Opinión
O potencial do agro en Galiza fronte as políticas do espolio

Adicamos centos de millóns de euros en comprar a milleiros de quilómetros alimentos que poderiamos producir aquí, mentres afondamos nun modelo forestal empobrecedor. O desleixo da Xunta coa produción, investigación e comercialización fai preciso un debate público ao redor das políticas agrarias.

L'horta que resisteix - 15
Jose B. Berna Alvarado “A horta é futuro”
20 oct 2020 07:00

Dende que lin no libro de Xoan Carlos Carreira 'Calín' O pequeno e grande: A agricultura familiar: unha alternativa, que Galiza presentaba unha balanza alimentaria negativa de preto de 1000 millóns de euros anuais estou sorprendido de que este feito non ocupe espazo no debate político en Galiza, e que as políticas agrarias non xiren ao redor á intención de darlle a volta a esta situación.

Hai pouco volvín consultar os datos do ICEX sobre exportación e importacións do sector agroalimentario galego, que só ten en conta os intercambios co estranxeiro e non co resto do Estado, un dato que incrementaría o desequilibrio. Eses últimos datos oficiais referidos a decembro de 2017 din, por exemplo, que a diferencia entre os cereais que importamos e os que exportamos é de 202 millóns de euros anuais, e que dende o 2007 o desequilibrio, lonxe de reducirse, seguiu medrando.

Estes millóns de euros son fundamentalmente da compra de insumos da gandeiría galega, que ben poderían producirse aquí, mellorando así a viabilidade deste sector e evitando desprazamentos quilométricos de alimentos, un dos factores que máis contribúe ao quecemento planetario.

Por iso, en 2016 no proceso de elaboración do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, presentei dentro dun documento de achegas do grupo parlamentario de AGE, centrado  na recuperación de soberanías, a proposta de lograr que nese periodo se equilibrase a balanza incrementando e diversificando a produción nacional galega, e achegaba algunhas medidas para conseguilo. Esta achega, como a maioría, non foi tida en conta polo goberno galego, empeñado no seu catecismo neoliberal e en facer políticas para as multinacionais extractivistas. Dende entón os datos non deixaron de empeorar.

Adicamos centos de millóns de euros en comprar a quilómetros alimentos que poderiamos producir aquí, mentres se abandona o solo agrario en favor dun empobrecedor modelo forestal

Ao feito da balanza alimentaria negativa multimillonaria súmase o descenso de gran parte das principais producións vexetais en Galiza nos anos do goberno Feijóo, como amosan as estatçísticas do IGE: no período 2009-2020 reducíronse as producións de cereais de gran, cultivos forraxeiros, tubérculos, leguminosas de gran e hortícolas e froitos de horta. Estes datos non son casualidade.

PBA Galiza

Estamos ante unha deliberada política de desmantelamento dun sistema público que sosteña unha agricultura familiar e sustentable, para fomentar un modelo extractivista do espolio onde o monocutivo do eucalipto, as plantas de biomasa, os eólicos pertencentes ao gran capital ou as mineiras son o obxecto de coidado da Xunta de Nuñez Feijóo.

Porque non se trata do desempeño mellor ou peor das agricultoras ou agricultores galegas. Se estes están abandonados á súa sorte, sen un sistema público que actúe como rede onde se poidan apoiar, moitas iniciativas potencialmente viables fracasarán por falta de apoio técnico, por falla de terras en cantidade e calidade, ou por falla de redes comerciais apropiadas.

AS FUNCIÓNS DUN SISTEMA PÚBLICO PARA MANTER A PRODUCIÓN E CREAR RIQUEZA

En primeiro lugar a ordenación do territorio, para que a utilización dos seus solos estea ligada ás súas aptitudes, coa protección dos que teñan boa aptitude agraria, xa que é un recurso non renovable e valiosísimo para o futuro.

Desterrar para o futuro o modelo da produción de cultivos enerxéticos para producción enerxética. É totalmente irracional e antiecolóxico producir biomasa para queimar, sobre todo cando non producimos nin os alimentos que consumimos. A terra é un dos factores limitantes para moitos gandeiros e agricultores que teñen que competir con outros usos e convivir cuns prezos moitas veces elevados por esta competencia no uso.

