A quinta xornada de folga do metal de Pontevedra volve acabar con violencia policial

Todos os sindicatos manteñen as folgas convocadas para os próximos días e advirten á patronal de que non negociarán con condicións como a desmobilización.
Quinta jornada de huelga del metal de Pontevedra - 6
Miguel Núñez Axentes da Policía Nacional tras unha das primeiras cargas preto da fábrica de Stellantis en Vigo.
6 jul 2023 20:00

Quinta xornada de folga do sector do metal e outra xornada de violencia policial. Este xoves, miles de traballadores conseguiron bloquear bastantes dos accesos á planta de Stellantis en Vigo (antiga Citroën). Precisamente ao chegar ás proximidades da factoría é onde se atoparon un numeroso dispositivo policial que cargou contra os traballadores que tentaban chegar ata a porta principal do polígono.

A mobilización de hoxe levou a preto de 10.000 traballadores ás rúas de Vigo que pretendían levar a cabo unha acción para colapsar o cambio de quenda da principal empresa da comarca, Stellantis. “As patronais ofrecen unha subida de soldos do 2% para 2023, do 3% para 2024 e do 3% para 2025, pero coa cláusula de revisión salarial topada ao 1%, sen carácter retroactivo e sen atrasos, proposta máis regresiva que o que figura no actual convenio”, denuncian desde a CIG, o sindicato de clase maioritario en Galiza. Pola súa banda, a parte social demanda un incremento do 4% para cada un dos anos con cláusula de revisión ao IPC real.

Representantes de todos los tres sindicatos convocantes (CC.OO, UGT y CIG) advierte de que mantendrán las movilizaciones y de que la patronal debe sentarse a negociar porque “se le están acabando las excusas”. Xulio Fernández, de la CIG, ha advertido de que la patronal “tiene que convocar sí o sí” la mesa de negociación, y coloca sobre los empresarios la “responsabilidad” de que se ponga fin al conflicto. “Tienen que dejar de una santa vez de enviar comunicados que buscan dividirnos, no tiene sentido que quien quiera estar en una mesa de negociación esté mintiendo e insultando”, remataba esta mañana Fernández.

Laboral
A protesta do sector do metal en Vigo bótase ao monte para esquivar a violencia policial
Na terceira xornada de folga, miles de manifestantes cortaron a principal autopista do país despois de que a subdelegación do Goberno en Pontevedra lles impedise replicar a protesta fronte á feira da patronal que se clausura hoxe na cidade.
Laboral
O metal volve colapsar Vigo, mentres a patronal ameaza con non negociar ata que se desconvoque a folga
Miles de traballadores e traballadoras do sector reclaman subas salariais xustas e CIG, CC.OO. e UXT anuncian dúas novas xornadas de folga previstas para os vindeiros días 12 e 13 de xullo
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...