Economía feminista
“As mulleres seguimos en desvantaxe en canto á formación empresarial e económica”

Como frear a violencia económica contra as mulleres? A Asociación de Estudios Laborais Feministas organizou unha feira para crear espazos de formación e encontro param mulleres á cabeza de proxectos empresariais ou sociais.

Marta Bóo ASELAFEM
Marta R. Bóo. Arquivo ASELAFEM
7 dic 2020 22:50

A Asociación de Estudos Laborais Feministas (ASELAFEM) é un grupo de estudo e de investigación que defende os dereitos laborais das mulleres a partir dunha perspectiva feminista da economía. Esta perspectiva, entre outras cousas, avoga por comprender o campo laboral alén do referente ao emprego para tomar en conta todo o traballo de reprodución e coidados que non é remunerado nin recoñecido.

O pasado mes de novembro, as organizadoras de ASELAFEM convocaron a mulleres a cargo de proxectos empresariais ou sociais a participar en Laborando 2, a segunda emisión da feira de proxectos de vida. Ao longo de quince días creouse un espazo de visibilización, formación e encontro entre as diferentes iniciativas feministas inscritas.

Falamos con Marta R. Bóo, unha das coordinadoras de ASELAFEM, sobre os principais obstáculos das mulleres no momento de crear un proxecto empresarial. Tamén se referiu á violencia económica contra ás mulleres, sobre os efectos da pandemia no ámbito laboral e sobre outras inquietudes xurdidas na feira deste ano.

Por que é necesaria unha aproximación feminista á economía ou ao mundo laboral?
Agora o feminismo está en boca de moitas persoas, tense logrado que haxa entidades e organismos que dalgún xeito poñen unha perspectiva feminista no seu traballo. Mais, decatámonos que faltaba que se tivese esa perspectiva como eixo, que fora a súa base. Investigamos e non existe ningún sindicato feminista, por exemplo. E, aínda que historicamente existiron certos movementos con obxectivos e intereses similares, sentiamos que algo faltaba, que o feminismo era coma unha póla, non a eixe principal.

Entón foi máis unha necesidade das persoas que conforman ASELAFEM, que, conforme se foron xuntando, atoparon outras persoas que tamén a sentían.

En que consistiu a feira e que obxectivos tiña?
Pois queríamos darlle unha oportunidade de visibilización a proxectos que encaixan menos no estándar e que teñen esta perspectiva feminista. Entón a feira xurdiu con esa idea de poder visibilizar eses proxectos,  de darlles un espazo para compartir e aprender. Quixemos ofrecer este espazo de encontro que de vez en cando fai falta. Nun principio, este ano íamos facela de xeito presencial porque se pensou antes da pandemia, mais as circunstancias fixeron que tivésemos que reformulalo todo.

Ademais de mulleres con proxectos económicos e sociais, a invitación estaba aberta aos proxectos de vida. A que fan referencia?
Por “proxectos de vida” entendemos os proxectos que poñen a vida no centro e  que van un pouquiño máis aló: non só buscan ideas que poden aportar un beneficio económico, senón que, ademais, teñen que ver cunha filosofía de vida particular, a cal promoven co fin de que o resto de vidas das persoas sexan sostibles e podan ser vividas dun xeito óptimo. Penso, por exemplo, en proxectos de biodanza, de casas de acollida de mulleres que necesitan un espazo para descansar. Eses proxectos non buscan o lucro económico como fin último. Máis ben, a súa existencia fai que as persoas que se achegan a eles poidan ter a súa vida máis óptima.

Xornadas ASELAFEM
Xornada de Laborando 2. Arquivo ASELAFEM

Cales son os principais obstáculos dunha muller ao liderar un proxecto empresarial ou social?
A nivel persoal, polo que falamos nos grupos e puidemos observar, penso que hai dúas barreiras. Unha interna, que é das propias persoas que se atopan con bloqueos ou sentires de “isto non serve”, “non son capaz”, “non teño nada que aportar” ou “non lle vai interesar isto a ninguén”, que son sensacións moi habituais nas mulleres polo xeito en que somos educadas. E despois existe outra barreira máis externa que ten que ver co aceso a certos recursos e a certa formación. Aínda que pensemos que non, as mulleres seguimos sendo un colectivo que nese sentido está máis atrás. A dificultade de acceso á formación empresarial e económica fai que os proxectos teñan máis dificultades para ser levados a cabo de primeiras. Porque despois observamos que eses son proxectos máis resilentes: como arriscan menos cartos e son máis feitos pouquiño á pouco, resisten máis no tempo. Pero de primeiras téñeno máis difícil por esas cuestións. E xa non falo da estrutura heteropatriarcal, que vai facer que todo sexa máis complicado. Iso xa é o de sempre.

A situación da pandemia representou un incremento na violencia económica para as mulleres particularmente?
A verdade alí hai diferentes vertentes. Porque si que é certo que, dentro dos sectores económicos que se viron máis danados por esta situación, as mulleres teñen un peso importante (como na hostaleira ou o turismo) e elas están sufrindo economicamente.

