O prelo
Português do Brasil: colocando os pingos nos is

Português do Brasil. O Galego Tropical fai unha revisión das relacións de parentesco e diferenza entre as variedades lingüísticas propias da Galiza, Portugal e Brasil. Alén diso, é tamén un breve exercicio de difusión da cultura brasileira no contexto galego.

5 sep 2020 09:30

Português do Brasil é un texto que enmarca as particularidades lingüísticas propias do portugués brasileiro en contraste coas variedades lusas e galega, ambas europeas. Desde a perspectiva do autor, Diego Bernal Rico, os textos reunidos na súa obra son “pequenas abordagens sobre a realidade lingüistico-cultural brasileira, tão próxima e, ao mesmo tempo, tão longiqua da galega”. É un texto dirixido á comunidade galegofalante que se interese pola relación comparatística entre a súa variedade e aquela outra que se fala no continente americano. Asemella entón, a certos manuais de dialectoloxía que se empregaban para esquematizar o español americano que se dirixían a falantes europeos. Mais, neste caso, interesase por certas dinámicas sociais vinculadas co uso cotián da lingua.

O libro está conformado por un conxunto de artigos publicados durante o ano 2015 e ata o 2018, aínda que na súa realización final se sumáron algúns do 2015 e outros ineditos do 2019. Así, o texto ten un caracter antolóxico no que todos os artigos comparten unha orde tematica relacionada coa cultura do Brasil. 

O contido do Português do Brasil está distribuido en seis capítulos. Cada un de eles relacionado cun certo tratamento dos niveis da lingua: morfoloxía, fonética, sintaxe e léxico. Sumado a iso , inclúe tamén segmentos relacionados coa descrición de algún xestos culturais contrastantes coa realidade galego-portuguesa. Deste xeito, é posible supoñer que a análise da obra diáloga coa exposición comparitística de xestos e usos lingüístos e non sempre coa súas condicións de posibilidade no marco dunha relación histórica por demáis conflitiva e vincualda co rexime da colonialidad. 

Nesta antoloxía, Diego Bernal tamén aproveita a súa revisión do portugués do Brasil para recoñecer s inflluencias das linguas tupi-guarani.  Trátase dun exercicio de caracter diacrónico que atende o proceso de composición das palabras propias da rexión. Así mesmo o describe o autor: 

“Para além da toponímia e a fauna, existem no português do Brasil numerosos exemplos de substrato tupi-guaraní. 

Assim, guri e guria são formas comuns nos sul do Brasil  para as galegas neno e nena e a portuguesa puto; jujubas são as doces que em português europeu chamamos goma; mirim é un termo usado para coisas de tamanho pequeno ou pensadas para crianças (...)”

No mesmo sentido, Bernal recoñece a importancia das linguas orixinarias na construción da toponimia do Brasil: Vau-Açu, Ipanema, Ibirapuera. Isto supón un xusto esforzo por atender unha mirada menos esencialista da constitución cultural da lingua portuguesa. 

A atención que o autor lle dedica a dimensión fonética e morfolóxica do portugués do Brasil é moi destacada neste texto. Probablemente, sexa neste campo onde as diferenzas entre as variedades sexan máis vísibiles, aínda que o reclamo de unidade apareza na voz do autor. Exemplo diso é característico sufixo –inho compartido polos tres dialectos: 

“Esta terminação identifica por igual galegos, portugueses e brasileiros e é um dos elementos que age de catalisador da unidade lingüística galego-luso brasileira. 

É por isso que muitos termos privativos do português americano soam aos nossos ouvidos tão galegos, a pesar de se terem gerado de forma autônoma no Brasil, que bem poderiam servir, pontualmente, para cobrirem as lacunas do erodido léxico galego”. 

De alí algunha palabras como figurinhas (cromos), calcinhas (roupa interior femenina) ou santinho (panfleto electoral). Cada unha delas de orixe propiamente brasileiro, pero conservando característico rasgo morfolóxico. Posteriormente, do mesmo xeito e cun ton case didáctico, Diego expón a xurdimento e uso do erre nas tres variedades. No último apartado, o autor esquematiza alguns detalles de caracter sintactico e semántico que amosan de forma visual as diverxencias entre cada dialecto. É así como Bernal fai unha labor pedagóxica introductoria e atenta para o lector non especializado e atende unha análise contrástiva nos diferentes niveis da lingua.

A prosa de Diego Bernal é dunha lixeireza case lúdica, que serve moi ben para compañar breves anécdotas persoais e expoñer algunhas pezas de cine o contos populares: 

“Em São Paulo, dei cum um raro caso de brasileiro que conhecia a Galiza. 

- Você é do pais da Xuxa –afirmou.

Eu estranhado preguntei: 

- Como assim? A Xuxa é brasileira!

- Sei, mas você escrebem todo con xis! –sentenciou dando unha gargalhada.“

O coidado ediorial é importante para a revisión desta publicación. A portada, a cargo de Ricardo Cabanelas, está formada por unha secuencia de papagaios dispostos sobre unha póla rodeada de flores e follas. A ilustración podería suxerir aunha relación cunha orde simbólica asociada á Nosa América que se fundamenta en categorías como o “exótico” ou o “tropical”. É importante lembrar que, se ben a zona tropical alude á ubicación dunha zona terrestre, non deixa de ser unha palabra conflictiva porque durante moito tempo sirviu para clasificar un conxunto de xestos propios da nosa rexión fundados en criterios esteriotípico e exotizantes. 

Português do Brasil ofrece un repaso xeral da diversidade lingüística brasileira tomando en consideración a distancia construída entre o pais latinoamericano e os países peninsulares. Tamén supón unha exposición de experiencias culturais que permiten facer apenas unha introdución ao extraordinario mundo do pensamento brasileiro. Quedan pendentes moitas  preguntas relacionadas cos procesos de revisión e análise que atenden outras rexións sen o risco de exotizar ou tropicalizar saberes e formas de vida. 

Arquivado en: Literatura Galego O prelo
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galego
Manifestación Miles de persoas enchen Compostela cun berro único en defensa da lingua galega
A plataforma Queremos Galego conseguiu aglutinar voces diversas da Galiza social, política e cultural para “parar a emerxencia lingüística” que sofre a lingua propia e así esixir á Xunta “un cambio de actitude”.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.