Medio ambiente
18 anos do ‘Prestige’: o que os grandes medios e a Xustiza non investigaron

Os nomes do oligarca ruso Mikhail Fridman e dos seus socios seguen a ser os grandes descoñecidos que saíron indemnes dunha trama corrupta que derivou na maior catástrofe medioambiental no Estado español.

Voluntarios limpian chapapote en la costa gallega procedente del Prestige
Voluntarios limpan chapapote na costa galega procedente do Prestige. Stéphane M. Grueso
13 nov 2020 07:00

Mikhail Fridman. Queden con este nome. Era o fretador do ‘Prestige’. Mais ningún gran medio quixo investigar a súa responsabilidade —e a dos seus socios naquela catástrofe e a Xustiza española non lle pasou factura. Por que? A resposta pode estar na propia historia de Fridman, un oligarca ruso beneficiario da corrupción endémica no Kremlin ao que se vincula con actividades delituosas, incluídos asasinatos de xornalistas, poxas fraudulentas, subornos e relacións coa mafia e grupos paramilitares.

A maior catástrofe ecolóxica de Galicia saldouse cun só condenado, o capitán do buque, o grego Apostolos Mangouras, un ancián sentenciado a nove meses de prisión por un delito de desobediencia grave ás autoridades españolas e outros dous anos por un delito imprudente contra o medioambiente na súa modalidade agravada de deterioro catastrófico. Mais a sociedade galega nunca o culpabilizou; sabía que os responsables eran outros. Con todo, no banco dos acusados naquel proceso só sentaron Mangouras, Nikolaos Argyropoulos —xefe de máquinas do ‘Prestige’—e José Luis López-Sors —director xeral da Marina Mercante cando se produciu o accidente, o 13 de novembro de 2002—. Un escándalo que liberou de responsabilidades civís e penais a unha boa chea de implicados directamente coa fretaxe do buque ou coa neglixente e desastrosa xestión política e técnica do seu afundimento. Mangouras foi un chibo expiatorio para salvar o Goberno de José María Aznar (PP), pero tamén para non implicar o máximo responsable, Mikhail Fridman, e os seus poderosos socios.

A implicación de Fridman no caso do ‘Prestige’ era pública antes de iniciarse o xuízo, que comezou o 16 de novembro de 2012, dez anos despois do afundimento. E o seu sinistro historial tamén era coñecido. Publiqueino en Galicia Confidencial un mes antes do xuízo. Mais nin os grandes medios nin fiscais nin xuíces nin o Goberno miraron nin sequera de esguello toda aquela información que puña a Fridman no centro dunha complexa trama artellada desde Rusia, non con amor, senón con chapapote, moito chapapote: 63.000 toneladas de fuel óleo que ennegreceron 2.000 quilómetros de costa, desde o norte de Portugal até Francia; a maior catástrofe medioambiental na historia do Estado español e un dos maiores desastres ecolóxicos ocorridos en Europa.

A poucos meses de iniciarse o xuízo, un informe sobre Fridman que estaba nos despachos da sede central en Texas da axencia de intelixencia global Stratfor saltou a unha base de datos secreta construída por WikiLeaks no ano 2012. O acceso estaba restrinxido a algúns xornalistas, investigadores académicos e activistas de ONG. O documento era como unha agulla nun palleiro: formaba parte dos coñecidos como ‘Arquivos de Intelixencia Global (os GI Files)’, nada menos que cinco millóns e medio de correos electrónicos entre distintos responsables, analistas e informantes de Stratfor, enviados entre xullo de 2004 e finais de decembro de 2011, e que contiñan unha enorme diversidade de asuntos e documentos anexos. O grupo hacktivista Anonymous accedera a aqueles correos e puxéraos en mans de Julian Assange e o seu equipo. Foi, naquel momento, a maior filtración de documentos secretos da historia.

Libertad de información
Caso Assange: Estados Unidos contra el derecho a la información

Tras un mes de juicio en Londres, la justicia británica ha anunciado que el 4 de enero, en el marco del nombramiento presidencial en Estados Unidos, hará pública su decisión sobre la extradición de Julian Assange a este país. Allí, el activista se enfrenta a 175 años de cárcel por la publicación de informaciones que llevaron a la opinión pública los crímenes de guerra cometidos en Iraq y Afganistán, o las torturas a las que son sometidos los detenidos en Guantánamo.

