Literatura
María Ángeles Iglesias: “Calquera muller que fale de maneira aberta e real sobre si mesma está rachando coa norma”

'Crónica dunha heterosexual insatisfeita' (Urutau) é o libro da obra teatral homónima -que se estreou despois da primeira vaga da Covid- da dramaturga María Ángeles Iglesias. Un volumeque fala sobre unha muller común que se pregunta quen é, e quen quere ser.
María Ángeles Iglesias Libro Urutau
Foto: María Ángeles Iglesias
23 dic 2021 09:10

Crónicas dunha heterosexual insatisfeita foi orixinariamente pensada para ser unha obra de teatro e, de feito, así foi. Por que tamén un libro?
Eu tiña moitas ganas de materializar nun soporte físico e concreto todo o resultado da obra posta en escena. Tamén porque estabamos atravesadas pola pandemia, un momento no que nos decatamos de que a vida é algo moi efémero. E o teatro ten esa cualidade. O teatro necesita a presencia. É unha experiencia que supón unha vivencia conxunta. Entón ocorréuseme esta idea de plasmala nun obxecto no que aparezan todas as forzas que se aunaron para que a obra tivera forma. Refírome tanto ás cinco ilustradoras, Xoana Almar, Raquel Germade, Rebeca Cierto, Alejandra Lorenzo e Cristina G.Cao como á música a cargo de Tato López, e a todas as persoas que, dun xeito ou otro,se achegaron e foron parte do proceso. Porque eu considero que, tanto a ilustración como a música que conforman a obra, son dúas linguaxes fundamentais do resultado final. Non as entendo como un engadido, senon como esenciais para que teña sentido.

Unha obra mutidisciplinar...
Si. De feito no libro aparecen as ilustracións das artistas e un código QR para acceder á musica. Eu quería facer ver outra forma de traballar, unha forma máis horizontal e feminista na que cada quen puidese ensinar o seu traballo. O libro pareceume  o camiño máis axeitado para iso porque, ademais, a editora (Urutau) permitiume levar adiante o texto nas dúas linguas nas que eu falo: o galego e a miña lingua natural que é o castelán-arxentino. Iso, por outra banda, ten moito que ver coa dualidade constante que está presente na obra. Quen son, quen quero ser?

A obra de teatro depende do corpo, da túa presencia. Pero o libro dáche a oportunidade de dar a coñecer o teu traballo de escritura, de poder facer unha viaxe diferente. 

Cales pensas que son as diferencias máis importantes entre a obra no teatro e no libro?
Eu sinto que a publicación do libro é unha evolución persoal. Eu levo escritas moitas obras,pero o libro dáche a oportunidade de dar a coñecer o teu traballo de escritura,de poder facer unha viaxe diferente. A obra de teatro depende do corpo, da túa presencia. O libro viaxa por outros derroteiros. Iso paréceme marabilloso. O libro ten unha temporalidade que excede a unha mesma e que, quizáis, cae nas mans de alguén que pode pensar, incluso, na idea de representalo.

Crónicas dunha heterosexual insatisfeita ía ser representada xusto antes da pandemia. Como che afectou este acontecimiento a nivel persoal e como lle afectou á obra?
Eu creo que a pandemia fixo que moitas reflexionemos sobre ese carácter efémero da vida do que che falaba, sobre as tonterías nas que ás veces estamos immersos. Cando ocorre algo tan dramático como a pandemia, comezas a preguntarte que é o importante e que non o é. Por outra banda, tamén creo que é probable que para reflexionar sobre iso necesites un traballo previo persoal. Seguramente hai xente que saiu desta situación pensando en comprarse o Iphone 5, pero outras non. En canto á obra, Crónicas ía estrearse no mes de abril de 2020 e non puido ser. A protagonista pregúntase sobre o sentido da súa vida, e creo que isto tivo moito que ver co que nos tocou vivir. Moita xente pensou sobre o seu traballo ou sobre a súa parella, que son reflexións que teñen lugar na obra.

