Migración
O Islam galego, en feminino

Musulmás plurais: españolas, marroquís e senegalesas, universitarias, traballadoras e amas de casa. Como percibe a sociedade galega un colectivo que é tan plural coma descoñecido?

islam feminino plural
Centrar o debate no pano crea estereotipos e divisións. Pablo Santiago
perifericas.es
29 sep 2017 09:20

A presidenta dunha asociación de mulleres. Unha doutoranda. Unha filla de pais separados que chegou a España en plena adolescencia. Tres mulleres, tres perfís, tres musulmás para as que Galicia é xa parte esencial das súas vidas, aínda que despois dos atentados das Ramblas en agosto, Imane tivese que escoitar aquelo de “Ide á vosa terra e explotádevos alí”. O comentario non deixa de ser paradóxico cando levas máis de media vida en Galicia. Azade, iraní, veu facer un Máster e continúa os seus estudos na Universidade; mentres que Fátima chegou con 13 anos, medrou e estudou na nosa Comunidade e xa a considera a súa segunda terra: “A miña Galicia é parte de min”. Pero, que sucede á inversa? Como percibe a sociedade galega un colectivo, o das mulleres musulmás, que é tan plural coma descoñecido?

Lonxe das cifras moito máis grosas de Andalucía, Cataluña ou a Comunidade de Madrid, en Galicia a pobación musulmá estimábase no 2016, segundo datos da UCIDE, a Unión de Comunidades Islámicas de España, nunhas 17.600 persoas, concentradas fundamentalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. Localidades como Arteixo levan décadas convivindo cunha notable poboación marroquí, e tras a chegada dos primeiros sirios para estudiar Medicina a Santiago de Compostela nos anos 70, pasaron catro décadas que viron unha notable evolución no perfil das mulleres musulmás: lonxe da imaxe que as presenta como submisas e dependentes dos homes, adicadas unicamente aos labores do fogar ou aos fillos, a variedade de situacións persoais é notable, comezando polas súas dispares orixes xeográficas.

centro cultural islámico vigo
Centro cultural islámico de Vigo
As cifras do Instituto Galego de Estatística amosan como a poboación de orixe marroquí é a máis numerosa, cun total de 6.734 persoas no 2016, das que o 43 por cento son mulleres; seguida dos conversos, é dicir, os españois non musulmáns de nacemento que adoptaron o Islam a posteriori; e cos senegaleses en terceiro lugar. Os conversos representan xa case o 30 por cento do total de crentes musulmáns en Galicia, cun notable incremento a partir do 2014, de acordo coas cifras da UCIDE.

A comunidade feminina musulmá en Galicia é tan diversa como a sociedade galega en si mesma

Queda patente, pois, o absurdo que é seguir a empregar conceptos excluíntes á hora de referirse ao Islam en Galicia, como o de “Elas” e “Nós”: esas dicotomías non existen cando temos musulmás cunha longa traxectoria vital en Galicia, outras nadas na nosa Comunidade como fillas de pais musulmáns, e unhas terceiras cunha árbore xenealóxica enteiramente galega, que adoptaron o Islam na súa vida adulta. Zorahaida Casales, coordinadora de proxectos en SOS Racismo Galicia, teno claro: “Establecer un perfil único sería un gran erro. Falamos de mulleres procedentes de diversos países, clase social, económica, formativa e con experiencias vitais diferentes. A comunidade feminina musulmá en Galicia é tan diversa como a sociedade galega en si mesma”.

As consecuencias de abordar as mulleres musulmás como obxecto máis que coma suxeito son claras: supoñen afondar nos estereotipos e negarlles voz directa para explicar, nos seus propios termos, cales son os retos, problemas e motivacións que atopan na súa vida cotiá, en gran medida compartidos polo resto das galegas, dende a inferioridade salarial ata o desigual reparto das tarefas domésticas ou dos coidados. Hai, evidentemente, un elemento extra que fai máis complexa a realidade destas mulleres: a incidencia que a islamofobia de xénero ten sobre as súas vidas, converténdoas en portadoras dunha dobre estigmatización, coma mulleres e coma musulmás.