Naquela marea de correos, un tiña anexo un informe en PDF titulado ‘Mikhail Fridman: Background Investigation’, que Stratfor realizara en 2007. En total, 27 páxinas nas que se debullan os negocios e intereses escuros de Fridman, fundador de Alfa Group, o consorcio que fretou o ‘Prestige’. Aquel documento caeu nas miñas mans, ou para ser máis preciso, na miña computadora, mediante un convite de WikiLeaks no verán de 2012 pola que accedín a aquela enorme base de datos encriptada na rede escura (o documento foi posto no dominio público tras a investigación).

No documento, os analistas de Stratfor cualifican a Fridman como un tipo “vil” e vincúlano con ameazas, subornos, extorsións, poxas fraudulentas, tráfico de influencias, tráfico de drogas, prebendas, evasión fiscal, lavado de diñeiro, violencia, asasinatos...

A continuación recompilamos as partes máis salientábeis daquela investigación.

Mikhail Fridman.
Mikhail Fridman / Foto: LetterOne Group.

RESPONSABILIDADE NO ‘PRESTIGE’

Nin Fridman nin ningún dos seus socios en Alfa Group e a súa filial Crown Resources foron xulgados pola vertedura do fuel óleo do ‘Prestige’. Porén, no informe de Stratfor existen varias mencións a aquela traxedia e debúllanse as relacións e actividades que os responsábeis da carga do buque viñan mantendo nunha serie de negocios escuros.

A catástrofe do ‘Prestige’ levou a Alfa Group a apartar a Kuzmichev de Crown Resources e a liquidar a empresa para que o caso non salpicara a este nin a Fridman

No anexo do informe, titulado ‘Appendix: Enemies & Investigations’ (‘Apéndice: inimigos e investigacións’), Stratfor dedica un apartado á catástrofe do ‘Prestige’, no que os analistas fan un resumo do accidente e apuntan ás artimañas empregadas por Fridman e os seus para eludir responsabilidades legais:

“En novembro de 2002, o ‘Prestige’, un vello petroleiro cargado con fuel óleo ruso, partiuse en dous e afundiuse no Océano Atlántico. A vertedura ocasionou un desastre ecolóxico cando o fuel óleo cubriu as praias ao longo dun tramo de 125 millas de costa na rexión pesqueira española de Galicia, afectando a aves e outros animais. Crown Resources, unidade de Alfa Group para o transporte de mercadorías con sede en Suíza, era a propietaria da carga do ‘Prestige’. O fuel óleo cargouse en San Petersburgo e dirixíase a Singapur, segundo Crown. Crown dixo que ninguén se posicionara para comprar o petróleo. Crown foi disolta co fin de minimizar as ramificacións legais.

O máximo responsábel de Crown Resources era Alexei Kuzmichev, unha das tres persoas ás que Fridman considera tanto un socio como un amigo, segundo explican os analistas de Stratfor.

Kuzmichev dirixiu Alfa-Eco, asumiu a presidencia do consello de administración de Russian Technologies e dirixiu entre 1996 e 2002 a petroleira creada en Xibraltar e con sede en Suíza Crown Resources, filial de Alfa Group e propietaria da carga do ‘Prestige’. Precisamente a catástrofe ecolóxica levou a Alfa Group a apartar a Kuzmichev de Crown Resources e a liquidar a empresa para que o caso non salpicara a Kuzmichev nin os seus socios no consorcio ruso, incluído o líder, Fridman.

Así, a finais de 2002 Kuzmichev regresou a Alfa-Eco, que sería rebautizada en 2006 como A1. E Crown Resources sería rebautizada en 2003 como ERC Trading (Energy, Resouces and Commodities) tras a venda de todas as súas accións ao avogado Jost Villiger, ao que algúns consideraron o “home de palla” dos rusos. 

Ademais, Stratfor sinala a Kuzmichev como o membro de Alfa Group “máis involucrado na actividade diaria de lavado de diñeiro do grupo a través de empresas pantasmas internacionais”.

Nestas presuntas operacións de fraude, evasión de impostos e lavado de cartos de Alfa Group, Fridman tamén contaría coa colaboración do avogado Norbert Seeger, peza “clave en Alfa”, segundo Stratfor, que salienta as “excelentes relacións e os negocios” que mantiña “coa familia real de Liechtenstein”.

