Filosofía
Nace o Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos
O Espazo Clara Corbelhe deu un paso máis na súa traxectoria coa súa conversión no Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos, unha nova entidade que nace co obxectivo de contribuír á consolidación dunha institucionalidade galega propia e de impulsar o debate público arredor da acción política e do pensamento crítico en Galiza.
A transformación foi anunciada este decembro en Santiago de Compostela e responde á vontade de reforzar a capacidade do país para xerar coñecemento propio e crear espazos estables de análise e reflexión desde unha perspectiva galega. Segundo explicaron desde a entidade, o novo instituto aposta por un modelo institucional aínda pouco desenvolvido en Galiza, orientado a articular redes entre o ámbito académico e as militancias sociais e políticas.
O Instituto Clara Corbelhe continuará o labor desenvolvido ata agora polo Espazo Clara Corbelhe e contará cun programa anual de actividades que incluirá xornadas de estudo, publicación de artigos en liña, edición de revistas e libros, así como a posta en marcha de colaboracións con universidades, centros sociais e outras entidades.
Desde o Consello de redacción, órgano de dirección do instituto, sinalan que a nova etapa nace coa misión de articular o pensamento crítico galego, organizar encontros de reflexión colectiva, editar publicacións estratéxicas e abrir canles de colaboración entre o mundo académico e os movementos militantes. O obxectivo, subliñan, é construír un espazo estable e rigoroso, concibido como unha “comunidade de ideas” capaz de contribuír á autonomía intelectual de Galiza.
Política
Un espazo para pensar a Galiza que está a chegar
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!