Galicia
A empresa da irmá de Feijóo facturou 170.000 euros en 63 contratos a dedo da Xunta no que vai de ano

O marido da secretaria xeral do Partido Popular en Galiza, Paula Prado, facturou ao Goberno galego outros 27.000 euros en licitacións sen concurso previo.
Micaela Nuñez Feijoo
Micaela Núñez Feijóo (irmá) e Eva Cárdenas (parella) xunto a Feijóo e a súa nai. Foto: Xunta de Galicia.

A pesar dos centos de contratos a dedo destapados ao longo do ano 2024 nos que o Goberno da Xunta de Galiza facía encargas a empresas vinculadas a familiares de altos cargos do Partido Popular, a dinámica non cambiou. Polo menos no que vai de ano. Tras a análise das 87.982 licitacións menores —sen concurso— que executaron os organismos dependentes en última instancia do Goberno de Alfonso Rueda, esta redacción descubriu como a empresa da irmá do presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, facturou 173.681,53 euros fraccionados en 63 contratos a dedo dende xaneiro.

Trátase de Eulen, onde Micaela Núñez Feijóo é directora do grupo para todo o noroeste do Estado español. Ao contrario do acontecido en anos anteriores, polo de agora, o entramado empresarial contratou con apenas catro dos organismos dependentes do Goberno do partido que dirixe o seu irmán en Galiza. Fíxoo coa Consellería de Sanidade (Sergas), con sete contratos que suman 47.425,65 euros; co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a través doutros 46 que acaparan 65.424,13 euros; tamén coa Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), coa que asinou sete contratos por valor de 13.769,8 euros; e coa Fundación Semana Verde de Galicia, que levou tres por agora e que suman 47.061,95 euros.

A meirande parte dos servizos contratados? Seguridade e limpeza de edificios públicos que, a pesar de ser previsibles no tempo as súas contratacións, non se sacan a concurso para períodos máis amplos, impedindo democratizar a capacidade de concorrencia doutras empresas e deixando nunha decisión política a súa elección. Algo que xa veu desvelando e denunciando O Salto nos últimos anos. Sen ir máis lonxe, baixo esta estratexia, a empresa da que a irmá de Feijóo é alto cargo facturou 1,8 millóns en 175 contratos menores da Xunta no pasado ano.

A empresa do marido da secretaria xeral do PP galego continúa facendo caixa

Pero antes de seguir debullando o historial de Eulen e as súas contratacións desde a Xunta, a análise dos máis de 80.000 contratos do Goberno galego en 2025 tamén amosa que a empresa do marido da secretaria xeral do PP galego segue facendo caixa en San Caetano. Como xa revelou O Salto en marzo de 2024, a empresa Allworks Vestuario Laboral disparou a súa facturación coa Xunta tras fichar ao marido de Paula Prado, Francisco Antonio Otero Illodo. Esta nova ringleira de contratos evidencia a consolidación do vínculo da súa corporación coa hexemonía política de Galiza. Polo de agora, en apenas catro meses, a firma acadou 27.627,40 euros divididos en sete contratos, tamén menores, todos eles executados pola Consellería do Medio Rural.

 

Tanto o nome de Paula Prado como o do seu marido xa estiveron baixo o foco mediático —e xudicial— durante as primeiras fases de instrución da macrocausa denominada Pokémon. En 2014, Prado foi imputada pola xustiza por presuntos delitos de tráfico de influencias, suborno ou falsidade documental para beneficiar ao seu marido. Finalmente, Prado sobreviviu a aquilo despois de que o xuíz e o fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza non atoparan indicios de ningún delito, a diferenza da opinión dos axentes de Aduanas que iniciaron aquela investigación.

Os outros contratos gañados por Eulen disparan os seus ingresos públicos

En apenas dous anos, a Xunta liderada por Alfonso Rueda adxudicou máis de 17,3 millóns de euros a Eulen noutros tipos de contratos, moitos deles polo procedemento de emerxencia —sen concurso e moito máis laxo en esixencias— e uns poucos gañados ante unha mesa de contratación. Estas adxudicacións, canalizadas a través de 175 contratos asinados entre maio de 2022 e o verán de 2024, súmanse aos máis de 37 millóns que a compañía recibira durante os mandatos de Alberto Núñez Feijóo.

A meirande parte destes contratos, así como do diñeiro outorgado a Eulen, proveñen da Consellería de Sanidade, é dicir, do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde este organismo, Eloína Núñez Masid, curmá de Alberto e Micaela Núñez Feijóo e exxerente dos hospitais públicos de Santiago, xestionou alomenos dúas licitacións a favor da empresa, por un valor próximo aos catro millóns de euros, poucos meses antes de ser destituída do seu cargo.

Quen é Micaela Núñez Feijóo?

A pregunta, de partida, ten difícil resposta. Non obstante, o seu rastro na compañía que hoxe é gran adxudicataria da Xunta, si se pode trazar. Micaela Núñez chegou ao Grupo Eulen no verán de 2003, xusto seis meses despois de que o seu irmán Alberto abandonase o seu posto como presidente de Correos para facerse coa consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do Goberno de Manuel Fraga ata, finalmente, escalar á Vicepresidencia Primeira da Xunta durante a catástrofe do Prestige. Tras caer Fraga en 2005, Feijóo empezaría daquela o seu lanzamento ata o despacho máis alto de San Caetano.

En paralelo aos ascensos do seu irmán, Micaela foi delegada provincial de Eulen en Pontevedra e Vigo, directora rexional de Galiza e, dende o 2016, delegada do grupo para a zona Noroeste, xusto despois de que Eulen rexistrara un récord de adxudicacións insólito na súa historia e que testemuñou o diario Público.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galiza La Xunta y la Confederación del Miño, condenadas por la degradación ambiental del embalse de As Conchas
Las organizaciones impulsoras de la demanda consideran “histórica” la sentencia al vincular un caso de degradación ambiental al menoscabo de derechos fundamentales de residentes de la zona afectada. El fallo aún se puede recurrir.
Galicia
Galicia La Xunta del PP termina su plan de control sobre la CRTVG tras escoger a su nueva directora en solitario
La periodista Concepción Pombo sustituirá, con el único aval del Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. El Gobierno de Alfonso Rueda modificó la ley de medios para que los votos de su partido fueran suficientes para elegirla.
Galicia
TSXG Peritos en el juicio contra la Xunta: la contaminación del embalse de As Conchas es “extremadamente peligrosa”
Siete vecinos, la Asociación de vecinos de As Conchas y la organización de consumidores CECU han demandado a varias administraciones gallegas por presunta mala gestión de una contaminación derivada del exceso de macrogranjas en la comarca de A Limia.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.