Grafiti
A rúa sempre foi delas

Desde diferentes ámbitos culturais, as mulleres dedicadas á arte urbana están buscando recuperar a posición que lles corresponde na historia, para amosar que pintan, e que o fan desde sempre.

Rua Sempre Foi Delas Galiza
As mulleres dedicadas á arte urbana están buscando recuperar a posición que lles corresponde na historia. Elena Martín
20 feb 2020 10:00

Como acontece con moitos outros ámbitos, as mulleres parecen inexistentes no mundo do muralismo, e máis especificamente, na arte urbana. Todas coñecemos a Capela Sixtina de Miguel Anxo, os grandes murais de Diego Rivera, ou os graffitis de Banksy. Con todo, non acontece o mesmo cando intentamos recordar o nome de mulleres artistas en diferentes períodos da historia. O feminismo e a auxe da arte urbana están mudando esta situación, amosando que non é que elas non pintasen, senón que ao longo da historia se ignoraron as súas aportacións, quizais para non recoñecer que elas tamén podían transformar o espazo público.

“Onde están as mulleres na arte urbana?”, preguntábanse desde a cooperativa cultural 7H, creadora do festival de arte feminista DelasFest. Buscando unha explicación,lanzaron esa mesma pregunta nun Foro de Arte Contemporánea, e a resposta que obtiveron foi: “Se non existen publicacións ou información teórica sobre elas, e porque hai moi poucas e non chegan aos estándares de calidade”. Esta crenza está moito máis estendida do que se poida pensar, e é a que as propias artistas están intentando mudar, dándolle visibilidade ao seu traballo.
“No tema do muralismo, que é o que investigo e o que sei, non é que as mulleres aparecéramos de pronto.

“Sempre estivemos na historia da cultura, o que pasa é que a historia é de quen a conta, e a historia sempre estivo contada por homes”, sinala Lina Castellanos

“Sempre estivemos na historia da cultura, o que pasa é que a historia é de quen a conta, e a historia sempre estivo contada por homes”, explica Lina Castellanos, unha das artistas de Dúo Amazonas, unha parella de muralistas de Colombia e Arxentina que levan anos pintando. “Estudiei artes, e nunca me falaron de ningunha muralista. Pero, pensei que non podía ser, tiña que haber mulleres. Púxenme a investigar, e así descubrín que as asistentes dos artistas eran a maioría mulleres. Había equipos de mulleres muralistas que firmaban colectivamente porque, desde sempre, estamos organizadas politicamente dun xeito moi distinto ao deles. Por iso, non somos nomes como Diego Rivera, senón que firmamos como colectivo”, reflexiona.

Aínda así, o feito de que elas pintasen desde sempre, non se vía reflectido nos festivais de arte urbana, que cada vez teñen máis forza no ámbito cultural. Deste xeito, un dos festivais máis antigos de Galiza, o Desordes Creativas, comezou no 2009 cun 90% de representación masculina. Por sorte, esta tendencia esta cambiando, xa que na última edición a porcentaxe estivo máis igualada, e están nacendo proxectos como Derrubando muros coa pintura (Carballo, 2013), ou Elas tamén pintan (Compostela, 2018), onde a maioría das artistas participantes son mulleres, o que amosa un cambio que ten en conta criterios máis inclusivos. Aínda así, elas denuncian que lles seguen a dar os murais máis pequenos.

Arte urbano
Paredes que falan
Desordes Creativas exporta un modelo de festival que coloca Galiza na escena internacional do muralismo de gran formato. Historia dunha década

Para moitas, é precisamente a aparición de máis festivais o que permitiu que se lle dera máis visibilidade ao traballo das mulleres. E que esta mesma visibilidade foi a que axudou ás mulleres a facerse donas do espazo público, algo que historicamente se pode dicir que se lles vetou. “Creo que é contextual o feito que de golpe pareza que todas xurdimos da nada, mais isto quizais se debe a que hoxe hai máis oportunidades de pintar publicamente”, continúa Natalia Andreoli, desde Dúo Amazonas. “A realidade é que pintamos desde sempre, xa sexa con spray ou con pincel. A chave é ter espazos onde esteamos cómodas, espazos que agora nos dan. Mais, tamén os gañamos, non? Xa é tan obvio, que non se pode esconder que a cultura foi sempre nosa, e que o espazo público ao ser un espazo político tamén é noso”.