Outra función fundamental é promover e soster a investigación, a formación e o asesoramento técnico agrario. Só as grandes empresas poderían aspirar a facer estas tres cousas sin soporte público, e aínda así, na realidade, utilizan os fondos públcos para facer a “súa” investigación no seu beneficio. O desenvolvemento dunha agricultura vizosa e extendida polo noso país precisa persoal técnico no terreo, precisa acompañamento para as transformacións necesarias para afrontar os retos dunha maior sostenibilidade e da viabilidade económica das explotacións e precisa ese soporte público para o suceso de novas incorporacións de mozas e mozos ao agro.

Unha vez máis non é unha cuestión técnica, senón política.

O sistema público tamén debería de ter liñas de actuación na comercialización: a compra pública que priorice o consumo local, circuítos curtos de comercialización,  fortalecer o cooperativismo e calqueira tipo de asociacionismo, apoiar iniciativas sectoriais na creación e soster as marcas de garantía.

Estas e outras medidas son imprescindibles, e unha oportunidade de futuro para crear emprego e riqueza no rural revertindo a tendencia dunha impresionante destrución de emprego agrario dende a chegada de Feijóo, cando se destruíron 1 de cada 3 empregos no sector agrogandeiro e forestal: No terceiro trimestre de 2009 había unha poboación ocupada no sector agrario, gandeiro e silvícola de 71.600 persoas, e segundo os últimos datos referidos a 2020, no segundo trimestre, hai 47.700 persoas. Case 24.000 empregos destruídos, unha auténtica sangría.

e Que (non) fai a Xunta?

É urxente tamén rexuvenecer o sector, garantindo o relevo nun sector agrario no que apenas o 5% dos titulares das explotacións son menores de 40 anos. Que fai ante esta realidade o Goberno galego?

No referido á ordenación do territorio e a utilización racional do solo, Galiza non conta nin siquera cun mapa de solos oficial que o clasifique en función das súas aptitudes. Isto é a base para a protección dos solos fértiles que nunca deberían forestarse ou urbanizarse. O PP prefire a laxitude e a flexibilidade e así a reforestación avanza en superficie a costa das terras agrarias.

Os datos tampouco minten neste caso: a superficie agraria útil leva décadas descendendo e só de 2013 a 2016, os últimos datos oficiais da Enquisa de Estructuras Agrarias, Galiza perdeu 34.000 hectáreas de solo agrario (5%) a un ritmo catro veces superior á media estatal, perdendo 150.000 has nas últimas tres décadas.

A Lei 2/2016 do Solo de Galicia sinala que serán solos de especial protección agropecuaria os de concentración parcelaria e aqueles que estén recollidos nun catálogo oficial de solos. Como non hai Catálogo Oficial de Solos quedan desprotexidos terreos con boa actitude agronómica que poden ser adicados á forestación ou urbanización. Este feito, que denunciei durante a elaboración da Lei, debería de ser ruborizante para calqueira gobernante ocupado en traballar para o interese público. Non é o caso dos que ocupan San Caetano.

Galiza perdeu 34.000 hectáreas de solo agrario (5%) a un ritmo catro veces superior á media estatal, perdendo 150.000 has nas últimas tres décadas

Que fixo a Xunta de Galicia durante os últimos anos co sistema público de coñecemento, é dicir, investigación, formación e asesoramento? Debilitalo sistemáticamente. Tanto as oficinas agrarias comarcais como os centros de formación ou os centros de investigación sufriron a carencia cada vez maior de medios materiais e humanos dende que o PP chegou ao goberno. Sucedéronse as OACs que carecían técnicos para atender ao público, porque reiteradamente non se cubrían baixas ou xubilacións.

Para consolidar novas incorporacións á agricultura de xente moza, para a desexable diversificación de cultivos ou para as transformacións das técnicas de cultivo necesarias é imprescindible o apoio técnico.

Cos recursos humanos actuais os técnicos que quedan nas Oficinas Agrarias bastante teñen coa burocracia e non poden estar sobre o terreo e en contacto coas agricultoras e agricultores apoiándoos.

DESLEIXO COA INVESTIGACIÓN

O goberno galego seguiu a tónica xeral neste ámbito, no que se reduciron orzamentos e se perderon posicións tanto con respecto a 2009, como con respecto ao conxunto do Estado. A nivel xeral Galiza adicaba o 0,96 % do PIB a I+D+i en 2009, e hoxe adica o 0,94% segundo os últimos datos.

No sector agrario non foi diferente este debilitamento. Por exemplo, no Centro de Investigación Agraria de Mabegondo, CIAM, das 22 prazas de investigares dispoñibles están vacantes a metade, 11, dende 2013, e sin trazas de revertirse. Este exemplo non é a excepción senón a tónica xeral do trato que este goberno da á investigación.

