Miles de persoas enchen Compostela cun berro único en defensa da lingua galega

A plataforma Queremos Galego conseguiu aglutinar voces diversas da Galiza social, política e cultural para “parar a emerxencia lingüística” que sofre a lingua propia e así esixir á Xunta “un cambio de actitude”.
23 feb 2025 11:06

A Alameda compostelá acolle desde o mediodía deste domingo o inicio dunha manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema “Lingua vital xa!”, unha cita que ten por obxectivo “parar a emerxencia lingüística” que sofre o idioma propio de Galiza e esixir á Xunta “un cambio de actitude”.

A manifestación arrincou ás 12h da Alameda de Santiago cara á praza do Obradoiro co obxectivo de defender unha lingua que se poida utilizar en todos os contextos: “Un dereito que agora mesmo a poboación galega non ten no seu poder”, como explican dende a plataforma de a Mesa pola Normalización Lingüística.

Baixo lemas como “Na Galiza en galego”, “Queremos galego”, “Queremos galego na escola e no traballo” e “A lingua non se vende, aquí está o pobo que a defende”, miles de persoas ateigaron a praza de Santiago de Compostela nunha manifestación que a organización cualificou de “histórica”, coincidindo co 188º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

O evento, conducido polo artista Xurxo Souto, tivo como peche un concerto de Mondra, ademais das actuacións de Carapaus e da asociación de gaiteiros e gaiteiras galegas, que interpretaron a Alborada para Rosalía.

Desde un dos escenarios instalados na praza, Celia Armas, coordinadora de Queremos Galego, subliñou que “o galego ten futuro porque o pobo ten dignidade”. Ademais, agradeceu a participación de delegacións procedentes de Cataluña, do País Vasco e da Rede Europea polas Linguas, que se sumaron á mobilización en apoio á lingua galega.

 

Galego
O galego é lingua minoritaria por primeira vez e descoñecida para un terzo dos menores de 15
Os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística evidencian un significativo retroceso xeracional no coñecemento e uso do galego.
Educación
Como 15 anos de PP na Xunta aniquilaron a oferta de material educativo en galego
O decreto de plurilingüismo, impulsado por Feijóo e Rueda, castelanizou todas as etapas educativas e restrinxiu o mercado ás editoriais galegas: xa non hai libros de Tecnoloxía en galego.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...