En Galicia as mulleres non occidentais rara vez teñen a palabra en ningún foro público (e moito menos en ningún que non fale de migración)

O termo “islamofobia de xénero”, entendido como o rexeitamento ou hostilidade cara a persoas musulmás sobre a base do seu sexo, ten nas mulleres as súas principais vítimas, e no pano o seu símbolo máis evidente. Imane non o leva, pero si súa nai, e recoñece que o pasa especialmente mal por ela: “Sempre saes con medo, e á miña nai moitas veces a discriminaron polo seu pano, por exemplo no traballo, xa que non te collen na maior parte dos sitios polo feito de levalo. Cando pasou o atentado das Ramblas, saías á rúa e notabas algunhas miradas de desprezo ou de medo ou mesmo eras insultada”. A importancia do pano como símbolo é tan notable que aquelas que non o levan, como Azade, recoñecen que “por non levar pano non notei discriminacións polo feito de ser musulmá, xa que non se me identifica como tal”. 

Moito máis do que un pano

Centrar o debate na indumentaria, e especificamente no pano, ten un risco evidente: crea estereotipos e divisións, e non permite afondar noutros elementos que seguen a frear o coñecemento mutuo, como a dificultade de aprender a lingua árabe en Galiza, ou a escaseza de iniciativas que exploren a convivencia entre comunidades en ámbitos informais, non oficiais. A creación da asociación Chicas Musulmanas de Galicia, en Pontevedra, supuxo un avance destacable neste sentido, ao concibirse como un grupo sociocultural liderado por mulleres para promover o coñecemento do Islam en Galicia. Estas iniciativas seguen a ser, porén, minoritarias, e como ben apunta María Reimóndez, fundadora de Implicadas no desenvolvemento, “En Galicia as mulleres non occidentais rara vez teñen a palabra en ningún foro público (e moito menos en ningún que non fale de migración)”. En moitas ocasións, como argumentaba Fátima, de orixe marroquí, os obstáculos, máis que vir motivados por unha islamofobia directa, que ela afirma nunca ter experimentado na nosa Comunidade, proceden da ignorancia sobre a súa realidade: “Non entenden como podes estudar, traballar, conducir e saír cos teus amigos levando pano e practicando o Islam”.

O recente Informe anual sobre a islamofobia en España, de 2016, da Plataforma Cidadá contra a Islamofobia, indicou que o número de incidentes islamófobos duplicouse neses 12 meses respecto ás cifras do ano anterior. Dos 573 incidentes reportados, máis do 14 por cento ían especificamente dirixidos a mulleres. Cifras que, se ben aínda non se revisaron para este ano, case con total seguridade experimentarán un notable aumento tras o acontecido en Cataluña, tendo en conta que os atentados sufridos en Europa nos últimos tempos aumentaron notablemente a visibilización pública desa islamofobia, dende as pintadas contra a comunidade musulmá ata as agresións na rúa, pasando polos ataques en redes sociais. A islamofobia postatentados presenta as mulleres musulmás como culpables e non como vítimas dos mesmos: son consideradas pasivas no resto das situacións, pero parecen adoptar un papel activo e ameazante cando se producen este tipo de actos delitivos. Casales, porén, apunta que “a nivel galego non recibimos ningunha denuncia desta tipoloxía posterior aos atentados de Barcelona, polo cal non podería falar dun incremento”.

A responsabilidade dos medios

O coñecemento que boa parte da sociedade galega adquire sobre as mulleres musulmás pasa polos medios de comunicación. Que sucede co seu discurso? Pois que, lonxe de rachar cos estereotipos ata agora apuntados, contribúe a reforzalos: imaxes que se centran na vestimenta como sinónimo de maior ou menor emancipación ou opresión, vitimización, infantilización… A xornalista Alba Otero realizou no 2015 un traballo de campo en Xinzo de Limia, no que puido constatar como a poboación desta localidade seguía a considerar os marroquís como estranxeiros, mesmo nos casos nos que se trataba de persoas xa nacidas en Galicia, con nacionalidade española ou dobre nacionalidade. Este tipo de traballos dannos unha idea de ata que punto, case 30 anos despois da instalación das primeiras comunidades estables de marroquís en Galicia, seguen a existir numerosos desafíos para a súa integración en igualdade de condicións respecto dos individuos non musulmáns. Nese sentido, a recente creación, este mesmo ano, do Observatorio da Islamofobia nos Medios, supón unha potente ferramenta para facer partícipe a sociedade galega da loita contra as discriminacións mediáticas, ao permitir denunciar artigos xornalísticos que supoñan unha discriminación para a poboación musulmá; en sentido construtivo, tamén permite engadir artigos que afonden nunha imaxe positiva do Islam.

