Historias da dignidade
As mans de Joaquín González

Historias da dignidade é unha serie de reportaxes elaboradas para O Salto Galiza polo xornalista Lois Alcayde Dans coa colaboración de Carmen García-Rodeja, investigadora da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). O xornalismo como fornecedor da verdade e do activismo da nosa memoria común, contar a historia para crebar o silencio. Vítimas, familias, persoas represaliadas e castigadas no lugar onde cada día se lles lembraba como os vencidos. Un rumor compartido ao que devolver a voz.

Manos
Foto: Thomas O'Rourke
8 jul 2019 12:25

“O coraxe é fácil de vencer, mais eles resistiron”. Concha ten hoxe 63 anos e vive en Vigo. O seu primeiro recordo son as mans do seu pai, Joaquín González, colléndoa e levándoa agarrada paseando pola rúa. Di delas que eran enormes: “a sensación de protección desas mans grandes que nunca máis volvín ter”. Con esas mans Joaquín traballaba o pan de cinco da mañá á unha da tarde. A nai de Concha, Mercedes, movía as mans en acrobacias, en reviravoltas polo ar, elaborando xunto con vinte compañeiras os paquetiños de azafrán nuns almacéns que anos máis tarde serían O Pote, na Coruña. O traballo dunha secuencia milenaria de forza e resistencia en silencio. Aquelas mans, conta Concha, foron construtoras dun fogar libre no medio dunha ditadura. E nese fogar, a pesares da dor, houbo acubillo para a lectura, a infancia e a música.

Foto1 Joaquin Gonzalez
Imaxe de estudo de Joaquín González. Foto: Arquivo familiar.

Joaquín González, O Panadeiro, foi veciño do barrio de Montealto, o que na cidade, a pesares da súa actual xentrificación, é un xeito de ser e estar en si mesmo. Joaquín González tamén foi escapado, soldado da Segunda República no Exército Popular, guerrilleiro, colaborador da resistencia francesa, preso e cidadán honesto. Antes da guerra, que viviu como un adolescente que entraba na idade adulta, bañábase cos seus irmáns aos pés da Torre de Hércules, na praia das lapas. Eran nudistas e algúns deles vexetarianos, de cando a comezos do século pasado agromaran as ideas libertarias de exercicio físico e o contacto íntimo coa natureza. Arredor deste lugar hai hoxe un paseo natural que rodea o Faro con flora e fauna autóctona.

Con esas mans Joaquín traballaba o pan de cinco da mañá á unha da tarde. A nai de Concha, Mercedes, movía as mans en acrobacias, en reviravoltas polo ar, elaborando xunto con vinte compañeiras os paquetiños de azafrán nuns almacéns que anos máis tarde serían O Pote, na Coruña

“O meu pai tiña 17 anos cando estalou a guerra. Era o fillo pequeno e ía ao Eusebio da Guarda. Era moi estudoso, gustáballe moito ler”. Xa de mozo militou nas Xuventudes Socialistas Unificadas e despois no Partido Comunista. “Todos á súa maneira levaban acabo o compromiso”. Concha é de esquerdas e o vencella ás palabras do seu pai: “algún lle dicía para provocar que Franco tamén era galego, coma el, el entón respondía ‘os fillos de puta non teñen patria!' (...) Tivo unha grande dignidade ata o final”. Naquela Coruña, cunhas bases populares de maioría anarquista, os centros sociais, os ateneos e as bibliotecas eran os lugares do aprendizaxe e da festa, un clima festivo estourado na violencia de xullo de 1936 e o que viría despois.

Co golpe de estado do 18 de xullo a represión fascista lévase por diante nas primeiras horas decenas de vidas na cidade, entre elas as de Rogelio, de 23 anos, José, de 30 e María, de 19, os irmáns de Joaquín. “Entraron na casa e mataron primeiro á miña tía, Mari, os meus tíos lograron escapar polos tellados e se refuxiaron en varios sitios de Montealto e as Atochas (...) sabemos que foron paseados mais non atopamos os seus restos”.

Foto2 Joaquin Gonzalez
Joaquín cos seus compañeiros no penal de Burgos. Moitos deles foron "paseados" días despois. Foto:Arquivo familiar

Do pouco que se sabe a día de hoxe é que o corpo da irmá de Joaquín, de profesión mestra, puido aparecer morto na praia de Riazor. José foi integrante do grupo editor da revista Brazo y cerebro, ademais de militante anarquista no ramo da construción, colaborou na resistencia do barrio de Monelos mentres a cidade bicada polo mar caía por unha banda no goberno civil -hoxe Teatro Rosalía de Castro, daquela compartían edificio teatro e delegación- canoneado, e nas arterias principais como os Cantóns, onde se ergueron barricadas cuns intercambios de disparos dende o Obelisco ata o final do barrio do Ensanche, na praza de Lugo. Rogelio, pola súa banda, foi militante anarquista, participou no intento de sublevación do cuartel das Atochas co obxectivo de provocar un cambio de rumbo no curso da guerra e da ocupación fascista en Galicia. Non o conseguiron e foi paseado ás portas da prisión provincial da Coruña, un edificio que, aínda hoxe, segue sen ter adicado un uso concreto e que agarda nas súas salas, celas e lugares de palabras un oco na memoria histórica do presente da cidade.

