Gentrificación
Familias ameazadas de desafiuzamento en Vigo ante a “inoperancia das institucións”

Un total de 22 persoas agrupadas en 9 chabolas do barrio de Navia serán expulsadas do terreo no que viven para construír un ximnasio comercial. Reclaman un aluguer social acorde cos seus ingresos.
familia xitana afectada
Unha das familias afectadas polo posíbel desafiuzamento en Vigo. Miguel Núñez

Estrés, inestabilidade emocional, ansiedade ou desprotección son os sentimentos de moitas das familias do poboado chabolista ao que queren botar do barrio de Navia en Vigo. Levan case un ano aprazando o desafiuzamento. A xuíza que leva o caso considerou as persoas afectadas “familias en vulnerabilidade”. Agora mesmo, o desafiuzamento está paralizado e sen data próxima. Desde a promotora do ximnasio comercial queren reubicar primeiro ás familias. “As institucións non fixeron nada por nós”, lamentan as persoas afectadas.

O desafiuzamento do terreo afecta a 22 persoas e 9 familias. O Concello de Vigo declarouse “sen competencias en vivenda” e a Xunta de Galicia ofreceulles pagar o aluguer dun piso durante dous meses. Pero, “moitos de nós cobramos a RISGA, o Ingreso Mínimo Vital ou temos traballos precarios e temporais; que faríamos despois deses meses?”, cuestiónase Lara P., portavoz das familias e engade: “Quen aluga sen avais nin contratos fixos?”. Como moitos son de etnia xitana, “aféctalles o racismo estructural á hora de alugar un piso, hai quen escoita o seu acento e non quere saber nada deles”, lamenta Carla Leiras, do colectivo de ‘Os Ninguéns’.

As persoas afectadas demandan unha vivenda social, pero segundo o Instituto Galego de Vivenda e Solo —competencia da Xunta— as súas chabolas son consideradas infravivendas e non poden optar á vivenda pública. Como teñen esta designación, tampouco teñen un empadroamento nunha vivenda fixa, senón na zona, non poden inscribirse nas súas actuais residencias, polo que tamén se ven excluídos de moitas axudas sociais, explica Carla Leiras.

Lara portavoz das familias xitanas.
Lara P., portavoz das familias. Miguel Núñez

“A vivenda é un dereito constitucional, polo que non nos poden deixar na rúa como se fosemos animais”, critica Lara, quen tamén defende que “estivemos organizándonos e manifestándonos desde o Nadal para finalmente obter un abandono institucional”. Lara di que non sabe que van facer "se nos botan de aquí”.

“Non hai vivenda social en Vigo desde hai máis de 2 anos, hai nos arredores, mais non na urbe”, sinala Carla Leiras de ‘Os Ninguéns’

De novo, como non son considerados propietarios ou alugueiros dunha residencia ao uso, non se poden acoller ao programa ‘Reconduce’, que é o que ampara ás persoas desafiuzadas. Pero, “logo vemos pisos baleiros nos barrios da cidade”, apunta Lara. “Daríanos igual ir a outro barrio, o único que pedimos é que sexa en Vigo”. Para Carla Leiras, o problema vén “de que non hai un parque de vivenda pública na cidade de Vigo”.

“Non hai vivenda social en Vigo desde hai máis de 2 anos, hai nos arredores, mais non na urbe”, sinala a de ‘Os Ninguéns’ e lembra que “unhas 4.000 persoas a solicitan na cidade e apenas hai 5 en toda Galiza”. “A xente pensa que a vivenda social é que te regalen un piso, pero é un alugueiro que se axusta aos ingresos da persoa, para mellorar a súa situación económica”, aclara. Carla demanda que esta modalidade de vivenda sexa repartida, “evitando a concentración illada de persoas empobrecidas nas cidades”.

Rocío, familiar de Lara, di sentir medo polo que vai pasar cos fillos das famlias. Tamén asegura ter “moitos problemas de ansiedade causados por esta situación”. “É inhumano o que nos queren facer, ninguén contesta e nós só queremos solucionalo; estamos a favor de pagar por un aluguer social acorde aos nosos ingresos”, defende. Para ela, o peor é “que despois o alcalde se colga medallas por todo o que fai, pero ninguén fala do que non fai”.

chabola xitanos vigo
Unha das vivendas do poboado en Navia. Miguel Núñez
“Se estamos aquí é porque non temos outra opción máis digna”, censura Rocío, das familias afectadas

A mesma fonte tamén asegura “pasalo mal” polos comentarios racistas da xente de Vigo nas noticias sobre o desafiuzamento. Nelas, hai quen defende que “o que queren é seguir vivindo sen pagar nada”, mais Rocío argumenta: “Convídoos a vivir aquí; pasamos moito frío en inverno e en verán a calor queda condensada nas casas e non se pode estar”.

De feito, durante os meses de choivas pediron axuda aos servizos sociais para arranxar os teitos, pero como as chabolas son consideradas infravivendas, deixáronnos estar. “Se estamos aquí é porque non temos outra opción máis digna”, censura Rocío.

navia xitanos poboado
Un dos afectados no poboado. Ao fondo, edificios do barrio de Navia Miguel Núñez

“Doe que falen sen saber”, apunta Lara. Sobre moitos prexuízos contra as persoas de etnia xitana, coma o suposto machismo, “o mellor é ver quen levou as nosas loitas: dúas mulleres do poboado”, argumenta a portavoz.

