Migración
Recortes, despedimentos e desamparo: a crise nos centros de acollida xestionados por Rescate Internacional

Usuarios, voluntarios e traballadores vinculados a Rescate Internacional denuncian condicións indignas, redución de custos e falta de atención básica nos dispositivos xestionados pola ONG, que se financia con fondos públicos.

O pasado mes de febreiro, varios migrantes protagonizaron un peche simbólico nun centro de acollida en Monterroso —provincia de Lugo— para denunciar o trato recibido pola ONG que xestiona o dispositivo. Posteriormente, os portavoces das protestas, Djibril e Maoudou, procedentes de Mali, foron expulsados do centro.

Tras a chegada masiva de migrantes ás costas Canarias o pasado verán, o Goberno central activou unha serie de dispositivos en Galicia co propósito de dar resposta á situación de emerxencia humanitaria nas illas. No marco do programa de acollida do Goberno, a ONG Rescate Internacional xestiona varios destes centros de protección internacional en Galiza.

Dentro do Sistema de acollida de protección internacional e temporal, o Executivo central dispón de 29.211 prazas no Sistema de Acollida de Protección Internacional (SAPI) e de 15.974 prazas do Programa de Atención Humanitaria. Estas persoas son atendidas en centros públicos directamente xestionados polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións; ou ben con recursos xestionados mediante acción concertada con entidades do terceiro sector.

Os migrantes acollidos en Monterroso denunciaban un trato discriminatorio por parte da ONG Rescate Internacional,  así como a falta de atención médica e asesoramento xurídico á hora de solicitar asilo. Segundo fontes do Ministerio, esta ONG xestiona ao redor de 1.700 prazas en España, das que unhas 1.400 atópanse en Galicia.

O orzamento do sistema de acollida no último ano foi de máis de 652 millóns de euros para a acción concertada. Varios traballadores e voluntarios vinculadas á ONG Rescate Internacional denuncian a infradotación de recursos e persoal nos centros xestionados por esta organización, así como unha política de redución de custos xeneralizada. “Os convenios que se asinan co Ministerio son moi apetecibles, porque hai moito diñeiro polo medio” advirte Miguel Fernández, portavoz do Foro Galego de Inmigración.

Denuncian unha situación de abandono

“Vemos aos mozos buscando comida nas papeleiras por que a comida que dan no centro é vomitiva” comenta unha veciña e voluntaria en Rescate Internacional. Segundo explica, a organización é ademais reticente a dar soporte ás persoas usuarias en xestións burocráticas básicas, como a tarxeta de transporte, aínda sendo “indispensable” para os desprazamentos en pequenos municipios rurais e con poucas conexións.

Outro traballador da ONG denuncia a “situación de abandono” na que se atopan os migrantes, a falta de limpeza nas instalacións, así como a ausencia de psicólogos e tradutores. A maioría das persoas usuarias dos centros de emerxencia chegan á península de maneira irregular, fuxindo da guerra ou a persecución, con síntomas de trauma significativos; e sen coñecer o idioma. “Cando unha persoa leva días con fortes dores de cabeza, a resposta da organización é dicirlle que non hai medicinas dispoñibles, un día tras outro”, afirma o traballador.

No Concello de Mondariz-Balneario —provincia de Pontevedra— a ONG Rescate xestiona un centro de emerxencia no que viven unhas 290 persoas. Tras varias queixas respecto a xestión do centro, o Concello creou unha comisión de seguimento da situación con representantes do executivo local, voluntariado, veciñanza e ONG. Segundo explican, as principais preocupacións xiraban ao redor da falta de persoal, a calidade da comida e a ausencia de clases de castelán. O Concello puxo en marcha grupos de aprendizaxe do idioma con voluntariado, xa que no centro de acollida só hai 4 profesores para case 300 persoas.

O alcalde de Mondariz-Balneario, César Gil, bota en falta o apoio doutras administracións para facer fronte ao aumento de poboación nun municipio duns 600 habitantes. “Son 300 persoas máis que atender no centro de saúde, tendo só un médico”, explica Gil. “Necesitamos recursos humanos e económicos para dotar aos servizos sociais e administrativos do Concello”, asevera.

Baixas por ansiedade e sobrecarga laboral

“Se os traballadores teñen un criterio profesional distinto ao da directiva, pódense dar despedimentos sen previo aviso.” Varias persoas traballadoras da ONG Rescate Internacional falaron con este medio baixo condición de anonimato por temor a represalias. Denuncian o “acoso laboral” ao que ven sometidas así como o hostil ambiente de traballo na organización, que “utiliza os despedimentos para implantar o medo no persoal”.

