Memoria histórica
10 de xullo, día das mapoulas libertarias

O vindeiro venres 10 de xullo, dende o colectivo Refuxios da Memoria e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica na Coruña, propoñemos celebrar o día das mapoulas libertarias cun roteiro que comezará ás 19h no Campo da Rata.

Amapoulas Libertarias 3
Cartaz do roteiro histórico que terá lugar o vindeiro 10 de xullo de 2020 para lembrar ás mulleres anarquistas das Atochas.
Refuxios da Memoria
7 jul 2020 08:00

«Era entón a Galicia anarquista

unhas cantas vivendas obreiras

como mapoulas moi abertas

nos barrios proletarios das Atochas»

Ámote Anarquista

Claudio Rodríguez Fer

O 20 de xullo de 1936, dous días despois da sublevación militar franquista, e ás portas da maior represión que a historia da cidade coñecería, un grupo de mulleres encabezou unha manifestación que, co puño en alto e dando vivas á República, atravesou a rúa Real ata chegar ao do goberno civil. Este edificio estaba a ser asediado por un exército golpista que viña de declarar o estado de guerra, e era defendido por un pobo e uns sindicatos desarmados. Un enfrontamento asimétrico que se estendería pola cidade e se prolongaría unhas cantas horas, durante as cales algunhas mulleres obreiras, como María Bello Paz, darían a súa vida pola liberdade. Esta bravura nos primeiros intres do conflito prefigurou a actitude que as mulleres libertarias da Coruña manterían durante todo o período de implantación do Rexime de Terror franquista na cidade. Tempo no que elas foron as verdadeiras protagonistas da resistencia antifascista.

Unha vez caida a cidade baixo control sublevado, nese mesmo mes de xullo, os confederais coruñeses comezaron a traballar na construción da sua rede clandestina. Tratábase, por unha banda, de protexer a vida dos militantes, tanto anarquistas como doutras tendencias políticas, que estaban a ser perseguidos e asasinados polas novas autoridades. Pola outra, o obxectivo era organizar núcleos de resistencia dende os que artellar unha acción coordinada que revertera a situación na cidade. En ambos os dous eixos as mulleres libertarias xogaron un papel central.

Dous días despois da sublevación militar franquista, e ás portas da maior represión que a historia da cidade coñecería, un grupo de mulleres encabezou unha manifestación que, co puño en alto e dando vivas á República, atravesou a rúa Real ata chegar ao goberno civil

O núcleo destas actividades foron as casas-refuxio, vivendas particulares que as mulleres libertarias puxeran ao servizo da resistencia, onde se acolleu, deu refuxio e construiu un entorno de seguridade para os compañeiros perseguidos. Esta tarefa de coidados, relacionada co papel tradicional asignado ao xénero feminino —e do que os anarquistas tampoco souberon distanciarse— puido ser desempeñada debido ao menor grao de acoso ao que elas e as súas vivendas estaban sometidas por parte dunhas autoridades que subestimaban o papel da muller como axente revolucionario. Estas vivendas desbordaron a esfera dos coidados para converterse en verdadeiros núcleos de organización da resistencia antifascista, servindo como lugares de reunión dos diferentes grupos políticos en proceso de reorganización.

Estes grupos estaban integrados fundamentalmente por membros da FAI e da CNT, pero neles tamén participaron comunistas e militantes doutras familias políticas do obreirismo e o republicanismo, co fin de levantarse contra as autoridades golpistas. O peso da tarefa de coordinación e comunicación entre os diferentes grupos recaeu novamente sobre elas, dado o maior grao de liberdade co que contaban para moverse polo espazo público. As casas-refuxio convertéronse así en nodos da rede de resistencia, a través das cales circulaba a información, os recursos económicos e mesmo as armas postas ao servizo da resistencia.

Estas vivendas desbordaron a esfera dos coidados para converterse en verdadeiros núcleos de organización da resistencia antifascista

Nesta rede infiltrouse o 4 de maio de 1937 unha toupa da Guardia Civil coa coartada de ser enlace na Galiza dun suposto Comité Central de Barcelona (vinculado á CNT catalá) que estaba a organizar a insurrección no territorio dominado polas tropas nacionais. A súa misión era, segundo aseguraba, organizar un complot na Coruña, para o cal o suposto Comité estaba en disposición de facer un desembarco de armas por medio dun submarino, coa protección de barcos de guerra franceses. Esta ficción serviulle ao topo para obter abundante información sobre a estrutura da rede clandestina e sobre os seus integrantes, antes de levantar as sospeitas dos anarquista coruñeses.