Non sei que sería peor, se a guerra ou a posguerra. Atopouse cun clima de violencia, de ganas de humillar e quitar unha dignidade que a miña familia sempre mantivo. Matáronlle todo e roubáronlle todo

“El foi a Portugal e sobreviviu. Quixo voltar despois do asasinato dos seus irmáns, roubáronlle a familia. A súa nai enfermou, morreu de pena. Voltou á Coruña a pé. Atrapárono e torturárono. Pouco despois o soltaron de escapou a Asturias, dende alí a Madrid, onde se alistou no Exército Popular da República, estivo baixo as ordes do xeneral Líster”. Tras a caída de España a mans do Exército Nacional, Joaquín chega a Francia, onde colabora coa resistencia contra a ocupación nazi: “Eles (os españois republicanos na Francia ocupada) devolvéronlles a dignidado aos franceses” sostén a súa filla.

González acaba participando na operación do Vall d´Aran, unha arriscada xogada que pretendía ser o puntal de lanza da liberación de España e que foi un estrepitoso fracaso. Joaquín é capturado e entre en prisión. É na reclusión onde as mans que empuñaron o fusil reinvéntanse para amasar o pan e seguir traballando: “o meu pai aprendeu a ser panadeiro en Burgos, no penal, de alí saíu con 33 anos cumpridos e unha xuventude perdida. Cando retornou á Coruña xa non lle quedaba nada. Non sei que sería peor, se a guerra ou a posguerra. Atopouse cun clima de violencia, de ganas de humillar e quitar unha dignidade que a miña familia sempre mantivo. Matáronlle todo e roubáronlle todo”. Nesta dignidade coincide Bea Parga, profesora de secundaria que participou nun roteiro organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica en conmemoración da vida de Joaquín González, na rúa que leva o seu nome na Coruña: “para min coñecer xente coma el, naquel momento anónima para o gran público, resultoume impactante. Xente esquecida e que levaban acabo a coherencia e a honradez. Unha visión do público distinta á de hoxe”.

Foto3 Joanquín González
Joaquín e Mercedes nun baile. Foto: Arquivo familiar.

No seu retorno á Coruña as mans de Joaquín compartiron aloumiños e espazos coas mans de Mercedes, una muller moza traballadora dende os 10 anos. Casaron aos 3 meses de coñecerse: “meu pai tiña prisa por formar unha familia e miña nai por saír da miseria. Chamábanse compañeiros, unha reminiscencia daquel ideal de vida en común, con amor e sen matrimonio, dos anarquistas de antes da guerra. Déronme unha infancia feliz”. Desa infancia no barrio de Montealto, arredor da rúa da Torre, Concha lembra a música no piso familiar: “miña nai, Mercedes, ensinaba a bailar aos compañeiros do meu pai que loitaran na guerra e foran feitos presos. Poñían a radio e os ensinaba a mover as mans, as pernas, a divertirse”. Naqueles anos 50 e 60, cando o ditador Franco veraneaba na cidade o seu pai, xunto con outros ‘sospeitosos habituais’, pasaba automáticamente longas tempadas na prisión despois de varias detencións arbitrarias, “dicía con retranca que fora o primeiro da familia con vacacións pagadas”. Cando Joaquín faltaba, a cadea de solidariedade silenciosa e en movemento levaba o pan ata o domicilio dos González; de cando en vez, leite.

Foto4 Joaquin Gonzalez
Joaquín e a súa filla Concha a comezos dos anos 70. Foto: Arquivo familiar

“Miña nai e eu saudabamos ao meu pai dende un alto no que se podía ver o interior do patio do cárcere. Era un lugar común das mulleres e dos nenos con homes presos no interior, eu non distinguía ao meu pais mais miña nai parecía velo entre aquel xentío, localizalo nun punto e sorrir na distancia”. Outras veces quen pasou tempo no cárcere foi Mercedes: “Ás veces levábana a ela. O módulo pareceume máis pequeno cando o volvín ver hai pouco. De nena quería coller á miña nai coas mans durante as visitas e non lle chegaba. Lémbrome a min mesma queréndoa coller”. Ademais de cadeas de solidariedade, houbo cadeas de preguntas, de sospeitas, “Coruña era máis pequena daquela, todos nos coñeciamos”. Concha rescata da memoria un episodio coas compañeiras da escola: “dicían se o meu pai era contrabandista, eu lles dicía con toda naturalidade que era roxo”.

