O prelo
A sutil forza política da transmisión literaria nunha lingua minorizada

Algúns achegamentos á potencia pública da difusión cultural e a lectura.

Niño librería
Un niño camina en una librería Ione Arzoz
13 dic 2020 10:02

Nun dos seus textos máis celebres, Benjamin outorga ao papel do narrador a capacidade fundamental de herdar e intercambiar experiencias. A diferenza de moitas outras prácticas similares, o narrador oral asimila para si o narrado e despois o verte no ámbito público. En presenza doutras persoas, o narrador recupera o pasado e proxéctao nunha nova forma. A forma da súa propia vivencia.

A experiencia transmitida de que fala Benjamin non é só o puro gozo íntimo. Nalgunha medida, excede a exhibición estética. O saber que lle interesa é o propiamente práctico. Aquel que se xesta no devir da vida e toma forma nas palabras. Trátase dunha didáctica implícita na narración que pretende ensinar un xeito de habitar a vida. O narrador oral resolveu isto de formas moi diversas: nun comentario moral ou nun proverbio. Con todo, aínda que non sempre explícito, o narrador sinalado por Benjamin é capaz de acceder á importante arte de atender os pesares e o sentido da vida. Práctica que xestionamos na intimidade, pero que tamén toma forma nas palabras de alento ou nos consellos. Por iso, Benjamin non pasa por alto a ausencia do narrador tras a reprodución impresa da literatura e escribe: “A consecuencia disto, carecemos de consellos tanto para nós mesmos como para os demais”.

O que interesa aquí é a responsabilidade que  garda a crítica e a transmisión literaria en galego. Ou, a importancia de atender e coidar as literaturas en linguas minorizadas.

A atención do filosofo estaba posta na narración oral aínda que os seus supostos tamén poden identificarse con todo o uso literario da palabra. Para iso, xa hai importantes esforzos intelectuais: Michèle Petit e o papel da mediación en períodos de crise, as últimas aportación teóricas de Rafael Mondragón en México e toda a tradición de que forma parte, a gran didáctica teatral de Augusto Boal en contextos de emerxencia, etc. Cada unha delas coa a grande intuición de que a palabra axuda a xestionar a realidade común e facer a vida máis vivible.

Con todo, o que interesa aquí é a responsabilidade que  garda a crítica e a transmisión literaria en galego. Ou, a importancia de atender e coidar as literaturas en linguas minorizadas. Tarefa que lle corresponde a profesorxs en lingua e literatura, mediadorxs de lectura, dinamizadorxs lingüísticos/ culturais  e críticxs ou comentaristas de texto. O caso do galego garda similitudes con outras sistemas literarios de características moi similares. As literaturas en linguas minorizadas tardan moito tempo en recoñecerse como sistemas literarios e os motivos son moi diversos: persecución, carencia dun sistema de escrita estable, falta de espazos para a súa sistematización, a organización dunha xenealoxía. Ante iso, a pregunta polo sentido que deben ter espazos como O Prelo, o ensino e a transmisión literaria ou a dinamización cultural é clave.

As historias poden axudar a identificar a inxustiza, o medo e as posibilidades de organización.

De volta a Benjamin, o pensador alemán suxire dúas figuras narradoras fundacionales: o  mariño mercante e o campesiño sedentario. O primeiro é rico en saberes e experiencias pola súa disposición á aventura e á viaxe. O segundo, pola outra banda, podería axudarnos a imaxinar as potencias que esconde a atención á literatura en linguas minorizadas.

Se o mariño mercante é capaz de recoller historias na súas viaxes de ultramar, o campesiño sedentario é unha porta ao pasado. O campesiño narra o que se lle herda sen a necesidade de se desprazar quilómetros. Dalgún xeito, é portador dunha historia que converte en experiencias e en narración. O compromiso da figura do campesiño é pública e polo tanto política. É o mediador de saberes e experiencias que se relacionan co pasado, coa historia compartida. Ao recuperar eses saberes prácticos, o oínte pode atopar respostas ou elaborar novas preguntas relacionadas co sentido da súa propia realidade. As historias poden axudar a identificar a inxustiza, o medo e as posibilidades de organización. Nalgunha medida, trátase dunha das grandes responsabilidade que Edward Said atribúe a figura do intelectual e que tamén están relacionada coa importante dimensión política dos estudos en Letras.

A dificultade maior aparece cando o exercicio da transmisión é homoxenéizante e altamente autorreferencial. É dicir, cando se pasa de extraer os saberes propias da vida a recoller os coñecementos patrióticos e abstractos.

A función do campesiño sedentario, que podería gardar similitudes coa transmisión cultural e literaria en linguas minorizadas, tamén atopa dificultades na súa recuperación do pasado. Primeiro, co entorpecemento dunha historia mutilada que foi apenas descuberta e que o narrador ten que reconstruír para recoller as experiencias que pretende transmitir. Con todo, a dificultade maior aparece despois: cando o exercicio da transmisión é homoxenéizante e altamente autorreferencial. É dicir, cando se pasa de extraer os saberes propias da vida a recoller os coñecementos patrióticos e abstractos. Os primeiros cumpren a función benjaminiana de socializar os problemas da vida pública, pero os segundos sitúanse nun debate que se fundamenta en valores como “a grandeza perdida” e atenden aspectos que recoñece como valores culturais esenciais que se deben “protexer” e enmarcar como profundamente diferenciadores, o volkgeist perdido. O mesmo procedemento é visible no uso da lingua e a versión máis visible desta última pretensións toma forma no que José del Valle chama a cultura monoglósica.  Esta fundamentase na estabilización total do uso lingüístico, outorgando así un marco mínimo de variabilidade.

Estas intencións non só se alimentan da conservación da lingua polo feito de se recoñecer como minorizada, senón pola súa capacidade practica de axudarnos a atender a nosa realidade común, a súa incansable dimensión política.

No entanto, o que podería suxerir a dimensión política da transmisión cultural que propón Benjamin é unha forma distinta de imaxinar o pasado. Se no antes comentado a Historia é un monólito disposto para ser recuperado, a outra posibilidade é elaborar un conxunto de preguntas de orde público que nos permitan achegarnos ao pretérito.

Facer visibles as preguntas e as experiencias que a literatura nos ofrece é responsabilidade do comentarista, dxs mediadorxs e dxs profesorxs. Nalgunha medida, estas intencións non só se alimentan da conservación da lingua polo feito de se recoñecer como minorizada, senón pola súa capacidade practica de axudarnos a atender a nosa realidade común, a súa incansable dimensión política. Ao respecto, recupero as importantes palabras de  Michèle Petit sobre o acto de ler: “Ler serve para atopar fóra de nos mesmos palabras que estean á altura das nosas experiencias, figuracións que permitan pór en escena, de forma distanciada ou indirecta, o que vivimos  sobre todo os capítulos máis difíciles da nosa historia” -común ou non-.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.