O prelo
E que facemos con esta dor?

A última novela de Berta Dávila reflexiona sobre os vínculos familiares e os distintos xeitos de afrontar o dó.
A Ferida Imaxinaria Libro
21 abr 2024 06:00

Unha atmosfera particular como un corpo de auga na intemperie. A última novela de Berta Dávila avanza devagar, sutil, lixeira sobre ese corpo sen chegar a romper a tensión superficial. Nós, as lectoras, miramos as ondas que fai o vento sobre a auga e deixámonos guiar cara ao mar aberto onde podemos ficar un tempo e decatarnos que, debaixo do que quedou, hai, en realidade, movemento salvaxe nas profundidades.

Na novela seguimos dúas parellas de irmás distanciadas pola dor da morte, por un dó que presenta unha única resposta: fuxir. Ou ben cara a dentro, ou o suficientemente lonxe para tentar rachar as fronteiras do vínculo familiar. A lectura dialoga de certo xeito con Irmá Paxaro, de Tamara Andrés: “miña irmá é / un paxaro / que xa non me fala”. Pero, a diferenza do poemario de Andrés, A Ferida imaxinaria non dá moitas voltas ao pasado nin se interesa polos eventos previos á ruptura das irmás. Nese sentido, non é un texto nostálxico que procura a traxectoria das relacións para tentar explicar o lugar no que se atopa cada unha no presente da ficción. En troques, estamos inmóbiles, sempre ao pé da incerteza dun futuro que non chega, pero que ao longo das páxinas se mantén como promesa a través da inminente chegada dun eclipse.

As catro personaxes da novela atopan os seus propios xeitos de afrontar o dó e é xusto nesta especie de xogo de contraposicións, que as diferenzas entre as personaxes se fan máis patentes e os seus actos e afeccións toman dimensión.

Así, aínda que a temática xire arredor da morte, o xogo de contrastes permite que certas pasaxes do libro estean escritas con sentido do humor, o cal está presente na ironía coa que se expoñen as distintas respostas emocionais. As personaxes, relacionadas entre si, poden rir de si mesmas e do absurdo que semellan certas trivialidades fronte a dor.

“Diría que estaba a piques de enfermar de melancolía, de nostalxia e de resignación, pero decateime de que non tiña diñeiro abondo para todo iso. Cando a tentación da autocompaixón reaparecía, pensaba no diñeiro que non tiña e o enfado sepultaba a languidez anterior”.

Por outra banda, é preciso salientar a aparición dos animais na novela de Dávila. Estes non son escritos coa intención de romantizar o vínculo humanidade-animal, nin tampouco a autora procura inserirse nas narrativas que reflexionan sobre o post-humano. En A ferida imaxinaria, os animais son quen ancora as personaxes á realidade, aínda que semelle que están alí xusto coa intención contraria. O texto presenta a pregunta: que depositamos neles?, que nos revela de nós a súa fraxilidade?

En todos os casos, a irrupción da natureza (xa sexan os eventos astronómicos por vir, o paso do tempo que se materializa nos cambios estacionais nas plantas ou os diferentes animais ao redor das protagonistas) é un recordatorio constante da morte, do paso do tempo, da fraxilidade da vida, da falta de “finalidade” que ten a existencia en si mesma e do continuo rexurdimento cíclico.

A aparición destes factores é importante na medida en que a morte arrinca a estabilidade e pon en perigo a estrutura vital que tiñamos até entón. Así, queda atopar outras perspectivas sobre a existencia que nos permitan retomar a propia.

****

Ao longo da novela, vemos algunhas personaxes nunha constante loita por evitar ser devoradas pola memoria, pero ao final, é xusto o acto de faceren memoria o que pode desaparecer unha das barreiras interpostas para aceptar o dó.

Nese senso, A ferida imaxinaria podería dialogar tamén co texto da rabina Delphine Horvilleur, Vivir cos nosos mortos (Editorial Asteroide, 2022), quen apunta que “a desaparición brutal secuestra o conxunto dunha existencia que, non obstante, non debe reducirse ao seu desenlace. Non contar nunca a vida a partir do final, senón a partir do que nela se cría ‘sen fin’. Saber dicir todo o que foi e o que puido ser, moito antes de dicir o que xa non será”.

Así, Berta Dávila propón o acto de lembrar, de atreverse a facer memoria, como un xeito de sandar e de facer fronte ao dó, de aceptalo.

“É posible fuxir cara adiante coa imaxinación ou fuxir cara atrás co recordo, pero no primeiro caso algunha veces unha non é abondo resistente como para soportar a tensión de escapar, e no segundo caso unha bate sempre con aquilo que a persegue ou con aquilo que teme. De todos os modos, o problema de instalarse na fuxida é esquecer quen era antes diso e meso se algunha vez fuches alguén”.

A pesar da tendencia a fuxir das personaxes, son os encontros con outras persoas os que terminan por dar sentido e aliviar as doenzas. O encontro alixeira a carga e axuda a recoñecer o que sentimos, onde estamos e quen somos. A ferida imaxinaria fala do moito que precisamos, do soporte das palabras, doutras miradas e doutras experiencias nas que nos poidamos reflectir e que nos axuden a dar o seguinte paso. Non para dirixirnos cara ao futuro, senón para seguir no presente.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.