Música
Kaixo: “Quero conscienciar co que digo pero centrándome máis no como do que no que”

Tras 2 anos, Kaixo e Abelo Valis reuníronse de novo con Dellafuente para dar un concerto no Auditorio Mar de Vigo o pasado 20 de abril. Os tamén integrantes de Banana Bahía Music están a piques de sacar material musical tras un tempo de parón.

Kaixo Vigo
Kaixo durante o concerto no Auditorio Mar de Vigo o 20 de abril de 2018 Daniel Carrasco

Aínda que Kaixo foi o organizador do concerto de hai dous anos na sala Masterclub en Vigo, sempre que Dellafuente vén á cidade adoitan facer algo en conxunto. Cúmprese un ano tamén da presentación do Mallory de Kaixo na fábrica de chocolate.

Kaixo e Abelo Valis –xunto co resto de membros de BBM– son recoñecidos como uns dos máximos expoñentes da música urbana galega a nivel estatal. Explican que queren facer música dun xeito que, por parteis iguais, poida conscientizar as masas e empregar recursos artístiscos para embelecela. Kaixo desenvolve esta filosofía artística por medio do Newpunk, considera que a nova onda da música urbana bebe do movemento punk.

Levabades un par de meses de parón na canle de BBM ata que subichedes o OOMM fai apenas un mes. Avecíñase algo novo?
Kaixo: En conxunto, estamos a producir unha mixtape con Banana Bahía, que se vai chamar La Bahía. Por separado, estamos a facer cada un a súa movida, eu estou preparando un triple EP que agardo que estexa para finais de maio. O EP sairá cun selo moi potente e unas colaboracións bastante interesantes.
Abelo: Tamén ten un disco preparado para cando morra (risas). Persoalmente, quero seguir facendo música e medrar profesionalmente.


Beauty Pikete, recoñeceu nunha entrevista a este medio que non hai ninguén que invista cartos en levarvos a outros sitios para darvos a coñecer. Está no certo?
Kaixo: En Galiza hai un problema clave que sempre existiu e é a localización xeográfica. Os grupos que triunfaron de aquí foi porque marcharon fóra. Se non estás en Madrid é moi difícil facer nada, porque non chega o producto, aínda que sexa moi bo. A xente de aquí non entende que hai que moverse. Se non te moves, morres. Eu teño 29 anos e coa idade de Beauty Pikete hei de dicir que nin sequera pensaba niso, dábame igual. Nese momento non existía recoñecemento para este tipo de música e non podías plantexar as cousas que a día de hoxe sí podes. Para min, a miña carreira profesional comezón hai dous anos, agora síntome coma se tivese 20 anos de novo.
Abelo: O dito, avanza ou morre.

Nas súas cancións, Dellafuente usa ritmos flamencos típicos da cultura andaluza, Bad Gyal fixo cancións en catalán e en Galiza está o exemplo de Boyanka Kostova. Incluso ti, Abelo, faslle referencias á Santa Compaña nas túas cancións. Credes que é importante exportar o producto galego dun xeito diferencial?

Abelo: Si, eu creo que é o guai. Agora estou facendo un disco rememorando a “movida” que pasou en Vigo nos anos 80. Paréceme interesante exportar o bo que temos, como a Santa Compaña ou as meigas –que a xente de fóra non sabe o que son– e Galiza mola.
Kaixo: Opino o mesmo. Os galegos sempre molamos. Galiza hai que exportala: tanto o modus operandi como o modus vivendi da xente de aquí. Nós diferenciámonos do resto de España, non temos nada que ver cun madrileño ou un andaluz. Temos tamén un xen diferencial respecto ao resto, que nos trouxo tamén unha cultura diferente. O noso carácter case lusófono diferéncianos e na variedade está o bonito.

Nos medios de comunicación mainstream nun principio sempre se relacionou aos novos artistas de música urbana co uso dunha temática infantil, narcisista e coa apoloxía do consumo de drogas. Ademais, englóbase dentro do xénero trap a quen usa autotune, hit-hats, 808s… Mellorou a vosa imaxe nestes últimos anos nos medios?

