntome se iso non é outro prexuízo dos que gardo no meu interior máis profundo, e que forma parte dun saco que levo comigo, e que comparten co medo e a inseguridade. Acepto que falar vaise falar, e incluso que eu quero que se fale, pois a palabra é o único xeito de estender a nosa mensaxe, de que a xente se cuestiones condutas adquiridas e de que comece a mudar un entorno que temos diante, que nos importa, e que nos fai tamén.

Estas reflexións están permanentemente presentes cando paseas por Chueca, “o barrio da liberdade”, con temor aos grupos fascistas organizados que a patrullan de cando en vez, ou mesmo cando chegas a túa casa en Santiago ás cinco da mañá, e sorpréndeste sentindo medo pola rúa.
Agora ben, que se vaia a falar sobre min, sobre o trans e o LGTBI non implica necesariamente que se teña que facer con más intencións, o que me fai decatarme de que independentemente do que pensen de min o do que digan por tras miña, síntome segura. Non teño medo de sufrir unha agresión, nin unha mala mirada de quen xa me mirou aos ollos, nin un berro de quen me invitou a tomar café na súa casa. Non son consciente do que pasa fóra do campo dos meus sentidos, e, polo tanto, non me doe, non podo deixar que sexa así pois iso arrastraríame ao abismo. Esa non é outra que a primeira lección para vivir sendo trans, e é visto que non está de máis recatala de vez en cando.

DE CHUECA Á “Arcadia rural”

Pero o conto non remata aquí, xa que estas reflexións están permanentemente presentes cando paseas por Chueca, “o barrio da liberdade”, con temor aos grupos fascistas organizados que a patrullan de cando en vez, ou mesmo cando chegas a túa casa en Santiago ás cinco da mañá, e sorpréndeste sentindo medo pola rúa. Ese medo que non existía na aldea, e que che persigue na idílica cidade. Ese medo que se demostrou racional en tantas e tantas agresións que se rexistraron nas grandes urbes do Estado español no ano anterior. Ese medo, que comparte especie co mesmo medo que lle temos ao rural, e que anida en nós separándonos das nosas raíces.

Non quero aquí resultar irracional e proclamarme fiel defensora da “Arcadia rural”, ese mundo agrario idílico propugnado polo catolicismo social a principios do século XX e rescatado polo franquismo como discurso lexitimador dun modelo de opresión fascista no campo. No rural existen prexuízos, agresións e discriminacións contra o colectivo do mesmo modo que existen na sociedade, pero é posible que lle estamos pedindo que nos mire e que nos queira sen miralo e sen querelo a el.

EXPERIENCIAS: FERNANDO, MARÍA E XÁCIA

Iso é o que me ven á cabeza ao falar con outras persoas trans que moran no rural galego, e que comparten comigo a súa sensación de seguridade, xunto coa posesión —xeralmente—, dun historial sen conflitos nin agresións. Malia iso, moitas delas viven no armario para se protexer do medo a un rural conservador e excluínte que temos todes, sen atopar a forza para comprobar se realmente é así. Este é o caso de Fernando, que mora en Xunqueira de Ambía, a onde chegou tras pasar un tempo en grandes urbes galegas e do Estado español. Cidades nas que Fernando recoñece que sufriu transfobia e missgendering, experiencias que lle levaron a deixar de contar quen era como único modo de descansar da transfobia cotiá, e que lle resultaron o suficientemente dolorosas como para se cubrir as costas no seu novo espazo de vida. Un espazo que percibe como inseguro, que lle fai estar alerta, malia que as cousas que teme que acontezan experimentounas, ata hoxe, vivindo nas cidades. Unha crenza adquirida a fin de contas e reforzada polo discurso do propio colectivo, que lle dixo que o medo nestes casos era pertinente.

O mesmo lle ocorre a María na aldea familiar que visita decotío, onde só a súa familia e amigas saben quen é realmente. Motivada polos mesmos medos que Fernando, María adoita a utilizar un recurso que teme, o que considera a maior arma do inimigo neste medio, que non é outro que o rumor. Deste xeito, ela mesma encargouse de non desmentir un relato sobre o seu pasado que lle engadía unha orixe cis, xunto cunha complexa historia familiar que lle levou a pasear polas rúas da súa aldea.