As malas condicións laborais, a falta de persoal cualificado e os ratios desbordados de traballo provocan que moitas traballadoras estean de baixa por ansiedade ou depresión. “Os postos das persoas que están de baixa non se cobren, estamos esgotadas emocionalmente”, segundo explican, a infradotación de persoal ten consecuencias moi negativas na atención ás persoas usuarias e na cobertura das súas necesidades básicas.

Doutra banda, os traballadores afirman a falta de formación específica en dereitos humanos, xénero, diversidade sexual e migracións na directiva da ONG. Denuncian a toma de decisións desde o racismo, sen ter en conta o criterio profesional das persoas que están á fronte da intervención, o que ten implicacións moi negativas no traballo técnico con persoas migradas.

O persoal de mantemento da ONG tamén se ve desbordado debido á antigüidade de moitos dos pisos e as instalacións, o que provoca avarías frecuentes en servizos básicos como a calefacción ou a auga quente.

Os traballadores denuncian unha política xeneralizada de redución de custos por parte de Rescate Internacional, o que prexudica a calidade de vida das persoas usuarias. O ano pasado a organización reduciu nun 10% todas as axudas para manutención e necesidades básicas; ademais de eliminar outras axudas transversais para atención médica; como odontoloxía e oftalmoloxía.

“Isto prodúcese mentres instalan aire acondicionado nas oficinas. Os recortes orzamentarios sempre afectan as persoas usuarias”, explican. “A externalización deste servizo público fai que as ONG funcionen como calquera entidade privada”.

Novo regulamento de estranxeiría

Segundo datos do Ministerio do Interior, no 2024 chegaron a España un total de 63.970 persoas por vía marítima e terrestre. No mesmo período, rexistráronse 167.366 solicitudes de protección internacional, das cales 38.686 foron denegadas.

O Foro Galego de Inmigración ten denunciado publicamente a situación das persoas solicitantes de asilo que, tras recibir resolucións negativas, vense obrigadas a abandonar os dispositivos de acollida sen alternativas habitacionais nin recursos. Esta problemática deixa a moitas destas persoas en situación de extrema vulnerabilidade e sen apoio institucional.

A entrada en vigor do novo Regulamento de Estranxeiría o próximo 20 de maio, traerá consigo serias dificultades para as persoas solicitantes de asilo cuxa petición fose denegada ou que aínda se atopen en proceso de recurso. Estas persoas deberán pasar seis meses en situación irregular antes de poder acollerse ás novas modalidades de arraigamento contempladas na normativa.

Segundo explica Miguel Fernández, isto implicará a perda do seu emprego ou a imposibilidade de acceder legalmente a un, agravando a súa vulnerabilidade e dificultando a súa integración no mercado laboral. “Moitas persoas veranse obrigadas a abandonar os dispositivos e a desprazarse a outras rexións do Estado para poder realizar traballos no sector agrario de forma irregular” afirma.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Altri
Altri Dimite a directora de Patrimonio que asinou o informe onde se cualificaba de “icónica” a cheminea de Altri
Tras máis dunha década á fronte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua abandona o seu cargo, que asumira a comezos de febreiro de 2013.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Pensamiento
Pensamiento Michael Hardt: “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.
Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.

Últimas

Palestina
Palestina Imputan a dos capitanes de buque implicados en el comercio de armas con Israel
El Juzgado de Instrucción nº 6 de Barcelona investiga la implicación de la naviera Maersk en el suministro de armas al ejército israelí y le requiere que identifique a dos capitanes.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.
Más noticias
València
Lawfare La Audiencia de València dicta que la causa contra Mónica Oltra llegue a juicio
Aunque la Fiscalía y el juez instructor descartaron que existiera indicios de delito contra la ex consellera y el resto de acusados, la Audiencia ratifica la celebración del juicio.
Estados Unidos
Guerra comercial Estados Unidos y China acuerdan una rebaja en los aranceles durante 90 días
Tras una reunión en Suiza, los dos países anuncian que reducirán los impuestos a las importaciones a partir del 14 de mayo.
Educación
Eduación La educación vasca no irá a la huelga tras llegar a un acuerdo tildado de “histórico”
Los sindicatos desconvocan los paros para esta semana al haber alcanzado mejoras en las condiciones laborales del profesorado y una mejor financiación para los centros públicos.
Justicia
Justicia Cómo retorcer el derecho antidiscriminatorio: apuntes del juicio por delito de odio a una activista trans
La presidenta del Partido Feminista pide cinco años de prisión y 50.000 euros en daños a una mujer trans por considerar que un tuit que no la mencionaba constituye una amenaza y una incitación al odio. Pero, ¿qué son los delitos de odio?

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.