Laboral
Un xulgado condena en Vigo ao traballador dunha libraría por reclamar o que lle deben

A sentenza actual obrígao a indemnizar con 760 euros a Librouro e 400 en concepto de multa. Acúsano de supostos delitos leves de coaccións e de orixinar perdas económicas por manifestarse diante da porta da empresa mentres esixía os cartos que non lle pagaron.

jose iglesias porta librouro
José Iglesias, o traballador condenado por manifestarse diante da libraría Librouro por impagos desta. Cecilia Vázquez

Uns 1.800 euros acumulados en tres pagas extras entre o 2016 e 2017. Iso é o que lle debe a libraría Librouro a José Iglesias, sen ningún tipo de explicación previa. Desde o mes de abril de 2019, o traballador manifestouse fronte a empresa cun cartel onde a acusaba de non pagar aos traballadores. En maio dese mesmo ano, a Confederación General del Trabajo (CGT), apoiou as súas mobilizacións.

Tras isto, Xurxo Patiño, o xerente de Librouro, localizada no centro de Vigo, denunciou a Iglesias por coaccións e esixiu unha indemnización de 12.000 euros en concepto de supostas perdas en ventas orixinadas polas súas mobilizacións. O Xulgado de Instrucción nº2 de Vigo condenou a José Iglesias por delitos leves de coaccións e co pago de 760 euros a Librouro por indemnizacións e 400 en concepto de multa. 

En caso de non aboar as cantidades impostas pola multa, “quedará suxeito a un réxime subsidiario dun día de privación de liberdade por cada dúas cuotas de multa non pagadas”, indica o documento ao que tivo acceso O Salto. É dicir, de non pagala, entraría á cadea ou en arresto domiciliario.

Segundo José Iglesias, estas protestas sempre foron pacíficas. “Alegan que non deixábamos entrar á xente á libraría cando é mentira. Situábamonos entre 5 e 10 metros do local”, e engade que “eles chamaban á policía, estes viñan, identificábannos e nós sempre fixemos caso ás súas recomendacións”. De feito, o traballador censura que “foron os de Librouro quen nos insultaron, tanto na rúa coma por redes sociais”.

As mobilizacións foron motivadas  tras “presións laborais e humillacións a unha empregada”, segundo José Iglesias

De todos modos, estas mobilizacións foron motivadas tamén por motivos de solidariedade laboral. “Trátase dunha empresa familiar, había outra empregada á que machacaron laboralmente; presionándoa e humillándoa mentres traballaba para contratar á filla da xerente no seu posto”, explica Iglesias. Tras isto, “conseguiron que a antiga traballadora marchase cunha baixa voluntaria ao borde dunha depresión, sen paro nin indemnizacións”. “A partires do acontecido, eu seguía esperando polos cartos que se me prometeran e non se me pagaran, decidín comezar a loitar polo meu”, afirma.

Pola súa banda, a ex—traballadora de Librouro (quen prefire manter o seu anonimato), relata que “levaba 20 anos traballando la libraría, querían que me fose, pero voluntariamente”. “Fixérono con presións, coma cuestionar o meu traballo todo o tempo ou mostrar desconfianza conmigo, sempre cunhas formas que non eran as correctas” e puntúa que “estaba nun momento malo da miña vida e preferín pasar do tema”.

Respecto ás protestas na rúa levadas por José Iglesias, a antiga empregada da libraría defende que “as apoio, el está no seu libre dereito de manifestarse”, e confesa que “botando a vista atrás eu tamén podería ter loitado polos meus dereitos, pero animicamente non tiña forzas, agora xa pasei páxina e teño outro traballo”. 

josé librouro vertical

Este caso trátase dunha empresa familiar, polo que José clarifica que “levo case 30 anos traballando alí, podía chegar a entender certos retrasos nos pagos se as cousas non ían ben economicamente”. Segundo indican José Iglesias e a propia CGT o propio xerente de Librouro acabou recoñecendo no xuízo que non lle pagara ditas pagas extras, pero estas prescriben ao ano. Mais, “grazas ás mobilizacións, si que me pagou as correspondentes de 2018 e 2019, pero non as de 2016 e 2017”, asegura Iglesias.