Abelo: É o show bussines tío, úsanno para iso. Penso que ten que haber xente da nosa xeración informando e non xente que nos leva a nós 30-40 anos.
Kaixo: Nos mass media hai moitos dinosaurios traballando. Cren que poden facer unha review de Miguel Bosé un día e ao seguinte outra sobre min ou Dellafuente usando os mesmos coñecementos. Os mass media infantilizan todo, só fican coa imaxe ególatra e superficial do artista sen aprofundar na súa obra artística. Se ti es capaz de abrir a túa mente e entender esta xeración, é outra cousa. Nos medios de comunicación ten que empezar a escribir xente que fale o noso idioma e empatice. Hai que entender o discurso e a vontade de cambiar certas cousas dentro desta xeración.

Kaixo e Abelo Valis
Kaixo e Abelo Valis durante un concerto en Vigo Raúl Novoa González
Noutras entrevistas, ti Kaixo, falabas de que o new punk é como “dicir o que pensas dunha forma visceral, o como o dis”, e que se xera unha conexión público-artista nos concertos coma na época do punk. Cres que este estilo de música pode aportar cambios significativos á sociedade?
Kaixo: Entendo que o New Punk é iso, un berro desde dentro coa idea de conscienciar. Busco que mentres o escoites teñas un período de tempo no cal che den ganas de bailar, de gritar, de sentirte vivo. Quero conscienciar tamén co que digo, pero máis centrándome no como que no que. Hai cousas que me parecen interesantes de mudar, mais moito deste discurso lévoo máis cara a un ámbito personal e artístico fóra dunha canción.

Con Tekilas tes unha canción na cal falades de xeración durmida e de que a revolución non será televisada… Ti cara a onde ves que se dirixe ese cambio?

Kaixo: Hai que destruir para construir. Considero que o sistema está podre e tes dúas opcións: entrar dentro e construír outro novo desde aí ou ben unha guerra. Persoalmente, prefiro entrar no sistema e facer os cambios que están en cada un. Considérome unha persoa de esquerdas, nuns aspectos comunista e noutros anarquista. Non me clasifico nunha ideoloxía concreta, mais entendo que o mundo de agora está por riba das masas, porque estas están dormidas e alienadas.

Creo que os artistas que están máis preto da miña idade –25/30 anos– temos a responsabilidade de poder mandarlle unha mensaxe á masa social e conscienciala. Isto é un cambio que penso que se verá dentro de pouco. As ideas e os conceptos vitais están mudando, poden chegar a imporse incluso mudanzas no modelo de produción a través da conscienciación social, que é o que busco. Ademais, a idea de que o modo de producción debe cambiar é algo que cada vez se ve na mente de máis persoas, aínda que tampouco sei con certeza se se vai materializar. Sei que ás veces podemos parecer algo nihilistas e que pareza que nos “suda o carallo” o mundo, mais iso non é así porque formamos parte del.

Kaixo: Van rapeiros ao cárcere porque estamos nunha dictadura encubierta

Valtonyc marchou para o exilio porque tiña que entrar en prisión. Considerades o que pasou un ataque á liberdade de expresión?
Kaixo: Si, clarísimo. É un escándalo que vaian entrar no cárcere rapeiros e non políticos por fraude fiscal. É a mafia controlando o Estado. Van rapeiros ao cárcere porque estamos nunha dictadura encuberta.
Abelo: Son unha mafia, eu agardo que a Kaixo non o metan na cadea.
Kaixo: Eu vou ao Tribunal de Estrasburgo e fódoos vivos! Tío… Os fiscais que están postos a dedo polo PP e PSOE elixen coellos de indias. Xa che digo que Valtonyc tampouco ten unha repercusión social estratosférica nin moitísimos seguidores, pero fanno como cabezas de turco para que a xente non o imite. Van conseguir o contrario, que a xente saia á rúa. Cando te pasas fodendo ao pobo, este protesta, sempre foi así. Aínda que como dicïamos antes, parece que para que a xente desperte vai ter que haber máis casos así.

