Movemento veciñal e urbanismo salvaxe - Portada

Gentrificación
Xentrificación en Galicia: as eivas dos modelos turísticos de Vigo e Santiago de Compostela

Cunha vontade política de desterro da marxinalidade e de concentración económica arredor do turismo, as institucións galegas están a expulsar as poboacións locais dos centros das súas cidades.

Julia e José Mario levan sesenta e seis anos rexentando unha das últimas tendas de alimentación que aínda subsisten no Casco Vello de Vigo. Dende o mostrador do seu ultramarinos, esta parella de viguesas foi testemuño dunha transformación sen precedentes no modelo da súa cidade. Pepe, como lle chaman tantas das persoas que pasan pola súa porta, era aínda un neno cando seu pai abríu Alimentación Rivera no barrio vello. Nos anos sesenta e setenta aquel era un espazo seguro de convivencia entre veciñas: “Había servizos para poder vivir case sen saír de aquí; farmacias, panadarías, tendas de roupa, de alimentación, cesteiros, o mercado e o seu peixe...”. Pero aquela vida e aquelas condicións materiais foron mudando. A irrupción da heroína e a cocaína polas xa asentadas canles de contrabando galegas colocaron á cidade no epicentro galego da toxicomanía. Nesa cartografía da devastación, amparada na desidia institucional, o barrio antigo foi o reduto da dogradición por antonomasia. En paralelo ao crecemento dos conflitos veciñais, as administracións local e autonómica asistiron, de esguello, ao envellecemento das infraestruturas do barrio. Moitas das vivendas tradicionais foron tornando inhabitábeis e algúns dos seus propietarios incluso deixáronas caer. Aquela foi unha oportunidade inmobiliaria para mercar vivendas centenarias a prezo de saldo e proxectar promocións urbanísiticas para as clases máis altas. Comezaba unha reformulación forzosa do céntrico barrio para convertelo na fachada turística da cidade. Para expulsar a marxinalidade e preparala para o turismo.

Hoxe, sobre o histórico negocio de Julia e José Mario sobrevoa unha orde de expropiación forzosa emitida polo Concello de Vigo. A causa de forza maior? Crear unha Oficina do Turismo. A excelencia da localización é innegable e a Administración local non é allea a isto. A apenas cen metros do mar e do Peirao de Transatlánticos, diante da porta de Alimentación Rivera pasean centos de visitantes día a día. “Pero o do turismo é algo novo en Galicia. Hai vinte anos, isto non acontecía e só eramos unha tenda de barrio”, reflexiona mentres observa a fachada da concatedral de Santa María, o templo cristiá máis significativo da cidade e que ten a escasos vinte metros da porta do seu negocio. A chegada da economía turística non foi mala, per se, para esta familia. O seu negocio diversificouse e mellorou significativamente a súa facturación: “Seguimos a ser a tenda dos veciños, pero agora tamén somos a dos turistas”. E a convivencia é real entre eses dous modelos. Julia cóbralle un kilo de froita a unha veciña que a chama polo seu nome e, acto seguido, véndelle uns mexillóns gourmet a dúas mulleres cun marcado sotaque andaluz. O malo, explican, é que se converteron nun “apetitoso” obxectivo inmobiliario. O alcalde da cidade, Abel Caballero, chegou a falar publicamente do edificio onde teñen o baixo comercial como un “pastiche” indigno de ocupar ese espazo na cara visible da cidade. Na orde de expropiación, o Concello valorou o seu negocio en 20.000 euros e o primeiro piso, que tamén é da familia, en 38.000. “Soa a unha broma de mal gusto, pero así é. Só na mercadoría que temos na tenda xa superamos esa cantidade”, retruca José Mario. “A onde imos coa nosa idade? Cando a alguén lle quitas todo o que ten é quen de facer calquera cousa e nós non nos pechamos a nada, isto é a nosa vida e imos pelexar por ela”, engade. A Pepe cústalle conciliar o sono e recoñece que ten “os nervios mancados” dende que, hai agora case dous anos, coñeceron o proxecto da Concellería de Urbanismo pola prensa.