O CONTEXTO DA POBREZA

Mais, como chega un a esta situación de pobreza? Máis aló das causas estructurais inherentes ao capitalismo, Carla Leiras sinala que “na nosa cidade é moi habitual rematar nunha situación de pobreza cando botan a alguen da súa vivenda”. O censo de persoas sen fogar en Vigo estipúlase nunhas 165.

Seguindo o índice AROPE as cifras situarían a Vigo en 60 mil persoas en clara situación de pobreza, é dicir, un 20% da poboación

Cos datos do IGE e o umbral da pobreza calculado mediante ingresos medios inferiores ao 60% da media de ingresos do país, saen entre 25 e 30 mil persoas empobrecidas en Vigo. Así, para un fogar unipersoal, o límite da pobreza en Galiza sitúase nos 747,87 euros ao mes, mentres que para un fogar composto por dous adultos é de 1.121,81 euros.

Sen embargo, a Unión Europea estipula o índice AROPE (Risco de Pobreza ou Exclusión) como o correcto para avaliar a pobreza, exclusión social e desigualdades económicas. Seguindo este índice, “que colle datos máis concretos que o IGE, tendo en conta a quen está por debaixo dos ingresos medios”, segundo Carla Leiras: as cifras situarían a Vigo en 60 mil persoas en clara situación de pobreza no ano 2020. Isto significa que un 20% da poboación está empobrecida.

Porén, “existe xente como os deste caso que ás veces son chabolistas porque non lles queda outra, pero outra están na rúa sen ter nin un teito”, vislumbra a representante de ‘Os Ninguéns’. “A partir de maio chegarán as ordes de desafiuzamento e moita xente quedará na rúa”, subliña.

A mesma fonte asegura que se está a normalizar a precariedade e a pobreza. “As institucións sábeno, pero miran para outro lado, igual que os servizos sociais en moitas ocasións”. Preguntada por se cre que as institucións buscan botar á xente máis empobrecida dos barrios, contesta que “Vigo está sufrindo un proceso de xentrificación, non sei se é o caso de navia, pero sí co do Barrio do Cura. Hai unha actitude de deixar a cidade cunha actitude globalizada, sen solidariedade nos barrios”.

Especulación urbanística
Un fondo voitre aniña no centro de Vigo respaldado polo Concello

O fondo norteamericano Autonomy Capital, do que é fundador o ex directivo de Lehman Brothers, Robert Gibbins, comprou a débeda do proxecto do Barrio do Cura en 2018. Agora, a veciñanza pide non ser abandoada ante a especulación urbanística e quere garantir o seu dereito á vivenda fronte unha posible expropiación do goberno local.


Poboado de Navia en Vigo - 1
Ampliar
María Pilar, unha das afectadas, facendo tarefas do fogar.
María Pilar, unha das afectadas, facendo tarefas do fogar.
Poboado de Navia en Vigo afectado por desafiuzamento - 1
Ampliar
Un dos afectados polo desaloxo, quen asegura ser moi fan de Camarón de la Isla.
Un dos afectados polo desaloxo, quen asegura ser moi fan de Camarón de la Isla.
Dúas das mulleres afectadas polo desafiuzamento.
agustín collazo can
Ampliar
Agustín Collazo, un dos afectados, quen asegura estar preocupado tamén polos seus cans.
Agustín Collazo, un dos afectados, quen asegura estar preocupado tamén polos seus cans.
Lara P., portavoz das familias, posando na súa vivenda.
O interior dunha das vivendas en mala calidade.
edificios navia fondo
Ampliar
Os clásicos edificios do barrio de Navia detrás do poboado.
Os clásicos edificios do barrio de Navia detrás do poboado.
Israel collazo, un dos afectados, na súa habitación
abrazo poboado xitano chabola
Ampliar
Un abrazo na porta dunha das 'chabolas' a piques de caer o día.
Un abrazo na porta dunha das 'chabolas' a piques de caer o día.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sevilla
Pueblo Gitano El Pueblo Gitano exige igualdad: una jornada en Sevilla para romper silencios y repensar discursos
La Fragua Projects impulsa un acto participativo con enfoque antidiscriminatorio para visibilizar la violencia estructural que atraviesa al Pueblo Gitano, con especial atención a las mujeres.
Pueblo gitano
Pueblo gitano A propósito del Año del Pueblo Gitano y los 600 años de negación del otro
El 8 de abril se celebra, como cada año, el Día Internacional del Pueblo Gitano. Pero no es este 2025 un 8 de abril como otro cualquiera, al menos, no en España.
Opinión
Opinión Genealogía del antigitanismo: la buena fe y la mala sangre
Si queremos honrar los 600 años de presencia del pueblo gitano en España, debemos mirar con seriedad la historia de la marginación y la violencia institucionalizada.
#85192
18/3/2021 13:57

1. Abel Caballero ganó por primera vez la alcaldía, hace no sé cuántos años, prometiendo la construcción de 40.000 viviendas sociales en Vigo. Delirante. El alcalde, digo.
2. El constructor Telmo Martín pasó por el Congreso de los Diputados por la misma época para posar una vez y otra como diputado millonario, el que más (no se sabe que aportara otra cosa a la Cámara). A la vez, Construcuatro, su empresa, vendía al mejor postor (dinero negro en sobres) las viviendas sociales que construía en Navia. Los pillaron, pero ¿sabéis como acabó?
Me parecen cosas complementarias.

0
0
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.