O prelo
Os exilios que somos: o pensamento esquecido entre as ruínas do tempo

O fotopoemario de Tomé e Ron fala da memoria a través da recuperación de imaxes e palabras. Todas elas perdidas no silencio do medo e a impunidade.

Os exilios que somos libro
14 nov 2020 09:29

Os exercicios de recuperación da memoria inclúense nun longo debate relacionado co tipo de diálogo que debemos crear co pasado.  A polémica podería reducirse a dúas preguntas de gran profundidade: como transmitimos as nosas lembranzas e para que decidimos habitar o pasado. Para Irene Tomé e Xabier Ron, a segunda pregunta vincúlase coa creación dunha conversa histórica que temos pendente. A súa antoloxía de fotopoemas intégrase a ese debate coa intención de construír as condicións que nos permitan iniciar un dialogo sobre a nosa memoria. O seu libro, como algúns outros, invitan de forma implícita a atrevernos a visitar o pasado propio. Asumindo así que o achegamento á memoria é un traballo que exixe coidado e atención. Xa que logo, os proxectos estéticos, como é o caso deste libro, son pezas claves para aprender a elaborar esa memoria que se encontra oculta e ferida.

As veces, a lembranza tamén se converte nunha forma de exixencia.

O exilio que somos é unha antoloxía de fotopoemas que ambas autoras construíron durante quince anos. Os texto-imaxes están repartido en catro capítulos: Obxectos, Espazos, Persoas e Lambranzas.  A obra procura atender a recuperación dun exercicio de transmisión xa existente entre persoas que viviron o exilio e a Guerra Civil: “Estas historias son tan só un exemplo de moitas outras, na súa maioría non escritas, aínda que si transmitidas polas avoas ou avós a netas e netos”. Así, a obra de Ron e Tomé apenas procura dispoñer as palabras e imaxes que xa existen na memoria sutil das familias e as persoas maiores. “Dispoñer”, nesta caso, é un xesto de acompañamento e significa, como no chamado dispositio, un xeito de recuperación e transformación estética.

Tomé e Ron fan visible esa relación case imperceptible que os obxectos gardan co pasado. A dimensión que progresivamente os converte en ruínas, materia invadida pola memoria. Neste caso, os obxectos son detonadores do pasado ou ben dialongantes silenciosos aos que podemos confrontar  co seu propios pasado. Como un interrogatorio a unha radio:

“De que temas falaban/amor?/guerras?/conquistas?/do mesiánico caudillo?”

A relación que garda a imaxe e a palabra no Exilio que somos é moi diversa. As veces, as alusión son concretas  e parece que ambos se ilustran. Porén, as veces, palabra e imaxe toman camiños distintos. Cada un procura a construción da súa propia experiencia e o espazo que comparten é apenas unha suxestión imaxinada. Noutro, son case complementarias e aliméntanse mutuamente.  

Os exilios que somos fai explícito a conversa que queda gardada no silencio dos exiliados.

As veces, a lembranza tamén se converte nunha forma de exixencia. Atende os problemas da súa propia recuperación. É por iso que moitos dos fotopoemas da obra de Tomé e Ron  falan do silencio e a xustiza. No basta capturar o pasada como unha orde estática de cousas, senón que tamén é importante sinalar que ese xesto pode facer visibles procesos encubrimento e medo:

“Os laios arden mal/resoan nun corazón ferido/de morte/non hai silencio reparador/se non pechamos as feridas dunha guerra civil incivil”.

Sucede mesmo cos procesos de xustiza. A memoria excede, en moitas ocasións, o acto íntimo e persoal. Vincúlase con procedementos que quedaron impunes e que agardan respostas:

“Detrás das togas baten as evidencias/e os mazos cuspen ao aire ecos de carraxe/non coñecen o mel do amor nin a beleza”

Moitos fragmentos da obra dialogan cun espazo que aparece por primeira vez no poema A CASA DAS AUSENCIAS. Trátase dunha casa en ruínas no medio do monte. As palabras suxiren un conxunto de historias relacionadas co exilio das persoas que habitaron ese recinto. Neste caso, a obra nútrese de imaxes que non aluden a obxectos recuperados senón a espazos desertos. Estes escenarios son acompañados con eventos e acontecementos do seu pasado, probablemente son os episodios máis narrativos da obra de Tomé e Ron. Alí atópase a morte, compañeira do exilio, pero tamén a lembranza infantil que anima as ruínas. Este episodio de os exilios que somos fai explícito a conversa que queda gardada no silencio dos exiliados. Aquela que se mantén con aqueles que ama, co seu pasado e coa súa propia morte. É un diálogo nunca dito que aquí toma forma na poética de ambas autoras.

“Cando vos vexo/aquí/nos falares/nos ollares/e nos repetidos xestos/só quero unha pinga de mel/para a sede de amar/que me chega/todos os días/alén do mar”

Esta antoloxía é tamén así un encontro co ausente, unha forma de fala que quedou por suceder. Os exilios que somos é un fotopoemario editado por Alvarellos Editora e publicado no ano 2020. A obra é unha forma xenerosa de diálogo co pasado e cos ecos das voces que lle dan forma. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.