“Suponse, aínda que non está probado, que [Seeger] proporciona asesoramento amplo a Alfa Group sobre o tema da cobertura legal para a evasión fiscal e as operacións de lavado de diñeiro”, especulan os autores do informe.

UN FUXITIVO DO FBI NA TRAMA

Outra peza clave para entender a trama de Alfa Group-Crown Resources é o comerciante belga de orixe xudeu Marc Rich, quen obtivo a nacionalidade española en 1982, concedida polo ministro de Xustiza de UCD, Pío Cabanillas.

Marc Rich
Marc Rich.

Rich, a quen se relaciona co Mossad —a axencia de intelixencia israelí— estaba moi vinculado a Fridman e o seu consorcio, e o seu nome apareceu na lista de investigados pola catástrofe do ‘Prestige’ como responsábel da carga.

Marc Rich foi fuxitivo do FBI durante case vinte anos por delitos financeiros e por tráfico ilegal de petróleo, e foi dobremente indultado no ano 2001 polo presidente estadounidense Bill Clinton e no 2003 polo seu sucesor, George W. Bush. No ano 2001, Rich estivo negociando con Alfa a fusión da súa compañía con Crown Resources, ambas as dúas con sede na cidade suíza de Zug, un auténtico paraíso fiscal. Ademais, un home de confianza de Rich, Steven Rudofsky, que dirixía a firma Marc Rich Investment, pasou en 2002 a Crown Resources como director executivo. 

O 5 de febreiro de 2003 Marc Rich Group emitiu a seguinte nota sobre o caso ‘Prestige’ na que se desvinculaba da catástrofe:

“Marc Rich Group vese obrigado a publicar a seguinte declaración no que se refire ao ‘Prestige’ / Crown Resources AG e, deste modo, quere rectificar informes falsos.

- O grupo Marc Rich non é o propietario do petroleiro ‘Prestige’.

- O grupo Marc Rich non é dono da carga do petroleiro ‘Prestige’.

- O grupo Marc Rich non vendeu ningunha compañía a Crown Resources AG.

- Hai un ano, Marc Rich Group terminou as negociacións con Crown Resources AG con respecto á posíbel venda dunha filial en xuño de 2001 e non se estableceu ningún contacto desde entón.

Faga caso omiso de informes contraditorios e non os publique. Grazas.

Marc Rich + CO HOLDING GMBH”.

Os negocios de Rich e Alfa non eran nada claros, cando menos polo que explica Stratfor no seu informe, no que se fala da súa participación nunha artimaña para favorecerse do programa humanitario “Petróleo por alimentos” que a ONU puxo en marcha entre 1996 e 2003 para Iraq.

Xunto con David Chalmers, da compañía Bayoil, Rich “comprou petróleo de Alfa (a través de TNK e Onako [empresas controladas por Fridman]) que, a súa vez, tería sido adquirido a Iraq”, saltándose así o embargo a través de subornos ao goberno de Saddam Hussein (o caso chegou ao Comité de investigación independente do programa Petróleo por Alimentos de Nacións Unidas e, posteriormente, a xustiza suíza suspendeu a investigación por falta de probas).

Rich era un home con moitos vínculos e amizades poderosas en España. Por exemplo, co empresario vigués e directivo do Real Madrid, Fernando Fernández Tapias, quen compartiu negocios con Rich en Brasil no sector do aluminio. Tapias era, precisamente, o dono dos remolcadores que levaron o ‘Prestige’ mar adentro antes de afundirse, e foi un dos persoeiros que enviou a Clinton unha carta solicitando o indulto de Rich. Nesta trama para salvar o pescozo de Rich tamén estaría implicado o rei Juan Carlos I, do que se comentou en varios medios que intervira directamente para conseguir o seu indulto.

PYOTR AVEN, O CEREBRO

Durante a década de 1990, Fridman participou con outros oligarcas-cleptócratas rusos en poxas amañadas para facerse por un valor mínimo con moitas empresas estatais, o que acelerou o colapso económico ruso. Nesta época, en 1994, conectou con Pyotr Aven, “o seu primeiro e máis importante aliado”, aclara Stratfor.

Pyotr Aven con Putin
Pyotr Aven con Vladimir Putin / Foto: Kremlin.

