Literatura
Todas as guerras son iguais

Cunha prosa concisa e afiada, Agota Kristof mergúllanos nun mundo desamparado, no linde da humanidade. Un retrato vívido da guerra e o que esta fai de nós.
3 ene 2023 19:27

Hai certas experiencias que son o suficientemente crúas que só por si mesmas, sen ningunha intención estética de por medio, envorcállanos o corazón. A realidade basta. Só precisa unha man que a transcriba, que nola faga chegar. De alí as poderosas narracións da obra enteira de Svetlana Aleksiévich ou todas esas voces do periodismo literario que apareceron a partir do estalido da guerra en México, como Daniela Rea, Diana del Ángel ou Lydiette Carrión. A súa narrativa fai que nos preguntemos: que papel podería cumprir a ficción nestes escenarios?, como podería servir de ferramenta para a denuncia? Agota Kristoff resolve as dúbidas con mestría e, sen apartar as outras experiencias, logra facer un retrato vívido da guerra e o que fai de nós.

Agota Kristoff (1925- 2011) comeza a súa carreira literaria publicando poemas nun par de revistas húngaras. Con todo, aos 21 anos abandonou o seu país pola entrada do exército soviético en Budapest. Tras varios asentamentos en distintos países en calidade de refuxiados, Kristof e a súa familia ficaron en Suíza. Traballou durante cinco anos nunha fábrica de reloxos onde comezou a aprender francés. O Gran Caderno é a súa primeira obra literaria escrita en lingua francesa. A pesar de ser rexeitada por dúas editoriais, en canto foi publicada, a novela considerouse unha obra mestra e foi galardoada co Premio Libro Europeo e traducida a máis de vinte idiomas. O Gran Caderno é a primeira parte dunha triloxía. Foi traducida ao galego por Moisés Barcia e publicada baixo o selo Rinoceronte Editora.

A novela comeza cando os xemelgos Claus e Lucas chegan ao campo desde a cidade para refuxiarse da guerra na casa da súa avoa, a quen nunca viran antes. A partir de alí, as lectoras seguimos os breves episodios dos nenos no seu proceso de adaptación e descubrimento dun entorno que semella outro universo daquel do que proceden. A cidade e o mundo da cultura se desvanecen para dar paso a un entorno rural desmoralizado.

O cambio do contexto ao que se enfrontan os nenos –da cidade potencialmente en ruínas ao rural brutal- podería estar representado pola casa onde  chegan a vivir.  A casa está nunha zona fronteiriza, conta cunha horta e animais. Non hai nada nela que non cumpra unha función, que non sexa útil para a reprodución da vida; non hai espazo para o lecer. Chea de zonas restrinxidas, pechadas con chave pola avoa, os xemelgos interveñen o espazo, e constitúen lugares secretos coma unha forma de resistencia a abandonar certa orde de vida que os vencella con aquilo e aqueles ausentes.

“Debaixo da casa hai unha bodega chea de cousas para comer e, debaixo do tellado, un faiado ao que a Avoa xa non sobe dende que cortamos a escaleira cunha serra e se mancou ao caer. A entrada do faiado está xusto encima da porta do oficial, e nós subimos coa axuda dunha corda. É alí onde gardamos o caderno das redaccións, o dicionario do noso Pai e os demais obxectos que nos vemos obrigados a esconder.
Non tardamos en fabricar unha chave que abre todas as portas e en facer uns buracos no chan do faiado.”

Ao narrarse en primeira persoa do plural, lógrase salientar a complicidade que hai entre ambos. Non hai diferenza entre un e outro, non hai distinción de voces. Dá a sensación de que son unha soa persoa. Máis tarde saberemos que son os nenos mesmos que están a escribir o que estamos a ler, que forma parte dun exercicio, e que este tipo de exercicios intelectuais e físicos forman parte da súa cotiandade na procura de adaptarse ao seu novo ambiente. E é que Agota Kristof deixa claro desde o comezo que estamos ante dous nenos excepcionais, cunha intelixencia e cunha orde de valores que destacan no seu novo entorno.

Por exemplo, ao chegaren coa avoa, esta lles advirte que están obrigados a traballar en orde de poder comer e durmir dentro da casa. Nun principio resístense a obedecela. Comen verduras crúas da horta e dormen na intemperie. Con todo, pasan os días e miran a avoa traballar. Até que toman a decisión de comezar a axudarlle.

“Durante o xantar, a Avoa di:
–Xa o entendestes. O teito e a comida hai que gañalos.
Nós dicimos:
–Non é iso. O traballo é penoso, pero mirar a quen traballa sen facer nada é aínda máis penoso, sobre todo se se trata dun vello.
A Avoa ri, burlona:
–Fillos de cadela! Queredes dicir que vos dou pena?
–Non, Avoa. Só nos avergoñamos de nós mesmos.”

A orde de valores dos nenos destaca entre unha comunidade que semella perder toda a pegada de humanidade. O interesante da obra é que as situacións ás que se enfrontan nos desvelan o sistema moral dos nenos. Isto último se complexiza até o punto de semellar que son eles quen carecen de compaixón.

Por outra banda, o libro relátase como nun espazo temporal liminal. Mentres se len os capítulos, o tempo avanza, as estacións mudan, os xemelgos medran. Pero, ao mesmo tempo, percíbese que o mundo fica inmóbil. A guerra somete a humanidade nun estado de inmobilidade do que ninguén pode saír. Alóngase o tempo, estarricase indefinidamente.

Nese mesmo senso, Agota Kristof nunca determina a rexión en que se atopa a casa da avoa. Sabemos que está nunha zona fronteiriza, pero non sabemos con que país linda. Tampouco sabemos as linguas que falan, nin cal é a lingua estranxeira á que fan referencia. Claro: poderíamos mergullar na biografía da autora e sacar as nosas conclusións. Pero, no fondo, non importa. Paradoxicamente, a guerra entre nacións dilúe a identidade nacional. A miseria, o medo e a violencia rachan a identidade de calquera poboación.

A crúa representación da sociedade en O gran caderno lembra a obra literaria de Bertolt Brecht.  En ambos casos hai un retrato da miseria humana; de comunidades nihilistas que comezan a rexerse só polas necesidades básicas; dun mundo desvalorizado que non pode senón perpetuar a violencia. Así, conforme avanza o libro e os xemelgos relaciónanse coa poboación, a narración alcanza un carácter expresionista a tal grao, que semella que o texto muda de xénero á literatura de terror. 

Agota Krisfof ten unha prosa á altura de Herta Müller. Ambas escritoras describen o horror sen facer xuízos, déixanos a nós esa tarefa. Non adornan, preséntanos a realidade tal coma a perciben. Cunha prosa concisa e afiada, O Gran caderno adéntranos nun mundo desamparado, ao límite da humanidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galego
Manifestación Miles de persoas enchen Compostela cun berro único en defensa da lingua galega
A plataforma Queremos Galego conseguiu aglutinar voces diversas da Galiza social, política e cultural para “parar a emerxencia lingüística” que sofre a lingua propia e así esixir á Xunta “un cambio de actitude”.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.