Clara Cordeiro, de 7H, cre que para conseguir que se fale da arte das mulleres, e que se recupere a súa historia, é fundamental que non sexan só as propias artistas as encargadas deste traballo. “O primeiro problema que nos atopamos cando quixemos investigar o tema da arte urbana e as mulleres, foi que non había libros para investigar sobre o tema. Un libro teórico ou dous, como moitísimo, no que ademais se repetían os mesmos nomes que xa coñecíamos todas de memoria, incluso cando este tipo de arte non estaba de moda. E do resto, con moita sorte, hai catálogos de imaxes con pseudónimos, e ti tes que imaxinar se son homes ou mulleres”, reflexiona Cordeiro. “Por iso, penso que o traballo de persoas como Lara Seixo —unha arquitecta que media para que se pinten as vilas— e da xente que está do outro lado (os historiadores, programadores, comisarios... ) son parte fundamental do traballo que queda por facer. Porque coa investigación e o estudo poderase amosar que sempre houbo mulleres na arte, como en todos os ámbitos”, continúa. “É como o tema de que como é posible que haxa tantas mulleres que cociñan na casa, pero todos os grandes cociñeiros son homes. No ‘Elas tamén pintan’ poño sempre como exemplo a tese doutoral de Javier Abarca, que é a primeira tese sobre arte urbana no Estado español. No apartado xénero, que era mellor que non o incluíse, Abarca di, en tres liñas que o arte urbana está feita practicamente por homes, as mulleres son unha excepción. E no postgraffiti hai algunha máis, pero case sempre se decantan pola vertente máis pacífica do muralismo, e utilizan elementos e cores propias do seu xénero”.

A visibilidade recente en certos festivais foi a que axudou ás mulleres a facerse donas do espazo público, algo que historicamente se pode dicir que se lles vetou

Mais, se no ámbito do muralismo máis institucional custa demostrar que as mulleres tamén son creadoras, o mundo do graffiti, o tema e aínda máis complexo. A muralista e graffitera Vegan Bunnies, explica que aínda que o mural e o graffiti son distintos, os dous teñen algo importante. “Para min facer graffiti é algo que preciso, é vital para min. Mentres o mural é unha paixón, xa que teño máis tempo para inverter e expresar algo”, conta. Cando se lle pregunta sobre se o graffiti ten un menor número de mulleres, debido a que se pinta de noite, a súa resposta é firme. “O graffiti é vandalismo, pero eu pinto tanto de día como de noite. E eu sempre tiven apoio doutra xente coa que pintei, polo que non tiven problema nese sentido. Por outra banda, a min encántame o graffiti particularmente porque é un xeito de apoderarte de algo, da rúa, e de amosar que existe xente máis alá das empresas. Estamos continuamente sendo bombardeadas con anuncios, pero cos graffitis somos conscientes de que existen persoas anónimas que deixan a súa pegada. E ese tipo de invasión visual a min encántame, porque amosa que non estamos totalmente dominados polo capitalismo extremo. E por outra banda, que sexa anónimo fai que non saibas se quen pinta é home ou muller.

Culturas
O que contan as estatuas

O monumento foi historicamente un medio privilexiado para a transmisión de mensaxes políticas. A súa aparente invisibilidade convérteo nun vehículo ideal de contidos ideolóxicos.

Sobre isto, Iria Fafían, muralista e ilustradora de A Coruña, engade que “hai moitas pintadas que están feitas por mulleres e que non o sabemos, ou que damos por feito, que están feitas por homes porque o graffiti está moi masculinizado. Pero despois descobres quen o fixo e dis ‘anda, pero se era unha tía’. E ti estabas dando por feito que isto o fixo un home. Iso tamén é o que mola do graffiti particularmente, que como é anónimo, neutraliza os xéneros para ben ou para mal”.

Sexa como sexa, a investigación, a recuperación da memoria histórica, as ganas e a pintura están devolvendo ás mulleres artistas ao lugar que lles corresponde

No que todas están dacordo é que quedan moitos murais que pintar, moitas loitas que gañar e moita mentalidade que mudar aínda. Sobre isto sabe moito a artista viguesa Lupita Hard, que tras ser consciente que a pintada máis repetida nas rúas eran os penes, decidiu responder, e como reivindicación —e un pouco estudo sociolóxico— comezou a pintar vaxinas decorativas. “Pintar vaxinas ten moito tabú, e cando se representan, son para os homes no mundo do porno, por exemplo. Cando eu comecei este proxecto, obtiven por un lado reaccións positivas, porque hai xente que se identifica con isto, pero por outro, moitos dos meus graffitis apareceron con insultos tachados por riba, o que indica que aínda hai moito no que educar”.

Sexa como sexa, a investigación, a recuperación da memoria histórica, as ganas e a pintura están devolvendo ás mulleres artistas ao lugar que lles corresponde.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda a profesores LGTBQ+ o críticos con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.

Últimas

Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.
Más noticias
Opinión
Opinión Covid-19, año uno: balance de una pesadilla autoritaria y de una gestión fracasada
VV.AA.
El autoritarismo con que se ha afrontado la epidemia actual no tiene una justificación sanitaria y la historia nos muestra que en nombre del derecho de emergencia se han dado graves abusos de poder y de restricciones de derechos.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.
LGTBIAQ+
Extrema derecha “Todo por ser un hombre trans”: la pesadilla de un estudiante transgénero que quería estudiar en Berkeley
Este estudiante chocó contra las políticas tránsfobas de Donald Trump. Pese a los repetidos intentos, no pudo llegar a disfrutar de una beca en la prestigiosa Universidad de Berkeley que ya había sido concedida.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.