Aven formaba parte dos reformadores idealistas rusos. Foi ministro de Comercio Exterior entre 1991-1992 e representante de Rusia no G-7, coincidindo co goberno do primeiro ministro Yegor Gaidar, “o primeiro goberno postsoviético verdadeiro da Federación Rusa”, din os analistas de Stratfor, que sinalan a Aven como un dos burócratas que estableceron as condicións para as poxas amañadas nas que participaron os oligarcas.

Propietario da colección de arte rusa máis grande do país, Aven pasou a formar parte do consello de administración de Alfa Group, foi presidente de Alfa-Bank até xuño de 2011 e presidente de Alfa Banking Group e AlfaStrakhovanie Group, unha das maiores aseguradoras de Rusia, ademais de copresidente da compañía de medios de comunicación CTC Media Inc.

Stratfor sinala a Aven como “o cerebro detrás das estratexias de Alfa e máximo responsábel das súas operacións diarias, mentres Fridman serve tanto como o rostro das operacións, como negociador carismático e astuto que pecha os acordos”.

En definitiva, Pyotr Aven é o “cerebro de Alfa”; o “contábel e economista detrás do escenario que fai que todo funcione”; o home que “conta coa amizade de Putin”; o “director xeral de Alfa e a cara que proporciona unha dirección estratéxica”, describen os analistas da axencia estadounidense.  

Aven non é un tipo limpo, segundo Stratfor. “Está involucrado ao máximo en todos os negocios de Fridman e como xerente operativo ten máis coñecemento das actividades ilegais cuestionábeis ou indiscutíbeis que o propio Fridman”, elucida o informe.

Stratfor mesmo lembra que o grupo de traballo contra a corrupción rusa do Tribunal de Distrito de Columbia, en Estados Unidos, sinalouno como “actor en diversos actos de corrupción, incluído o tráfico de drogas”.

A través dos vínculos de Aven con Putin, Fridman tamén accedeu a outro aliado fundamental para os seus negocios: o exprimeiro ministro Mikhail Fradkov. 

Fradkov traballou para Alfa e “débelle lealdade a Aven”, din os analistas, que especifican que o exprimeiro ministro chegou ao Goberno ruso “en parte debido á aprobación de Putin da fusión TNK-BP”.

OUTRAS DÚAS PEZAS CLAVES

O triunvirato que dominaba Alfa Group e para o que traballa Pyotr Aven complétase con German Khan e Alexei Kuzmichev, cofundadores do consorcio con Fridman.

German Khan
German Khan / Foto: LetterOne Group.

German Khan é un vello amigo de Fridman, ao que coñeceu no Instituto Estatal de Moscova de Aceiro e Aleacións. Foi cofundador de TNK-BP. Entre os seus méritos está, por exemplo, que “foi clave na toma de control de Yugraneft, da empresa canadense Norex, e nas ameazas explícitas e subornos ao director executivo de Norex, Alex Rotzang, e á directora xeral de Yugraneft, Lyudmila Kondrashina”, dise no informe.

Khan tamén era membro dos consellos de administración de Alfa Finance Holdings, grupo industrial e financeiro con sede en Bulgaria, e Slavneft, unha “empresa petroleira estatal da que Alfa Group adquiriu unha participación do 50% nunha poxa amañada no 2002”, esclarece Stratfor.

Alexei Kuzmichev é a outra persoa de confianza de Fridman desde os anos de universidade. Como xa se mencionou, entre outros cargos de máxima responsabilidade, Kuzmichev dirixiu entre 1996 e 2002 a empresa petroleira Crown Resources, filial de Alfa Group e propietaria da carga do ‘Prestige’.

Alexei Kuzmichev
Alexei Kuzmichev / Foto: LetterOne Group.

Tras a traxedia ecolóxica e económica para Galicia, e o impacto mediático e político que tivo a catástrofe non só a nivel estatal, tamén internacional, nos despachos de Alfa Group se decidiu apartar a Kuzmichev de Crown Resources e liquidar logo a empresa para eximir de responsabilidades a Kuzmichev e, polo tanto, a Fridman e o seu consorcio.

