Investigación
Investigar fóra da Universidade, unha tarefa imposíbel

Exalumnos e mestres sinalan a necesidade de emprender reformas para incentivar e apoiar a investigación noutros contextos, ademais do universitario.
11 ene 2023 10:20

A miúdo as políticas públicas avogan pola necesidade de hibridar educación superior e empresa privada. Porén, non é sinxelo publicar e investigar arredados da Universidade. Moitos estudantes comezan este ano 2023 no paro, logo de rematar os seus graos, mestrados e doutorados en liñas de investigación que poderían chegar a dar resultados interesantes. «Unha vez rematas a tese, o normal, é que vaias ao paro. Depende da rama de coñecemento pero adoitase estar desempregado, mínimo, un ano. É o premio que recibes por rematar e presentar a túa tese docutoral» sinala o investigador Moisés Rodríguez Escobar, vicepresidente da Federación de Jóvenes Investigadores / Precarios, que nacía en 2000 para agrupar as demandas de máis de dez asociacións locais.

No Estado español, as alternativas para continuar pola vía da investigación son escasas. «Coñezo xente que comezou doutoramentos e deixounos, ou que traballa á vez que intenta facer investigación. Os primeiros, os que abandonan, fano porque a carreira da investigación é dura e precaria. Non se obtén un beneficio económico directo e as ‘vantaxes’ chegan a moi longo prazo. Por exemplo, na área de Economía a xente boa opta polas big four de auditoría (KPMG; Deloitte; PWC; EY); pola banca; en Galicia ademais temos Inditex... Nestas empresas, dende o primeiro momento tes un salario e unha carreira profesional que ano a ano mellora en categoría e remuneración», conta unha doutora en Economía Aplicada e Estratexia Empresarial, pola Universidade da Coruña, con Premio Extraordinario.

“Estamos nun drama absoluto no Estado español cando a carreira dos seus investigadores depende de que Europa mande ou non mande diñeiro”

Os segundos, «aqueles que traballan e tentan facer investigación, adoitan ser profesionais que levan anos no mundo laboral, aos que lles xorde a inquedanza pola pesquisa científica e que precisan aínda máis tempo e esforzo para adaptarse e coñecer o que se investiga na área», comenta a fonte, que prefire manterse no anonimato precisamente polo pechado deste entorno Universidade-Grupos de investigación. «Aquí, pode ocorrer que as empresas non queiran que os seus empregados investiguen, por medo a que compartan datos da mesma, ou que pensen que isto lles resta tempo de traballo efectivo. Ao cabo, a meirande parte sacrifica tempo persoal e de ocio para un beneficio puramente intelectual», engade.

A investigación no Estado español

A investigación científica enténdese como o conxunto de procesos sistemáticos e empíricos que se aplican no estudo e seguimento de fenómenos cambiantes, para entender como e porque se producen. «É máis común que se continúen as investigacións cando se trata de doutorados, ben porque nos primeiros anos aínda se publiquen artigos relacionados; ben porque sexan plataformas para acadar un traballo profesionalizado». Este sería o caso máis desexábel, puntualiza a doutora Viviana Fernández Marcial, profesora asociada na Universidade de Coruña.

Mais dende que se remata a tese ata que o investigador se estabiliza, adoitan pasar dez anos. «Isto sitúa a estabilización do investigador nos corenta anos, con todo o que iso significa de sacrificio na vida persoal e familiar do individuo» explica Moisés Rodríguez, vicepresidente de FJI/Precarios.

«Hoxe hai una marxe importante de actuación para integrar na investigación e na publicación científica aos profesionais da empresa privada, a través dos proxectos de investigación. Sobre todo no contexto europeo, primeiro co programa Horizonte 2020 e agora co programa Horizonte Europa, a Unión Europea fomenta especialmente a actividade investigadora en forma de redes e consorcios. Así, sexa no ámbito das Ciencias Sociais e Humanas ou STEAM (do inglés: science, technology, engineering, arts, mathematics), búscase desenvolver proxectos onde haxa participación do sector privado —véxase fundacións, empresas con participación público-privada, axencias, empresa privada, etcétera— facilitando o binomio Universidade-Empresa», indica a doutora Viviana Fernández Marcial.

As pexas da investigación 2

Para Moisés, estamos nun «drama absoluto en España» cando a carreira dos seus investigadores depende de que «Europa mande ou non mande diñeiro». «É certo que na rama biosanitaria si hai posibilidade de hibridar con certa facilidade a faceta investigadora coa laboral, pero en Humanidades ou Ciencias Sociais, esta oportunidade non existe». Non obstante, dende a Federación son optimistas en canto á posibilidade de converxer Universidades e Empresas, en tanto que se están a crear departamentos I+D+i nas segundas, onde terían cabida os perfís de investigación. «É unha saída cara a que debemos camiñar», di Moisés, porque a Universidade non ten capacidade para absorber a todos os alumnos que se interesan pola vía da investigación.

