Estados Unidos
Feels Good Man: A cara escura da internet

Cando a ultradereita tomou o debuxo dunha rá como símbolo.

 Feels Good Man 1
Fotograma do documental Feels Good Man | Fonte: Distribuidora Visit Films
3 dic 2020 07:01

A palabra ‘meme’ foi acuñada polo etólogo Richard Hawkings en 1976, no libro O xen egoísta. Nesta obra, Hawkings sostiña que o meme é o equivalente ao xen na transmisión cultural. Refírese, polo tanto, a toda a herdanza cultural (historias, ideas, cancións, xestos...) que se mantivo co paso do tempo. Así, a existencia de vida tras a morte, que resoa con todos nós, propágase con especial facilidade. Seguindo esta lóxica, e segundo o propio Hawkings, a relixión sería o meme por excelencia.

Fagamos unha pequena elipse. Estamos en 2005, ano en que o xoven Matt Furie publica o seu comic Boy’s Club, protagonizado por catro animais antropomorfos. Era unha publicación independente sen máis pretensións que amosar ao seu círculo unha serie de historietas baseadas no seu grupo de amigos nas que os personaxes bebían, fumaban e xogaban a videoxogos. O que Matt non sabía era que ese momento ía condicionar o resto da súa vida, tanto persoal como profesionalmente.

En canto Matt subiu o seu cómic a Internet, deixou de pertenecerlle para sempre. A rede funciona como un burato que nada filtra e todo o devora. Se o estilo naíf de Pepe lle serviu nun principio para mostrar satisfacción, pronto deixou de ser así. Outra parte do cómic, na que Pepe está triste, serviu aos NEET (o equivalente aos nini) para representar o seu nihilismo. Así, a cara dunha ra antropomorfa convertiuse no símbolo que reunía un grupo de homes (principalmente) que non topan o seu sitio no sistema. Utilizárona, tamén, para loitar contra os “normies”: xente “común” que está alonxada do entorno de Internet. Irónicamente, o seu creador ten parella e unha filla, polo que entraría dentro desta categoría.

Machismo
Y el meme salió rana

En su propagación, la nueva extrema derecha estadounidense forjada en internet ha empleado lenguajes, herramientas y conceptos que parecían coto privado de la izquierda. Un breve ensayo de Angela Nagle ofrece pistas para desentrañar este cambio de paradigma.

Esta situación foi escalando sen control ata chegar ao punto en que Pepe se convertiu no meme por excelencia da ultradereita estadounidense. Ese aspecto inocente serviu para usalo con ironía para facer humor negro que realmente escondía pensamentos machistas e a favor do supremacismo branco. No documental Feels Good Man (2020), que conta esta historia, móstranse imaxes nas que un home cunha máscara de Pepe increpa a varios inmigrantes, aos que berra: “Trump é sólo o inicio, os monos barbudos coma vós non tedes lugar en América”. Neste momento, era común ver dibuxos e caretas de Pepe en manifestacións pro-Trump e sendo utilizado por neonazis como Richard B. Spencer. Inluso o propio Trump comezou a usar o famoso meme nas eleccións de 2016.

Feels Good Man 2
Retweet de Trump dunha imaxe súa caracterizado coma Pepe nas eleccións de 2016 | Fonte: bbc.com

Non é un fenómeno que se circunscriba únicamente á política estadounidense. Dende Gaysper, a pantasma que utilizou Vox para mostrar a súa loita contra o colectivo LGTBIQ+ (aínda que lle saiu o tiro pola culata, xa que foi adoptado polo propio colectivo), ao “Risillas”, meme que foi utilizado a favor do Frente Nacional en Francia, a ultradereita modernizou a súa linguaxe para chegar a todas as capas da sociedade e burlarde dos seus adversarios, aos que ven como a norma establecida que hay que dobregar.

Está claro que as imaxes e os símbolos teñen moitísima relevancia na actualidade

Cando Matt, ilusionado, se decidiu a compartir o seu cómic en Myspace non imaxinaba que un dos seus personaxes ía aparecer xunto á esvástica na lista de símbolos de odio da ADL (Liga de Antidifamación). A pesar dos seus intentos por darlle a volta á situación, non conseguiu cambiar nada. Incluso cando Hillary Clinton o señalou como un símbolo supremacista branco, isto só empeorou a situación. Tanto se loitas contra o problema coma se o ignoras, eles gañan. É unha batalla perdida dende o inicio. Queda preguntarse: iniciou Pepe todo isto, ou simplemente foi a forma que atopou unha parte da pobración estadounidense de canalizar certos pensamentos que ían saír igualmente, só que doutra forma? Está claro que as imaxes e os símbolos teñen moitísima relevancia na actualidade. Se ben é verdade que intentar regular todo o que pasa é poñerlle portas ao campo, é indudable que existe un problema que ten que ser solucionado de raíz. Este mundo cambiante necesita que os gobernos avancen ao seu mesmo ritmo. A novas realidades, novas leis. E punto.

Internet
El Parlamento Europeo aprueba la directiva sobre derechos de autor: se podrá seguir compartiendo memes y gif

El Pleno del Parlamento Europeo aprueba definitivamente la directiva sobre derechos de autor que impone filtros de contenido a las plataformas que permiten a sus usuarios subir archivos a internet.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Ourense se organiza para combatir patrullas de extrema derecha en los barrios más empobrecidos de la ciudad
Vecinas y vecinos y los movimientos sociales responden al discurso del miedo promovido por Frente Obrero y señalan su estrategia de criminalizar la pobreza y sembrar odio en contextos de exclusión y abandono institucional.
Argentina
Myriam Bregman “Hoy proscriben a Cristina Fernández, mañana pueden proscribir a la izquierda”
Referente de la izquierda no peronista, la exdiputada nacional y líder del Frente de Izquierdas defiende la necesidad de enfrentar a Milei en las calles y acusa a la dirigencia sindical y peronista de inacción y complicidad con la extrema derecha.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.