RELACIÓNS CO KREMLIN

Os vínculos de Fridman e os seus socios co Kremlin axudan a entender mellor a ‘inmunidade’ da que gozan. Por un lado, está a relación de Pyotr Aven e Vladimir Putin, os cales “se consideran amigos íntimos e confidentes o un do outro”, dise no informe. Por outro, a de Fridman con Vladislav Surkov, considerado o auténtico ideólogo do Kremlin entre 1999 e 2011, co que Fridman tamén coincidiu no Instituto Estatal de Moscova de Aceiro e Aleacións a principios da década de 1980.

Xa a principios dos 90, Surkov estivo traballando en Alfa-Bank como vicepresidente, pero acabou traizoando a confianza de Fridman. “Surkov xa fixera amizade con Putin durante a súa primera presidencia e ía ser nomeado xefe de comercio en Transnefteprodukt [empresa enerxética] por prover información negativa de Fridman. Pero en vez de Transnefteprodukt, Surkov apartouse para executar a campaña electoral de Putin, que o levou a converterse no seu principal asesor”, explican os analistas.

Segundo estes, coa incorporación de Surkov ao círculo máis íntimo de Putin, Fridman e Aven retomaron as conexións con este, se ben estas novas relacións tiñan unha única finalidade: “Surkov dille a Fridman precisamente o que ten que facer para permanecer fóra da lista de golpes do Kremlin ou para asegurarse a asistencia do Kremlin nunha batalla comercial, e Fridman cumpre completamente”, dise no documento.

Stratfor relaciona a Fridman co asasinato en 2000 do xornalista ucraíno Georgiy Gongadze no seu país e o do xornalista estadounidense Paul Klebnikov en Moscova en 2004

Destas novas relacións naceu Patriot Capital, baixo o auspicio de Alfa Group, para “facilitar os investimentos no sector da defensa rusa”, esclarecen os autores do informe.

Ademais, Alfa Group ofreceu un “forte apoio financiero” á organización política xuvenil Nashi, “unha das novas ferramentas políticas do Kremlin para asegurar a lealdade política a nivel nacional, e que representa claramente unha reacción á Revolución Laranxa de 2004 en Ucraína, na que os movementos xuvenís foron fortes impulsores”, recórdase.

Este apoio de Alfa Group a Nashi sería unha das súas respostas aos ditados de Surkov, quen “tomou un papel activo na conformación da organización do grupo e da súa ideoloxía desde o ano 2005”, comentan os expertos de Stratfor.Estas novas relacións con Surkov son un síntoma máis do que Stratfor sinala como a característica más importante de Fridman: a súa “adaptabilidade” a cada goberno e conxuntura para “asegurar a súa fortuna e a súa vida”.

USO DA VIOLENCIA

Stratfor considera que Fridman utiliza tres tipos de violencia co fin de conseguir algúns dos seus obxectivos.

O primeiro é o “fortalecemento da violencia política en mans do Estado”. Como diciamos, Fridman financiou a organización xuvenil Nashi, segundo informacións proporcionadas polos líderes deste movemento que falaron cos axentes de Stratfor.

En segundo lugar, Stratfor afirma que Fridman estivo estreitamente ligado, a través da financiación de Alfa, á organización moscovita Solntsevskaya, “unha das maiores e máis poderosas asociacións rusas de crime organizado”, involucrada no tráfico de drogas, extorsións, lavado de diñeiro e subornos. “A organización está dirixida por Sergei Mikhailov, considerado un dos mafiosos máis perigosos e notorios en Rusia”, esclarecían os analistas de Stratfor, cuxas fontes sinalaban que “todas as evidencias que involucran a Fridman e Aven con este grupo foron oficialmente eliminadas de todos os rexistros”.

Segundo Stratfor, Fridman e Aven xa tiñan relacións con Solntsevskaya na década dos anos 90, cando utilizaban membros desta organización para a súa protección e cos que mesmo fixeron negocios.

Mesmo se fala de que Aven asesorou os membros de Solntsevskaya nos seus negocios no tráfico de drogas a escala mundial. “En concreto, Alfa Group está involucrado no transporte de drogas do sudeste de Asia a través de Rusia cara Europa, o lavado de diñeiro dos carteis da droga colombianos e no suborno de órganos da Xustiza en Rusia”, relátase no documento.

