O prelo
Ourika ou como ler o pasado doente

O texto de Claire de Duras describe os efectos do colonialismo na identidade da primeira personaxe negra da literatura francesa.
26 mar 2022 09:30

O debate sobre ler ou non ler certos textos, que no contexto actual resultan moralmente cuestionables, é un tema que, desde a miña perspectiva, deixou de ser pertinente porque evolucionou e propuxo novas preguntas: como ler eses textos, desde que perspectiva e, quizabes, con que finalidade. Ourika, de Claire Duras, é un exemplo deses textos que non deben ser lidos sen contextualización histórica e sen unha mirada crítica, pois é un xeito de enriquecer á súa lectura e descubrir a súa posíbel pertinencia no presente.

Claire de Duras (Francia, 1777–1828), esquecida até practicamente o século XXI, foi unha das escritoras cuxa biografía e obra estivo marcada polo estalido da Revolución Francesa. Tras a caída do imperio, Duras exiliouse en Londres, onde continuou a frecuentar círculos intelectuais. Alí mantivo unha relación con Madame de Staël e Chateaubriand, precursores do romanticismo francés.

De volta en Francia, na época da Restauración, mantivo un afamado salón literario. Máis foi até a idade de 40 anos, que comezou a escribir. Admirada por Goethe, Victor Hugo e Saint-Beuve, Claire de Duras publicou tres novelas en vida. A súa obra en xeral destaca por expoñer as condicións de opresión que se experimentaban no seu contexto a través das súas personaxes, así como por abordar temáticas propias so Século das Luces, como a igualdade de xénero.

Ourika, a súa segunda novela, inicialmente publicada de xeito anónimo, obtivo gran éxito desde o primeiro momento e até a abolición da escravitude de 1948. A súa autora é hoxe considerada a primeira escritora en afondar sobre o racismo e o perpetuo estado de marxinación á que estaban sometidas as persoas negras na Francia de finais do século XVIII e principios do XIX.

A diéxese narra a historia de Ourika, unha nena senegalesa que foi raptada, vendida e posteriormente “regalada” á familia Beauvau, quen lle brindou a educación e as facilidades propias da aristocracia da época. Con todo, o conflito céntrase no momento en que Ourika recoñece e  dimensiona as implicacións sociais da súa cor de pel, momento que Franz Fanon define como “melancolía racial”, onde “a identificación racial se converte nun lugar de trauma continuo”.

“(...) pero eu non tiña futuro, pese a que nin tan sequera o sospeitaba. Cheguei á idade de doce anos sen concibir que se puidese ser feliz doutro modo a como o era. Non me anoxaba ser negra, a xente dicíame que era encantadora; por outra banda, nada me facía sospeitar que fose unha desvantaxe. Apenas vía a outros nenos; só tiña un amigo, e a miña cor negra non lle impedía quererme.”

A novela de Claire de Duras está baseada na vida de Ourika, unha nena senegalesa que morreu aos 16 anos de idade. Tal como se expón no libro, a nena foi mercada e logo regalada por un dos gobernadores de Senegal, Stanislas de Bouffles, quen escribiu no seu diario: “Merquei unha pequena negriña de dous ou tres anos para enviala á señora da duquesa de Orleans... Síntome a punto de chorar ao pensar que esta pobre nena me foi vendida como unha pequena aña”.

Aínda que como gobernador Bouffles tratou de “mitigar” os arrepíos da trata de escravos, a ideoloxía racista fortalecida nos séculos da colonización non posibilitou que se decatase do seu racismo e do conflito ético que supuñan as súas “boas intencións”. Con todo, limitada polo mesmo contexto colonial, a novela de Claire de Duras dá conta deste conflito e decide mostrar a mutilación vital das persoas negras que foron levadas a Europa, aínda que os colonos decidiran “liberalas” e socializalas. Así pois, o texto de Claire de Duras describe os efectos do sistema racista na identidade de Ourika.

“Vino todo: vinme negra, dependente, desprezada, sen fortuna, sen apoio, até entón un xoguete, un divertimento para a miña benfeitora, pero decontado rexeitada dun mundo no que non fora feita para ser admitida”.

É importante destacar que a autora fai un esforzo por “humanizar” a Ourika fronte aos ollos das súas lectoras francesas contemporáneas. Porén, hoxe non podemos ler o texto sen facer unha revisión crítica e preguntarnos polos supostos éticos do seu lugar de enunciación; do que supón tomar a vida de Ourika como inspiración e logo convertila nun relato en primeira persoa, pois a personaxe de Ourika é a narradora na maior parte do relato. A otra parte é produto da fascinación dun médico que non ten máis interese nela que facer que Ourika lle conte a súa historia de vida.

Con todo, a edición galega a cargo de Hugin e Munin destaca pola labor do tradutor Xavier Senín, cuxas notas de rodapé complementan o texto a través da explicación de certo suceso histórico ao que se fai referencia no texto de xeito explícito ou implícito. Este exercicio de Senín, non só sitúa ás lectoras nun contexto, senón que se adica a expoñer e, polo tanto, a visibilizar as condicións das persoas negras na vida social da Francia do século XVIII.

“Comezábase a falar da liberdade dos negros. Era imposible que esa cuestión non me afectase no máis fondo do meu ser e aínda mantiña a ilusión de que noutros lugares, cando menos, vivían persoas semellantes a min. (...) Por desgraza axiña me desenganei! Os masacres de Santo Domingo causáronme unha nova e lancinante dor”.

Para posibilitar unha lectura crítica, o tradutor enmarca a obra, reconstrúea e intervena. A súa pegada no texto resulta imprescindible na publicación de certos textos clásicos que non deben deixar de ser lidos, pero que nos exixen comezar a reformular como debemos lelos, que temos que investigar, sobre que temos que prestar atención. A academia e a crítica que se encargaron de constituír o canon literario europeo dos séculos pasados cruzaron por riba de cuestións que non  deben pasar por alto no presente. Algunhas das literaturas que deixan patente a opresión, invisibilización e violencia sistemática de certos colectivos, tamén serven para reconstruír as historias das que nunca se falou ou que foron borradas. Serven para facer presentes a todas aquelas identidades á quen lles foi arrebatada a posibilidade de enunciarse.

En xeral, a novela de Claire de Duras pon de manifesto os efectos da branquitude inxenua, de como as boas intencións non son suficientes, do síndrome do salvador que moitas veces é produto do prexuízo e dunha xenerosidade que, paradóxicamente, é tan egoísta que é incapaz de ver o xeito en que as súas accións afectan a vida das persoas racializadas.

Ourika, vencellada coa exposición do traballo documental do tradutor, converten esta edición nun documento dialéctico que visibiliza e pon no centro a historia do colonialismo e da opresión racista nos territorios europeos. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.