Entón… Pode ser que algún día fagades un contido tan explícito en contra do Estado e do sistema capitalista coma o que fixo Valtonyc?
Kaixo: Iso paréceme interesante, creo que se pode facer dunha forma máis sutil e directo á vez.
Abelo: Dicir “Rajoy que te jodan quiero meterte un palo por el culo” non me parece bonito. Aínda que poida compartilo, penso que falando de arte pódense explotar máis as capacidades de cada un.
Kaixo: Claro que haberá moita xente que queira quitar a familia real de onde están. Co máximo respeito cara a Valtonyc e todos os artistas condenados, penso que a clave é dicir as cousas dunha forma máis útil para que a xente o entenda e que un fiscal non te poida foder. O xogo da metáfora e da ironía paréceme máis atractivo. Eu non digo que a miña forma sexa mellor, de feito, penso que se a túa rabia te leva a iso… Por que non o vas dicir?

Ambos os dous estades moi en contacto co marketing. Como de importante o vedes na sociedade dixital en que vivimos?

Abelo: A peña que domina o mundo está facendo que en Facebook ti lle des clic ao que eles queren. A publicidade está dirixida con base nas cookies e chega a dar medo. Ademáis, o control que ten Facebook sobre o que ti publicas é brutal.
Kaixo: É case o 90 % de todo tío. O marketing é moi importante, pero considero que chegará un momento que todo esto se sature e volverá o anonimato. É moi impactante o bombardeo de imaxes que temos día a día só con desbloquear o móbil. Susan Sontag en Sobre a fotografía nos anos 70 xa falaba desta sobresaturación de imaxes. Isto pasa a día de hoxe cos videoclips, que a min persoalmente me parecen un coñazo.
Abelo: Si, Naomi Klein en No logo fala sobre o poder que teñen as marcas. Así, Nike non representa para a xente o mesmo que Tommy Hilfiger. Dá moitas pistas sobre o marketing nas grandes marcas e a súa psicoloxía. Dalles un carácter humano. A min interésame crear algo bonito e artístico a través da música. Tamén se poden aproveitar certos nichos, coma o caso das Valisciaga

Kaixo e Abelo durante entrevista
Un momento da entrevista a Kaixo e Abelo César Fieiras Ceide
A canción de Guerrera de Dellafuente e C. Tangana acaba de gañar un disco de platino. Credes que con este tipo de cousas se lle dá o recoñecemento que se merece á música urbana?
Kaixo: Si, a música urbana é a música do presente e dos próximos dez anos. O que está a pasar agora en España xa pasou en Estados Unidos nos anos 90 coa cultura do Hip-Hop. A inicio dos 2000, o que estaba no Top de ventas era o rap. A día de hoxe, se Drake saca unha canción sae en billboard prácticamente no top 100 asegurado.
Abelo: O dito, que morran os vellos e os dinosetos! (risas)

Se comparamos con Europa: artistas coma MHD, PNL (Francia) ou Ghali (Italia), están tendo moito recoñecemento no ámbito internacional. Que fai falta en España para que isto chegue?
Abelo: O primeiro, a educación. Que aos nenos se lles empece a ensinar a valorar a arte e a cultura nos colexios. Que aprendan a crear a súa propia arte, que lean, que vaian ao cinema… Tamén a arte na arquitectura o unha propia filosofía, que dá vergoña que a sacasen coma materia obligatoria
Kaixo: España sempre vai á cola. Ademais, paréceme que o máis importante para valorar a arte é xerar pensamento crítico e empático. A cultura urbana forma parte da nosa xeración e está pedindo paso. Hai un paradigma novo dentro da cultura e da música, ao que os grandes promotores se deben adaptar. Ou te adaptas ou morres.

