O prelo
A forma do fento: comentario de Feliz Idade

A obra de Olga Novo é un canto ao universo inmenso que acompaña e posibilita a nosa vida
13 feb 2022 09:32

Feliz Idade é un poemario e un cruzamento de carreriros. Está escrito como un encontro onde se atopan  a escoita dunha filla, dun pai, dun namorado. Por iso, a obra de Olga Novo, antes que todo, é un espazo común, unha reunión na que se convoca unha conversa atenta da que formamos parte. Alí, é posible descubrir que as sete partes da obra constitúen unha forma diferentes de escoitar. No poemario de Novo, o interlocutor non é unha figura ausente, senón unha subxectividade que se constrúe coa palabras da autora e a quen nós acompañamos.

A importancia que esta obra poética dedica ao seus propios interlocutores, mantén unha relación coa dimensión comunitaria que Marina Garcés asocia á lectura. Contrario á consideración habitual, para a filósofa, a lectura crea e mantén relacións insólitas, complicidades e afectos que conectan cun mundo sostido polas palabras. Xa que logo, Feliz Idade lémbranos que o acto de ler non é un xesto de soidade. Nesta obra somos testemuñas dunha conversa na que participamos coa nosa presenza.

Neste diálogo que atendemos como lectoras, é posible apreciar dous mundos que alimentan as palabras de Olga Novo: aquel das formas pequenas e sutís -os microorganismos, os cromosomas, os insectos-, e o outro que se sitúa na inmensidade -a lúa, os planetas, o universo-. A poética da autora móvese nesas dúas dimensións semánticas.

Nese sentido, parece alimentarse dunha tradición inmensa de poetas que nese Canto cósmico atopan formas de materialidade que animan a vida na súas formas máis simples e sofisticadas. Nese discurso, o inmenso e o pequerrecho comparten a posibilidade de alimentar a existencia. Así, o significado da materia e a vida é un dos temas máis importantes nesta obra e toma forma a través de dous polos: a maternidade e a morte.

O primeiro gran apartado da obra de Novo está dedicado á maternidade. E ten a forma dese dialogo sensible a un ser que descobre a súa propia creación, a súa preparación para experimentar a vida.

Velaí ves Velaí ves

en tódalas direccións máis íntimas

atraendo a miña existencia á creación da túa

facendo de min un oco no cosmos

eu

que sempre admirei as galerías dos roncos e dos grilos

e o burato que facía a miña mai cos dedos

pra plantar unha leituga

no profundo (...)

Para Olga Novo a maternidade non deixa de estar vinculada coas experiencias que se constrúen na terra, en compañía de seres pequenos e plantas que medran con forza no subsolo. Parece que a experiencia propiamente humana explícase desde esas formas silenciosas e poderosas que tamén manifestan formas de existencia. Como se, continuando co pensador Emanuele Coccia, a vida fose unha inmensa continuidade que atopa a súa potencia nesa conversa constante entre formas diversas de habitar o mundo. Acto que non deixa de ser plenamente colectivo:

Nalgún poema pasei frío e pasei fame

sentín padecementos que non eran meus

 

cos vosos fillos metidos no ferrado

coas vosas criaturas enriba dunha mula

cos vosos bebés nunha caixa de cartón (...)

Nesta obra poética hai unha herdanza infinita de xestos, de formas de vida, de maternidades. Eses versos manifestan esa experiencia que se partilla a través da palabra. A maternidade deixa de ser un saber e unha experiencia illada, individual, para se converter nun andar colectivo que é capaz de transmitir padecementos e saberes. É, entón, un esforzo por recuperar un rastro perdido.

E ese é un dos intereses desta obra: a  procura de pegadas, de lembranzas, de tempos extintos. Eses son os problemas que toman forma trala experiencia da morte e o deterioro. En “Anquises”, un dos poemas máis poderosos deste conxunto, hai unha chamada repetida a ese recordo que queda depositado na memoria do padre. Trátase dunha lembranza cotiá, sobria: “(...) e só lembras aquela feira de 1952 / cando lle caeron os cascos aos bois volvendo da Pedrafita”. En forma de repetición, esa lembranza simple, que nace nos momentos de deterioro, parece conter os últimos rastros do pasado vivido. A pregunta implícita que se suxire non está dedicada a aquel que envellece, senón ao que coida  e escoita: como afrontar o pasado que agora organiza o seu sentido nun recordo tenue e ordinario?

En Feliz Idade a vellez non é só infame. É tamén a posibilidade de ollar nas formas materiais diminutas os segredos que gardan para preservar a vida: as folerpas, a harmonía na forma dun fento ou o cantar pleno dun poema. A vellez, xa que logo, convida a esas outras experiencias que son invisibles para o oído e ollo áxil dos máis novos.

Entón, a obra de Olga Novo percorre a dor da perda, a potencia do nacemento e tamén a indeterminación que posibilita o acto amoroso. Como se o encontro entre dous suxeitos os desdebuxara nunha especie de materia nova e misteriosa. E esa unha das grandes insistencias desta obra: a forza que a materia e os corpos son capaces de soportar para organizar a vida.

Feliz Idade foi gañador do Premio Nacional de Poesía 2020. É publicada desde o 2019 por Kalandraka Editora e forma parte da súa colección Tambo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Poesía
Literatura Versos desde el andamio: la posibilidad de una poesía de clase obrera, a debate
¿Existe una ‘poesía obrera’ o unas ‘poéticas trabajadoras’ contemporáneas? ¿Cómo se expresan? Tras los pasos del fallecido poeta francés Thierry Metz, el “poeta del andamio”, consultamos a autoras, expertos y editoras.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Euskera
Aresti 50 urte Mailukadaren oihartzuna Arestiren ahotsan
Ekidak bederatzi artisten abestiak bildu ditu disko batean, 'Bigarrenez Aresti' egitasmoaren baitan.Poetaren heriotzaren urteurrenean aurkeztu zuten lana Bilboko Bira espazioan.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.