Literatura
“Seguimos padecendo os estigmas que sufriron as mulleres acusadas de ser bruxas”

Falamos con Laura Rodríguez sobre a tradución de Bruxas, sobre os estereotipos da muller e sobre a edición de textos feministas no noso país.
Laura Rodríguez Herrera, directora Hércules de Ediciones
Arquivo Hércules de Ediciones
19 mar 2021 08:43

O movemento feminista leva reivindicando a imaxe das bruxas desde os anos sesenta, entre outras cousas, porque representa os límites da persecución e da represión que temos sufrido as mulleres ao longo da historia. A pesar de que a cacería de bruxas en Occidente rematou hai xa algúns séculos, os procesos de opresión e estigmatización seguen vixentes até os nosos días.

O ensaio de Mona Chollet, Bruxas, a forza invencible das mulleres, explora os estereotipos nas representacións das mulleres e analiza as repercusións deses procesos na nosa vida.

É grazas a Hércules de Ediciones que Bruxas chega á lingua galega como parte da súa Colección Púrpura:  un proxecto sen precedentes no mundo editorial galego que busca achegarnos ao pensamento feminista de mulleres contemporáneas de arredor do mundo.

Falamos con Laura Rodríguez Herrera, directora da editorial e editora de Bruxas sobre esta nova tradución e sobre a edición de textos feministas no noso país.

Que supón para Hércules de Ediciones a Colección Púrpura?
Ao sermos unha empresa editorial independente, é dicir, que non pertencemos a ningún gran grupo editorial, somos moi libres de escoller o que queremos facer. Neste caso, esta colección é un reflexo do que a min me gusta ler e do que a min me gusta editar. Dalgún xeito estou recompilando libros que lin nas súas linguas orixinais, que me gustaron, e considerei que era crucial traducilos ao galego, a nosa lingua. Por iso é una colección que me dá especial ilusión, non só a nivel editorial, senón tamén a nivel persoal.

Que espazo ten esta colección de textos feministas no mundo editorial galego?
Eu penso que nun sistema literario dun país como Galicia, ademais de ter as obras das creadoras e creadores que escriben orixinalmente en galego, tamén é importante que se conte con traducións de obras importantes doutras linguas e doutras culturas. Neste caso, o que traemos ao galego son libros totalmente actuais, que teñen dereitos de autoría vixentes, que se publicaron nos últimos anos e que ademais, son escritos por autoras de diferentes países.

“Na literatura hai un reflexo do rexurdimento da loita feminista dos últimos anos”

De feito, cando estaba a concibir esta colección de textos feministas, unha das opcións que tiña era traballar con autoras de aquí, de Galicia, pero esas coleccións xa existían. Ese tipo de libros xa se estaban publicando, entón para min non tiña sentido facer algo que xa estaba feito. E, por outra banda, había traducións de textos de mulleres doutras linguas ao galego, mais trátase sobre todo de autoras clásicas como Jane Austen ou Virginia Woolf: escritoras das que xa non están vixentes os seus dereitos de autoría; non eran traducións de autoras que estiveran escribindo sobre o que pasa hoxe en día. Entón deime conta de que alí había un oco e decidín enchelo.

Na túa perspectiva, cal é o estado ou a presenza da edición dos estudos feministas no sistema editorial galego?
Penso que nos últimos anos está a mellorar moitísimo a cantidade e calidade do que se publica en Galicia sobre feminismo. Non deixa de ser o resultado dunha tendencia que se está a vivir en todo o mundo. Nos últimos anos houbo un rexurdimento da loita feminista e loxicamente na literatura hai un reflexo desta inquietude social que existe. Hoxe en día hai creadoras aquí en Galicia que están a escribir sobre estes temas e editoriais que están apostando por publicalos. Podo dicir que as editoriais galegas somos de primeiro nivel, non estamos nunha segunda división con respecto a outras linguas ou outras culturas.

“É importante non limitarse a ler o que xa sei ou a aqueles textos cos que estou de acordo, senón achegarmos a algo que nos enriqueza.”

