O prelo
Todo corpo ten morada a par do tigre

Welcome to Sing Sing, a obra de Elvira Ribeiro, propón un xeito de experimentar os lindes territoriais e a ausencia de liberdade.
26 feb 2023 19:39

A catividade ten os seus propios problemas narrativos. A saber, asumir que está sometida ao feito de se narrar a si mesma. Desa idea despréndese o afouto subxénero das cartas carcerarias, cuxa contido descansa sobre a idea de non perder de vista —ás veces de forma completamente implícita— o encerro. Non hai palabra, desde a ausencia de liberdade, que non anuncie a súa orixe de cativerio ou os lindes mesmo da súa propia enunciación.

Trataríase entón dun castigo á palabra porque non atoparía o seu propio espazo, a súa forma de habitar a lingua nun universo infinito de posibilidades. Con todo, tamén é inxusto asumir que a experiencia da liberdade é tan prometedora en tódolos casos. Porque as palabras escritas fóra da catividade, tamén poden narrar os seus propios lindes. Iso é Welcome to Sing Sing de Elvira Ribeiro.

A poeta pontevedresa ten xa unha gran traxectoria poética que mestura tanto a escrita para nenos e nenas como aquela dirixida ao público maior. Elvira interésase pola palabra desde horizontes moi heteroxéneos: a música, a experiencia dixital, o vídeo. Hai na súa experiencia poética unha vontade de desprazamento xeográfico e estético repetido.

Welcome to Sing Sing divídese tres en apartados. Cada un é un libro de poemas por si mesmo: «Siberia Mon Amour», «Welcome to Sing Sing» e «playlist para unha retirada», que recibiu o IV Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.

Trátase de tres obras que dialogan de forma sutil, que comparten a preocupación polas formas diferentes de experimentar o cativerio e o desterro agreste:

Era unha nómade eu unha indíxena
nanai aínda non ameazada unha rena
altiva e resistente a ser domesticada
unha rena apareándose urrando
no bosque que estrema co río do dragón negro

Esta voz, acompañante na primeira parte da obra, atende unha forma de desterro que non se relaciona tanto coa melancolía como co estado que mantén na experiencia silvestre. A nómade —indíxena e estranxeira ao mesmo tempo— nunca está asimilada. Permanece aberta ao espazo do corpo non adestrado.  Ese é o nomadismo que propón Elvira: non só xeográfico senón tamén animal. Para a obra, a distancia da orixe é tamén unha volta a un estado exploratorio da experiencia silvestre. Trátase dun corpo que non necesariamente está orientado ao retorno

Ese espazo en que se accede ao agreste está no extremo oriental da Rusia: Siberia. Unha xeografía do extremo norte, que nesta obra é tanto un espazo como unha persoa. Un suxeito a quen se ama, con quen se habita, en quen se deposita unha forma diferente de vida. Unha entidade que é atravesada e percorrida porque se define pola travesía pero que tamén atravesa e marca: un corpo transiberiado é aquel que narra. Para Elvira, o nómade marca tanto como tamén é marcado, atravesado polo silvestre da súa forma territorial.

Ora ben, nesta obra poética convive a experiencia do desprazamento e do arraigo, da catividade e de Sing Sing:

«Penso nas paisaxes abertas da sabana uruguaia. Nas da Pampa, limitadas pola encosta do planatol, ou nas estepas de cereais, sen dúbida abertas(...) Nas miñas pupilas fixas no cangrexo. O cangrexo non se abre. Non se abre».

A oposición aberto e pechado non é unha distinción inocente. Trátase de dúas formas que acompañan de xeito implícito gran parte desta obra. O aberto é aquilo que inaugura formas de habitar a o mundo, o camiño das posibilidades. Aquela que comparten os animais, as paisaxes, as prácticas como «abrir centolas, as nécoras crúas... » ou a dor que atravesa unha ferida ben aberta.  O pechado é aquilo que encerra, engaiola, frustra formas de obrar. É a experiencia de Sing Sing, aquilo que se habita en cárceres e nalgúns templos.

A poética de Elvira está construída sobre o universo léxico do pechado, dos cárceres especificamente. Só unha lectura atenta e coñecedora da cadea pode atender ese xogo semántico. Pero, aínda máis importante, esta linguaxe asume o xeito en que as formas ordinarias tamén encerran formas de pechadura. O pechado, o seu potencial limitador e punitivo, atopase na textura e materialidade de certos obxectos, dalgúns animais.

O pechado e os cárceres, alén da súa forma habitar o mundo, tamén teñen un arquivo. Unha historia acumulada en que o castigo foi exercido cara as mulleres. Nesa recuperación non hai ambigüidade, a obra de Elvira convértese nunha exposición directa: Ethel Rosenberg, Helga Heissová, Lenka Reinerova... A obra de Elvira Ribeiro muda, nun episodio,  a unha especie de poética concreta e de arquivo. Propón unha recuperación da catividade en mulleres e a súas propias experiencias. É o repaso polas formas do castigo e vulnerabilidade obrigada:

«Encóllome na bolsa do canguro e non hai peito que me aleite. Fóra esa mesma violencia: nunca deixar de andar a tombos».

Elvira Ribeiro propón unha escrita do vulnerable e do indómito. Esa é a súa forza. A violencia do dentro e do fóra, da autonomía salvaxe e do encerro punitivo. É unha obra que se mantén nesa tensión, a que se experimenta dentro e fóra da bolsa do canguro.  

Estas tres obras nunha soa estiveron ao coido editorial de Edicións Barbantesa e foron prologado pola lectura atenta de Xina Vega.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.