O tráxico resultado das súas pescudas foi o asalto ás casas-refuxio das mulleres libertarias das Atochas, que comezou o 10 de xullo de 1937. A primeira vivenda na que a Guardia Civil entrou a lume e sangue foi a de María Otero, situada no nº 55 da rúa Atocha Alta. Segundo o informe policial, os anarquistas comezaron a disparar contra as autoridades con armas de fogo, mentres entoaban himnos revolucionarios e vivas á anarquía e ao comunismo. O operativo rematou co resultado de 4 mortos –entre eles a propia María–, un ferido e dous detidos, así como a incautación de varias pistolas e unha bomba de man. Os interrogatorios baixo tortura a un dos sobrevivintes levou ese mesmo día ás autoridades a unha segunda casa-refuxio situada no nº6 na rúa do Carme, a de Alicia Dorado, panadeira anarquista de 25 anos.

Mapoulas Libertarias 2
O monolito no Campo da Rata para lembrar ás centos de persoas fusiladas durante o Golpe de Estado do 1936 en A Coruña. Daniel Palleiro

O resultado foi a morte dos catro militantes que alí se agochaban, e a incautación de folletos e propaganda insurreccional, así como algunhas armas e explosivos, sempre segundo a versión policial. As investigacións e interrogatorios baixo tortura levaron á Guardia Civil a outra serie de casas-refuxio os días seguintes, entre as cales estaba a de La Corales, militante da sección coruñesa de Mujeres Libres de 41 anos, a cal logrou escapar pasando máis dun ano agochada por montes e aldeas próximos á Coruña.

A primeira vivenda na que a Guardia Civil entrou a lume e sangue foi a de María Otero, situada no nº 55 da rúa Atocha Alta

Todas estas mulleres anarquistas que deron a súa vida pola liberdade foron agarimosamente homenaxeadas por Luis Chamorro —militante confederal coruñés que lograra escapar dende o Portiño en xaneiro de 1937— nun artigo publicado no nº 7 de Galicia Libre, o voceiro dos libertarios galegos na zona republicana, alcumándoas as nosas mapoulas:

Nosotros, los que hemos convivido algún tiempo en Galicia mártir, no podemos olvidar a nuestros hermanos y compañeras, que después de un año de sufrimiento siguen en pie luchando por la liberación de nuestro terreno. Hay muchos casos de heroísmo y sacrificios, en donde, saltando los obstáculos que el fascismo impone, siguen aliviando la situación de los trabajadores que están perseguidos; muchas han caido en el camino; pero, por una que cae, se levantan cien para cubrir el puesto (...) y con nuestro pensamiento os mando un manojo de amapolas (rojas y negras), como vosotras hacíais cuando caía un galeoto de la Libertad; que muy pronto a las caidas en la lucha pondremos en sus tumbas.

As mapoulas son flores que, pese á súa vida efémera, teñen a capacidade de espallar milleiros de sementes, moitas das cales permanecen dormentes durantes anos ata que finalmente xerminan. O 10 de xullo ficaron destruidas as casas-refuxio das Atochas e asasinadas as nosas mapoulas libertarias, o que significou a aniquilación de calquera esperanza de revertir a situación golpista na cidade que noutrora fora considerada unha verdadeira “colonia libertaria” (Sangro y Ros, 1908). Pero nese acto de destrución as súas sementes de memoria e liberdade foron espalladas polo barrio enteiro, atopando terra fértil nos veciños dun barrio que nunca quixo esquecer, como demostraron Mariquiña Villaverde, Laura Torres e tantas outras veciñas das Atochas, que mantiveron o seu legado de memoria en condicións de extrema adversidade.

Mapoulas Libertarias 1
As xornadas "O barrio non esquece" celebradas no ano 2018 na praza das Mulleres Libres nas Atochas en Monte Alto. Foto arquivo: Refuxios da Memoria

Hoxe, coa volta do nacionalcatolicismo á escena política e mediática, e coa proliferación dos seus símbolos de odio polas rúas da nosa cidade, é momento de facer aflorar no espazo público o legado daquelas mulleres boas e xenerosas. Por iso o venres 10 de xullo, dende Refuxios da Memoria e a CRMHd'AC, propoñemos celebrar o día das mapoulas libertarias cun roteiro que comezará ás 19h no Campo da Rata, e que atravesará o barrio ata chegar á praza Cántigas da Terra, onde estivo situada a casa-refuxio de María Otero. Unha celebración coa que queremos tamén aportar o noso gran de area na construción dun antifascismo en clave positiva, de xerme popular e con base nos barrios coruñeses que, como o das Atochas, se fundaron na solidariedade de clase. Uns barrios que son abertos e acolledores, e que levan no seu ADN a diversidade, a autoprotección colectiva e o apoio mutuo.