Máis alá de todo iso, para Fernando e María todo é calma, son persoas cis para unhas veciñas para as que o feito trans, como adoita acontecer, rara vez é unha posibilidade que explique a súa entorna. Non temen pola súa seguridade nin integridade física, xa que todo se concentra nese medo ao rumor que eu mesma experimentei, nesa animadversión a que se fale de elas, malia que, como se viu, ese falar é un dos leitos principais da información, da decostrución das persoas e da loita contra os prexuízos. Mais, que acontecería se as veciñas se decatasen? Acudirían en masa cargadas con fouces e paos ardendo a agardalos na porta da casa como nos di o relato que ocorreu con Elisa e Marcela? Deixaríanlles de falar? Experimentarían agresións?

Para Fernando e María todo é calma, son persoas cis para unhas veciñas para as que o feito trans, como adoita acontecer, rara vez é unha posibilidade que explique a súa entorna.

Non só a miña experiencia me din que non, senón que tamén a da compañeira Xácia Ceive, que mora nunha casa autoconstruída e autoxestionada na Ribeira Sacra. Xácia non ten veciñas ao lado, pero relaciónase a miúdo coa xente dunha aldea de preto onde non existen segredos sobre a súa procedencia. Ditas moradoras, viron e viviron o tránsito de Xácia conforme acontecía dun xeito respectuoso e co bo trato por diante, todo o cal aporta, como xa dixemos, seguridade. A propia Xácia é consciente de que as reaccións descritas non teñen que ver cun coñecemento profundo por parte das súas veciñas das teorías académicas do xénero que abordan o feito trans, de longos debates sobre esencialismo e inclusión, ou dun coñecemento minucioso dos xeitos que ten de expresarse o paraugas da diversidade, senón que beben dunha base moito máis profunda e humana, as redes, a comunidade e o respecto mutuo como piar básico das relacións entre persoas. E iso, é suficiente para eliminar o sentimento de hostilidade, esa pedra no zapato que nos impide ás persoas trans vivir como o que somos con dignidade.

Xácia é consciente de que as reaccións descritas non teñen que ver cun coñecemento profundo por parte das súas veciñas das teorías académicas do xénero que abordan o feito trans (...)  senón que beben dunha base moito máis profunda e humana.

Se admitimos a idea tan repetida polos discursos LGTBI de que o feito trans non é máis que un produto da diversidade humana, e que como tal, sempre estivo aí, teríamos que admitir tamén que o trans e o rural sempre estiveron, dalgún modo, vencellados. A todo isto cabería sumarlle as interpretacións dunha grande parte da historiografía contemporánea de que rural e atraso non son sinónimos, senón que no espazo agrario e na comunidade local as mudanzas existiron ao seu modo de existir, e non por iso son menos válidas que as desenvoltas no marco urbano. O resultado de mesturar estas cuestións é como pouco interesante, xa que non sería outro que formularse a posibilidade de que a vixilancia á que se nos somete no rural pode non ser como a imaxinamos, pero tamén o feito de que os espazos onde se desenvolveu e desenvolve o colectivo, e mesmo nos modos nos que se expresou e interpretou, non son os mesmos -ou non teñen por que selo- que nas cidades.

Ter en conta estas cuestións vai da man dunha mudanza de actitude, consistente en achegarse ao rural doutro modo, sen paternalismo e concibíndoo como un igual. Refundirnos co mesmo para aprender a escoitarnos, a comprendernos e a construír comunidade. Deixar de impoñerlle que repitan as festas e os patróns culturais do colectivo institucionalizados nas cidades, e á vez, importados de fóra. Rexurdir xuntes nunha chamada de concello, xuntarnos nun monte comunal, e vernos as caras nunha asemblea. Precisamos, como dicía Benedetti, “mirarnos ao mirarnos” para artellar outro mundo, un onde non existan, polo menos, os ríxidos muros de formigón que nos separan como colectivo das nosas raíces máis próximas. E isto non é posible sen deconstruirnos nós do mesmo modo que llo pedimos ao resto da sociedade, revisar os nosos prexuízos e reformularnos en común, deixando de considerar o rural como o “outro espazo” menos válido ou menos lexítimo, senón como unha parte máis do noso conxunto. Trataríase, a fin de contas, de seren construtivas e darmos o permiso para imaxinar o noso futuro, primeiro paso para sementalo.

