A Insumisa
Prisión preventiva para un dos detidos polo desaloxo da Insumisa

O xulgado que instrúe a causa ten que ratificar hoxe mércores a decisión do xulgado de garda, que determinou prisión para o rapaz detido.

19 jun 2018 22:16

Dúas persoas que participaron na protesta polo desaloxo do Centro Social Ocupado A Insumisa da Coruña foron detidas para prestar declaración nos Xulgados da cidade o pasado martes 19 de xuño. As causas, segundo o atestado policial, son "ameazas, desordes públicas e lesións". Antonio Vázquez, avogado dos encausados, confirma que hai un atestado policial con cinco persoas imputadas. "Delas, dúas foron detidas e prestaron declaración en presenza xudicial este martes 19. A unha impútaselle o delito de ameazas e á outra delitos de atentado, desorde público e lesións."

Logo de prestar declaración, a persoa imputada por ameazas foi posta en liberdade provisional, e para a outra, a xuíza ditaminou prisión preventiva sen fianza. “Estas decisións teñen que ser ratificadas o mércores 20 polo xuíz que leva o caso”, comenta o avogado, “xa que esta foi unha decisión do xulgado de garda, ao que non lle corresponde a instrución da causa”.

Os feitos aos que se refire a dilixencia aconteceron a última hora da mañá do mércores 23 de maio, contra as 13:30, momento no que ante o intento de entrar no espazo desaloxado por parte dos manifestantes, a Policía Local carga con dureza, tendo como resultado varias persoas feridas de diversa gravidade.

Este mércores pola mañá o expediente pasa ao xulgado, que pode manter as medidas cautelares, modificalas ou derrogalas. “Os avogados temos a opción de recorrer ante o xulgado e, se fose rexeitado, pódese facer un recurso de apelación fronte a Audiencia Provincial”, comenta Vázquez.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

A Insumisa
Escudos na parede, versos na boca

O colectivo da Insumisa reivindicou este venres con poemas e música o espírito asociacionista e libertario da Coruña. Un acto pacífico en protesta polo peche forzado e violento do seu Centro Social na avenida do Metrosideiro.

Activismo
Activismo Activistas bloquean unha planta de Altri en Portugal e avisan de que frearán a súa expansión en Galiza
O grupo atrancou con cadeas e soldadura as entradas da planta de Celbi en Leirosa, na maior acción directa ata o momento contra a expansión da multinacional papeleira en territorio galego: “O povo é quem para Altri”.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Branda
21/6/2018 14:01

É imprescindible que desde O Salto cubrades a notícia. Os outros médios supostamente alternativos non o teñen feito, quizais avergoñados por como os erros político-institucionais poden acabar levando a prisión a unha persoa de forma inxusta.
Non só é un caso gravísimo de criminalización da protesta social. É o primeiro activista encarcerado por motivos estritamente políticos nos últimos vinte anos.

3
0
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.