Investigar fóra da universidade

O Estado español xera o 3% da produción científica mundial. No entanto, a investigación aquí atopa dificultades para transcender as primeiras fases dos proxectos, de cara á transferencia de resultados en forma de spin-offs e/ou patentes.

A cultura universitaria é moi diferente á cultura empresarial. Mentres a última persigue a mellora para obter dela un rédito económico, a Universidade persigue a mellora para dala a coñecer. «Hai moita investigación que queda ás marxes. Unha colaboración sólida público-privada permitiría aproveitar moito máis ese saber combinado que outorga, ao profesional a capacidade de expoñer o que sabe, e ao académico a de pór na práctica aquilo que estuda», sintetiza a experta económica. Se ben polo de agora a forma de levar a cabo unha investigación de forma minimamente sistemática e reflexiva, con capacidade para publicar e xerar produción de calidade, é vinculado a la Universidade. Así o entenden os investigadores consultados.

Un coñecemento que se perde

O doutor en Historia, Moisés Rodríguez Escobar, pregúntase onde está a vacina española contra a COVID-19. «As investigacións inician para acadar resultados —positivos ou negativos—. USA non é exemplo de case nada pero, por que puido responder de forma rápida e continuada ante a crise sanitaria, e España non? Porque para poder dar esa cobertura precísanse estruturas básicas —tecido científico e financeiro— en investigación, consolidadas; e España non as ten. Viuse na pandemia. Un investigador precisa saber que, se a súa investigación demora 20 anos, vaina ter pagada porque senón o que vai tentar e buscar algo que lle dea rédito económico para poder vivir. E se a cura contra o Alzheimer está en España, nas mans dalgún investigador que está agora mesmo preenxendo papeis para solicitar traballo ou financiación?».

Iniciar aos alumnos na investigación, en ciclos de educación obrigatoria; impartir materias troncais en técnicas de investigación para todo tipo de estudos superiores; fomentar a investigación, tanto na Universidade como na Formación Profesional; acompañar ao estudante que se incorpora ao mundo laboral e quere seguir investigando e publicando; elaborar plans de fomento da investigación no seo da empresa privada; e un número dado de licencias que lle permitan aos egresados entrar nas bases de datos da Universidade que os formou, son algunhas das propostas que se poderían levar a cabo para facilitar e incentivar a xeración de novo coñecemento fóra do ámbito académico-institucional.

España xera o 3% da produción científica mundial. No entanto, a investigación aquí atopa dificultades para transcender as primeiras fases dos proxectos.

Dende a FJI/Precarios expuxeron, ante a Conferencia de Rectores de Universidades Españolas, a necesidade de crear, así mesmo, un repositorio de estatal no que se penduren todas as convocatorias de Persoal Docente Investigador que se publiquen dende Universidades públicas españolas. Reducindo así a opacidade existente nesta outra saída profesional: «para que todos os candidatos que teñan a formación requirida e interese na praza, poidan presentarse». Hoxe, aclara Moisés, non podes buscar na Internet “praza de profesor axudante doutor na Universidade de X” porque as convocatorias aparecen codificadas. «Son documentos públicos, si, pero se non sabes que tal Universidade vaia  convocar unha praza de X é moi difícil que chegues a tempo de poder presentarte».

«Eu fun Premio Extraordinario de Doutorado e creo que a Universidade está para formar capital humano. Esa inversión ten rendemento sempre e cando a persoa o aproveite, e o faga no territorio», sentenza a fonte anónima, nunha frase que resume o desencanto dun talento mozo que se dilúe nos corsés da rutina e da incapacidade de xerar e acompañar un tecido produtivo que aposte decididamente pola investigación e a innovación no sector empresarial.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Galicia
Galicia Cientos de personas descienden el río Ulla en una protesta histórica contra la celulosa Altri y la mina Touro
El río potencialmente más afectado por ambos proyectos se convirtió este domingo en una ruta de protesta y concienciación ambiental gracias al descenso de decenas de embarcaciones lideradas por activistas de todo el país.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda a profesores LGTBQ+ o críticos con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.

Últimas

Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.
Más noticias
Opinión
Opinión Covid-19, año uno: balance de una pesadilla autoritaria y de una gestión fracasada
VV.AA.
El autoritarismo con que se ha afrontado la epidemia actual no tiene una justificación sanitaria y la historia nos muestra que en nombre del derecho de emergencia se han dado graves abusos de poder y de restricciones de derechos.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.
LGTBIAQ+
Extrema derecha “Todo por ser un hombre trans”: la pesadilla de un estudiante transgénero que quería estudiar en Berkeley
Este estudiante chocó contra las políticas tránsfobas de Donald Trump. Pese a los repetidos intentos, no pudo llegar a disfrutar de una beca en la prestigiosa Universidad de Berkeley que ya había sido concedida.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.