Miña nai ensinaba a bailar aos compañeiros do meu pai, que loitaran na guerra e foran presos. Poñían a radio e os ensinaba a mover as mans, as pernas, a divertirse

Joaquín militou no Partido Comunista na clandestinidade, durante a Ditadura, e foi un dos que artellou o esquema inicial de Comisións Obreiras na Coruña. Seguía movendo as mans para apartar o medo e construír a democracia. Foi crítico coa Transición: “pareceulle mal que se aceptaran os símbolos nacionais, como a roxigualda. Meu pai pensaba que aquilo tan agardado da reconciliación nacional era outra cousa. Pensaba que se ían recoñecer os asasinatos e crimes cometidos, non foi así (...) impúxose o esquecemento”. Coas mesmas mans seguiu facendo política dende a acción veciñal como presidente da Asociación Veciñal Atochas-Montealto, “penso -reflexiona Concha- que rematou no movemento veciñal pola súa formación anarquista”. Bea Parga engade que destacar un só aspetco de Joaquín González é difícil: “entendía a política como a xustiza, como unha parte da vida cotiá dos veciños. Joaquín representa a moitas máis figuras que precisan ser recoñecidas.”

Foto5 Joaquin Gonzalez
Inauguración da rúa Joaquín González no bairro de Montealto na Coruña. Foto. Arquivo familiar

Concha incide: “todo o que poida dicir aquí vai por aquelas persoas que aínda están no silencio, polos calados e os que teñen medo. Hai moitos.”

A súa causa, dentro da querela arxentina, foi enviada ao país da outra beira do Atlántico e ás Nacións Unidas. Coma ela, milleiros de familiares que seguen a procurar as mans daqueles construtores da historia.

Literatura
Ánxela Gracián: “María Victoria Moreno foi unha muller de esquerdas cunha profunda visión social”

Ánxela Gracián é escritora e tradutora profesional. Hoxe tamén é a narradora en 12 cartas a María Victoria Moreno (Hércules de Edicións, 2018) de como unha nena filla do réxime chega a namorarse do mar e tomar partido nunha sociedade adormecida polo franquismo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

La Colmena
La Colmena Prostitución después de la salida de misa
Unas breves notas históricas sobre la prostitución en Extremadura con el ruido de fondo del debate interminable entre la abolición y la legalización.
La vida y ya
La vida y ya La primera vez
Nos confirmaron lo que ya intuíamos pero no supimos hacer. Lo única regla importante es romper el silencio.
Argentina
Argentina Argentina, un año y medio después de Milei
Este investigador profundiza en las claves de la victoria de Milei, las principales medidas de Gobierno, el sustancial apoyo que tiene y sus perspectivas a medio plazo.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda KKR y el negocio del ladrillo: de vender pisos en territorios ocupados a gestionar las viviendas de la Sareb
Desde 2022, el fondo proisraelí KKR es el encargado junto a Blackstone de gestionar la cartera residencial del banco malo. En verano vencen sus contratos y los fondos presionan para seguir sacando rédito del patrimonio público.

Últimas

Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Opinión
Opinión Y ahora les duele Gaza: Europa ante el genocidio
Europa no ha dejado de vender armas a Israel, ni de recibir su tecnología militar; sin embargo, ahora no sabe cómo salvar al país de sus propios impulsos autodestructivos.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Opinión
Opinión Sentido y senilidad
La senilidad que he estado viendo en la industria cinematográfica no se limita a la edad de ciertos directores. Es algo mayor que eso, se ha convertido en una manera de pensar, en un fenómeno cultural.
Comunidad de Madrid
Pseudomedios Ayuso y Almeida han inyectado más de 400.000 euros a ‘Periodista Digital’ en cuatro años
El medio de Alfonso Rojo que emplea al agitador Bertrand Ndongo ha recibido más dinero que medios con mucho más alcance como ElDiario.es mientras El Salto sigue siendo totalmente discriminado por el Partido Popular.
Más noticias
Opinión
Opinión La hidra de la lucha por la vivienda
Un sector del movimiento de vivienda pone el foco en los grandes propietarios y los fondos de inversión para entender la actual crisis de vivienda. Otro, a la clase media propietaria. Cada enfoque lleva a estrategias distintas.
LGTBIAQ+
Sentencia El TSXG reconoce que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen de odio
El tribunal ha ratificado las penas de entre 20 y 24 años para los tres acusados y ha absuelto al joven condenado a diez años de cárcel como cómplice del asesinato.
Navarra
Opinión Diez años de corralito progre en Navarra
VV.AA.
En las elecciones municipales y forales del 24 de mayo de 2015 se propagó la confianza en un futuro en el que la hegemonía conservadora del corralito foral diera paso a algo muy diferente y mejor.
Educación
Educación Ayuso elimina feminismo de selectividad: por una educación que fomente la igualdad
Alumnado y Dirección del posgrado de Género, Masculinidades y Acción Social de la UPV-EHU/UCM denunciamos la decisión de eliminar los temas de feminismo y de Objetivos de Desarrollo Sostenible de la ONU.
València
València Víctimas de la dana comparecerán en la investigación del Congreso, pero no en la de Les Corts
Las asociaciones pactaron también en su reunión con Pedro Sánchez un funeral de estado laico y una reunión el próximo jueves con la vicepresidenta y ministra de Transición Ecológica, Sara Aagesen.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
México
México Desenterrar el dolor: los desaparecidos de Jalisco
El colectivo Guerreros Buscadores de Jalisco, el mismo que descubrió el campo de exterminio de Teuchitlán, halla un punto de venta de droga activo del Cártel Jalisco Nueva Generación con varios cuerpos enterrados.