E despois está o sector dos coidados. Neste caso non é que falte traballo, senón que sobra. Entón, non é que repercuta tanto na economía coma nas vidas desas mulleres que se dedican a eses coidados, tanto formais como informais, como o feito de que agora mesmo están sobrecargadas de traballo, mais tamén no ámbito emocional e no impacto psicolóxico.

Así, a violencia económica directa é evidente nalgúns sectores máis. Tamén, con respecto a todas as axudas que existiron, pode ser que haxa algunha brecha de acceso á información e tecnolóxica que fixo que algunhas das axudas que houbo non chegasen a algún sector de mulleres. Diso xa non estou totalmente certa, pero podo supoñelo.

Que necesidades atoparon nos proxectos das mulleres que participaron nos encontros?
Creo que as necesidades que atopamos agora mesmo están bastante relacionadas coa pandemia. Vimos que unha das necesidades que máis rapidamente saíu foi a necesidades de xuntarse, de compartir, de facer grupo. Eu creo que toda esa necesidade sempre está alí, pero agora mesmo está moitísimo mais latente porque estamos confinadas cada unha no seu territorio.

E despois, detectamos a necesidade de apoio institucional e de ter espazos non só nos que se apoiar, tamén para se visibilizar e darse a coñecer.

Como funciona a rede de apoio que se deriva da feira?
Hai unha parte estática que sería a web. E digo “estática” no sentido de que a información dos proxectos están alí para a xente que queira contactar con eles. E despois, a partir dos encontros, saíron grupos de traballo. Ademais, está sempre a posibilidade de asociarse a ASELAFEM. Alí xa é máis sinxelo artellar todas esas redes porque ao final precisamos un vínculo que nos una. Pero iso, saíron ideas de traballar en escritos comúns para denunciar certas problemáticas e outras iniciativas que foron saíndo dos propios grupos, que son os que van sementando a rede.

Esta é a segunda edición das feiras. Mudou algo con respecto á anterior? (Os problemas a enfrontar son diferentes, a participación foi maior, abordáronse outras liñas?)
Con respecto á participación, prestaba dicir que agora foi brutal pero non é certo. Chegamos ás persoas que chegamos porque a xente xa está un pouco cansada do formato virtual. Pero tamén é certo que a participación segue até hoxe porque a xente está interaccionando agora cos contidos que quedaron na nosa web e cos vídeo da nosa canle de YouTube.

Na feira anterior houbo bastante participación porque fora nun lugar no que había moitísimo movemento. Agora faltou ese calor humano e esa participación concreta de xente concreta en espazos concretos. Para min ten de bo que podemos chegar a xente que ao mellor está máis illada fisicamente porque vive en sitios máis rurais. Desta vez, se se tiña unha conexión a internet, podíase participar. Porque sempre queremos facer cousas físicas para que a xente se achegue e sempre hai persoas que quedan fora deses círculos. O formato virtual permite esa novidade, que a xente que teña problemas de mobilidade ou de conciliación familiar, sexalle máis doado participar.

E sorprendeunos que todo saíse ben con respecto ao tecnolóxico. Nas nosas historias de activismo, organizamos eventos e xornadas, pero non estabamos afeitas a facelo por medio dunha videoconferencia. Entón, tivemos que poñernos ao día nun montón de cousas, pero todo é unha aprendizaxe e nos feminismos sempre está presente aprender e reformularse.

Podes achegarte a coñecer os distintos proxectos que participaron na feira a través da páxina de ASELAFEM

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Entrevista La Poderío
La Poderío Celia de Molina: “Todo lo que se considera universal no tiene nada que ver con nosotras”
Celia de Molina, nacida en Linares y con el corazón en Málaga, es guionista y directora con mucho poderío. Su cine busca transformar el mundo, como demuestra su corto 'Cuarentena', nominado a los Goya. En su último proyecto, 'No soy universal', desafía el concepto de “universal” desde una visión feminista y personal.
Feminismos
Feminismo “Gatazka eta abusua ez dira gauza bera”, feminismoko eztabaidei heltzeko
Laura Macayaren liburua ekarri du euskarara Katakrakek. Amaia Astobizak itzuli du, feminismoaren baitako eztabaidak ireki eta beste begirada batzuetatik ekiteko helburuarekin.
#76614
9/12/2020 14:23

Pois sinto mioto falar mal pero esta mensaxe gremialista e tan tan tan de comisiones obreras é puro neoliberalismo. Como que un "sindicato feminista"? Como? Creo que a xente que redacta para a sección Galiza é ben nova no oficio (non ten que ver en idade) porque que vos colen esta publirreportaxe coas cousas que di...Manda truco. Que diferencia cos artigos de El salto Extremadura.

0
1
#76735
10/12/2020 16:03

Qué lectura tan pobre 😥

0
1
#76783
11/12/2020 12:21

Vaia comentario máis soberbio.
Pois polo menos lin; xa mellor ou peor é segundo a túa valoración. Un "grazas" non viña mal, eh?

0
0
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.

Últimas

Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y deja de emitir nuevas entregas tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.