O único modelo que coñece o PP para a “investigación” é a creación de chiringuitos co menor control adminsitrativo posible para que determinadas grandes empresas utilicen fondos públicos para desenvolver os seus productos.

A Xunta ven de anunciar a creación dunha Fundación para a Investigación Agraria liderada polo Centro Tecnolóxico da Carne, centro controlado polo baltarismo e investigado dende 2017 por malversación de fondos públicos

Así, dous anos despois de anunciar a bombo e prato a creación de AGACAL, cuxo Director Xeral acaba de ser defenestrado, agora anuncia a creación dunha Fundación para a Investigación Agraria liderada polo Centro Tecnolóxico da Carne, centro controlado polo baltarismo e investigado dende 2017 por malversación de fondos públicos. Hai tres semanas o seu Xerente e persoal diverso foron a prestar declaración en calidade de imputados no marco de dita investigación penal.

Ése é o paradigma de organismo que defende o PP como futuro mentras hostiga e ningunea a profesionais de longa traxectoria e compromiso na función pública.

Desleixo tamén na comercialización de produtos agrarios

Un exemplo da falla de vontade de avanzar neste campo é o feito de que o PP tiña feito, á súa chegada ao goberno en 2009, un Regulamento para unha Marca de Garantía de Horta Galega, elaborado polo bipartito.

En 11 anos non foron capaces ou non quixeron poñer en funcionamento dita marca que tiña como obxetivo reforzar a súa imaxe coa garantía de orixe e de forma de cultivo. Asemade, e durante estes anos, rexeitouse calquera iniciativa no eido da compra pública que priorizase o consumo de productos locais.

Estas razóns, entre outras, son as que mostran que os nefastos datos en canto a balanza alimentaria, producións vexetais, superficie agraria ou emprego agrario, que como non podía ser doutro xeito, non son casualidade senón froito das políticas que deliberadamente son desenvoltas por este goberno.

Adicamos 1 de cada 3 euros do orzamento da Consellería de Medio Rural á extinción de incendios

Adicamos centos de millóns de euros en comprar a quilómetros alimentos que perfectamente se poderían producir aquí, mentras se abandona o solo agrario en favor dun modelo pobre e empobrecedor modelo forestal, e se adican 1 de cada 3 euros do orzamento da Consellería de Medio Rural á extinción de incendios.

Eses centos de millóns de euros de balanza alimentaria negativa tradúcense en empregos que lonxe de crearse se destrúen a un ritmo que non ten paragón no Estado.

Fronte este modelo, pensado para unha economía depredadora en mans de grandes empresas que esquilman o territorio, existe unha posibilidade no sector agrario de creación de emprego, de diversificación económica e productiva, de asentamento de xente moza, de desenvolvemento de servizos e agroindustria ao redor desta producción, de democratización da economía, de redución do problema dos lumes, de que o estudantado do campus de Lugo teña oportunidades de aplicar a súa intelixencia e capacidade nun reto ilusionante, de que os gandeiros incrementen a rendabilidade das súas explotacións, de loitar contra o cambio climático e de ser máis donos de nós.

As cifras e o potencial de desenvolvemento que implicaría este reto de equilibrar, cando menos, a nosa balanza alimentaria, debería mover a que se dese un debate público ao redor das políticas agrarias, máis si cabe, cando se fala dos perigos da dependencia externa, da sostenibilidade, de demografía, ou de cambio climático.

O que o impide non é só a incompetencia dos responsables, senón as súas políticas que camiñan deliberadamente no sentido da desertización rural dirixidas por determinados intereses empresariais que precisan un territorio desertificado, envellecido e sin perspectivas de futuro para facilitar a implantación dos seus negocios. Unha vez máis non é unha cuestión técnica, senón política. Como se constatou na aprobación na Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais en novembro de 2017, o Partido Popular de Nuñez Feijoo está coa economía da depredación, e unha agricultura viva é un obstáculo.

Crisis climática
O caos climático e a fin da agricultura

O Antropoceno pode ser visto como unha breve etapa de transición a un novo tipo de Humanidade despois do colapso.

Amazonía
V. Pumariño:“Somos nós quen estamos impulsando a queima da Amazonía”
A soia da Amazonía alimenta o gando das macrogranxas en España, cada vez máis numerosas e con máis exportacións cara Asia.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...