Apagón na liberdade de prensa galega

Cuac FM vese na obriga de apagar a súa emisión no 103.4 logo de 21 anos de radio libre e comunitaria na Coruña. Enfróntase a unha sanción que vai dos 100.000 aos 200.000 euros

cuac FM
CUAC FM A Xunta reclama unha licenza que non outorgou en 21 anos de vida da radio comunitaria.
A Coruña
29 sep 2017 14:30

Xa pasaron 21 anos desde que o Colectivo de Universitarios Activos solicitase á Xunta de Galicia a reserva de espazo no espectro radioeléctrico para emitir e a licenza para prestar un servizo de comunicación comunitario sen ánimo de lucro. 21 anos "reivindicando e traballando a nivel galego, estatal e europeo, pola defensa do exercicio ao dereito fundamental á liberdade de expresión e de información".

No entanto, a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual de 2010, na disposición decimocuarta, recoñece aos medios comunitarios coma un dereito da cidadanía e establece a concesión de licenzas aos medios que desenvolven esta actividade con anterioridade ao ano 2009.

O pasado 21 de setembro a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia notificou a sanción a Cuac FM "por emitir sen a correspondente licencia". No seu comunicado, a Asemblea Xeral de socios e socias do Colectivo de Universitarios Activos sinalan que o 28 de setembro de 2017 decidiron cesar as súas emisións en frecuencia modulada (FM) ata que se resolva a situación, mais mantendo a súa actividade en Internet, tanto en streaming coma en podcasting.

Hoxe é Cuac FM, mañá poderá ser calquera outro espazo de comunicación social

Estas licenzas nunca foron outorgadas pola Xunta, nin despois do requerimento en 2012 da Oficina do Valedor do Pobo. Cuac FM, O Salto Galiza e todos os medios que traballamos por unha comunicación libre e non intermediada por grandes empresas lembramos que o espazo radioeléctrico é un ben de dominio público xestionado pola administración para o beneficio de toda a cidadanía. 

Facendo un chamado a todos os axentes sociais, colectivos, asociacións e persoas individuais para que axuden a defender o dereito a unha comunicación libre, democrática e plural, desde a radio decana da Coruña lembran que "hoxe é Cuac FM, mañá poderá ser calquera outro espazo de comunicación social".

A Xunta de Galicia apaga a radio libre comunitaria logo de 21 anos de asoballamento e omisións. En 21 anos fanse moitas amizades. Seguiremos loitando. 

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...