Ademais do incremento da edición, percibes que tamén medrou a demanda destes textos?
Si. Ao final, penso que os libros non deixan de ser unha forma de aprender. Nós fixemos esta colección feminista porque consideramos que é importante reflexionar sobre estas cuestións que tamén van evolucionando co tempo. Son libros que axudan a pensar e a valorar se ao mellor a idea que tiñamos sobre determinados temas é correcta ou se é herdada da educación que recibimos. Penso que neste momento existe realmente a inquietude de cuestionar as cousas que asumimos como normais. Sempre o digo: podes compartir ao cento por cento as ideas da autora ou só o vinte por cento... o importante é que te axude a ver aló do que normalmente ves e a entender outras formas de pensar, outros puntos de vista para que, a partir de alí, poidas decidir facer a túa propia opinión. É importante non limitarse a ler o que xa sei ou a aqueles textos cos que estou de acordo, senón achegarmos a algo que nos enriqueza.

Gústame moito ver as rapazas novas que se achegan a estes libros. Nas feiras de libro da Coruña, por exemplo, que é cando podo interactuar directamente coas lectoras, faime ilusión cando unha rapaza decide mercar un libro da Colección Púrpura. Tamén hai nais que os mercan como agasallo para as súas fillas. Ver ese tipo de complicidade entre nais e fillas encántame, é moi agradecido.

“Coa Colección Púrpura quero chegar a outras linguas, incluso a linguas minorizadas ou a linguas con menos lectoras”

Que papel manteñen as mulleres no mercado editorial galego?
Eu penso que o mesmo que no nivel máis global. Non creo que haxa moita diferenza entre o mercado galego e outro tipo de mercados. A muller esta moi presente no mundo editorial, pero non hai tantas mulleres en posicións directivas ou en postos de responsabilidade. Non deixa de ser o tópico: estamos moi presentes no mundo laboral e mesmo en moitas empresas somos maioría, mais, cando vas subindo na escala de responsabilidades, hai menos mulleres. Esta tendencia está a mudar, pero aínda queda moito por facer.

Pasando a Bruxas, por que decidiches editalo? Que che chamou a atención do ensaio?
Os primeiros libros da colección foron libros escritos orixinalmente en inglés. É verdade que foron escritos por autoras totalmente diferentes porque o primeiro é Mulleres e poder da inglesa Mary Beard e o segundo foi Os homes explícanme cousas, da norteamericana Rebecca Solnit. Mais eu quería facer algo noutra lingua para que a colección non se vise como unha compilación de traducións de libros en inglés porque é a lingua preponderante. Coa Colección Púrpura quero chegar a outras linguas, mesmo a linguas minorizadas ou a linguas con menos lectoras. Ese será o meu seguinte paso: buscar noutras culturas.

“Chollet fai unha defensa desas bruxas de hoxe en día, desas mulleres que viven un pouco fóra da norma que dita como ten que ser unha muller.”

Alén disto e aínda que non é un libro de historia nin a autora Mona Chollet é historiadora, decidinme por Bruxas porque pareceume moi interesante na medida que aprendes sobre o fenómeno da caza de bruxas entre os séculos XV e XVII. Pero o que me chamou máis a atención foi o paralelismo que fai a autora entre esas bruxas deses séculos e as “bruxas” da actualidade. Como os estigmas e prexuízos que sufriron antigamente esas mulleres seguimos sufríndoos hoxe —evidentemente noutro nivel— as mulleres que somos un pouco distintas, as que non somos fáciles de controlar, as que non respondemos aos roles da muller tradicional...  Todo isto víase coma unha ameaza, coma un problema, e Bruxas expón como sigue a pasar o mesmo na actualidade.

Chollet fala no libro de tres tipos de mulleres. Que condicións son as que perpetúan estes estereotipos. Hai que rachalos ou reivindicalos?
Para empezar, “bruxa” é unha palabra moi poderosa que pode espertar reaccións moi diversas. É unha palabra cargada de significado. Penso que o que fai a autora é unha defensa desas bruxas de hoxe en día, desas mulleres que viven un pouco fóra da norma que dita como ten que ser unha muller.