O informe vai máis aló e vincula a Fridman con varios asasinatos en Rusia (o terceiro método de violencia). Malia que oficialmente Fridman nunca foi acusado de ningún crime, “crese que é, polo menos, parcialmente responsábel de moitos dos asesinatos que afectan a sociedade rusa, en particular de xornalistas”, denúnciase no informe, no que se argúe que precisamente este poder de intimidación é o que permitiu a Fridman “gozar dun historial tan limpo”.

Stratfor pon como exemplos o asasinato no ano 2000 do xornalista ucraíno Georgiy Gongadze no seu país e o do xornalista estadounidense Paul Klebnikov en Moscova en 2004, sobre os que esta axencia, dixo, puido “corroborar parcialmente” a relación do magnate ruso nestes crimes tras consultar varias fontes xornalísticas e políticas.

No caso de Gongadze, críase que estaba investigando os vínculos entre Fridman (a través de Alfa Group) e o líder do Partido Socialista ucraíno Oleksandr Moroz. “Supostamente, Moroz prometera a Alfa varios proxectos de enerxía lucrativos no caso de ser elixido presidente de Ucraína. De acordo coas testemuñas no caso, Alfa contratou a banda local de crime organizado Izmailovskaya para asasinar e decapitar a Gongadze co fin de acalar as súas investigacións”, explican os analistas de Stratfor.

Pola súa banda, Klebnikov era un xornalista da edición rusa de Forbes e estaba investigando unha serie de actividades de Alfa Group cando foi asasinado. “Un funcionario dentro do círculo íntimo de Putin díxolle a Stratfor que antes da súa morte Klebnikov estaba investigando as actividades de Alfa respecto a IPOC, Megafon e o petróleo de Acerbaixán”, aclárase no documento da compañía de intelixencia norteamericana.

DO 'PRESTIGE' AOS SUPERMERCADOS DIA

Nin Fridman nin ningún dos seus socios de confianza foron nunca condenados por ningún delito, malia o seu historial. No caso do ‘Prestige’, tampouco sentaron no banco dos acusados.

Paradoxalmente, tras anos de silencio dos grandes medios galegos e españois sobre Fridman, o seu nome si ocupou titulares na prensa do Estado cando o oligarca se fixo co control de Supermercados DIA en 2019, a través do seu grupo de investimento LetterOne, no que están os seus máis estreitos colaboradores. Unha operación coa que, esta vez si, se abriu un proceso xudicial contra o magnate na Audiencia Nacional, a petición do Tribunal Supremo, por provocar supostamente o afundimento en bolsa da empresa en xullo de 2017 máis dun 90%, cando entrou no seu accionariado, para comprar a prezo de saldo.