María Reimóndez aboga por atender “ás historias de superación e referentes femininos que moitas destas mulleres constitúen no contexto das súas comunidades de orixe e no contexto da migración”, como un xeito de tender pontes para rachar coas imaxes discriminatorias; Zorahaida sinala que despois dos atentados de Barcelona resultoulle “notablemente agradable a amplia solidariedade cara a comunidade musulmá en Galicia. Cada vez a sociedade é máis crítica e sabe discernir entre a realidade e o que contan algúns medios de comunicación”, unha idea na que insiste Imane: “hai xente que comprende e sabe que non todos somos iguais”. Azade apunta que tamén é responsabilidade propia “participar activamente na construción da sociedade e visibilizar outros perfís de musulmás”, e Fátima resume a súa fórmula para romper estereotipos: “Creo que o xeito de facelo é dándonos a coñecer, e que a sociedade galega nos dé a oportunidade de facelo. O máis importante é falar da nosa realidade e que ninguén o faga por nós”. 

Sobre a autora
Carmen V. Valiña é escritora, investigadora e profesora en temas de xénero. Creadora e directora de www.perifericas.es, Escola Online de Feminismos alternativos.

 


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Almería
Derechos Humanos Junto al mar de plástico: más de 7.000 personas viven sin derechos en los asentamientos de Almería
Miles de trabajadoras y trabajadores que sostienen la agroindustria almeriense se someten diariamente a la vulneración de sus derechos básicos, abusos laborales y a pagar hasta 4.000 euros por un contrato de trabajo
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.
Medio ambiente
Medio ambiente Que papel xoga Abanca no proxecto da celulosa de Altri en Galiza?
A sociedade público-privada Impulsa Galica, que cimentou os primeiros plans da multinacional papeleira e Greenalia está participada fundamentalmente pola Xunta e polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas de aforro galegas.

Últimas

Sáhara Occidental
Sáhara Occidental Crece la indignación por el apoyo de Sánchez a los planes expansionistas de Marruecos en el Sáhara
Los socios del Gobierno y el Frente Polisario acusan al Ejecutivo de Sánchez de dar la espalda al derecho internacional y usar el Sáhara como “moneda de cambio” para mejorar las relaciones con Rabat.
Reino Unido
Reino Unido La decisión del Supremo de Reino Unido da alas a la transfobia en un contexto antiderechos trans
Los términos “mujer” y “sexo” en la Ley de Igualdad se refieren únicamente a la mujer biológica y al sexo biológico, pese a que esta especificación no aparezca de forma literal en el texto.
Religión
Religión Muere el papa Francisco, el primer pontífice latinoamericano
Jorge Mario Bergoglio ha muerto este lunes 21 de abril en su residencia en la Casa de Santa Marta, en Roma, según ha informado el Vaticano. Tenía 88 años.
Culturas
Cultura Tiphaine Rivière y la necesidad de entender a Bourdieu
La francesa Tiphaine Rivière se enfrenta en ‘La distinción’ (Garbuix, 2025) a la obra de Bourdieu para entender el diálogo entre los diferentes estratos sociales.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí Tel Aviv encubre en un informe “lleno de mentiras” el asesinato de 15 trabajadores humanitarios
Una investigación interna admite la masacre realizada el pasado 23 de marzo, pero oculta información, es contradictoria y llena de falsedades, según denuncia la Media Luna Roja y la organización israelí Breaking The Silence.

Recomendadas

Medio ambiente
Crise climática Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante
Sarria convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de la Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.