A autora reflexiona sobre as mulleres que están soas, que non casan, que viven unha vida independente e que non teñen que dar contas a ninguén, a ningún home. Despois, tamén fala das as mulleres maiores, porque cando a muller vai cumprindo anos, impóñenlle un dobre estigma: o da muller e o da vellez.  Xa no seu momento foron especialmente perseguidas as mulleres maiores porque eran as que tiñan a sabedoría e ademais, claro, xa non tiñan o atractivo físico nin a capacidade de procrear, que moitas veces era o único que se valoraba dunha muller. Á muller maior, de feito, é a que máis identificamos como unha bruxa: o pelo branco, por exemplo, forma parte da representación tradicional dunha bruxa.

"O importante é darse conta das representacións e estigmas sobre a muller na industria cultural”

Mona Chollet tamén fala da muller sen fillos, quen aínda no noso presente ten que dar explicacións de por que non quere ser nai.  Podemos pensar que hoxe xa é unha cuestión asumida, que se comprende que é unha elección libre pero non é así: estas mulleres a miúdo teñen que escoitar preguntas sobre cando pensan ter fillos e parecese que todo o mundo ten dereito a opinar sobre a súa decisión. Semella unha anécdota pero non deixa de ser un reflexo do que queda das ideas do pasado.

Eu si penso que hai que reivindicar a esas mulleres, pois non hai unha única forma de ser muller, hai moitas. É importante valorar e defender a liberdade de vivir a nosa vida como queiramos.

O libro dá conta do xeito en que a tradición literaria usou a figura da bruxa até hoxe. Como afectan este estereotipos a vida das mulleres na actualidade?
Unha das partes fundamentais do libro é a análises que Chollet fai da representación da muller na cultura de masas. Ao ler Bruxas aprendes a ver con outros ollos as películas, contos ou novelas que tes lido e que no seu momento non lles prestaches máis atención. Para min, o importante é darse conta desas representacións e estigmas sobre a muller. Despois, decidir que se fai con ese contido, se ten sentido mantelo ou se habería que censuralo, xa é unha cuestión moito máis difícil e precisaríase analizar cada caso porque cos ollos do século XXI é moi fácil sinalar cousas que nos anos 80 ao mellor non se vían e moito menos se cuestionaban. Nese sentido, é interesante ver como a sociedade vai mudando. Todo é unha evolución, un proceso e precisamente libros coma este nos axudan a entender, a modificar o noso pensamento e a cuestionarnos moitas cousas que asumimos como verdades incontestables e que non o son e que lles pode dar a volta.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Oriente Medio
Oriente Medio ‘Aliadas’, un libro para imaginar otra Shatila y recordar Palestina
Hablamos del libro, el deporte, la vida en Shatila y el genocidio en Gaza con la autora, Txell Feixas, junto a Majdi y Razan, padre e hija que protagonizan esta historia de rebeldía y amor por la vida en el campo de personas refugiadas del Líbano.
Economía social y solidaria
Cooperativismo Economías tejidas por mujeres: feminismo y cooperativismo en Madrid, una genealogía por contar
La Economía Social y Solidaria feminista no ofrece fórmulas mágicas, pero sí un horizonte: uno donde lo productivo y lo reproductivo, lo económico y lo afectivo, dejen de estar enfrentados.
Galicia
Investigación Varios refugiados denuncian a la ONG Rescate Internacional por explotación laboral y agresión sexual
La Guardia Civil investiga al centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran trabajar sin contrato a cambio de 50 euros semanales. La ONG gestiona 1.700 plazas del programa estatal de acogida.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Violencia machista
Violencia institucional Un observatorio registra en un año más de un centenar de casos de violencia institucional contra las mujeres
El Observatorio de Violencias Institucionales Machistas, creado hace un año, recoge 117 casos de violencia institucional contra las mujeres, la mitad de ellos cometidos por el sistema judicial.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Más noticias
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal
Madrid
Madrid El grito de ‘Altri Non!’ llega al Congreso de los Diputados
La Plataforma Ulloa Viva y organizaciones ecologistas exigen directamente al Gobierno español que rechace subvencionar el proyecto de la macrofábrica de celulosa y que respete la voluntad del pueblo gallego.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.