Derecho a la vivienda
Reinventar a vivenda despois do andazo

A pesar de que a vivenda é chave para a saúde pública, aínda existen moitas desigualdades en relación a este dereito fundamental.

Vivienda desigual 1
Edificio en Santiago de Compostela. Iago Lestegás
Arquitecto, doutor en urbanismo
14 abr 2020 11:50

O confinamento é tan desigual como a vivenda. Segundo ONU-Hábitat, a quinta parte da poboación mundial carece dunha morada axeitada e mil millóns viven en asentamentos informais e barrios marxinais. Non hai dúbida do noso privilexio no contexto global, e non obstante a pandemia evidenciou eivas nas nosas vivendas que non podemos ignorar. É difícil facer os deberes, seguir aulas virtuais ou teletraballar cando non se ten na casa un espazo reservado e tranquilo, ou ir á compra cada sete días se o frigorífico está dividido entre catro persoas ou ten o tamaño dun minibar de hotel. Non é o mesmo vivir este momento de incerteza económica e laboral nunha casa en propiedade sen pagos pendentes que nun piso en alugueiro ou cunha hipoteca por amortizar. Se algo fixo este andazo foi confirmar que a vivenda é clave para a saúde pública e está atravesada por grandes desigualdades e inxustizas.

Segundo a enquisa estrutural a fogares realizada polo IGE en 2015, o 45,7% das vivendas galegas teñen entre 20 e 49 anos de antigüidade. Isto significa que a metade do parque residencial existente foi construído entre os anos sesenta e noventa, unha época caracterizada polas deficiencias construtivas e o desleixo xeral cara a cuestións fundamentais para o benestar doméstico como a orientación, o asollamento, a ventilación, a climatización ou o illamento térmico e acústico. Aínda así, a antigüidade varía en función da renda: a vivenda media dos fogares galegos con ingresos mensuais menores a 1.000 euros ten 18 anos máis que a dos que gañan máis de 2.000. E varía tamén algo que sería crítico se o coronavirus tivese chegado unhas semanas antes: o 53,5% dos fogares galegos con ingresos mensuais menores a 1.000 euros teñen calefacción instalada, contra o 85,1% dos que gañan máis de 2.000.

Non é o mesmo vivir este momento de incerteza económica e laboral nunha casa en propiedade sen pagos pendentes que nun piso en alugueiro ou cunha hipoteca por amortizar. Se algo fixo este andazo foi confirmar que a vivenda é clave para a saúde pública e está atravesada por grandes desigualdades e inxustizas.

Ademais, o noso parque residencial necesita axustes que o adapten ás necesidades derivadas dos problemas de mobilidade ligados ao avellentamento, das novas formas de convivencia ou da cada vez máis borrosa separación entre espazo doméstico e laboral. Moitos pisos desperdician metros cadrados en longos corredores e teñen baños interiores mal ventilados, cos problemas que isto ocasiona nun país onde o 29% dos fogares sofren humidades que poderían afectar a súa saúde en tempos de confinamento. A distribución clásica das vivendas, cun cuarto principal 'matrimonial'  e outros menores para os cativos ―malia seren estes os que máis horas pasan no dormitorio— quedou obsoleta porque os fogares son cada máis heteroxéneos e cambiantes. Necesitamos vivendas máis flexibles, con pezas máis versátiles e polivalentes ou mesmo divisións móbiles que os usuarios poidan adaptar facilmente ás súas necesidades.

Bótanse en falta espazos intermedios de calidade entre a privacidade da vivenda e o dominio público hoxe vedado. Os edificios residenciais de outrora teñen grandes portais e patios que ofrecen coidadas transicións entre exterior e interior. Nos modernos, o repertorio de espazos comúns adoita limitarse a un minúsculo portal e unha escaleira da anchura mínima esixida pola normativa. Cómpre recuperar o valor e a beleza do intermedio: o xeneroso portal con poxigo onde deixar unha bicicleta ou un carriño de bebé; o diáfano patio repleto de plantas á moda dos cortili napolitanos; as cadeiras que aínda sacan á porta da casa nas aldeas e nalgúns barrios. E incorporar o verde en pequenas hortas, xardíns verticais e cubertas vexetais que permitan relaxar os ollos, plantar uns pementos, mellorar o confort térmico interior dos edificios e absorber auga de choiva aliviando a rede de sumidoiros.

Necesitamos vivendas máis flexibles, con pezas máis versátiles e polivalentes ou mesmo divisións móbiles que os usuarios poidan adaptar facilmente ás súas necesidades.

A modernidade meteunos en cápsulas. As fiestras, que antes deixaban pasar algo de aire evitando a condensación e a acumulación de gas radon, son agora estancas. Moitas persoas viven en pisos interiores sen contacto co exterior, como nun casino ou nun centro comercial, e outras que pecharan as terrazas botan en falta nestas semanas aqueles metros cadrados de vento e sol. Segundo o IGE, nos municipios galegos de máis de 50.000 habitantes o 49,2% das vivendas teñen terraza, patio ou xardín privado ou comunitario, mentres nos concellos de menos de 10.000 a porcentaxe acada o 80%. Sen dúbida esta experiencia colectiva e global vai incorporar novas prioridades que oxalá se materialicen en novos e mellores deseños. Valoraremos máis a ventilación cruzada, a luz natural, a boa orientación, o contacto co exterior, as árbores grandes na rúa, a eficiencia e flexibilidade na distribución espacial.

Vivienda desigual 3
Vista de Romero Donallo desde Conxo en Santiago de Compostela. Iago Lestegás

Pero non é necesario construír máis; traballando cos edificios e tecidos existentes podemos crear lugares máis agradables onde vivir mellor e resgardarnos con menos ansiedade de outro andazo. Segundo o censo de poboación e vivendas de 2011, en Galiza hai 1,6 millóns de vivendas e un terzo delas están infrautilizadas: algunhas porque son ocupadas só de xeito esporádico e outras porque están abandonadas. Moitas son actualmente inhabitables e precisan reformas importantes. Pero o parque residencial que necesitamos para dar abeiro a todos os galegos xa existe e os esforzos e recursos deben dedicarse a melloralo, axeitalo e adaptalo ás novas esixencias e desafíos da sociedade do século XXI.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Granada
Personas sin hogar Denuncian en Fiscalía al Ayuntamiento de Granada por la falta de refugios climáticos para personas sin hogar
‘La Calle Mata’ denuncia al Ayuntamiento ante Fiscalía por las graves consecuencias para la vida de las personas sin hogar sin posibilidad de refugiarse de las temperaturas extremas del verano
Derecho a la vivienda
Econtrar un piso Reglas del juego si eres clase media y quieres comprar un piso en Madrid en 2025
La motivación a la hora de escribir este artículo nació de la tristeza que sentimos al encontrar un piso y, tras haberlo reservado, escuchar a otros pares que, sin siquiera haberlo visitado, ya querían quitárnoslo ofreciendo más dinero.
Madrid
Madrid Vecinas de Tribulete 7 presentan demanda colectiva por acoso inmobiliario contra Elix Rental Housing
Es la primera demanda colectiva que se presenta en España contra una socimi. El inquilinato quiere conservar sus hogares e impedir que se desarrolle el plan de pisos turísticos que pretende el propietario.
#57213
16/4/2020 17:07

Oncordo totalmente. A vivienda ten que ser o espazo onde nos sintamos seguras e cómodas. Non pode ser un negocio especulativo. E un dereito para min dos mais elementais. Precisamos vivenda pública en aluguer.

0
0
#56957
14/4/2020 19:59

Totalmente de acordo!!!!

0
0
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.