Laboral
A Policía reprime con violencia a protesta dos bombeiros comarcais en Ourense

Máis de 200 bombeiros dos parques comarcais galegos, quen están en folga desde o 15 de xuño en busca de melloras nas súas condicións laborais, levaron a cabo unha mobilización o día de hoxe fronte á Deputación Provincial de Ourense.
Policías contra bomberos
A Policía Nacional reprime a protesta deste luns en Ourense por parte dos bombeiros comarcais. | Foto: FAC-USO
23 oct 2023 15:55

A Policía Nacional vén de reprimir con violencia este luns a máis de 200 bombeiros dos parques comarcais galegos, que están en folga desde o 15 de xuño en busca de melloras nas súas condicións laborais, cando levaban a cabo unha mobilización fronte á Deputación Provincial de Ourense, como parte do seu calendario de protestas anunciado a semana pasada.

Precariedad laboral
Precariedade laboral A folga autonómica de bombeiros pon de manifesto a precariedade estrutural dun servizo público esencial
O rexeitamento dos bombeiros dos parques comarcais a facer horas extras voluntarias está obrigando a pechar instalacións. O 13 de xullo hai manifestación en Compostela para reclamar unha dignificación das condicións laborais.

As manifestacións comezaron o venres pasado fronte á entidade provincial de Pontevedra, e hoxe foi a quenda da provincia de Ourense. Nese lugar, os bombeiros congregáronse no Pazo Provincial, expresando o seu descontento con berros de pedindo dimisións, guindando pintura á fachada do edificio e queimando neumáticos. 

Máis de 200 profesionais fronte á sede institucional, onde se atopaban presentes varios axentes antidisturbios, o que acabou desembocando nun novo episodio de violencia policial. Ata tal punto que un dos bombeiros resultou ferido no nariz durante un enfrontamento, sufrindo unha rotura do tabique nasal, segundo os propios sindicatos. Polo menos, outros dous bombeiros teñen danos en mans.  

O Comité de Folga, encabezado por Anxo Moldes da CIG, foi recibido na institución provincial ourensá polo presidente, Luís Menor, herdeiro do clan Baltar. Entre as súas demandas inclúense a creación dun convenio colectivo a nivel autonómico que sexa uniforme para todas as provincias de acordo á súa profesión, unha maior dotación de equipos técnicos e recursos humanos, e a estabilidade no emprego seguindo a doutrina establecida polo Tribunal Supremo en xaneiro de 2022. Os sindicatos recoñecen a esta redacción que dende hai un mes non reciben resposta das administracións para continuar a negociación, denuncian que “non hai vontade e que non hai seriedade”.

O calendario de futuras mobilizacións contempla unha protesta o 27 de outubro fronte á Deputación da Coruña e outra o 31 deste mes ante a Deputación de Lugo. Ademais, está prevista unha manifestación en Santiago de Compostela o 17 de novembro.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.