Abelo: Nos colexios débese ensinar a valorar a arte e a cultura

Falando de cultura de masas… Ti Kaixo tes un tema chamado Pape Cheikh en homenaxe ao ex-xogador do Celta de Vigo e deixaste ver polas gradas de Balaídos. Cal é a vosa opinión sobre o fútbol e a súa cultura de masas?
Kaixo: A min o hooliganismo encántame. Non me gusta como se usa para idiotizar. Foi moi bonito no seu momento, mais agora hai un dito claro que o describe: “Odio eterno ao fútbol moderno”. Iso represéntame bastante, igual que a moitos xogadores, que non o din. O fútbol pasou de ser un conxunto de sentimentos moi viscerais pola equipa da túa cidade a ser un negocio. Sempre tivo detrás uns intereses económicos, pero a día de hoxe está súper acotado por eles. Molaban máis xogadores coma Lucarelli e Sócrates, activistas que representaban a cultura e ideoloxía dunha zona dentro do espectáculo.
Abelo: Sen ir máis lonxe, fútbol é política tío e se o controlas e o levas cara onde ti queiras xa sabemos cara onde vai… A min os futbolistas parécenme os gladiadores romanos do século XX e XXI.

Vós tamén podedes representar esa cultura nosa cara a fóra…
Kaixo: Por aí fóra pénsanse que aínda andamos con tractores e con vacas e é algo que deberían empezar a reformularse. Eu dígolles que son un viquingo e que pesco coas mans (risas). Dame mágoa de que Galiza non sexa nada recoñecida. Só o son pola xente de dentro da escena, os medios de comunicación pasan de min.
Abelo: Ningún é profeta na súa terra, a verdade.

Kaixo: Dame mágoa de que Galiza non sexa nada recoñecida
Fai falta máis participación femenina dentro da escena?
Kaixo: Si desde logo, sobre todo rapazas que fagan máis estilos que Reaggetón. Máis variedade, xa hai unha Bad Gyal que está guai, pero fagamos máis cousas.Abelo: Si, menos copias, demándanse rapazas con máis mensaxe nas cancións.

Outra Gata Cattana?
Kaixo: A min flipábame… Mira que non era o meu estilo favorito, pero era algo distinto, moi poético e visceral todo. A min coa súa entrega e o seu contido representábame. O seu timbre de voz a través do que representaba a súa alma en palabras era incrible, o seu eu interior falaba por ela.

É posible un tema con Dellafuente?
Kaixo: Iso xa sabes a quen llo tes que preguntar (risas). Fálalle tambén das porcentaxes e dille que se llo deixamos ben a el. Nós estariamos dispostísimos.
Abelo: Eu faría una peli con el e que me fiche de dianteiro para o Dellafuente F.C
Kaixo: Eu adestrador e director deportivo!

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Música
Música Cómo resistir a la ocupación de Palestina gracias a la música vintage
El artista Mo’min Swaitat ha creado el Archivo de Sonido Palestino, una colección de más de 7.000 casetes, vinilos y CD de música palestina con el fin de preservar la cultura e historia de su país y evitar que la ocupación borre su legado musical.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
Medios públicos A TVG, condenada a rectificar por difundir unha información falsa sobre o BNG
A xustiza condena tamén ao director do ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, pola nova onde se afirmaba erradamente que o BNG non enviara representantes a un evento organizado pola Xunta e mais a Fundación Castelao para dar inicio ao Ano Castelao.
Palestina
Palestina Israel prohíbe regresar a los 40.000 palestinos desplazados en el norte de Cisjordania
El ejército de Israel desplaza a miles de sus casas en campos de refugiados en diferentes ciudades de Cisjordania ocupada. Mientras, Israel presiona para no llegar a una segunda fase de alto el fuego.
Oriente Próximo
Oriente próximo Abdullah Öcalan llama a deponer las armas para lograr la plena democracia para el pueblo kurdo
El líder del Partido de los Trabajadores de Kurdistán llama a la disolución de la organización. Ankara dice que “estudiará” la situación, que también influye sobre Siria, Irán, Iraq y la situación en los países de Oriente Próximo.
Macrogranjas
Maltrato animal Una investigación revela una nueva “masacre” en una granja de pollos que salpica a Mercadona
En España, la granja investigada comercializa el producto ‘Cuartos traseros de pollo’ en la cadena de Juan Roig y está certificada con el sello catalán Welfair de bienestar animal, según denuncia el colectivo ARDE que ha realizado la investigación.
Economía
Economía A Xunta de Rueda privatiza outra das residencias de maiores financiada por Amancio Ortega
Tanto esta residencia como a de Pontevedra, cuxa xestión tamén está en proceso de licitación, serán as próximas en abrir tras a entrada en funcionamento das de Santiago de Compostela e Lugo, que xa operan baixo o mesmo modelo.