Non é a única causa aberta na Audiencia Nacional contra Fridman, investigado tamén pola creba da tecnolóxica española Zed Worldwide, que tamén adquiriu a un prezo moi por debaixo do que estimaba o mercado, en 2016, despois de que a compañía se declarase en creba. O Ministerio público imputouno por supostos delitos contra o mercado, administración desleal, insolvencia puníbel e corrupción nos negocios. Segundo o Ministerio Público, Fridman, na súa dobre calidade de accionista e acredor da tecnolóxica, tería propiciado a caída da empresa para asfixiala economicamente e despois adquirila a un “prezo irrisorio”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sistemas de depósito
Dos años para el SDDR El fracaso de Ecoembes en el reciclado obliga a instaurar un sistema de depósito y retorno de envases
El Miteco constata que en 2023 solo se recicló un 41,3% de las botellas de plástico de un solo uso puestas en el mercado. La cifra, muy lejos del 70% al que obliga la ley, supone la puesta en marcha de un sistema paralelo al del contenedor amarillo.
Galicia
Galicia Una investigación revela alta contaminación por nitratos en aguas superficiales de la comarca del Deza
Los resultados del análisis de Ecoloxistas en Acción, con más de 80 puntos de muestreo, reflejan concentraciones generalizadas y muy altas de NO3. Sólo el 19% de las aguas superficiales muestreadas están “fuera de toda sospecha”.
Consumo
Tóxicos Una investigación europea encuentra mercurio en todas las latas de atún analizadas
El 10% de las muestras, escogidas en cinco países europeos, España incluida, contenía niveles superiores a los legales, límites que desde las ONG Bloom y Foodwatch consideran “establecidos para proteger los intereses financieros de la industria”.
Isabel Díaz Ayuso
Fraude fiscal El Supremo cita a declarar a Miguel Ángel Rodríguez en el caso contra el Fiscal General
El caso sobre las informaciones que dieron a conocer el reconocimiento del fraude fiscal de la pareja de Isabel Díaz Ayuso evoluciona con la citación del jefe de Gabinete de la presidenta de la Comunidad de Madrid.
Opinión
Opinión Camino por València y pienso en Palestina
El viernes 29 de noviembre se cumplió un mes desde el desastre de la dana, coincidiendo con el Día Internacional de Solidaridad con el Pueblo Palestino, declarado así por la ONU.
Racismo
Safia El Aaddam “El racismo no surge de la ignorancia, es un ejercicio consciente”
Escritora, divulgadora, filóloga y activista antirracista Safia explica las raíces coloniales que sustentan la islamofobia y el racismo antimoro de este país en su nuevo libro 'España ¿racista?'.
República
Movimiento republicano “Hasta que se vayan”: lema de la segunda Marcha Republicana fijada para 2025
En junio de 2025 la marea republicana se propone llevar a cabo una segunda demostración de rechazo a la monarquía. En la edición de este año se movilizaron miles de personas de distintos puntos del Estado.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el Abismo Lee un capítulo de ‘Café Abismo’, la primera novela de Sarah Babiker
El barrio es el espacio físico y social en los que transcurre ‘Café Abismo’, la primera novela de la responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto, Sarah Babiker.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Justicia
Juana Rivas La Fiscalía italiana acusa al exmarido de Juana Rivas de violencia física, vejaciones y amenazas a sus hijos
La Fiscalía italiana ha presentado un escrito de procesamiento ante el Tribunal de Apelación de Cagliari contra Arcuri por “haber maltratado a sus hijos menores, sometiéndoles habitualmente a violencia física, vejaciones, injurias y amenazas”
Ecologismo
Crisis climática Coches bomba bajo la dana
En caso de catástrofe, a menudo el vehículo privado es una trampa mortal, un peligro público y un estorbo para la supervivencia
PSOE
Congreso del PSOE El PSOE borra la Q y el ‘plus’ de las siglas LGTBIAQ+ y los colectivos responden: “Se trasladará en violencia”
Unas enmiendas aprobadas durante el 41º Congreso Federal del PSOE piden excluir a las mujeres trans del deporte femenino y eliminan la ‘Q’ y el ‘plus’ en las siglas del colectivo queer en los documentos internos del partido.
Comunidad de Madrid
La uni se ahoga Ayuso recula ante una comunidad universitaria en lucha: acepta los 169 millones del Gobierno para profesores
El gobierno de Ayuso está planteando una “propuesta alternativa”, que enviará al Ministerio de Ciencia, quien expresaba por carta que “no es comprensible ni explicable” el rechazo a la inyección económica.
Exclusión sanitaria
Exclusión sanitaria Casi 30.000 personas fueron expulsadas del sistema sanitario en los últimos 32 meses
Un informe de Médicos del Mundo detecta casi 70.000 barreras en la sanidad pública, que sufren principalmente las personas en situación irregular. Mientras, la ley para retornar a la universalidad en la atención permanece en trámite.
Violencia machista
Violencia sexual Las artes escénicas de Granada apoyan a las denunciantes de agresiones sexuales en la escuela de teatro
Organizaciones, profesionales y personas vinculadas a las artes escénicas granadinas firman un comunicado donde expresan su apoyo público y sin fisuras a las denunciantes de abusos sexuales por parte del director de La Seducción, Marcos Julián, y señalan la necesidad de protocolos específicos para lograr espacios escénicos seguros

Recomendadas

Palestina
Palestina “Es nuestra tierra”: colonos israelíes acampan en la frontera con Gaza para lograr un regreso permanente
Envalentonados, un grupo de ultranacionalistas israelíes están acampando cerca de la frontera con la Franja de Gaza para ser los primeros en establecer ahí su nuevo hogar.
Melilla
Melilla Encerradas en la ciudad frontera: las trabajadoras marroquíes en Melilla se han cansado de esperar
Desde que en 2020 se cerrara la frontera con Nador, muchas personas marroquíes que hasta entonces podían desplazarse entre ambas ciudades, se han visto empujadas a un callejón burocrático. Un informe documenta las trabas con las que se encuentran.