Costas
A ría de Arousa, ao bordo do colapso ecosistémico

A principal produtora de marisco de Galiza afronta unha crise sen precedentes; o impacto da contaminación e o cambio climático poñen en perigo a sustentabilidade do sector do mar. As traballadoras denuncian a falta de apoio institucional, mentres colectivos ecoloxistas alertan das ameazas que supoñen proxectos industriais como a macrocelulosa de Altri e a reapertura da mina de Touro.
Ría de Arousa 3-25 - 1
Cesta de ameixas das mariscadoras da Confraría de Carril na ría de Arousa. Alba Cambeiro

O afloramento é un fenómeno oceanográfico mediante o cal as augas subterráneas ricas en nutrientes ascenden grazas ao vento do nordés, que empurra as augas superficiais lonxe da costa. A especial riqueza biolóxica da ría de Arousa –a maior produtora de marisco do Estado español– débese a este proceso, que activa a cadea alimentaria trala subida de nutrientes esenciais á superficie do océano.

A ría de Arousa, unha das principais zonas marisqueiras de Galiza, experimenta dende os últimos anos un notable descenso na produción. “Cada vez hai menos nordés, menos afloramento e menos renovación das augas, o que supón que a contaminación ten máis impacto”, segundo explica Xaquín Rubido, biólogo e portavoz da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), os bivalvos teñen menos alimento e están máis débiles. “A situación é crítica”, asevera.

As cifras proporcionadas pola Plataforma son alarmantes; a produción de berberecho diminuíu un 93% durante o 2024, a da ameixa fina e babosa un 86%. As perdas económicas dos últimos anos nas lonxas da ría alcanzan os 44,6 millóns de euros só no marisqueo. No caso do cultivo de mexillón, estímanse unhas perdas de 12000 euros por batea, xa que a produción no 2023 foi a máis baixa nun cuarto de século.

Galiza é a comunidade autónoma con máis afiliados no réxime especial do mar, o sector pesqueiro é un dos máis importantes na economía galega. Segundo datos da Xunta, a pesca, o marisqueo, a acuicultura e o sector transformador de produtos do mar empregan a máis de 50.000 persoas. Agora, o panorama reflexa unha crise sen precedentes na ría, que afecta tanto á economía local como ao sustento de milleiros de familias.

Grupos ecoloxistas alertan do impacto da contaminación, a sobrepesca, o cambio climático e o baleirado descontrolado dos encoros. Demandan a creación dun plan específico de protección do litoral e as augas costeiras, así como a elaboración dunha estratexia de restauración ecolóxica para as rías que permita a rexeneración dos bancos marisqueiros.

Ría de Arousa 3-25 - 2
Mariscadoras da Confraría de Carril na ría de Arousa. Alba Cambeiro

A importancia da sostibilidade do recurso

As mariscadoras da Illa de Arousa levan en cese de actividade dende xuño, mais continúan a realizar sementes, limpezas nas praias e vixilancias, tarefas non remuneradas e vinculadas ao permex, o permiso de explotación do marisqueo. Ata comezos deste ano, o Instituto Social da Mariña (ISM) consideraba incompatible a prestación económica por cese coa semente de bivalbos. Inma Rodríguez, presidenta da Organización de Produtores de marisco e cultivos mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20), destaca a “vital importancia” da semente á hora de garantir a repoboación e a continuidade da actividade.

As agrupacións da Confraría de Carril inverten arredor dos 70.000 euros anuais en semente. “A Consellería do Mar danos 7500 euros, o resto poñémolo do noso peto” explica María Porto, presidenta da agrupación de marisqueo a pé. Ante a inacción da Xunta, son as propias confrarías as que intentan rexenerar os bancos de moluscos. “Estamos a facer o traballo que debería facer a Consellería”, recalca María.

O marisqueo a pé é un dos espazos máis feminizados do sector pesqueiro en Galiza. Segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estadística (IGE), as mulleres representan máis do 74% do colectivo. A asociación Mulleres Salgadas, que engloba a máis de 2000 traballadoras do sector, alerta da precariedade laboral que están a sufrir as mariscadoras. “Moitas non chegan nin á metade do soldo mínimo interprofesional”, explica Sandra Amegaza, a súa portavoz.

As traballadoras consideran que o problema é multifactorial; quecemento da auga, cambio nos fenómenos meteorolóxicos, contaminación e mala xestión da política marisqueira. Ademais, botan en falta a elaboración dun diagnóstico por parte da Administración. “A sostibilidade do recurso debe ser prioritaria”, afirma Sandra, quen defende a necesidade de adaptar a xestión marisqueira cun sistema de prestacións e axudas vencelladas á rexeneración.