Últimas

Editorial
Editorial O Salto deixa de publicar en X
A asemblea deste proxecto informativo decidiu conxelar as súas publicacións na rede social propiedade de Elon Musk.
Opinión
Opinión De Errejón a Monedero: reflexiones sobre el ciclo del desasosiego
¿Qué pasa cuando quien abusa ha sido o es tu compañero de filas, tu colega, alguien que se consideraba feminista, y no una caricatura facha o un incel de manual? ¿Cómo manejamos la complejidad?
Más noticias
Andalucismo
Día de Andalucía ¿Por qué Andalucía sigue celebrando el 28F?
Las andaluzas y andaluces celebramos el día de Andalucía entre los actos institucionales y las reivindicaciones políticas, reflexionamos sobre la vigencia y la influencia política de este día.
Barcelona
Activismo Absueltos los ecologistas que pintaron el megayate de Walmart en Barcelona
La sentencia afirma que la acción no constituye un delito de daños leves, ya que “la pintura biodegradable fue fácilmente limpiada con una manguera de agua”.
El Salto Radio
El Salto Radio Criminalizar la okupación, perseguir la movilización
Los "18 de la Macarena” se enfrentan a una petición de 77 años de prisión por ejercer su derecho a la protesta. De ello y del derecho a la vivienda hablamos con Macarena Olid, vicecoordinadora de la Asociación pro Derechos Humanos de Andalucía.
Xunta de Galicia
Economía Rueda obedece a Feijóo e rexeita unha redución de 4.000 millóns de euros da débeda galega
O presidente galego esixe un novo modelo de financiamento con polo menos 500 millóns máis, mentres que o BNG acúsao de seguir un “interese partidista” que “prexudica a Galiza”.

Recomendadas

Urbanismo
Urbanismo salvaxe Un pobo contra o asfalto: Bembrive e Mos rebélanse contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde
Veciñas e veciños conseguen presentar 25.000 alegacións contra unha estrutura de dez quilómetros, defendida xa só polo PSOE en Madrid e en Galiza, que partirá en dous unha poboación enteira e forzará a expropiación de decenas de vivendas.
Pensamiento
Mar García Puig “Habitar la metáfora es un peligro que merece la pena”
La escritora catalana Mar García Puig publica ‘Esta cosa de tinieblas’, un breve ensayo narrativo que defiende el poder liberador de la metáfora frente a una pureza simplificadora y paralizante.
Guerra en Ucrania
Geopolítica Trump fuerza a Zelensky a hipotecar la explotación de minerales críticos a cambio de su apoyo
Según el borrador del acuerdo comercial presentado por EE UU, esta potencia deberá obtener el 50% de todos los beneficios de las nuevas explotaciones minerales de Ucrania.
Represión
Represión Javitxu, desde la cárcel de Zuera: “Lo que peor llevo es estar lejos de la gente que más quiero”
Francisco Javier Aijón, Javitxu, es uno de ‘los seis de Zaragoza’. Entró en la cárcel el pasado mayo con una condena de casi cinco años basada en las declaraciones policiales durante el juicio.