Minería
Situación “comparable a Guantánamo” nunha mina impulsada polo CEO de Atalaya

Segundo o informe da federación IndustriALL, “os traballadores describen as súas condicións de traballo como non menos que escravitude." A mina de Mutanda, no Congo, foi posta en marcha polo máximo responsable de Atalaya, impulsora do Proxecto Touro. A mineira Glencore, propietaria da mina, nega as acusacións.

mina touro atalaya
Manifestación do 25 de febreiro contra a reapertura da mina en Touro e O Pino. Pablo Santiago
O SALTO GALIZA
28 mar 2018 19:10

Hai unhas semanas, o CEO da multinacional que pretende reactivar a explotación de Touro calculaba que se crearían “uns 400 postos de traballo directos” e aseguraba que non existía “ningún risco” de contaminación, aínda que alertaba con retranca dunha opción para o desastre: “Que yo me vuelva loco y diga: «abrid las compuertas y verted». ¿Algún técnico de esta empresa me va a obedecer, sabiendo que es un delito?”

Desde 2015 Alberto Lavandeira é CEO e director da multinacional canadense Atalaya Mining Plc, cando os accionistas aprobaron o cambio de nome da empresa, antes chamada EMED Mining. Meses atrás, EMED 'fichaba' a varios altos cargos que traballaban coa multinacional suíza Glencore, segundo transcendía en medios especializados. Unha das fichaxes foi Lavandeira, natural do Carballiño. O seu mérito principal foi a posta en marcha dunha mina de cobre e cobalto no sur do Congo e o seu primeiro obxectivo o proxecto Riotinto, que comezaría a súa produción comercial en 2016. Todo un éxito.

VULNERACIÓN DE DEREITOS NA MINA DE MUTANDA

Na web de EMED, a flamante fichaxe de Atalaya presume de 36 anos de experiencia en proxectos mineiros. Colleu experiencia presidindo a empresa Río Narcea e certificou as súas capacidades entre 2007 e 2014 como director de Samref Overseas. Esta empresa liderada por Lavandeira traballou como asociada á xigante suíza Glencore no desenvolvemento do complexo mineiro de Mutanda, na provincia de Katanga.

A esta e outras minas desprazouse en febreiro unha delegación de IndustriALL, unha organización que loita pola mellora das condicións laborais dos traballadores de 140 países do sector mineiro, enerxético e industrial. A misión levouse a cabo por petición do TUMEC, un sindicato congolés que representa aos traballadores da mina de Kamoto e tamén da mina que liderou Lavandeira, hoxe CEO de Atalaya.

industriall mineria congo
Membros de IndustriALL nunha xuntanza con traballadores mineiros no Congo. Imaxe: IndustriALL

En febreiro denunciaron o “grave maltrato aos traballadores” pero o pasado 22 de marzo foron máis alá: IndustriALL publicou un informe revelando as condicións dos traballadores, con detalles como que a empresa lles dá aos traballadores menos dun litro de auga potable cada 12 horas ou que Glencore lles proporciona comida caducada. No informe, de acceso público, revélanse numerosas vulneracións nos dereitos dos traballadores nas minas de Kamoto e Mutanda e, literalmente, recolle:

      “Os traballadores describen o seu tratamento e condicións de traballo como non menos que escravitude, comparable a Guantánamo. Os traballadores denuncian como as súas familias son expostas a enfermidades pola roupa que levan a casa, pois non hai facilidades no traballo tales como lavandería ou duchas. «Ao chegar a casa, estamos tan sucios que non podemos abrazar aos nosos fillos.» Explica un traballador.

O informe de IndustriALL recolle 15 demandas para garantir o cumplimento dos dereitos laborais dos traballadores de Glencore e as súas subcontratadas, sendo esta a última esixencia: Que Glencore se comprometa a investigar as pésimas condicións de traballo nas dúas minas, particularmente en Mutanda” a de Lavandeira—, onde as condicións laborais son peores. Glencore nega as acusacións e fala de "acusacións infundadas". Mentres tanto, segundo datos recollidos este ano polo portal Bloomberg, Glencore triplicou as súas cifras de dividendo chegando aos 2.900.000.000 de dólares e cunhas moi boas expectativas de crecemento.

Anos atrás, cando Lavandeira aínda traballaba no proxecto, a ONGD Global Witness investigara as ventas de activos mineiros entre Glencore, o goberno congolés e un empresario israelí, cualificando as ventas como “acordos opacos” e formulando esta hipótese:

  “A nosa investigación expón dúbidas sobre o posible papel de Glencore na venda secreta e potencialmente corrupta de accións nas minas Kansuki e Mutanda entre 2010 e 2011.”  

Glencore, pola súa banda, tiña deixado claro que “non participará en violacións da lei da terra, non pagará nin recibirá subornos e non participará en ningunha práctica criminal, fraudulenta ou corrupta”, segundo recolle este comunicado de Global Witness. Cómpre lembrar que a finais de 2017, foi pública e notoria a presenza de Glencore nos 'Panama Papers' por empregar paraísos fiscais durante anos para desviar millóns de dólares.

Con todo, non hai que ir tan lonxe para atopar denuncias e investigacións abertas contra os promotores do proxecto da mina de Touro. Desde o pasado decembro, o Seprona investiga a onde foron parar 3 hectómetros cúbicos de augas ácidas que estaban na mina de Río Tinto, un proxecto de Atalaya Mining. Segundo afirmou Ecologistas en Acción ao Diario de Huelva, estas augas foron vertidas a leito público, co risco que iso supón para a poboación e incumprindo a autorización ambiental unificada (AAU) do proxecto de explotación Río Tinto. Atalaya negouno nese mesmo medio alegando que esas augas foron reutilizadas dentro da mina.

A SITUACIÓN DA MINERÍA NO CONGO

O Congo é o maior produtor de cobalto do mundo, producindo o 53% do total mundial. O que podía ser unha oportunidade para un país rico en recursos, remata sendo a causa dun maior empobrecemento polo aumento da demanda deste recurso por parte de empresas por todos coñecidas: Microsoft, Samsung ou Apple empregan este mineral para aumentar a capacidade das baterías dos seus produtos e Tesla para mellorar o rendemento dos coches eléctricos.

Para máis inri, segundo cálculos de UNICEF, en 2014 había ao redor de 40.000 nenos e nenas traballando nas minas do sur do país, na maioría na extracción de cobalto. Segundo Humanium, ONGD que traballa polo respecto e cumprimento dos dereitos infantís, estes nenos e nenas traballan en túneles de ata 300 metros de profundidade, “expoñéndose ao risco de morrer asfixiados por derrubamentos a cambio de unha remuneración de 2 dólares ao día”. No proxecto da mina de Mutanda, na que traballou Lavandeira, non houbo constancia deste tipo de prácticas.

En setembro de 2017, o goberno da República Democrática do Congo recoñeceu o problema e manifestou o seu compromiso de erradicar o traballo infantil no sector mineiro para 2025.

Mina de Cobre no Congo
Mina de cobre no Congo. Imaxe: Hans Lindqvist



Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sphera
Minería La inacabada historia de la minería en Asturias
VV.AA.
Uno de los accidentes recientes más graves en la minería asturiana vuelve a cuestionar el sistema de controles y ayudas públicas para las minas en proceso de reestructuración.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.