Memoria histórica
Zurdo e deportivista, até a última pinga
Falemos claro, o que aconteceu en Galicia despois da sublevación militar de xullo de 1936 foi un exterminio por motivacións políticas.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Memoria histórica
No olvidamos Armas pal pueblo
Tratando de seguir el rastro y procedencia del armamento usado por la guerrilla libertaria, tanto en el estado español como en el francés.
Literatura
Antonio Orihuela “En España existía un sujeto femenino radical y de cambio antes del movimiento sufragista”
A propósito de la publicación de su ensayo “Las sin amo”, repasamos con Antonio Orihuela la historia silenciada de unas escritoras de los años treinta comprometidas contra la lógica burguesa, el Estado, el capitalismo y la explotación.
Memoria histórica
No olvidamos Nueva ampliación de “El ángulo muerto”
Seguimos descubriendo hilos de los que tirar, y confirmando los que ya aparecían en El ángulo muerto.
#64880
10/7/2020 16:46

Boísimo o artigo, parabéns!

0
0
Crisis climática
Informe de la OMM El nivel del mar se disparó en un 2024 que contabilizó el mayor número de desplazados climáticos en 16 años
El balance climático de 2024 de la Organización Meteorológica Mundial resalta datos preocupantes en indicadores clave de la crisis climática y confirma que el pasado fue el año más cálido jamás registrado.
Activismos
Movementos sociais Guerra xeopolítica e loitas sociais: un ciclo de conferencias aborda en Vigo as raíces dun mundo en crise
Poñentes como Xosé Manuel Beiras, Miguel Urbán, Queralt Castillo ou Aurora Moreno abordarán algunhas das cuestións clave para analizar o presente e argallar ideas para o futuro nunhas xornadas organizadas polo grupo de activistas Ecoar.
Crisis climática
Informe España experimentó 28 días de temperaturas por encima de la media en invierno por el cambio climático
València experimentó el mayor número de días por encima de la media (33) y Barcelona vivió la mayor intensidad de la anomalía: 1,4ºC sobre el promedio. Casi 394 millones de personas por todo el mundo sufrieron 30 días o más inusualmente cálidos.

Últimas

Más noticias
Arte
Arte y memoria histórica Un artista renuncia a un premio de la Academia de Bellas Artes Canaria por su defensa del monumento a Franco
Acaymo S. Cuesta argumenta que la posición de la Academia con respecto al ‘Monumento al Caudillo’ de Juan de Ávalos es contraria a los principios democráticos que defiende y no recogerá el galardón.
Análisis
Análisis La hipérbole pasa factura a Vox y deja la mayoría absoluta en manos de Sumar y Podemos
La caída de dos puntos de Vox muestra cómo la izquierda y el PSOE podrían seguir teniendo una oportunidad de evitar un Ejecutivo del Partido Popular con la ultraderecha.
València
Racismo El Aita Mari se querella contra Vox Borriana y un diputado ultra por llamarles “barco negrero”
Un edil de Borriana y diputado autonómico ultra les acusó de ser “barco de negreros” y “cooperador necesario de las mafias de tráfico de personas”. El partido difundió estas declaraciones.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente A Xunta desoe a oposición social e dá luz verde ambiental á celulosa de Altri e Greenalia
O informe da administración galega, gobernada polo PP de Alfonso Rueda, conclúe que a proposta é “ambientalmente viable” e pasa por alto as decenas de miles de alegacións presentadas, así como a contestación social.
Costas
Costa A ría de Arousa, ao bordo do colapso ecosistémico
A principal produtora de marisco de Galiza afronta unha crise sen precedentes; o impacto da contaminación actual e a de potenciais industrias como Altri ou a reapertura da mina de Touro poñen en perigo o sector do mar.
Medio ambiente
Medio ambiente Miles de persoas enchen as prazas galegas contra o ‘si’ ambiental da Xunta a Altri
A Plataforma Ulloa Viva logrou mobilizar decenas de concentracións nos concellos da conca do río Ulla e máis alá para protestar contra a Declaración de Impacto Ambiental aprobada polo Goberno de Alfonso Rueda para a celulosa.
Cine
Vicente Monroy “El capitalismo es un ejercicio de destrucción de la curiosidad”
En su nuevo ensayo, Vicente Monroy convierte la penumbra de las salas de cine en protagonista, tejiendo un relato fascinante que une sus dos grandes pasiones: el cine y la arquitectura.