O prelo
Fuxir ao bosque dos raposos aforcados

Rinoceronte publica unha novela gráfica que comparte a experiencia na vida natural e herda o saber de Arto Paasilinna.
10 abr 2023 16:24

A obra de Arto Paasilinna é célebre polo seu vencello cos espazos da natureza finesa. Os animais non humanos e os escenarios naturais participan nunha narrativa que se disputa o conxunto de problemas morais que experimentan os personaxes humanos. Paasilinna é o narrador dunha natureza activa e procura non representar o peor da ornamentación literaria dos bosques e da vida agreste.

O bosque dos raposos aforcados é a novela gráfica que Nicolas Dumontheuil adaptou da obra orixinal de Paasilinna. Polo tanto, a lectora atópase ante un texto dobremente mediado: primeiro pola obra de Dumontheuil e despois pola tradución de Sergio Gómez Blanco. Esta traxectoria supón unha viaxe de decisións estéticas e conceptuais que convén atender.

Nesta versión hai unha sutil reelaboración do ritmo narrativo. Os pensamentos dos personaxes e a descrición dos montes fineses experimentan dúas adaptacións esperables. No primeiro caso, quizais o máis arriscado, o razoamento propio dos protagonistas queda implícito. Se na novela, as accións poden ser anticipadas, na obra de Dumontheuil a operación é contraria: entendemos o mundo interior despois de que o personaxe obre. No segundo caso, a descrición espacial aparece demostrada na forza das ilustracións. Neste caso, a imaxe paisaxística ten especial protagonismo e anima unha idea sobre a forza da orde natural.

O bosque dos raposos 1

O bosque dos raposos aforcados é unha novela gráfica en que o espazo non urbano é un oco de reparación para a vida individual. Alí se reunen personaxes que liscan da súa propia intimidade, da relación coa autoridade e do seu pasado. A Laponia finesa é un refuxio, unha cabana en que é posible confrontar a tensión persoal e a persecución. Tamén é unha gorida onde se exploran formas de vida colectiva, onde se relacionan personaxes que están lonxe de se asumir como exemplares. En tódolos casos, atopamos suxeitos cuestionables, que recoñecen e discuten a súa propia abxección. Son o tipo de entidades que se atopan esgotados de si mesmos.

Como sucede na prosa de Paasilinna, achegados a estes seres, habitan os animais non humanos. Neste caso, unha entidade observadora que non está afastada do conflito colectivo e, aínda máis importante, non aparece agochada pola esperanza da fidelidade animal. Atopamos un ser que actúa de acordo cos seus propios instintos, coa súa relación na vida silvestre. Cincocentos, o nome do raposo que contempla a historia desde o bosque exterior, é un acompañante que non abandona a súa condición elemental, pois non hai nel a inxusta cortesía que esperamos dos cans. O autor presenta un animal co seu propio sentido de liberdade. Un raposo que é un raposo aínda cando isto supoña a ruptura dos rituais humanos.

Esta obra tamén ten a vontade de propoñer escenarios  con personaxes disímiles en situacións fortuítas. Hai na súa prosa unha sutil débeda de aquela literatura do xogo beckettiano  o da brincadeira poética en Drummond de Andrade. É tamén o mecanismo daquel chiste en que o obxectivo e colocar suxeitos marcadamente diferenciados en escenarios que posibiliten a súa relación coa vontade de que o encontro esperte o efecto humorístico. Isto supón asumir as situacións que se atopan nos lindes da verosimilitude, o xiro contra-intuitivo das posibilidades. Xa que logo, trátase dun humor que descansa sobre personaxes que desafían os seus propios supostos de racionalidade: un comandante que vítima da culpa e o medo, asume a súa propia subordinación. Nesta novela, a lectora achegase a un xogo de xiros que convén asumir nun ton que foxe do rexistro realista.

O bosque dos raposos 2

Achegarnos á obra de Paasilinna tamén supón asumir unha forma especial de articular os acontecementos que responden a un principio moi similar xa exposto. Nesta obra, os acontecementos atopan a súa resolución de forma imprevista porque se leva ao límite un trazo de carácter. Só desde a sensibilidade que suxire o xogo e mais a piada é posible asumir o relato. Suxerimos á lectora partir desde ese lugar perceptivo ou desde o diálogo que se pode mantér con certo tipo de tradición humorística.

É por iso que a ficción do encerro que atopamos nesta novela é unha condición narrativa necesaria, pois, como se pode supor, posibilita un xogo de relacións e enguedellas necesarias para manter o efecto humorístico entre personaxes. Nese espazo é preciso construír acordos, estratexias e un xeito de vida común que resulta posibilitante do ton que se repite nesta obra de Paasilinna.

Esta obra foi publicada en 2022 por Rinoceronte editora e suma ao seu catálogo unha adaptación dun dos autores fineses más destacable dos últimos cincuenta anos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.