Movemento veciñal e urbanismo salvaxe (1)

Para Os Ninguéns, coñecedores da realidade humana que hai detrás dos recorrentes desafiuzamentos e o empobrecemento da poboación tradicional do barrio, hai varios feitos que axudan a interpretar o cambio de modelo de cidade. Teñen que ver especialmente co desterro forzoso de colectivos especialmente vulnerables como as mulleres en situación de prostitución, persoas con drogodependencias e, en xeral, das clases empobrecidas. En 2013 chegou un dos grandes puntos de inflexión. O Concello de Vigo colgou unha nota escrita a man no local dos Sereos que anunciaba o seu peche. Aquel era un dos principais centros de atención para a prevención do VIH-Sida e drogadiccións e para traballar na redución do seu dano físico, psicolóxico e social. “Na práctica, a ese programa tamén se achegaron outras persoas: xente maior soa, os veciños do barrio máis empobrecidos e tamén prostitutas”, lembra Bouzas, responsable do centro durante dezaseis anos. Algún columnista da época chegara a dicir na prensa local e cunha analoxía clasista que sería un delirio “manter un comedor social debaixo da Torre Eiffel”. 


A vivenda turística en detrimento da tradicional

Para expulsar ás familias locais con poucos recursos, un grande método de presión por parte dos propietarios foi e é o encarecemento dos alugueiros, que viven, nestes días, unha oportunidade inflaccionaria sen parangón. “Nós vimos observando con moita preocupación, ascendendo a problemática exponencialmente este verán, a proliferación de pisos turísticos na cidade. Pensamos que habería que inspeccionar esas licenzas e asegurar un número razoable destas opcións para que non se produza un turismo que poida chegar a danar o barrio”, explica Carla Leiras, asesora xurídica e parte do núcleo duro de Os Ninguéns. “Atopámonos con decenas de persoas que nos indican que se lle vai acabar o contrato este ano e os seus caseiros xa lles avisaron de que deben abandonar a vivenda. Sabemos que, en moitas ocasións, é porque queren poñela en alugueiro vacacional e isto implica que menos parque de vivenda pasará a alugueiro ordinario e, polo tanto, teremos menos oferta dispoñible, o que encarecerá o prezo e a demanda, como xa vén sucedendo durante os últimos tres anos”, engade.

Movemento veciñal e urbanismo salvaxe (2)

Este foi unha das principais estratexias para “ocultar a pobreza”, como explica Olga Reboredo, parte activa do colectivo. Paralelamente, foron exercendo presión sobre as mulleres que exercían a prostitución no barrio para que o abandonasen. Para iso houbo varios métodos: “Aumentar a presencia policial, xerar espazos de luxo preto para incomodalas...”. “A única vontade explícita foi facelas desaparecer. Desterralas porque facían feo no centro. Non axudalas de ningún xeito. Aquí estaban máis protexidas que cara onde se viron obrigadas a dispersarse”, reflexionan conxuntamente os activistas.

Movemento veciñal e urbanismo salvaxe (3)

O turismo desbocado na capital galega

En Santiago de Compostela, o problema da auxe da vivenda turística vense enquistando con forza na última década. Estudantado universitario, poboación local e turismo conviven nun equilibrio delicado que, este ano, no contexto das festividades do Xacobeo, revelouse insostible para a veciñanza. A apertura das fronteiras internacionais trala pandemia e un investimento millonario en promoción por parte da Xunta de Galicia de Alfonso Rueda na festividade cristiá, aumentaron de forma insólita a presión turística sobre unha cidade de apenas cen mil habitantes. Os datos dos institutos de estatística español e galego case que igualaban a cifra de visitantes mensuais co propio censo durante o verán. A primeira e máis visible consecuencia foi o colapso das rúas da Zona Vella con miles de peregrinos que xeraron un malestar manifesto entre as veciñas. As asociacións veciñais máis activas e incluso as de comerciantes manifestáronse publicamente e contra desta masificación. A Asociación Veciñal A Xuntanza, Lavacolla Activa e a Asociación Empresarial Barrio de San Pedro asinaron conxuntamente o Decálogo de boas prácticas para o tramo final do Camiño. “Lembra en todo momento que nos lugares que atravesas habitamos persoas que, cada día, vemos pasar por diante da nosa portas grupos cada vez máis numerosos. A chegada a Compostela é emocionante, sen dúbida, pero a túa euforia non debera interferir sobre os nosos ritmos de vida: alégrate, desfruta e celebra sempre que podas”, reza a guía de boas prácticas nun ton construtivo. O colapso durante o verán foi de tal magnitude na cidade que o Concello de Santiago decidiu prohibir comer na praza do Obradoiro.