Segundo explican dende a asociación Mulleres Salgadas, o único interlocutor que acepta a Consellería do Mar é a Federación de Confrarías. “En Galiza hai un sistema clientelar sobre o mundo do mar”, explica a súa portavoz, “a Consellería está moi interesada en instrumentalizar as confrarías”. Este medio contactou coa Consellería do Mar e coa presidencia da Federación Galega de Confrarías, pero non recibiu resposta ata o momento da publicación deste artigo.

O pasado outubro, o Partido Popular tombou unha iniciativa lexislativa popular (ILP) que reclamaba que a pesca tradicional e o marisqueo fosen declarados de “interese xeral”. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa teme a privatización das concesións marisqueiras e critica o actual modelo da Xunta que “só aposta pola acuicultura industrial”.

Ría de Arousa 3-25 - 3
Mariscadoras da Confraría de Carril na ría de Arousa. Alba Cambeiro

O impacto de Altri e a mina de Touro

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) advirte que a reapertura da mina de Touro e a instalación da macrocelulosa de Altri suporían o “colapso” da ría. Dende a plataforma alertan da inviabilidade ecolóxica de ambos proxectos industriais; que contaminarían toda a bacía do río Ulla –que desemboca na ría de Arousa– con elevadas cantidades de compostos químicos.

A planta de Altri requiriría o uso de 46.000 m³ de auga diarios para o seu funcionamento; e vertería ao río Ulla ata 22.300 toneladas ao ano de compostos químicos. Segundo sinala Horacio Garcia, profesor de Xeografía Física da Universidade de Santiago de Compostela, a captación de auga realizaríase no encoro de Portodemouros, mentres que a devolución faríase noutro tramo de río “catalogado en bo estado ecolóxico”. Os vertidos causarían unha gran afección á biodiversidade, ademais de alterar a salinidade e os nutrientes da auga, cun grave impacto nos ecosistemas costeiros.

Ademais, a reapertura da mina de cobre O Touro-Pino podería supoñer a vertedura de drenaxes ácidas ás augas subterráneas, liberando contaminantes ao medio e afectando a toda a conca do río Ulla e a ría de Arousa. O investigador do CSIC Serafín González alerta do grave impacto dos residuos mineiros na fauna acuática, así como na vexetación de ribeira. “A Xunta está a tramitar como estratéxico o mesmo proxecto ao que lle denegou a Declaración de Impacto Ambiental no 2021”, advirte.

Segundo explica Horacio Garcia, a actual lexislación ambiental “permite a trampa”, xa que o promotor de calquera proxecto industrial se pode autoevaluar. Deste xeito, as empresas buscan toda forma numérica para xustificar a viabilidade ambiental. “A sociedade é o plan de continxencia, nós somos os que asumimos as consecuencias”, afirma.

Adega vén de interpoñer un recurso contencioso-administrativo contra a retirada da protección da área na que se pretende instalar a celulosa de Altri no mapa da Infraestrutura Verde de Galiza. Doutra banda, varios colectivos do sector marisqueiro solicitaron a intervención da Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, ante o baleirado descontrolado dos encoros, que causa unha alta mortaldade de bivalvos. “Os biorritmos dos ríos están rotos, os caudais flutúan en función das demandas hidroeléctricas”, explica Horario García.

Dende Greenpeace afirman que hai máis de 2000 puntos de vertidos industriais, urbanos e de agrogandería en Galiza, dos cales a meirande parte afectan á ría de Arousa. Grupos ecoloxistas critican o “desleixo e desprotección ambiental da Xunta” e demandan un plan integral de saneamento das rías e de protección das traballadoras do mar, co propósito de garantir un futuro ás actividades de pesca artesanal, marisqueo tradicional e acuicultura. “Estamos a falar da xoia da coroa da costa galega” afirma Manoel Santos, coordinador de Greenpeace. “Se Galiza fose un Estado isto sería unha crise de Estado”, remata.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Especulación urbanística
Marina de Valdecañas La Junta de Extremadura modificará el Decreto de zonas ZEPA en un intento de salvar Valdecañas
Ecologistas en Acción presenta alegaciones contra el Proyecto de Decreto de la Junta de Extremadura para modificar los límites de 11 Zonas de Especial Protección para las Aves (ZEPA) y, así, legalizar la urbanización Marina Isla de Valdecañas.
Minería
Cáceres Denuncian que la mina de Cañaveral no cumple los criterios para ser proyecto estratégico
Contaminación por nuevas sustancias sin testar, reducción de disponibilidad de agua dulce, cambios en el uso del suelo y pérdida de biodiversidad protegida y de integridad del ecosistema, principales argumentos contra el proyecto.
Galicia
Galicia La lucha por los montes gallegos: incendios, eucaliptos y amenazas a la propiedad colectiva
Galicia concentra un tercio de los incendios forestales registrados en el Estado. Mientras la Xunta apunta a los montes vecinales, comuneros y ecologistas denuncian una estrategia política que favorece la privatización y a la industria maderera.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.