O prelo
Carriandola: As abraiantes aventuras de Mariña

Unha aproximación a unha ciencia ficción dedicada a mocidade, que relata unha Galicia posapocalíptica.

Carriandola O Prelo
18 oct 2020 17:10

Galicia sobrevive a unha devastadora crise enerxética e unha nena é responsable de evitar que un novo réxime ostente o único xerador de enerxía no país. Carriandola As Abraiantes aventuras de Mariña  relata unha historia de ciencia ficción que amosa unha Galicia que apenas subsiste nun escenario  dunha recesión sen precedentes. Trátase dunha pequena novela gráfica dedicada á mocidade, que describe unha forma de percorrer a xeografía galega e que recupera o sentido da aventura e a acción de certa tradición da banda deseñada. 

Os espazos relatados nesta novela gráfica son unha aproximación xeral a un futuro carente de enerxía eléctrica. Aquí os personaxes apenas son capaces de vivir en condicións de empobrecemento e precisan da cooperación directa. As ilustracións suxiren un tipo de nova idade media na que se empregan solucións rudimentarias a problemas da vida diaria. 

Con todo, a ciencia ficción de Aloysus e Blanco garda tamén unha relación coa nosa historia: permítenos ollar o noso presente a través dunha proxección do futuro. O texto alude a espazos que son ben coñecido en Galicia e que son visitados no marco dunha hipotética crise enerxética. Neles, cunha observación atenta das imaxes é posible descubrir os xeitos en que a xente afronta a realidade posapocalíptica desde as súas formas de vida ben coñecida na nosa actualidade.   Consérvase o ethos propio do país na resolución dun escenario catastrófico. 

O mesmo se pode dicir de aqueles xestos sutís que nos conectan cos problemas dos nosos tempos contemporáneos: o hospital de Verín onde naceu a nosa protagonista ou o debate pola la explotación enerxética do territorio. Hai entón na ciencia ficción de Aloysus un recordatorio constante da nosa vida pública.

Algo similar sucede coa recuperación da inventiva científica para falar do problema da apropiación da produción enerxética. Na tradición da física renacentista, conservouse a idea de imaxinar un artefacto capaz de producir a mesma  enerxía que o mantén operando. De tal xeito que apenas precise dun primeiro impulso para continuar co seu funcionamento indefinidamente. Tal aparello leva o nome xenérico de perpetuum mobile e é apenas una exercicio imaxinario que resulta irrealizable. É un artefacto ideado no imaxinación científico, que supoñería unha ambición maior: romper coas leis da termodinámica e producir enerxía constante por tempo ilimitado.

Carriandola recupera o artefacto imaxinado na historia da física e convérteo nunha ferramenta vital para os tempos de crise. A imaxinaría científica é nesta historia un obxecto de liberación, pero tamén de capitalización  pola clases acomodadas. Trátase dun debate relacionado coa acumulación do poder enerxético a través dun aparello capaz de producir a súa propia forza. Xa que logo, As abriantes aventuras de Mariña recollen un obxecto imaxinario para depositalo no debate polo poder e a crise. 

As abraiantes aventuras de Mariña é tamén unha épica no sentido máis amplo: fala dunha pequena que posúe unha singular a capacidade que lle permitiría orientar o destino da súa comunidade.  Entón, ela decide iniciar unha aventura incerta na que terá que se valer do seu sentido da xustiza. 

Mariña é entón un personaxe predestinado no sentido máis tradicional da aventura iniciática: loita por aquilo que lle foi atribuído, pero tamén está destinada a descubrir quen é.  Así o relato nútrese dunha longa tradición de heroes e heroínas que inician unha viaxe cara a fora, pero tamén cara a dentro. 

Nese mesmo sentido, o texto e as imaxes aliméntanse de grandes momentos de tensión e de acción. Tal e como sucede en bandas deseñadas relacionadas con súper heroes: grandes actos de valentía, sorpresas inesperadas e explosións. 

O guión é unha proposta Luís Carreira Aloysus e as ilustracións estiveron a cargo de Simón Blanco. A publicación, a cargo de editorial Aira, foi presentado no marco do Xacobeo 2021 e ofrece tamén unha lectura que outorga visibilidade ao chamado Camiño Mozárabe. Unha observación atenta dos espazos onde sucede a historia amosan unha traxectoria de peregrinación.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.