Movemento veciñal e urbanismo salvaxe. Os ninguéns (4)

Pero aínda enmarcando eses feitos na circunstancialidade do estío, os efectos do modelo de cidade baseada no turismo obrigou a poñer o foco no problema estrutural da vivenda para a cidadanía local. Segundo os últimos datos dispoñibles do Instituto Galego de Estatística (IGE) para a pasada primavera, Compostela conta con aproximadamente setecentas vivendas de alugueiro turístico contra apenas cento cincuenta de alugueiro tradicional. De feito, os arredor de trinta mil estudantes que moven a Universidade de Santiago e o resto dos centros educativos levan anos queixándose a través das asociacións civís da incapacidade para alugar vivenda no municipio. A Asemblea Nacional das Estudantes Galegas vén explicando que as estudantes con menos recursos vense forzadas a ir vivir aos concellos limítrofes. A presión deste tipo de colectivos forzou que o Concello aplicase en 2017 medidas para conter a expansión das vivendas turísticas e, aínda que dende entón mantéñense estables, non reverteron a situación deficitaria, só lle puxeron tope.  

Movemento veciñal e urbanismo salvaxe (5)

Os integrantes de Os Ninguéns, un dos grupos sociais máis activos en materia de vivenda en Galicia, tamén expoñen propostas para mudar a situación e construír “cidades para as súas xentes”. Crear consorcios de vivendas sociais en réxime de alugueiro; que a Xunta e os concellos negocien cos propietarios para previr desafiuzamentos; impor límites nos prezos dos alugueiros; topar a proliferación de vivendas turísticas en todo o territorio; liberar as propiedades da Sareb; e, especialmente, unha Lei de Vivenda coactiva que non sexa só “un principio inspirador” e que a súa aplicación non dependa da vontade dos concellos e das comunidades autónomas. “No fondo, isto tamén é loitar contra a cronificación da pobreza. E para iso necesitamos pedagoxía. Hai xente que non se percibe como precarizada e só fai ocultar a unha parte da sociedade”, remata Olga Reboredo, parte activa do colectivo. “As sociedades máis pobres tecen máis redes entre si. No centro estanse expulsando as clases baixas da rúa e iso invisibilízaas”, reflexiona para rematar a cantautora Su Garrido, veciña do Casco Vello de Vigo e colaboradora habitual de Os Ninguéns. O individualismo, na fin, tamén é unha consecuencia da xentifricación.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Migración
Migracións A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Asturias
Asturias El Parlamento asturiano reclama que las corridas de toros se consideren maltrato animal
PSOE e IU aprueban una PNL de la diputada Covadonga Tomé (Somos Asturies) instando al Gobierno de España a modificar las leyes que excluyen a las corridas de toros de esta categoría.

Últimas

Mallorca
Investigación Cadáveres, ratas y suciedad extrema en una granja avícola que abastece a Mercadona, Eroski y Alcampo
Grupos activistas han denunciado a la explotación avícola de Llucmajor (Mallorca) ante la Fiscalía por delitos de abandono de animales, estafa y contra la salud pública. La granja cuenta con el sello de bienestar animal Welfair.
Laboral
Laboral “Se buscan figurantes para una película a cambio de la merienda”
El sindicato CGT denuncia ante Inspección de Trabajo a una productora cinematográfica por ofrecer trabajo de figurante en la película ‘Corredora’ a cambio de una merienda.
Más noticias
Opinión
Opinión Prohibir no es liberar: una reflexión feminista sobre el uso del hiyab
La idea de que prohibir el hiyab nos abrirá la puerta a una vida más libre no solo parte de un prejuicio, sino que se convierte en otra forma de imposición. Y ninguna liberación real puede construirse desde la fuerza o la exclusión.
Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.