Antes de facer a mobilizacións, “aviseinos e pedinlles os cartos, que rexeitaron pagar”. Tras as mesmas, Iglesias asegura que un asociado da empresa chegou a ofrecerlle 15.000 euros por deixar o traballo e as protestas, pero “nese caso, polos case 30 anos traballados corresponderíanme case 50.000 euros en indemnización”.

En canto a presións ou discriminacións por parte da empresa, José Iglesias é o único traballador dun plantel de 8 persoas que continúa en proceso de ERTE, “nun momento do ano onde comeza a aumentar moitísimo a carga de traballo”, defende. Ademais, critica que durante o tempo das mobilizacións retiráronlle do seu posto “pertenzas persoais coma fotos coa miña filla ou regalos seus”.

Pola parte de Librouro, O Salto achegouse á libraría a preguntar polo caso. O seu xerente, Xurxo Patiño, limitouse a entregarnos unha copia da sentenza —por recomendacións da súa avogada— e non dar máis declaracións que a cualificación da situación coma un “cruce de cables dun traballador que nunca dera problemas”. Patiño tamén asegura que pola súa parte non vai a recorrer a sentenza.

UN “ATENTADO XUDICIAL” AOS DEREITOS DOS TRABALLADORES

Desde a CGT, cualifican a sentenza xudicial coma “única e moi estrana”, xa que “polas medidas tomadas por mor da COVID—19 os testigos non declararon e debe haber unha aclaración da mesma”, indica Daniel Reina, o secretario de Comunicación da CGT en Vigo e engade que “vendo a sentenza parece que o traballador usa á CGT contra a libraría dun xeito que cualifican coma “conscente e deliberado”, cando fumos nós quen o asesoramos a el”.

“Non é tanto polos cartos, se eu non loito e demostro esta inxustiza, moitos outros traballadores poden verse tamén afectados”, argumenta Iglesias

De cumprirse unha sentenza deste tipo, “outras moitas empresas poderían aproveitarse aproveitarse e violar dereitos fundamentais para os traballadores, coma a liberdade sindical ou a liberdade de expresión e de libre organización”, indica o mesmo sindicalista. Ademais, “estamos pasando de que a empresa lle deba cartos a que el llos deba a ela por exercer o seu dereito á manifestación”, censura.

Desde a CGT e o propio José Iglesias aseguran que recorrerán a sentenza á Audiencia Provincial de Pontevedra e que loitarán ata o final. “Non é tanto polos cartos, se eu non loito e demostro esta inxustiza, moitos outros traballadores poden verse tamén afectados”, argumenta Iglesias. O sindicalista da CGT demanda que “a sentenza debe abolirse totalmente”.

sindicato CGT librouro
José Iglesias xunto aos membros da CGT durante un momento da entrevista. Cecilia Vázquez
Trata
Trata e impunidade policial no caso Carioca
A Fiscalía impide, na liña doutras pezas, que oito dos dez axentes da Policía Nacional e funcionarios de Estranxeiría investigados sexan xulgados.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cádiz
Derechos laborales La lucha sigue: miles de trabajadores del metal en Cádiz se niegan al preacuerdo de UGT y continúan la huelga
Los trabajadores se niegan a aceptar el preacuerdo firmado entre la UGT y la patronal que el resto de agrupaciones sindicales consideran que podría desembocar en “el peor convenio” de la historia del metal
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Los bomberos forestales, sin soluciones, plantean una huelga en temporada alta de incendios
El conflicto laboral se está enquistando y los trabajadores valoran aumentar la presión ante la falta de respuestas por parte de la empresa y de la Comunidad de Madrid
Cádiz
Derechos laborales Más de 25.000 trabajadores se unen a la huelga del metal de Cádiz en su primera jornada
Los sindicatos apuntan que el 95% de los trabajadores del sector se han unido a la huelga para denunciar la situación laboral y los abusos laborales de compañías como Airbus, Navantia o Dragados Offshore.
#67056
9/8/2020 10:36

Vaya panda de mafiosos los de la librería librouro

0
1
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.