Corpos Incómodos
Presentación
Unha habitación propia para o colectivo trans nunha casa aberta ao debate e á colaboración.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Campo de cuidados
Campo de cuidados Lágrimas de luz
Observaciones tras un concierto apretado acerca de jotas, quereres, adolescencias y diversidades de las que caben en todos los marcos, en todas las plazas y todos los pueblos.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
La vida y ya
La vida y ya La primera vez
Nos confirmaron lo que ya intuíamos pero no supimos hacer. Lo única regla importante es romper el silencio.
Argentina
Argentina Argentina, un año y medio después de Milei
Este investigador profundiza en las claves de la victoria de Milei, las principales medidas de Gobierno, el sustancial apoyo que tiene y sus perspectivas a medio plazo.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda KKR y el negocio del ladrillo: de vender pisos en territorios ocupados a gestionar las viviendas de la Sareb
Desde 2022, el fondo proisraelí KKR es el encargado junto a Blackstone de gestionar la cartera residencial del banco malo. En verano vencen sus contratos y los fondos presionan para seguir sacando rédito del patrimonio público.

Últimas

Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Opinión
Opinión Y ahora les duele Gaza: Europa ante el genocidio
Europa no ha dejado de vender armas a Israel, ni de recibir su tecnología militar; sin embargo, ahora no sabe cómo salvar al país de sus propios impulsos autodestructivos.
Madrid
Madrid Decenas de miles de personas salen a la calle contra el “abandono deliberado” de la sanidad pública madrileña
Madrid se enfrenta a la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas reclamando mejoras en Atención Primaria, en las urgencias extra hospitalarias, en los equipos de salud mental y exigiendo más pediatras.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Opinión
Opinión Sentido y senilidad
La senilidad que he estado viendo en la industria cinematográfica no se limita a la edad de ciertos directores. Es algo mayor que eso, se ha convertido en una manera de pensar, en un fenómeno cultural.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Pseudomedios Ayuso y Almeida han inyectado más de 400.000 euros a ‘Periodista Digital’ en cuatro años
El medio de Alfonso Rojo que emplea al agitador Bertrand Ndongo ha recibido más dinero que medios con mucho más alcance como ElDiario.es mientras El Salto sigue siendo totalmente discriminado por el Partido Popular.
Opinión
Opinión La hidra de la lucha por la vivienda
Un sector del movimiento de vivienda pone el foco en los grandes propietarios y los fondos de inversión para entender la actual crisis de vivienda. Otro, a la clase media propietaria. Cada enfoque lleva a estrategias distintas.
LGTBIAQ+
Sentencia El TSXG reconoce que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen de odio
El tribunal ha ratificado las penas de entre 20 y 24 años para los tres acusados y ha absuelto al joven condenado a diez años de cárcel como cómplice del asesinato.
Navarra
Opinión Diez años de corralito progre en Navarra
VV.AA.
En las elecciones municipales y forales del 24 de mayo de 2015 se propagó la confianza en un futuro en el que la hegemonía conservadora del corralito foral diera paso a algo muy diferente y mejor.
Educación
Educación Ayuso elimina feminismo de selectividad: por una educación que fomente la igualdad
Alumnado y Dirección del posgrado de Género, Masculinidades y Acción Social de la UPV-EHU/UCM denunciamos la decisión de eliminar los temas de feminismo y de Objetivos de Desarrollo Sostenible de la ONU.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
México
México Desenterrar el dolor: los desaparecidos de Jalisco
El colectivo Guerreros Buscadores de Jalisco, el mismo que descubrió el campo de exterminio de Teuchitlán, halla un punto de venta de droga activo del Cártel Jalisco Nueva Generación con varios cuerpos enterrados.