A protagonista é unha muller que se identifica como unha muller común que nun momento decide facer ese balance e abrirse a outra maneira de ver as cousas. Que foi o que te motivou a escribir esta personaxe?
Parecíame moi interesante que a protagonista fose unha muller que se animase a superar fronteiras, que quixera coñecerse máis alá do que se esperaba dela. E creo que tamén era unha oportunidade para falar de moitas cousas que nos atravesan ás persoas e, sobre todo, ás mulleres. Refírome á situación de insatisfacción na que moitas veces estamos metidas, xa sexa a nivel laboral ou persoal. Tamén me gustoua idea de xogar coas espectadoras e de xerar esa dúbida de quen fala, se é a personaxe ou a autora. En todo caso, a protagonista pode ser calquera muller. A min iso interesoume moito como proposta, porque se é normal que unha muller estea insatisfeita, a norma é a insatisfacción. E iso é para pensar.

A obra é unha chamada a experimentar, a seguir cometendo erros pero, sobre todo, é un recordatorio de que estamos vivos.

A situación persoal da protagonista sería entón unha cuestión cultural. Cres que é inevitable que, ao facer reflexións persoais, intrínsecamente esteamos a facer reflexións sociais?
Estou completamente dacordo. Como reza a máxima feminista “O persoal é político”. Vivimos nunha sociedade na que hai moitísima xente insatisfeita que non se cuestiona a súa situación, que non se fai preguntas sobre a súa vida.

En Crónicas póñense os praceres e os desexos no centro. Porque pensas que segue a ser tabú falar de quen quere ser unha, e de que lle gusta a unha?
Eu, como muller, pregúntome todo o tempo quen quero ser. E penso que moita xente non o fai por medo. Creo que é importante cuestionarse a relación que temos co noso propio corpo, ou facerse preguntas sobre o matrimonio ou a monogamia. Estas cuestións -o facerse preguntas- están normalizadas nos homes, pero cando unha muller se cuestiona  quen quere ser, a situación adquire outra connotación. Calquera muller que fale de maneira aberta e real sobre si mesma está rachando coa norma. Ademais penso que como persoas estamos pouco habituadas e habituados ao pracer. Vivimos máis centrados nas obrigas laborais, nas preocupacións e nas culpas que no disfrute. Nun momento da obra a protagonista recoñece que se vai apagando. Eu creo que iso é pola desconexión cos praceres derivada da hiperactividade e das obrigas nas rutinas. Creo que todas e todos nalgún momento nos automatizamos e perdemos a conexión con quen somos. O cansancio vital vese en moita xente. Na apatía, na falta de paixón polas cousas. E creo que a obra é unha chamada a experimentar, a seguir cometendo erros pero, sobre todo, é un recordatorio de que estamos vivos.

Ao igual que na obra, na que a protagonista fai unha paréntese para facer balance, a pandemia foi unha sorte de paréntese tamén. Cres que se ten reflexionado sobre o valor da cultura nesta fenda sanitaria que vivimos?
Eu agardo que si. Tamén é certo que moitas ideas vanse diluíndocando voltamos á situación de antes e nos esquecemos do que pasou. Eu tiven a sorte de poder estrear a obra despois  do primeiro confinamento, pero tiña medo porque pensaba “que quen ía vir?” Pois afortunadamente, coas medidas sanitarias garantidas, o teatro encheuse, e quédome con iso. Con que sempre necesitamos a cultura para darlle sentido ás nosas vidas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Racismo
Racismo Gitanas a Escena: “Nuestra Lisístrata Montoya lucha contra el racismo”
Coco Reyes (directora y actriz) y Susana Muñoz (actriz) invitan a acudir al Teatro Bellas Artes de Madrid a ver su apropiación del mito feminista de la Grecia clásica escenificado por ocho mujeres gitanas.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.